"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PERSOEIRO
Rei da Xermania e Rei de Romanos (1292-1298), da familia dos Nassau. Foi elixido nunha revolta dos electores contra os Habsburgo. Destronado en Maguncia, morreu loitando contra Alberte de Habsburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de adormecer.
-
Torpeza e lentitude nos movementos.
-
Sensación que vai parella á inactividade, e orixinada por esta.
-
-
-
Comezar a durmir e ir entrando no sono paseniñamente.
-
Quedar sen a sensibilidade dalgún membro do corpo ou do corpo enteiro.
-
Tranquilizar a unha persoa, facéndolle esquecer un momento, unha dor ou mesmo unha pena.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que calma ou fai durmir.
-
-
Facer que alguén colla o sono.
-
Facer que algo ou alguén perda a súa viveza e enerxía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das hormonas segregadas polo lóbulo anterior da hipófise. É un polipéptido constituído por unha cadea única de 39 aminoácidos. Segrégase como resposta ao estrés. Provoca a estimulación do córtex suprarrenal. Ten, ademais, unha acción mobilizadora dos ácidos graxos e estimulante da expansión dos melanóforos. Chámase tamén corticotropina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
adormentar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o aspecto ou as propiedades físicas do aire.
-
-
Relativo ou pertencente á aerotermodinámica.
-
Dise dos aparellos de calefacción nos que o elemento de quentamento é o aire quente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello aerotérmico no que o aire -quentado por un forno, vapor de auga, auga quente ou resistencias eléctricas- é impulsado por un ventilador que o proxecta cara aos lugares que cómpre quentar, a diferenza dunha estufa ou radiador, nos que o movemento do aire é por convección simple.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da aerodinámica que estudia os fenómenos caloríficos provocados polos fluxos termodinámicos, principalmente do aire, a velocidades supersónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento terapéutico por medio de correntes de aire quente.
-
-
Acción e efecto de afirmar ou afirmarse.
-
Proposición na que a cópula (a relación entre os dous termos) se introduce como existente.
-
-
-
Declarar como certo, soster que algo é verdade.
-
Facer firme, poñer segura unha cousa.
-
Dar máis firmeza ou seguridade a algo.
-
Manterse firme nunha decisión ou nunha idea que se mantén con insistencia.
-
Nas embarcacións que arboran un aparello de cruz, manobra de recollida dos brazos de barlovento coa fin de que ao cinxir as vergas non traballen sobre a cruz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que afirma, expresa ou contén unha afirmación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Coimbra 1210 - Lisboa 16.2.1279) Rei de Portugal (1248-1279). Irmán de Sancho II o Capelo (1223-1248), fillo de Afonso II e sucesor seu no trono de Portugal, proclamouse Rei de Portugal despois de que o Papa Inocencio IV lle concedese a administración do reino en detrimento do seu irmán. Entre 1226 e 1229 marcha a Francia, onde recibiu unha coidada educación a carón do seu primo Afonso de Tolosa. Dende 1234, momento no que creou a súa propia casa, iniciou un proceso de proxección social marcado polo casoiro, en 1238, con Mahaud (Matilde) II -viúva do conde de Boulogne-; o outorgamento, nas terras de Oïl, do título de conde de Boulogne; e o investimento como cabaleiro. A principal preocupación de Afonso III, unha vez conquistado o Algarve en 1250 aos musulmáns, será a de fortalecer a administración rexia, mediante un importante aparello xurídico-administrativo que procurou centralizar as estruturas de poder (as Inquirições de 1258). Co fin de encontrar...
-
-
Sentir un forte proído nalgunha parte do corpo.
-
Sufrir algunha transformación unha masa ou alimentos feitos con masa pola acción dun fermento.
-
Haber e estar en movemento un gran número de persoas ou cousas nun lugar determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de sementes sen fecundación previa.
-
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral, cunha traxectoria estreitamente vinculada á súa vila natal, onde desenvolve unha importante actividade no eido da animación e promoción do teatro escolar e afeccionado. En 1973 potenciou a creación do grupo Candea co que realizou diversos espectáculos, entre os que cómpre salientar Pancho de Rábade (1974), a partir dun texto homónimo de Álvaro de las Casas, ou Noite de lobos (1975), Metá e metá (1976) e O mestre (1978), a partir de textos da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica belga. Influenciada por Godard, principiou a súa carreira no cinema experimental. Cabe destacar Je, tu, il, elle (Eu, ti, el, ela, 1974) e Nuit e jour (Noite e día, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO