"Leto" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 67.

    1. Relativo ou pertencente a Letonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Letonia.

    3. Lingua báltica, da familia baltoeslava do phylum indoeuropeo, que se fala en Letonia. Está dividida en tres variedades dialectais: a oriental (augszemnieku), a central (vidus), base da lingua literaria, e a occidental (tamnieku). O primeiro texto escrito en letón é unha tradución de 1585 do Catechismus Catholicorum, de san Pedro Canisio, e un catecismo luterano de 1586. En 1922 o sistema ortográfico, de orixe alemana, con caracteres góticos, foi substituído polos caracteres latinos, con algúns signos diacríticos.

    4. Arte desenvolvida en Letonia. A arquitectura, de madeira entre os ss IX e XII, recibiu a influencia da escandinava e da alemá ao ser empregada a pedra desde o s XIII, pero as outras artes quedaron aferradas á tradición. Baixo o dominio ruso, sufriu a influencia dos artistas europeos (B. Rastrelli e G. Quarengui). No s XIX houbo un intento de pintura nacionalista, con K. Goun (1830-1877), I. Fedders (1838-1909) e A. Baumanis (1866-1904). Na época soviética a arte participou do realismo socialista.

    5. Literatura desenvolvida en lingua letona. No s XVI foron publicados dous catecismos en letón (1585 e 1586). Co renacemento cultural e político de finais do s XIX apareceron as primeiras obras literarias desde o s XIII, cando se produciu a perda da independencia nacional. Destacan os poetas Auseklis, Krišjānīss Barons e Jēkabs Lautenbachs. O patriotismo antirruso tomou unha orientación social coa Nova Corrente, en que destacaron o poeta Rainis e a poetisa Aspazija. Os primeiros novelistas foron os irmáns Reinis e Matīss Kaudzīte, e despois Andrievs Niedra, Utipis e o dramaturgo Blaumandis. No período de entreguerras destacaron os novelistas A. Brigadere J. Janševskis e Svabe, poeta e director da Enciclopedia Letona (1955). A independencia letona provocou un florecemento da literatura nacional, representada polos novelistas K. Zarinš e J. Ezerinš, e polos poetas A. Čaks, Médeniss e A. Eglītis. En 1940, cando Letonia se converteu nunha república...

    6. Arte musical cultivada en Letonia. A tradición popular céntrase en cancións ou dainas que se remontan á Idade Media. Instrumentos populares típicos son os kokles ou arpa, os bungas ou timbais ou diversos tipos de trompas. Máis tarde, a influencia xermánica e italiana dominou a vida musical, centrada sobre todo en Rīga, onde Wagner foi director de orquestra entre 1837 e 1839. A dominación rusa restrinxiu a vida cultural ata a independencia de 1918. Ao ano seguinte foi inaugurada a Ópera de Rīga. De seguido destacaron diversos autores, como A. Kalininš, autor de óperas como Banuta (1920) e Hamlet (1936), F. Medinš e A. Jurjanš, musicólogo e autor de música sinfónica. En 2002, a cantante Marija Naumova foi a gañadora do Festival de Eurovisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Setentrional que limita ao N con Estonia, ao S con Lituania, ao L con Rusia e Bielorrusia e ao O está bañada polo Mar Báltico (64.610 km2; 2.359.000 h [estim 2001]). A capital é Rīga.
    Xeografía física
    O territorio de Letonia está formado por unha chaira, con outeiros ao L e ao O. O clima é entre marítimo e continental. O 52% dos solos son de podzol. Preto dun 70% dos terreos agrícolas son extremadamente húmidos, polo que se levan realizan traballos de bonificación. Os ríos máis importantes son o Daugava, o Lielupe, o Venta e o Gauja. Ten 3.195 lagos, a maioría de orixe glaciario, que ocupan o 1,5% do territorio. O bosque ocupa o 38% do territorio, os prados, o 7,5%, e os pantanos, o 4,8%.
    Xeografía económica
    A economía rural está especializada na gandería bovina e porcina. Críase gandería de raza para os países da CEI. A agricultura é intensiva e está altamente mecanizada, destacando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo británico. Foi nomeado catedrático da Universidade de Cambridge en 1945. Dedicouse especialmente á astrofísica teórica, onde acadou importantes resultados en cosmogonía e cosmoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado metropolitano de Manchester, Inglaterra, Reino Unido (51.696 h [1981]). Situado ao N da aglomeración de Manchester, é un centro téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Colaborador habitual de Rowley e Dekker, as súas primeiras obras foron comedias de costumes, cheas dunha sátira aguda, para pasar na súa madurez ao drama. Destacan The Family of Love (1608), Women beware Women (1621) e The Witch (1622).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia Menor que está situada na desembocadura do río Meandro. Entre os ss XIII e XIV a C poboárona colonos gregos que procedían de Ática e Beocia, e nos ss VIII e VI a C adquiriu o máximo desenvolvemento grazas á importancia do comercio e da exportación de la e cerámica. Foi un dos lugares máis destacados da civilización grega coa súa escola filosófica. Conquistárona os persas, recuperouna Alexandre o Grande (334 a C) e pasou ás dinastías dos ptolomeos, dos seléucidas e dos atálidas, que a fixeron prosperar. Integrouse no Imperio Romano en 78 a C e foi un centro importante do cristianismo a finais do s VII, cando se produciron as invasións musulmás. Conserva restos arqueolóxicos destacados, como a ágora, o teatro romano e outros edificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica presocrática fundada en Mileto. Os seus membros esforzáronse en probar o principio único de onde proveñen todas as cousas substituíndo os mitos sobre a orixe do Universo por unha explicación física e material. Tales considerou que este principio primeiro era a auga que, mediante un proceso de condensación, se convertía en terra, aire e lume. Anaximandro indentificou o elemento primitivo co ilimitado (‘ά), entendido como a materia infinita susceptible de producir sempre seres novos, e Anaxímenes considerou o aire como o principio de todas as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido basto de algodón ou de la afelpada de moito abrigo, semellante a unha flanela grosa, que se emprega para forros ou roupa de abrigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do endoesqueleto dos vertebrados que recobre e protexe o sistema nervioso central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que perdeu vigor ou validez e está en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrigo longo de pano groso e cinguido na cintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folleto impreso de moi poucas páxinas, de carácter xeralmente político e difusión clandestina, no que se ataca violentamente a alguén ou algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que Xesús Cristo se refire na Santa Cea ao Espírito Santo, e a el mesmo, que aparece no Evanxeo segundo san Xoán. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exceso de sangue ou doutros líquidos no corpo ou nunha parte del.

    2. Abundancia excesiva de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á plétora.

    2. Que ten abundancia de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vello (Argos s V a C) Escultor grego. Condiscípulo de Mirón e coetáneo de Fidias, recibiu o ensino de Axeladas de Argos. Foi sobre todo broncista. Escultor de atletas, executou o Doríforo, obra conservada a través de copias de mármore, en que introduciu a técnica da gravitación sobre unha perna. Máis tardíos son o neno Xenocles, o Cinisco, atleta de Mantinea, o Discóforo, Heracles e o Diadumeno, que manifestan xa no seu ritmo a influencia da escola ática. Escribiu un tratado sobre a proporción, o ritmo e a simetría do corpo humano, coñecido co nome de Canon, en que defendía un esquema de proporcións perfectas segundo o que a figura representada debía medir sete veces máis ca a súa cabeza (canon das sete cabezas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (Argos s V a C - s IV a C) Escultor grego. Discípulo de Naucidas (colaborador de Policleto o Vello), traballou nas cidades de Argos, Megalópolis, Olimpia e Tebas desde o 390 ao 340 a C. Atribuíronselle estatuas de atletas como o Antípater de Mileto, diversas obras de divindades como Filipos en Megalópolis ou Apolo no monte Helicón, e unha Hécate de bronce en Argos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding empresarial de comunicación constituído en Madrid en 1977 por un grupo de xornalistas a partir da compra da cabeceira Actualidad Económica, á que seguiu a adquisición de Telva (1982) e Marca (1984), e o lanzamento de Expansión (1986) e Diario Médico (1992), que fixeron do grupo a corporación líder na prensa especializada. Denominado Recoletos Compañía Editorial SA, tras a fusión de todas as sociedades que o constituían (1992), a compañía británica Pearson converteuse no seu accionista maioritario (1994). A partir de 1995 continuou a súa expansión cara a Hispanoamérica e estendeu os seus intereses a outros medios como a radio, a televisión e internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está moi cheo.

    2. Que está farto de comer ou beber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Exerceu diversos cargos no departamento de cultura do seu país e fundou as publicacións Novedades, La Flecha e El Imparcial. A súa prosa é esencialmente descritiva, e dela destacan Sangre en el trópico (1930) e Brújulas fijas (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO