"Ural" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 152.
-
PERSOEIRO
Escritor. Baixo o pseudónimo de Antón de Sirgal, publicou os folletos de poemas Caciquismo en solfa (1923), Recordando tempos con mor de outros tempos (1957) e Os caciques e a “nena”, segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco (1966), que contén o diálogo en prosa “Parolas entre Antón de Sirgal e Farruco de Buxergos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á coxa.
-
Nervio constituído pola reunión das ramas dorsais dos nervios lumbares II, III e IV que, ao chegar á coxa, se divide en múltiples ramas de distinta disposición. Controla a extensión do xeonllo e a anteversión da coxa. Tamén recibe o nome de nervio femoral.
-
-
-
Relativo ou pertencente á cultura.
-
Modificación da cultura polo transcurso do tempo. A idea de cambio cultural acadou un amplo abano de coñecementos na teoría sociolóxica, de maneira que as diversas correntes do pensamento sobre a sociedade trataron de atopar as principais pautas e os desencadeantes fundamentais do cambio cultural. Os primeiros teóricos do pensamento sobre a sociedade, Montesquieu e Adam Ferguson, aceptaron a idea de que a crenza no progreso podía determinar as pautas da evolución cultural da sociedade, feito que determinou a aparición de diversas teorías sobre a evolución da cultura, como as de Saint-Simon e Auguste Comte, que incluíu na súa dinámica social a necesidade dun cambio intelectual capaz de levar a sociedade a un estadio científico. As teorías marxistas fixeron depender a idea de cambio cultural do sistema de dominación imposto polas relacións de produción e as estruturas de clase. A escola elitista italiana, pola súa parte, entendeu a idea de cambio cultural dentro do ámbito do cambio social,...
-
-
-
Doutrina ou sistema sobre a cultura.
-
Corrente de pensamento antropolóxico estadounidense. O seu precedente está nos traballos de F. Boas, C. Wissler, A. L. Kroeber, R. H. Lowie e o lingüista E. Sapir, que entendían que a cultura era o fundamento tanto das estruturas sociais coma do comportamento humano individual, adquirido a partir dun proceso previo de socialización. Margaret Mead, Ralph Linton e Ruth Benedic22t recolleron e desenvolveron estas ideas. Compartiron como premisa básica a crenza de que calquera cultura comporta un tipo de personalidade predominante, no sentido de que os individuos veñen a ser como un reflexo da totalidade desta cultura, coma se cada individuo achegase ao nacer diversas potencialidades e o medio social seleccionase unhas cantas para presentar no individuo modelos de comportamento que ten que seguir para adaptarse (R. Benedic22t); a cultura entón é un proceso que vai dende o individuo ata a sociedade, e as diferentes culturas responden a unha evolución desde as máis simples ata as máis complexas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona do delta do Ebro, considerada espazo protexido desde 1983 e ampliada no ano 1986, cando se constituíu en parque natural. Cunha superficie total de 7.736 ha, comprende un variado conxunto de medios húmidos, entre os que destacan as zonas salobres, as dunas, os carrizais e os lagos de auga doce. Unha gran parte deste medio natural substituíuse por cultivos de arroz que ademais de ocupar unha grande extensión, supoñen un perigo para a fauna do contorno, debido ao emprego masivo de biocidas para controlar os insectos que se alimentan da planta do arroz. No delta existen máis de 515 especies de plantas e máis de 260 de aves tendo, o Delta de l’Ebre especial importancia como rexufio de aves invernantes, ata un 10% das anátidas da Península Ibérica, entre as que destaca o pato cullerete, o pato asubiador e o alavanco
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desnaturalizar ou desnaturalizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desnaturalizar ou desnaturalizarse.
-
-
Privar a alguén dos dereitos de cidadanía.
-
Perder ou renunciar aos dereitos de cidadanía.
-
Perder un nobre a súa condición de vasalo e todos os dereitos que este título lle outorgaba.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á duramáter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca rexistrada dunha aliaxe lixeira de forxa, de densidade 2,66 e laminada a base de aluminio e magnesio (5-12%), que non necesita tratamento térmico. Resiste a corrosión e pode traballarse en quente. Pola facilidade que ofrece para traballar, emprégase na construción e nas operacións de soldadura autóxena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación comercial dunha aliaxe de ferro, cromo (20%) e aluminio (15%), que pertence ao grupo dos aceiros refractarios e que se utiliza para a confección de pezas que deben resistir temperaturas elevadas, da orde dos 1.100°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca rexistrada dunha aliaxe lixeira de aluminio de gran resistencia mecánica, desenvolvida por A. Wilm en 1910. A súa composición media é de 94,5% de Al, 4% de Cu, 0,5% de Mn e 1% de Fe e outros. O duraluminio ten características próximas ás do aceiro corrente. A carga media de ruptura é de 42 kg mm2, o alongamento do 20% e a densidade de 2,7. Cun quecemento de ata 550°C, seguido dun arrefriamento con auga e ao aire, prodúcese a maduración ou endurecemento estrutural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.
-
-
Aplícase ao espazo que está situado entre a duramáter espiñal e a parede da canle vertebral, dende o orificio occipital ata o extremo inferior da canle sacra.
-
Substancia medicamentosa ou anestésica que se introduce no espazo epidural da rexión sacra. Realízase na administración de fármacos en certos tratamentos analxésicos e, sobre todo, na asistencia obstétrica no momento do parto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escritura.
-
-
Relativo ou pertencente á escultura.
-
Que é digno de ser esculpido pola súa beleza.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á estrutura.
-
Que afecta á estrutura.
-
-
Relativo ou pertencente ao estruturalismo.
-
Método de análise formalista propio do estruturalismo. Oposto ao empirismo, busca a lóxica interna de cada estrutura, e estudia o sistema de relación dos distintos elementos que a compoñen e as leis que a regulan, na procura sempre dunha explicación, non en función de elementos externos senón no interior da mesma estrutura estudiada. Tamén estudia a relación entre distintos conxuntos de sistemas.
-
estruturalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola lingüística do s XX, que se caracteriza por concibir as linguas como estruturas ou sistemas, isto é, conxuntos organizados de elementos que se definen pola súa relación cos demais elementos formais, polo tanto, non materiais. O que importa non é o fenómeno en si, considerado illadamente, senón o seu valor, manifestado a través da súa situación no interior da estrutura. O estruturalismo xorde como reacción ao atomismo e positivismo propios da lingüística histórico-comparativa do s XIX. Sinálase ao profesor suízo Ferdinand de Saussure como o iniciador do estruturalismo, a raíz da publicación póstuma en 1916 dunha recompilación das súas principais teorías, baixo o título Cours de Linguistique Générale. F. de Saussure pon a base de conceptos como signo lingüístico e distincións fundamentais como materia/ obxecto, lingua/fala ou significante/significado. A consolidación do estruturalismo vén da man do Círculo Lingüístico de Praga (1926), constituído, entre outros, polos lingüistas Nikolaj...
-
-
Relativo ou pertencente ao estruturalismo.
-
Que ou quen é seguidor do estruturalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
epidural.