"Indus" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 58.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal editada en Vigo a partir de 1897 co subtítulo de “Defensor de los intereses de la produción”. Fundada e dirixida por Vicente Fuster, o seu obxectivo principal era ser o instrumento de comunicación da industria e do empresariado da cidade. Despois dunha breve suspensión, reapareceu novamente entre 1900 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á industria.

    2. Persoa que se dedica á industria como empresario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a conceder excesiva importancia aos intereses industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao industrialismo.

    2. Partidario do industrialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de industrializar ou industrializarse. O proceso de desenvolvemento das actividades industriais comezou coa Revolución Neolítica, coa preparación de utensilios para a actividade agrícola. As grandes civilizacións da Antigüidade incorporaron elementos que favorecían a transformación da materia prima en produtos elaborados. Nesta primeira etapa as tarefas eran predominantemente manuais, as ferramentas e as maquinarias existentes precisaban a forza do home ou a tracción animal. Posteriormente empezáronse a aproveitar as forzas hidráulicas e eólicas como fontes de enerxía. A partir do s XVIII un forte investimento capitalista favoreceu que os avances técnicos fosen aproveitados para producir a grande escala. Este proceso inciouse en Reino Unido e baseouse no emprego do carbón mineral na máquina de vapor, que permitiu a progresiva substitución do traballo manual. A industria téxtil foi pioneira na introdución de maquinaria no seu proceso produtivo, aproveitando unha conxuntura...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter un produto ou unha actividade en obxecto da industria.

    2. Facer que a industria dunha rexión, país ou doutro lugar se desenvolva.

    3. Desenvolverse industrialmente un país, rexión ou outro lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal de información pesqueira fundada por Xosé Barreras Massó e editada en Vigo a partir do 15 de abril de 1927. Como publicación decana da prensa especializada europea, está considerada como unha das referencias máis rigorosas do seu sector. Dirixírona Fernando de Miguel Rodríguez, F. Fernández del Riego, Valentín Paz Andrade e Alfonso Paz-Andrade. Ademais dos seus contidos económicos, nos seus primeiros tempos incluíu unha sección literaria e artística, onde colaboraron prestixiosos intelectuais e artistas. Co tempo converteuse nun medio máis orientado cara á economía, aos mercados, á tecnoloxía e ás normativas do sector pesqueiro. Cunha tiraxe de 5.200 exemplares, difúndese principalmente entre os armadores e patróns de pesca, ademais das empresas de comercialización e transformación de produtos pesqueiros. En 2002 celebrouse unha exposición no Museo do Mar de Vigo para conmemorar o seu 75 aniversario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se dedica á industria, especialmente con moito afán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público español creado en 1941 para financiar e impulsar a creación de industrias, en especial as dedicadas á defensa e desenvolvemento autárquico do país. En 1968 pasou a depender do Ministerio de Industria. Participaba principalmente nos sectores siderúrxico (ENSIDESA), da construción naval (ASTANO, Astilleros Españoles), da minería, do transporte aéreo (Iberia Líneas Aéreas de España SA, Aviaco) e do aluminio e, en menor medida, en moitos outros sectores e na creación de empresas no exterior. Durante a década de 1970 proseguiu unha política subsidiaria respecto á industria privada, especialmente coa absorción de empresas en dificultades (SEAT, ENASA, Construciones Aeronaúticas SA) e o investimento en infraestrutura básica enerxética (ENDESA, ENHER, Butano SA) e industrial (EN de Fertilizantes SA, EN de Celulosa SA). En 1981 segregáronse as empresas do sector enerxético petroleiro (Empetrol, Hispanoil, ENAGAS, Butano SA) que foron transferidas ao Instituto Nacional de Hidrocarburos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cártel que as grandes empresas químicas alemanas constituíron en 1925 para afrontar a grave crise económica. Converteuse nunha potencia internacional, grazas ao labor de investigación que permitiu avances técnicos importantes na industria química mundial. Rematada a Segunda Guerra Mundial, dividiuse e deu lugar a tres grandes sociedades: Basf, Bayer e Hoechst.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa xaponesa creada en 1935 en Osaka. A súa actividade comprende o sector de equipamentos eléctricos e electrónicos, especialmente de bens de consumo. Na década de 1970 orientouse cara ao campo da informática (Quasar Electronic) e iniciou a captación do mercado europeo. Emprega os nomes comerciais de Technics, National e Panasonic. En España adquiriu a antiga firma Anglo (1973) e constituíu a National Panasonic, que se transformou posteriormente en Panasonic SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución especializada da Organización das Nacións Unidas, creada en 1966 e con sede en Viena, que vela polo fomento do desenvolvemento industrial nos estados subdesenvolvidos. Actúa tecnicamente e procura conseguir financiamentos de tipo internacional ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 30 de decembro de 1895. Cesou en xullo de 1896 (nº16). De periodicidade quincenal, centrou os seus artigos no campo da filatelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de industrialización co conxunto de transformación económicas e sociais que comporta. O termo designou os cambios que introducira a industrialización na sociedade inglesa, que comezou na segunda metade do s XVIII, e desde onde se difundiu a outros estados europeos, ata as primeiras décadas do s XIX. Supuxo o cambio dunha sociedade rural a unha urbana e do traballo manual e doméstico ao emprego de máquinas e as fábricas. Baseouse en diversos factores. O crecemento demográfico produciuse grazas ao descenso da mortalidade, que provocou un rexuvenecemento na poboación. As innovacións da agricultura co emprego de máquinas e, entre outras, de técnicas da rotación de cultivos, produciron un aumento da produción que permitiu, por unha banda, o aumento demográfico e, por outra, que un excedente de poboación que non atopaba traballo no campo se transferise á industria. Empregáronse novas fontes de enerxía e materias primas. Inglaterra contaba con abundancia de algodón, ferro e carbón. Na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles fundada en 1934 por Henri Pigozzi, a partir das instalacións da firma Donnet-Zedel, que adquiriu en 1933. En 1954 pasou a mans da Ford Motor Company, que a vendeu á Chrysler Corporation (1958). En 1963 foi asinado un acordo entre SIMCA Automobiles, Chrysler Corporation e Barreiros Diesel SA para a fabricación dos automóbiles SIMCA en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída en Barcelona en 1963 para a promoción de sociedades industriais e agrícolas. Coñecida como BANKUNION, foi o banco promotor das autoestradas catalás -Autopistas Concesionaria Española SA-. Afectada pola crise financeira, en 1982 pasou ao control do Fondo de Garantía de Depósitos para Establecimientos Bancarios, que a vendeu ao Banco Hispano Americano.

    VER O DETALLE DO TERMO