"Trat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • Acordo asinado o 17 de outubro de 1797 entre Francia e Austria na localidade de Campoformio, no Friul, que puxo fin á campaña de Napoleón Bonaparte en Italia. Austria cedeu a Francia os seguintes territorios: Bélxica, un sector das terras alemanas á esquerda do Rin; e ademais permitiu a creación da República Cisalpina (Milanesado). Francia, a cambio, cedía a Austria a marxe esquerda do Àdige, xunto con Venecia, Istria e Dalmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo con funcións de control, inspección e fiscalización do comercio metropolitano coas Indias españolas, creado polos Reis Católicos en 1503 en Sevilla, a imitación da Casa da Índia fundada en 1499 en Lisboa. Agás o período comprendido entre 1529 e 1573, no que os principais portos casteláns podían expedir directamente barcos, exerceu un estricto monopolio do comercio con América. Foi tamén un organismo consultivo do goberno con respecto á política colonizadora. En 1510 atribuíronselle, coa creación dun tribunal de xustiza mercantil, funcións xudiciais relacionadas co comercio e coa navegación. Levou a cabo, ademais, un importante labor técnico-científico no terreo da náutica e da navegación, e estableceu unha auténtica escola marítima. Coa chegada ao trono dos Borbóns, a Casa de Contratación trasladouse a Cádiz (1717), pero coa abolición do seu monopolio (1778) perdeu moita importancia e desapareceu en 1790. O monarca Carlos V concedeulle ao Reino de Galicia unha Casa de Contratación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantor privado dos testículos antes da puberdade co fin de lle conservar a voz infantil de soprano ou de contralto, reforzada pola capacidade pulmonar adulta. Acadou gran relevancia en Italia nos ss XVII-XIX, feito motivado pola prohibición papal de cantaren as mulleres na igrexa. Ao mesmo tempo, o gusto musical barroco polo virtuosismo vogal estendeu o seu uso por toda Europa, especialmente na ópera, onde perdurou ata mediados do s XIX. Entre os castrati máis importantes destacan, entre outros, Carlo Broschi Farinelli, Gioacchino Conti, Luigi Marchesi e Girolamo Crescentini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paz asinada en Cateau-Cambrésis (actual Cateau Cambresis), Francia, o día 2 de abril de 1559 entre Francia e Inglaterra, e o día 3 entre Francia e a monarquía hispánica, que puxo fin ás guerras entre Francia e os Habsburgo. No tratado con Inglaterra, Francia recuperou a cidade de Calais e, pola paz con Filipe II, as prazas de Somme; ademais, conservou os bispados de Metz, Toul e Verdun, recoñeceu as posesións hispánicas en Italia e nos Países Baixos, e devolveu Córsega aos xenoveses e Savoia e o Piemonte ao duque de Savoia, agás algunhas prazas fortes máis alá dos Alpes. Lombardía quedou repartida entre os Savoia, os Farnesio e os Gonzaga. Por último, acordaron o matrimonio entre Filipe II e Isabel de Valois, filla de Enrique II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube de altitude media, entre os 6.000 e os 10.000 m, formada por cristais de xeo, coa forma dun veo abrancazado e tenue, que debuxa un halo ao redor da Lúa ou do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido cítrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de inclusión formado por dúas moléculas distintas, onde unha delas está situada nos ocos que deixa o retículo cristalino da outra. A posibilidade de formación dun clatrato depende da adecuación do espazo baleiro do retículo cristalino respecto ao volume da molécula incluída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Tratados de Reaseguro Pacto asinado entre Alemaña e Rusia o 18 de xuño de 1887 cunha duración de tres anos. Por unha banda, Rusia garantía a súa neutralidade se se desencadeaba un conflito entre Francia e Alemaña e, pola outra, Alemaña comprometíase a soster diplomaticamente a Rusia na cuestión búlgara e na referente aos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contrato civil polo que unha empresa (auxiliar), que achega os seus propios traballadores, se obriga a executar ou cooperar na execución dunha obra en beneficio doutra empresa (principal), que se compromete a pagar un prezo determinado pola súa realización.

    2. Instrumento, escritura ou obrigación simplemente asinada, co que se asegura a existencia dun contrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de contratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen contrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer un contrato con alguén que o obriga a prestar un servizo ou a executar algunha cousa.

    2. Comprometerse a cumprir os acordos do contrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia, xeralmente imprevista, que interrompe unha acción ou que vai contra aquilo que se esperaba.

    2. Procedemento rítmico no que unha voz ou un instrumento entra no tempo débil do compás e produce un efecto de contraste rítmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz no mesmo rexistro ca a do tenor nas polifonías medievais a tres voces. No s XV, coa aparición das composicións a catro voces, deu orixe ao contratenor altus e bassus, que derivaron nas modernas voces de contralto e baixo. Posteriormente, no s XVI, pasou a designar a voz máis aguda dos tenores. Entre outros, destacaron Alfred Deller, James Bowman e René Jacobs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito que contradí un testemuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Negativo, impresionado a partir dun positivo, que serve para obter moitas copias positivas sen o perigo de prexudicar o negativo orixinal.

    2. Forma galvanoplástica que se obtén a partir de tipos en relevo ou baleirados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que executa unha obra por contrata para o goberno, para unha corporación ou para un particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acordo de vontades dirixido á regulación dunha determinada situación xurídica que se constitúe como un negocio xurídico de natureza patrimonial. Os seus elementos esenciais son o consentimento das partes; o obxecto, que poden ser todas as cousas que non estean fóra do comercio dos homes, incluídas as futuras; e a causa da obrigación que se estableza. Os seus elementos accidentais son a condición, o termo e o modo. Obriga a cumprir aquilo que as partes contratantes asinaron, aínda que a intervención do Estado no terreo xurídico limitou a autonomía da vontade e estableceu determinadas figuras xurídicas, como o contrato de adhesión, o contrato normal e o pacto normativo. A súa nulidade declárase cando existe algún defecto que lle impide producir os seus efectos; a anulabilidade prodúcese cando ten un vicio que dá lugar a unha acción de nulidade da parte prexudicada. Clasifícase en oneroso ou gratuíto, segundo se estipule ou non unha contrapartida; consensual, real ou...

    2. Conxunto normativo ao que as partes contratantes suxeitan a súa conduta para alcanzar os obxectivos ou resultados que se propugnaron ao facer o contrato.

    3. contrato administrativo

      Contrato celebrado por unha administración pública con persoas naturais ou xurídicas que ten por obxecto a organización ou o funcionamento dun servicio público. O seu elemento diferenciador é a existencia das denominadas claúsulas exorbitantes do dereito común, polas que se impoñen cargas ao particular ou se outorgan facultades á administracion que serían inadecuadas no marco dun contrato privado, como a interpretación ou o acordo de resolución dos contratos. Son os característicos de obras, de xestión de servicios públicos, de subministros, de consultoría e asistencia, e de servicios. Existen contratos administrativos especiais con obxecto distinto aos anteriores, pero que conservan a natureza administrativa.

    4. contrato aleatorio

      Contrato no que unha das partes, ou ambas as dúas de xeito recíproco, se obrigan a dar algunha cousa en equivalencia do que a outra vai facer. Prodúcese en caso dun acontecemento incerto ou cando ocorra nun tempo indeterminado.

    5. contrato atípico

      Contrato que, aínda mencionado pola lei, está desprovisto dunha normativización específica, polo que se deixa a súa concreción á autonomía das partes.

    6. contrato bancario

      Contrato celebrado entre unha entidade bancaria e os seus clientes referido aos préstamos e depósitos. Adoita levar aparellado un servizo de caixa que se instrumenta a través dunha conta corrente.

    7. contrato consensual

      Contrato que se perfecciona polo mero consentimento e sen ningún requisito de forma especial.

    8. contrato declarativo

      Contrato que tende a constatar a existencia dunha relación xurídica. O seu contido debe atribuírse ás anteriores declaracións contractuais das partes.

    9. contrato de adhesión

      Contrato no que o seu contido é prerredactado por unha das partes para unha pluralidade de contratos. Excluída calquera negociación sobre o mesmo, a persoa interesada en contratalo só pode aceptalo tal e como se lle ofrece ou renunciar á súa celebración.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Du contrat social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contrafinal.

    VER O DETALLE DO TERMO