"Iria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 76.
-
PERSOEIRO
Freira. Britaldo, o mozo con quen se prometera, renunciou ao seu casamento por respecto aos votos de virxindade que ela contraera, pero ameazouna de morte en caso de que tivera amores con outro. Dando creto as calumnias, finalmente mandouna matar. O seu cadáver foi arroxado a un afluente do Tejo e apareceu preto de Scallabis, vila que desde entón se chamou Santarém (de santa Irena). A súa festa celébrase o 20 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrón. Está edificada no soar que ocupou a vella catedral da diocese de Iria, sufragánea de Braga. Foi colexiata ata 1851. Coñécese tamén como Santa María de Adina. Construíuse un primeiro templo paleocristián, do que se conservan restos arqueolóxicos, que puido edificarse no s I. Sobre este edificio fíxose unha igrexa prerrománica, arrasada en tempos de Almanzor. O arcebispo Xelmírez mandou construír no s XII unha igrexa románica, terminada no s XIII en estilo oxival. Tiña tres naves separadas por columnas e tres ábsidas. Desta construción consérvase a portada gótica, onde se labrou no tímpano a Adoración dos Reis Magos. No s XVIII o arcebispo Monroy restaurou o edificio, que adoptou a planta rectangular con tres naves, cruceiro e presbiterio, todo cuberto con bóvedas de aresta. Deste século son as torres rematadas en pirámides de chanzos, realizadas por Pedro García de Cotobade de xeito semellante á torre do Tesouro da catedral compostelá. Segundo a tradición...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga demarcación eclesiástica de Galicia, que tivo a súa primeira sé en Iria Flavia. Mencionada no Parochiale Suevum dos anos 572-582, o primeiro testemuño documental da súa existencia corresponde á asistencia do seu bispo André ao Concilio I de Braga (561); sen embargo, existen indicios da actividade de diocese con moita anterioridade, fundamentados en testemuños epigráficos ou na alusión que se fai na Historia Compostellana (s XII) ao sepulcro de 28 bispos anteriores na sé de Iria, que remontan a antigüidade desta Igrexa aos tempos apostólicos. Estas tradicións sinalan a Atanasio e Teodosio, discípulos que custodiaron o cadáver de Santiago na viaxe funeraria, como primeiros pastores desta igrexa. A diocese de Iria foi a única da Península Ibérica que mantivo a sucesión episcopal e a súa actividade de xeito ininterrumpido trala invasión musulmana. No 829 o seu bispo, Teodomiro, descubriu o sepulcro de Santiago no Libredón, en Compostela. Anos despois, Adolfo II (855-877)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Charles Yriarte.
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor neoclásico, da súa obra cómpre destacar Fábulas literarias (1782). Tamén escribiu teatro en verso e traduciu a Arte poética de Horacio (1777). Foi nomeado tradutor da secretaría de Estado (1771) e arquiveiro do Consello de guerra (1776).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do distrito de Leiria, Portugal, situado na rexión de Estremadura (41.011 h [2001]). Sé episcopal, naceu arredor dun castelo tomado aos musulmáns por Afonso I Henriques e reconstruído por don Denís e santa Isabel.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (3.515 km2; 459.450 h [2001]). A capital é Leiria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘vaca’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado no Camp de Túria (17.211 h [2001]). Destacan os cultivos de patacas, cebolas, hortalizas, árbores froiteiras e cítricos no regadío, e vide, oliveiras, figueiras e outras árbores froiteras no secaño. Na actualidade destaca a industria téxtil, de materiais de construción, madeireira e a do moble.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Profesión do mariñeiro.
-
Conxunto de mariñeiros dun barco ou dunha escuadra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao martirio ou aos mártires.
-
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dez mil’.
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘numerosos’.
-
-
-
Conxunto de dez mil persoas ou cousas.
-
Número moi grande de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de lonxitude que equivale a dez mil metros.
-
-
Relativo ou pertencente aos miriápodos.
-
Artrópodo da superclase dos miriápodos.
-
Superclase de artrópodos terrestres, do subfilo dos mandibulados. A cabeza presenta un par de antenas, outro de mandíbulas e un ou dous pares de maxilas. A parte dos ollos simples, situados na cara dorsal do segmento cefálico, poden ter outros órganos sensoriais como o órgano de Tömösvary. Teñen un ou dous pares de patas por segmento, segundo os grupos e o último segmento sen patas pode ter apéndices ou cercos caudais. O corpo presenta un revestimento quitinoso, moi brando nalgúns grupos. Todos son terrestres, lucífugos e aliméntanse de vexetais, ou ben son carnívoros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División estratigráfica do Cuaternario recente do Mediterráneo. O estrato tipo atópase en Monastir (Tunisia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Monastiriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1947 pertencente á colexiata de Iria Flavia (Padrón). Atópase na Casa dos Cóengos, situada fronte á igrexa. Naceu coa finalidade de servir para a compilación, organización e exposición de obxectos, esculturas e pinturas de carácter relixioso ou sacro, dos ss XV-XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romana coñecida polas súas achegas ao corpus lexislativo. Dos seus membros destacan Sexto ou Publio Papirio , contemporáneo de Tarquinio o Soberbio; Caio Papirio Carbo , tribuno da plebe (131 a C) e cónsul (120 a C); Cneo Papirio Carbo , tribuno da plebe (92 a C), cónsul con Cinna (85-84 a C) e con Mario o Novo, loitou contra Metelo e Pompeio nun intento de liberar a Mario. Capturado por Pompeio en Sicilia, foi axustizado. Tamén cabe mencionar o cónsul Lucio Papirio Cursor , probablemente autor da Lex Poetelia-Papiria, a favor dos debedores.