"Sena" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 66.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Lugo a partir de 1892 como órgano de expresión da Asociación Provincial del Profesorado de Enseñanza Primaria desa cidade. O seu fundador e director foi Celestino Buján Suárez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir do 1 de outubro de 1865 que cesou en xullo de 1870. Editado nos obradoiros da Imprenta del Siglo, foi unha publicación dirixida aos mestres de intrución primaria. Fundado por Xoaquín Buceta Solla, a partir do 8 de xullo de 1870 cambiou a cabeceira pola de La Reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motín levado a cabo polas tropas asentadas no Arsenal de Ferrol en 1795, causado pola falta de fondos para o pagamento dos seus soldos, debida á crise da facenda polos gastos da guerra que os deixara sen paga durante seis meses. Como medida de coacción, presentouse o capitán xeneral de Galicia coas súas tropas nas proximidades de Ferrol, pero non resultou efectivo e finalmente pagaron aos soldados con fondos da cidade e do cabido, ante a necesidade de manter a Armada alerta para a súa posible incorporación á guerra con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Francia, que nace en Cotê d’Or, preto de Saint-Seine-l’Abbaye, a 471 m de altitude, e desemboca no canal da Mancha (776 km de lonxitude). Distínguese: o tramo superior, ata a confluencia co Yonne; o medio, por París e ata a confluencia co Oise; e o inferior. No tramo superior recibe ao Aube pola dereita e ao Yonne pola esquerda. No tramo medio recibe pola dereita, antes de París, ao Marne, e despois ao Oise. O río é, neste traxecto navegable grazas ao seu acondicionamento. No tramo inferior, estírase nunha ringleira de meandros e ten entre 200 a 250 m de ancho. Recibe, pola esquerda, ao Eure, que vén de Beauce, pasa por Rouen e, en Tancarville, e entra no esteiro que remata no porto de Le Havre. Ten réxime pluvial oceánico, cun caudal alto no inverno (xaneiro-marzo) e baixo en setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello da Fonsagrada, baixo a advocación de san Agustín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Alta Normandie, Francia (6.278 km2; 1.239.138 h [1999]). A súa capital é Rouen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Jorge de Sena, foi catedrático de Literatura Portuguesa e Española na University of California. A súa poesía recolleuse nos tres volumes de Poesia (1977-1978). Publicou libros de contos, como Andanças do Demónio (1960), Novas Andanças do Demónio (1966) ou Os Grão-Capitães (1976), e as novelas O Físico Prodigioso (1977) e a inacabada Sinais de Fogo (1979). Como crítico literario, destacan os ensaios A Estrutura de “Os Lusíadas” e Outros Estudos Camoneanos e de Poesia Peninsular do Século XVI (1970) e Os Sonetos de Camões e o Soneto Quinhentista Peninsular (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Supremo consello do estado que na antiga Roma estaba constituído, cando menos na orixe, por anciáns ou xefes das diversas gens e, posteriormente, polos patricios e maxistrados. O nome foille atribuído por analoxía con outros consellos de anciáns do mundo antigo, sobre todo de Grecia e Esparta. Foi a institución fundamental do estado e respondeu durante longo tempo da política exterior e interior. A partir do s IV a C os senadores eran elixidos polos censores; despois, automaticamente, convertíanse en senadores os ex-maxistrados. Con Tiberio foron escollidos por cooptación polos propios senadores e, finalmente, foron designados polo soberano. Xuntábanse a porta fechada, baixo a presidencia do maxistrado, e logo do emperador, e as súas deliberacións denominábanse, segundo a prevalencia dunha ou outra autoridade, autoritas patrum, decreto ou senadoconsulto. Durante a República foi o auténtico goberno de Roma. Discutía as propostas, interviña en materia de xustiza civil e penal, daba...

      1. Segunda cámara, ou cámara alta, que nos sistemas parlamentarios modernos, forma coa cámara baixa o parlamento. Nos estados federais adoita ter funcións de defensa dos intereses das unidades autónomas que forman a federación. En EE UU está integrado por representantes dos estados da Unión e intervén na política exterior, e pode actuar tamén como tribunal de xustiza en delitos cometidos por funcionarios federais. En Alemaña e Austria recibe o nome de Bundesrat. Nos estados unitarios, perdeu peso político a prol da cámara baixa, como en Reino Unido (Cámara dos Lords). En Francia, pola contra, a instauración da V República representou un aumento do papel do senado. En España sufriu os vaivéns da historia constitucional española. A Constitución de Cádiz (1812) preveu un parlamento unicameral, e o Estatuto Real (1834) estableceu un senado, denominado Estatuto de Próceres, integrado por altos membros da xerarquía eclesiástica, a nobreza, grandes propietarios e persoeiros distinguidos. A Constitución...

      2. Sede do senado.

    2. Órgano deliberativo ou consultivo de numerosas entidades que está constituído por persoas representativas da mesma que apoian o presidente ou reitor no seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Órgano lexislativo de España que se mantivo vixente en diversos períodos da historia e que se restableceu na Constitución de 1978. Forma xunto co Congreso de los Diputados as Cortes Generales.
    Composición, funcionamento e funcións
    O Senado é a cámara de representación territorial. Segundo a súa procedencia, os seus membros son de dous tipos. Un primeiro grupo está formado por 208 senadores elixidos directamente polos cidadáns sobre circunscricións plurinominais de base provincial. En cada provincia peninsular elíxesen catro senadores, nas illas maiores (Gran Canaria, Mallorca e Tenerife) tres senadores, nas restantes illas ou agrupacións (Ibiza-Formentera, Menorca, Fuerteventura, Gomera, Hierro, Lanzarote, La Palma) un senador, e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla un senador en cada unha. O segundo grupo está formado polos senadores elixidos polas comunidades autónomas, que elixen un senador e outro por cada millón de habitantes, feito que deu como resultado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decisión senatorial en resposta á moción ou á consulta dun maxistrado na antiga Roma. O texto transcribíase no diario oficial e depositábase no aerarium Saturni. Comezou como un simple ditame ou parecer ao que podían non facer ningún caso os maxistrados, e só tivo forza executiva, de lei, no Imperio. Un maxistrado competente, sempre un tribuno, podía facer uso, durante a República, do seu dereito de intercesión ou de veto contra un senadoconsulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dun senado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade ou cargo de senador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Discípulo de J. J. Rousseau e seguidor da ideoloxía naturista, escribiu Rêveries sur la nature primitive de l’homme (1799) e Obermann (1804), en que presentou unha análise implacable do eu cunha dose de pesimismo e amargura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilastose (Muxía). Ten planta en forma de L con patín posterior e escaleira de acceso a este. Os muros son de cachotaría e as esquiñas, cornixas e ocos de cantaría. Conserva o pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (704-681 a C), fillo de Sargón II de Asiria. Trasladou a capital de Khorsābād a Nínive. A raíz dunha revolta de Luli, rei de Sidón, e de Ecequías, rei de Xudá, tomou Sidón e outras cidades de Siria-Palestina. No altiplano iraniano, someteu os medas. Axudado por Elam, fixo catro campañas contra Babilonia ata que en 689 a C invadiu e arrasou a cidade cunha inundación artificial. Foi asasinado por dous dos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual publicada en Vigo a partir de 1979. Cesou en 1982 (nº4). Subtitulada “Revista de Filoloxía”, foi editada polo Colexio Universitario de Vigo. Dirixida inicialmente por Emilio Montero e logo por Manuel Cabada, a lingüística, a crítica literaria e a teoría da literatura foron os tres temas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentimento e estado de ánimo melancólico e nostálxico provocado pola ausencia de algo ou alguén que se estraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sente señardade.

    VER O DETALLE DO TERMO