"Coruña" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación deportiva en castelán que apareceu en agosto de 1988 na Coruña, subtitulada “Boletín mensual del Club de rugby arquitectura técnica”. Informa sobre esta práctica deportiva e nela aparecen resultados e clasificacións dos equipos, regulamentos do xogo e outras informacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade semanal que apareceu na Coruña en abril de 1905. Foi dirixida polo escritor Xenaro Mariñas González.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade semanal que se editou na Coruña a finais de marzo de 1920. Cesou despois da saída do número oito, o 27 de maio de 1920. Trátase dun pequeno boletín que incluía información deportiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello cabeceira da comarca e da provincia homónima, situado no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita óao N co Océano Atlántico, ao L coa ría da Coruña e o concello de Oleiros, ao S co concello de Culleredo, e ao S e ao O co de Arteixo (todos eles da comarca da Coruña). Abrangue unha superficie de 37,6 km 2 cunha poboación de 244.388 h (2007), distribuída entre a cidade da Coruña e parroquias de Elviña, Oza, Viñas e Visma (2.345). A capital municipal é a cidade da Coruña, situada a 43° 22’ de latitude N e 8° 24’ de lonxitude O, 62 km ao N de Santiago de Compostela. Cabeceira de partido xudicial e capital de provincia, as súas parroquias están adscritas á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Climatoloxía
O termo municipal da Coruña encádrase baixo o dominio climático oceánico húmido. Non obstante , os factores locais e o seu carácter plenamente urbano exercen unha influencia que imprime importantes modificacións e contribúe... -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na praza de María Pita da cidade herculina, deseñada por Pedro Mariño Ortega (1908-1913) nun estilo ecléctico-historicista próximo ao modernismo. No seu interior destaca o salón de plenos, dotado de escanos tallados coa historia da cidade por Ladislao Stern e José Juan González, e cunha mesa presidencial de mármore avermellado. Na fachada principal, formada por tres corpos, destacan as torres de ladrillo situadas nas esquinas e no centro do edificio. Ademais das dependencias municipais acolle o Museo de Reloxos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María do Campo.
-
GALICIA
Comarca do NO da Comunidade Autónoma de Galicia, á beira do Golfo Ártabro. Esténdese desde os 43° 10’ aos 43° 25’ de latitude N e desde os 8° 10’ aos 8° 35’ lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L coa comarca de Betanzos (concellos de Paderne, Betanzos, Oza dos Ríos e Cesuras), ao S coas comarcas de Ordes (concellos de Mesía, Ordes e Cerceda) e Bergantiños (A Laracha), e ao O co Océano Atlántico e a comarca de Bergantiños (A Laracha). Abrangue unha superficie de 469,6 km2, nos que acolle unha poboación de 347.609 h (1996) distribuída entre os nove concellos que a integran: Abegondo (83,8 km2; 5.467 h), Arteixo (93,3 km2; 20.898 h), Bergondo (32,7 km2; 5.736 h), Cambre (40,7 km2; 14.972 h), Carral (48 km2; 5.184 h), A Coruña (37,6 km2; 243.785 h), Culleredo (62,3 km2; 18.513 h), Oleiros (43,7 km2; 23.057 h) e Sada (27,5 km2; 9.997 h). A Coruña, situada na zona setentrional...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de información turística publicada entre 1961 e 1992 na Coruña e subtitulada “Publicación patrocinada por la comisión de fiestas del Excmo. Ayuntamiento de La Coruña”. Figuran como colaboradores Bernardo Barreiro López, Luis Caparrós, Juan Naya Pérez, Francisco Pillado, Francisco Vales Villamarín, R. Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Álvaro Cunqueiro e Camilo José Cela, entre outros. Describe diferentes lugares para visitar, romarías e festas populares, á parte doutros eventos celebrados na cidade. Contén abundantes fotografías da cidade e da provincia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña o 21 de novembro de 1991 baixo a dirección de José Luis Sánchez-Izquierdo. Este xornal, de difusión gratuíta, subtitulouse “La gaceta local en casa”. Entre os seus colaboradores figuran Hernando Álvarez, Tomás Verdugo Cortés e Carlos Ilian. Os seus contidos, á parte das novas de carácter local, abranguían diferentes ámbitos, como a música, o cine, o motor, a fotografía, a cociña e a televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano. Tomou o nome de frei Martiño de Xesús ao ingresar na orde franciscana. En 1524 trasladouse a Nueva España xunto con outros relixiosos e contribuíu á fundación de conventos. En 1531 intentou, por dúas ocasións, desembarcar nas illas do Pacífico. Acompañou a Hernán Cortés no descubrimento de California (1534). Foi gardián das misións de Michoacán. Atribúeselle a obra Relación de las ceremonias y ritos y población y gobernación de los indios de la provincia de Mechuacán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial da administración de xustiza que inclúe os concellos de Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, A Coruña, Culleredo e Oleiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto da beira occidental da ría da Coruña, no litoral do concello homónimo. As instalacións portuarias esténdense pola costa S da península e pola beira oriental do istmo, e polo S ata Oza, na entrada da ría do Burgo, nunha localización que se encontra ao abrigo dos ventos do O e SO e que lle proporciona unhas características naturais óptimas para a atracada de buques. O dique Barrié de la Maza, ao S da enseada dos Pelamios, constitúe o extremo setentrional do porto, que ata a súa construción quedaba no castelo de Santo Antón: entre estes dous puntos situáronse as instalacións destinadas ás embarcacións deportivas. Outros peiraos acollen, ademais, unha importante flota pesqueira que converte a cidade da Coruña nunha das lonxas de Europa que negocia maior cantidade de peixe fresco (as capturas descargadas en 1999 cifráronse en 46.304 toneladas). A súa actividade comercial tamén é moi destacada: a relacionada coa refinería de petróleo representa a maior porcentaxe do tráfico portuario, aproximadamente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa de España, unha das catro nas que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no seu cuadrante NO. Integrada por 94 concellos (2001) agrupados en 18 comarcas (A Coruña, A Ferrolterra, Terra de Santiago, Arzúa, Barbanza, A Barcala, Bergantiños, Betanzos, Eume, Fisterra, Muros, Noia, Ordes, Ortegal, O Sar, Terra de Melide, Terra de Soneira e Xallas), abrangue unha superficie de 7.942,8 km2,nos que acolle unha poboación de 1.110.302 h (1996). A súa capital é A Coruña. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Santiago, Mondoñedo-Ferrol e Lugo.
Orixe e delimitación da demarcación
Aínda que a cidade da Coruña conseguiu no final do Antigo Réxime converterse en capital dunha das provincias do Reino de Galicia, o primeiro precedente que se pode considerar é a prefectura proxectada polo goberno do Rei Xosé I Bonaparte, que coincidía en gran medida coa actual demarcación. Non obstante , non foi ata o... -
VER O DETALLE DO TERMO
Ría do litoral setentrional da Comunidade Autónoma de Galicia, no S do Golfo Ártabro. Ábrese entre as puntas do Seixo Branco, ao L, e Herminia, ao O, no contacto dun batolito de granodioritas hercínicas (que constitúen a súa beira occidental) con xistos e cuarzos do Precámbrico-Silúrico. A costa é bastante recortada, sobre todo nas beiras oriental e occidental. Pola contra, a beira meridional, ao fondo da ría, posúe amplos depósitos de praia, que a converteron nun importante centro turístico, no que destacan as praias de Santa Cristina (na parroquia de Perillo, concello de Oleiros) e a de Bastiagueiro (entre as parroquias de Perillo e Liáns, no concello de Oleiros). Na beira occidental sitúase o porto da Coruña, un dos máis importantes de España.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. O primitivo templo gótico do s XIII, erixido xunto á porta de Aires, destruíuse en 1589 tralo ataque de Drake. No 1617 edificouse un templo clasicista que foi substituído a partir de 1762 por unha construción do dominicano frei Manuel dos Mártires. De estilo barroco e de orde dórica, ten planta de cruz latina cunha soa nave, cuberta cunha bóveda de medio canón con lunetos e cunha bóveda de media laranxa sobre o cruceiro. No exterior destaca o desprazamento da torre da fachada con respecto ao eixe de simetría do edificio. No interior, cómpre salientar os retablos neoclásicos de Xosé Antonio Estévez e as tallas barrocas de Mateo de Prado (1653). A capela clasicista do Rosario, onde se venera a patroa da cidade, concluíuse en 1676; no seu interior destaca un retablo de Domingo de Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Asentada fóra das murallas, construíuse en 1262 e foi parcialmente demolida en 1589 para evitar que as tropas de Drake a empregasen como parapeto. En 1651 foi arrasada polo estoupido da torre de pólvora da fortaleza da cidade. Integrada trala desamortización na Maestranza de Artillería, usouse como prisión e despois foi propiedade particular. En 1963 trasladouse xunto ao monte de Santa Margarida, prolongouse a súa nave e construíuse unha torre. De estilo gótico, ten planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas cubertas por bóvedas de crucería. As ruínas da anterior igrexa foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Xosé Martínez Celis e Alberte Ruibal reconstruírona case por completo en 1740 segundo os planos de Simón Rodríguez. A fachada é de estilo clásico (1865). Ten nave única, cuberta con bóveda de canón con lunetos, capelas pegadas á nave principal e cúpula sobre pendentes no cruceiro. No interior destaca a capela da Virxe das Dores, onde se localizaron os restos de Tareixa Herrera.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Ata 1838, a freguesía de san Xurxo tivo a súa sé nun templo situado nun terreo do Teatro Rosalía Castro. Pertenceu ao desaparecido colexio dos xesuítas e, dende a expulsión da orde (1774), ao convento de Santo Agostiño. Construída entre 1725 e 1766 segundo as trazas de Domingo de Andrade (1693) e Fernando de Casas (1724), o deseño da fachada atribúeselle a Clemente Fernández Sarela (1767). De orde toscana, presenta planta de cruz latina con capelas laterais unidas entre si amodo de naves, con cuberta de bóveda de medio canón con lunetos e no cruceiro unha bóveda de aresta. No interior destacan os retablos dos ss XVIII e XIX. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1975.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Asentada probablemente sobre un templo ou necrópole romana, construíuse no 1218, aínda que experimentou importantes reformas entre os ss XV e XVII que modificaron a súa planta. En 1779 derrubouse a súa cuberta como consecuencia dun incendio. Ten planta de salón con tres ábsidas románicas que se comunican coa nave por medio de arcos de medio punto. A cuberta da nave é de madeira a dúas augas e apóiase sobre arcos faixóns apuntados; as ábsidas cóbrense, agás a da Epístola, con bóveda de canón, e conserva o coro aos pés. De orixe románica son a portada lateral, cun agnus dei no tímpano, e a portada principal, coas figuras de san Marcos e san Xoán nas xambas, que acusan a influencia do Pórtico da Gloria, e coa figura do Apóstolo Santiago a cabalo (s XVI) no tímpano. No s XVII construíronse a torre, a capela de San Xosé e a sancristía. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1972.
VER O DETALLE DO TERMO