"Erica" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 147.

  • Nome procedente do xermánico Haimirich, composto de haimi ‘casa, patria’ e rich ‘rico, poderoso’, a través do italiano Amerigo. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ingleses establecidos en América.

    2. Natural de Inglaterra ou descendente dun natural de Inglaterra, establecido nos EE UU ou en América.

    3. Relativo ou pertencente ás relacións económicas e sociais entre Inglaterra e América e ás relacións dos habitantes de Inglaterra e de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceleración da velocidade dunha certa reacción dunha molécula orgánica por efecto da participación dun grupo veciño do centro reactivo, que aparentemente non está implicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é partidario do anticlericalismo, inimigo do clero ou oposto á súa intervención nos asuntos temporais e no acontecer político en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitudes ou opinións que demostran animadversión cara ao clero ou son contrarias á inxerencia da Igrexa en asuntos da vida civil. Malia que o anticlericalismo é unha práctica que xorde no ambiente intelectual dos ilustrados decimonónicos, algunhas manifestacións medievais e modernas, como os fabliaux franceses, as sátiras de Boccaccio ou o Libro del buen amor do Arcipreste de Hita, poden ser consideradas tamén baixo esta perspectiva. Un precusor moderno do anticlericalismo é Erasmo de Rotterdam, quen conecta coa antedita tradición medieval, á que lle engade, alén da simple denuncia da corrupción nos costumes dos relixiosos, un afán reformista. Non obstante , foi Voltaire quen deu corpo doutrinal a esta corrente anterior (unificando o indutivismo de Locke, a física de Newton e, sobre todo, a psicoloxía sensorialista de Locke) e a situou no ámbito político. Dende 1740, Voltaire defendeu a tolerancia relixiosa; o seu lema Ecrasez l’infâme! (Destruíde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trust norteamericano fundado en 1933 pola Standard Oil of California (30%), a Standard Oil New Jersey (30%), Texaco (30%) e Socony Mobil Oil (10%), para a extracción de petróleo en Arabia Saudí ata o ano 1999. En 1980 o goberno árabe adquiriu a totalidade do capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada polo tratado de Montevideo en febreiro de 1960, formada por Arxentina, O Brasil, Perú, México, Paraguai, Uruguai e Chile. En outubro do mesmo ano adheríronse Colombia e Ecuador e en 1966 Venezuela. Tiña como finalidade reducir progresivamente as tarifas e outros obstáculos ao libre comercio ata chegar á plena liberación do comercio entre os países asinantes. No ano 1980 transformouse na Asociación Latinoamericana de Integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atlas lingüístico de tres linguas románicas peninsulares: catalán, castelán e portugués. Foi publicado o primeiro volume en Madrid en 1962 polo CSIC. O seu director foi Tomás Navarro Tomás, quen coordinaba un grupo numeroso de colaboradores. Suprimiu as cidades e dedicou unha atención especial ás vilas arrecantadas, inmunizadas fronte a contaminacións lingüísticas. Cada área idiomática foi investigada por varios lingüistas, agás o territorio galego, do que se encargou case totalmente o investigador galego Aníbal Otero. Cando comezou a Guerra Civil no ano 1936, Aníbal Otero e Nobre de Gusmão iniciaron as investigacións en Portugal para facer constar as variedades do norte portugués. O exilio obrigou ao seu director a establecerse en Nova York e, posteriormente, na década dos 50, entregou todo o material ao CSIC para que continuase o seu labor investigador. O ALPI foi un punto de partida moi importante para a xeografía lingüística na Península e tamén para a lingua galega, xa que Aníbal Otero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria, de carácter comercial, constituída en Madrid no ano 1900 por A. Basagoiti con capital repatriado de Cuba, México e Porto Rico, para fomentar o intercambio entre España e América Latina. Foi o primeiro banco español que puxo en práctica o modelo comercial de banca e captación de contas correntes, desconto comercial e importante rede de oficinas. O seu carácter comercial quedou subliñado no Pacto das Jarillas (1944) co Banco Urquijo, no cal o intercambio de accións acentuaba o carácter comercial e industrial dun e doutro respectivamente. No 1982, a petición do Banco de España, fíxose cargo da xestión do Banco Urquijo e de Bankunión, e adquiriu o control do seu accionariado. No ano 1991 fusionouse co Banco Central, que foi a entidade absorbente, dando lugar ao Banco Central Hispano (BCH).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade económica con sede en Washington, dependente da Organización de Estados Americanos, que o fundaron o 31 de decembro de 1959 como organismo financeiro independente, aínda que na práctica está controlado polo goberno dos EE UU. Os seus obxectivos son captar fondos e investimentos para o fomento da economía de mercado nos países do Caribe e de América central e do sur, coa finalidade de orientar a política de desenvolvemento económico dos países membros. Ademais dos fundadores (21 estados de América Latina e os EE UU), posteriormente se integrou nel Canadá, Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia, España e Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada no ano 1979. Ten a súa orixe na Soler, Torra y Compañía. Casa de banca, que no 1965 pasou a denominarse Banco Comercial para América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo bibliotecario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Inaugurada en 1926, trátase dunha iniciativa de Gumersindo Busto. Foi recoñecida pola Real Orde do 11 de novembro de 1909. En 1910 comezou a editarse o seu Boletín. Estaba incluída no proxecto de creación dunha universidade iberoamericana en Compostela. Actualmente, o fondo consta de máis de 21.000 obras e 2.908 títulos de publicacións periódicas referentes á historia, xeografía, descricións de viaxes, medicina, dereito, dicionarios, poesía, ensaio e novela de autores americanos e españois dos ss XIX e XX. Así mesmo, posúe unha colección de exemplares de zooloxía americana, minerais e elementos da cultura material indíxena. A Biblioteca América tamén conta con máis de 1.200 medallas e moedas, 200 mapas e planos, bandeiras dos países americanos e bustos en bronce e mármore dos próceres americanos, xunto con reproducións de cadros históricos. Nun principio, os fondos foron adquiridos a través de doazóns particulares....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu a finais de 1920 na Coruña. Estaba ao servizo da “Asociación Regional Hispanoamericana”. Era unha publicación orientada ao comercio entre España e América, e nun principio non tiña un contido literario. No ano 1921 foi substituída por América Galicia. A evolución desta publicación ata que se fixa o nome de Alfar foi a seguinte: Boletín de Casa América-Galicia (1920), América Galicia (1921), Revista de Casa América-Galicia (1922), Alfar (1923), Alfar (Montevideo, 1929) e Alfar (edición facsímil, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Bos Aires no ano 1910 para dar conta das novas que relacionaban a comunidade de emigrantes galegos nesa capital coa instauración da Biblioteca América na Universidade de Santiago de Compostela. Esta Biblioteca estaba subvencionada pola comunidade de emigrantes en Bos Aires. Neste boletín ía aparecendo a relación de colaboradores e benefactores entre os que figuraban importantes personalidades da época como o Sr. Busto, Juan G. Molina, Francisco R. Lazcano, Juan Montero Romalde, etc. Esta publicación, de periodicidade irregular, daba conta das noticias máis destacadas relacionadas coa Biblioteca, como a organización duns Xogos Florais en Montevideo no ano 1924 a beneficio da Biblioteca América. Aparecían nela diferentes artigos en galego, así como composicións poéticas en galego e en castelán. O contido das páxinas deste boletín estaba dividido en diferentes seccións, “Adhesiones”, “Dedicatorias”, “Bibliografía”, “Comentarios de la prensa”, “Sección numismática”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor foi fundada en Bos Aires o 5 de xaneiro de 1905. O boletín naceu con periodicidade mensual no mes de outubro de 1909 e existiu ata o seu número 307, correspondente a abril de 1935. O seu primeiro director foi V. Micuci e desde 1917 sería o presidente da Comisión de Propaganda o que tería esa responsabilidade. O contido habitual da publicación eran as noticias do Val Miñor e as viaxes e novidades da asociación, principalmente, aínda que tamén tiñan cabida nas súas páxinas artigos dedicados á pedagoxía e á educación, así como a efemérides de Galicia. A presenza do castelán era maioritaria e a literatura estaba pouco representada, cando aparecía era case sempre en castelán. Entre os colaboradores galegos destacan: Basilio Álvarez, Curros Enríquez, Julio Camba, Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres, Armando Cotarelo, Manuel Murguía, Antón Villar Ponte, Correa Calderón, quen presentaron artigos en prosa; Guerra Junqueiro, Francisca Herrera, Barcia Caballero,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa inglesa fundada en Londres no 1902. No 1967 absorbeu a Yardley and Company Limited. Dispón de filiais e sucursais no Reino Unido, en Canadá, en Australia, en Chile, etc. Entre as súas marcas de tabaco están Benson and Hedges e Senior Service.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radio España.

    VER O DETALLE DO TERMO