"LIFO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada polo seu director Manuel López Castro en 1969. Legalmente está constituída como Asociación Cultural e subvencionada por entidades públicas e privadas, e, paralelamente, realiza unha intensa actividade cultural ao organizar exposicións, conferencias e certames literarios. Na súa primeira actuación presentouse con 72 compoñentes e o seu número variou co tempo, cunha media de 50 voces. O seu repertorio abrangue obras polifónicas, música sacra, habaneras, espirituais negros e música do Nadal. Destaca a súa actuación no concerto anual Ciudad de Betanzos, que se celebra co gallo das festas patronais o 13 de agosto en colaboración con outras agrupacións musicais da localidade. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Astorga, Madrid, Salamanca, Santurce e Castro Urdiales). O 18 de maio de 1973 participou, xunto coa Coral Polifónica Follas Novas e a Orquestra do Conservatorio da Coruña, na estrea mundial da Cantata Nova Galicia, de Rogelio Groba; en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada en 1964 por Modesto Fernández Rodríguez, director ata 1998, en colaboración con outros membros deste colectivo musical. Dende 1998 está dirixida por Juan Carlos Troitiña Mota. Entre outros, foron os seus presidentes José Manuel Lorenzana, Ignacio Ramírez Pérez, José Luis Valcarce López, Ángel Gómez Montero e Víctor Arias Pérez. A súa primeira actuación foi no cine Capitol de Chantada o 8 de xullo de 1965, iniciando así unha serie de actuacións dentro e fóra de Galicia (Monforte, Ribadavia, Ourense, Lugo, Portomarín, Vigo e Oviedo). Promocionou a primeira actuación pública do cantautor Andrés do Barro, quen en 1970 foi o produtor do primeiro disco gravado pola Coral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1955 e dirixida dende a súa presentación ata 1984 por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ano no que colleu a batuta María del Carmen Rodríguez Cancelo. Conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, e pezas de zarzuelas, interpretadas por un conxunto de 50 voces mixtas. Apadriñou as corais de Viveiro e Sober e realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Asturias, Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén e Lisboa). Gravou para RNE, Cadena COPE, Radio Galega, TVG, Telelugo e TVE, así como un directo no ano 1995 no que se recolleu o concerto conmemorativo do seu 40 aniversario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1962 baixo a dirección de Máximo Patiño Méndez, tivo a súa presentación o 1 de maio de 1963 na Atlántida (Vilaxoán). Conta con 35 compoñentes e o seu repertorio abrangue todo tipo de partituras: polifonía clásica e relixiosa, música gregoriana e folclore galego e universal. Á parte de solemnizar diversas celebracións litúrxicas, colabora coa Casa da Cultura de Vilagarcía e coa de Vilaxoán, así como cos Amigos da Cociña Galega. Así mesmo, organiza, promove e copatrocina o Concurso Popular de Villancicos de Vilaxoán, e o director dirixe o espectáculo Vilaxoán Canta, no que todo o pobo se reúne e canta conxuntamente coa coral na praza pública. Realizou máis de 750 actuacións e tivo sempre como norma non tomar parte en actos de carácter competitivo. Participou, entre outros certames, no Festival Internacional Hispano-Venezolano, nas V e X Xornadas de Folclore Galego, nas Xornadas Irmandade Corais Galegas, en diversos circuítos da consellería de Cultura da Xunta de Galicia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación creada a finais do ano 1988 no seo do Real Club Náutico de Vigo como complemento ás actividades deportivas e para abandeirar os actos culturais do Club. Composta por 50 voces mixtas, interpreta todo tipo de obras corais, dende coros de ópera e zarzuela ata música sacra ou clásica, así como un amplo repertorio do folclore galego, portugués e hispanoamericano. A súa estruturación e dirección, dende a súa fundación, foi obra de Francisco Rey Rivero, musicólogo e compositor. Ademais das súas actuacións periódicas no Club, realizou máis de cen concertos en diversas cidades de España e do estranxeiro, entre os que destaca a actuación ante a colonia galega de París e o concerto que ofreceu ao Parlamento de Estrasburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada e dirixida o 18 de decembro de 1881 por Pascual Veiga. No 2001 era o coro máis antigo dos que permanecían en activo en España. Baixo a dirección, entre outros mestres, de Xosé Castro Chané, Xosé Baldomir, Mauricio Farto, Rodrigo A. de Santiago, González de Velasco, Santiago Pérez Bernal, Maximino Zumalave, Rogelio Groba e Fernando V. Arias, saíron numerosas figuras da canción como Antonio Campó, Fernando Navarrete, María Uríz, Carmelo Parada, Fernando Balboa ou Pucho Boedo. No seu repertorio destacan zarzuelas, óperas e operetas, e entre outras obras estreou La Espadela, de Mauricio Farto; La canción de Zoraida e La noche de San Juan, de Rodrigo A. de Santiago; e Misa a 8 voces, de Pérez Bernal. Participou nos festivais de ópera da Coruña, Madrid, Oviedo e Vigo xunto a Renata Tebaldi, Alfredo Kraus, Franco Corelli, Mario del Mónaco, Carlo Bergonzi, Pedro Lavirgen ou Manuel Asensi. O 17 de xuño de 1987...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de 35 voces mixtas fundada en febreiro de 1970 por iniciativa dun grupo de afeccionados. A súa presentación oficial foi o 19 de xuño no cine Eume cun grupo de 70 voces mixtas. O seu primeiro director e fundador foi Antonio Leira Díaz, dende 1970 ata 1980; posteriormente, substituíuno Antonio Illobre Toimil, dende 1980 ata 1982, ano no que volveu recoller a batuta o anterior director ata 1984. En 1985 debutou na dirección Xosé X. Paz Fernández, subdirector fundador, no Festival do XV Aniversario da coral, axudado polo director adxunto José de Paz Verdejo. Pertencente a FECOGA (Federación Coral Galega), no seu repertorio figuran obras de polifonía clásica, música galega, música sacra, ademais de panxoliñas e habaneras. Organizadora de tres certames corais anuais (en Semana Santa o Festival de Música Sacra; en xullo o Festival de Verán; e en novembro o Festival de Santa Icía), actuou tanto en Galicia coma fóra da comunidade (Madrid, Barcelona, León, Toledo, etc) e realizou diversos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación, continuadora da Sociedad Coral y recreativa Follas Novas (1930), fundada no ano 1944 que centrou a súa actividade no campo da polifonía, tanto galega coma hispánica e estranxeira, así como no da música relixiosa, madrigalista e escénica. Tomou o seu nome da obra de Rosalía de Castro, feito que marcou o seu facer na polifonía galega pois o seu repertorio, en boa parte, constitúese por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosalianos. Composta por 60 voces mixtas, estivo baixo a dirección de Manuel Fernández Amor, Jesús González de Velasco, José Mir Félix, Rogelio Groba Groba, Edilberto Suárez Pedreira, Francisco Méndez Ruíz, Rogelio Leonardo de Bouza, Santiago Pérez Bernal, Jorge Berdullas del Río, Antonio Piñeiro Fernández, Viorel Tudor, Nicolás Cardaso Arrojo, Marta María Castanedo Sanmartín, Otilia Barón Ferrero e Julio Cabo Messeguer. Na súa traxectoria profesional destacan os concertos homenaxe dedicados a Xoán Montes (1949), Rosalía de Castro (1950 e 1975)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación coral constituída por traballadores do Hospital Calde de Lugo, ou moi vinculados a el, co obxectivo de facer máis levadeira a estancia dos enfermos no hospital. Fundada en 1991, estivo baixo a dirección de Xosé Cancio Sanjuán ata que en 1993 relevouno Fernando Gómez Jácome. Realizou actuacións en toda Galicia e participou en diversos festivais. Na súa traxectoria musical destaca un concerto coa Orquestra de Cámara de Xove, a serie de concertos que ofreceu en Notre-Dame de S. D. Casa de Galicia e outros centros de París co gallo do Día das Letras Galegas no 2000; e a misa internacional na Basílica de San Pedro en Roma no ano 2002. Da súa discografía destaca Dez anos cantando (2001). Entre os seus galardóns, destaca o Premio de TVG e a consellería de Cultura do programa Con Música propia (1996) e o III Premio do Certame de Corais Galegas Vila de Marín (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral formada por un grupo de pais de alumnas do colexio da Compañía de María de Cangas, coa colaboración de José Pena Collazo. Integrante da Federación Coral Galega (FECOGA), fixo a súa presentación en Lugo no ano 1974 co gallo da IV Asemblea de APAs dos colexios da Compañía de María. O seu repertorio abrangue obras do clasicismo, renacemento e música contemporánea, así como pezas populares galegas. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Ponferrada, Mérida, Zaragoza, Girona, Barcelona, Avilés, Santillana del Mar, Canarias e Lisboa) e participou no Festival Intercéltico de Lorient e na Temporada XIII Musical, organizada pola Agrupación Musical Toledana. Da súa discografía destaca Homenaxe a Castelao (1986) e Polifonía en Cangas (1988). Entre outros galardóns, obtivo o II Premio Bimilenario de Lugo (1976).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada en 1971 dependente do Centro Cultural Meigas e Trasgos C. I. T. de Sarria. Ao longo da súa traxectoria estivo baixo a dirección de José Castiñeiras, Enrique García Rey, Enrique Alvarellos Iglesias, José Corral e Berta Urbay. O seu repertorio inclúe tanto obras da polifonía clásica coma moderna, con especial atención ás pezas corais galegas, e en ocasións especiais conta co acompañamento do pianista Antonio Queija Uz. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Tenerife, Barcelona, Madrid, Málaga, París e Bruxelas).
-
-
Que ten forma de coral.
-
Aplícase ao cálculo renal que ocupa os cálices ou a pelve renais, que fixeron de molde para a súa formación, polo que teñen forma de coral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de corola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de carapucha.
-
-
Relativo ou pertencente aos cuculiformes.
-
Ave da orde dos cuculiformes.
-
Orde de aves á que pertence a familia dos cucúlidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de cúpula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura que forman as cristas dermatoepidérmicas da cara palmar das mans e dos pés. Trátase dun carácter permanente e constante durante toda a vida que provén da formación da ectoderma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos órganos ou estruturas que teñen forma de alferga, como é o caso das flores do estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento musical que imita o son do vento; empregouse nalgunhas obras sinfónicas, como Don Quixote de Richard Strauss.
-
-
Relativo ou pertencente aos escualiformes.
-
Peixe da orde dos escualiformes.
-
Orde de peixes da clase dos condritios ao que pertencen as quenllas.
-