"MIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 424.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo romanés. A súa poesía Melodii române (Melodías romanesas, 1858) influíu na vida política do seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (62,55 km2; 4.950 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveira e vides) e na gandería ovina e porcina. No termo está a ermida de Nuestra Señora de Cuatrohabitan, edificada sobre unha antiga mesquita almohade da que se conserva o minarete.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada no 1954 en Londres co obxecto de obter, explotar e refinar petróleo e derivados, sucesora da Anglo-Iranian Oil Company. Estaba controlada polo estado británico ata que en 1979 o goberno desnacionalizou a compañía e puxo en venda unha parte da súa participación maioritaria. Participa na explotación dos xacementos do mar do Norte e ten concesións petrolíferas en diferentes países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido bromoso, no que o bromo actúa co número de oxidación 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de calcio e manganeso, de fórmula CaMn(SiO3)2. Preséntase en cristais triclínicos formando agregados radiados, dunha cor vermella agrisada. É unha variedade cálcica da rodonita.
-
PERSOEIRO
Crítica e investigadora literaria romanesa. Está considerada como a mellor coñecedora da obra de M. Eminescu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na escola de Llotja en Barcelona e foi discípulo de Federico de Madrazo en Madrid e de Delaroche en París. É autor de composicións de tradición romántica e de decoracións murais, como a do Liceu de Barcelona; así mesmo, destacou como retratista. Obtivo a medalla de ouro na Exposición Universal de Barcelona de 1888.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade magnetopolar da magnetita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resina que se extrae dunha árbore subtropical da especie Styrax officinalis, empregada como incenso en Oriente Próximo.
-
-
Relativo ou pertencente ás calamitáceas.
-
Fento da familia das calamitáceas.
-
Familia de fentos arborescentes da orde das equisetais, propia dos períodos Devónico, Carbonífero e Permiano, que deixaron un importante rexistro fósil e contribuíron en boa parte á orixe da hulla. Algunhas especies acadaban ata os 30 m de altura e máis de 1 m de grosor.
-
-
-
Que constitúe ou orixina unha calamidade.
-
Persoa que é unha calamidade.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos camitas.
-
Denominación obsoleta de carácter étnico derivada de Cam, a quen se atribuía a súa ascendencia, aplicada orixinariamente a algunhas poboacións norteafricanas. Incluía os pobos bérberes, nilóticos e cuxitas e, segundo algunhas clasificacións, os chadianos, fulbes e mesmo hotentotes.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos camitas.
-
Grupos lingüísticos diversos como o exipcio, o bérber, o cuxítico, o omótico e o chadiano, englobados baixo esta denominación a partir da segunda metade do s XIX. Presentan unha serie reducida de afinidades específicas entre os cinco grupos e é difícil establecer a súa diferenciación co semítico.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás linguas camito-semíticas.
-
Familia de linguas faladas de L a O dende Mesopotamia e Arabia, por todo o norte de África ata o Atlántico, e cara ao S ata o límite meridional do Sáhara e a zona de África oriental ata o Ecuador, formada polo conxunto de seis grupos claramente diferenciados: semítico, bérber, exipcio, cuxítico, omótico e chadiano. Seguindo os estudios de J. H. Greenberg, a tendencia moderna é designar esta gran familia lingüística co nome de afroasiática. No tocante á fonoloxía cómpre destacar a existencia, en grao diverso, de consoantes glotalizadas e enfáticas e de fonemas articulados na gorxa ou na parte posterior da cavidade bucal (larínxeas, farínxeas e velares) e do papel esencial das consoantes; morfoloxicamente, caracterízase pola forma prefixada do verbo e polos pronomes sufixados con trazos moi homoxéneos en todos os grupos, pola existencia de raíces biconsonánticas ou triconsonánticas con variacións morfolóxicas por cambios internos na raíz, e polo sistema complexo de formación dos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cemiterio.
-
-
-
Lugar onde se enterran os mortos. O costume de destinar un lugar determinado para soterrar aparece xa en épocas moi antigas coa necrópole, aínda que o concepto moderno de cemiterio naceu co cristianismo. En Roma e noutras cidades optábase polo tipo subterráneo (catacumba), pero en pouco tempo estendeuse o costume de enterrar os mortos preto das tumbas dos mártires e arredor das igrexas. A partir de finais do s XVIII, por razóns sanitarias e de espacio, as autoridades civís e eclesiásticas ordenaron a construción dun cemiterio para cada poboación afastado do centro urbano e mantívose, en xeral, o seu carácter confesional.
-
Lugar no que se enterran animais. OBS: Normalmente, especifícase o animal cunha frase preposicional.
-
-
-
Lugar no que están depositados cousas ou materiais que xa non se usan.
-
cemiterio de coches/automóbiles
Sitio onde se amorean coches estragados e que xa non circulan.
-
cemiterio nuclear
Espacio preparado e protexido para poder almacenar produtos radiactivos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Le cemetière marin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alor máximo da masa dunha estrela anana branca (non rotatoria); máis alá deste, a estrela colápsase gravitacionalmente cara a unha estrela de neutróns ou, eventualmente, cara a un buraco negro. O seu valor é de 1,44 veces a masa do Sol para unha estrela anana branca de helio, de 1,40 masas solares para unha anana de carbono e de 1,11 masas solares para unha anana branca de ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alor da masa límite do núcleo de helio dunha estrela. Se este valor supera o 10-15% da masa total da estrela, o núcleo contráese rapidamente.