"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Caer chuvia moi miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situado en Santa María de Cospeito (Cospeito). Trátase dunha edificación do s XVIII de dúas plantas cun saínte posterior na zona da vivenda. Conserva a capela, e os muros son de cachotería e de cantería nos vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e poeta. Desempeñou os oficios de xornalista e arquiveiro. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina. Colaborou en distintas publicacións (El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago). Como historiador publicou, entre outras obras, Efemérides de Galicia (1877), Testimonio de la capitalidad de Galicia (1882) e Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (1885). En canto ao eido literario, os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. É autor do poema en galego “O desterro (Camiño de Portugal)” (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de cine e fotógrafo. Na primeira metade dos anos 20 desenvolveu as súas primeiras investigacións fotográficas ao redor dun novo procedemento de cine en cor, que foi finalmente patentado en 1925. Realizou ese mesmo ano en Pontevedra as primeiras demostracións públicas dun sistema que se encontraba co inconveniente da súa velocidade de proxección. É así como concibiu e realizou o documental Pontevedra, cuna de Colón (1927), onde defendía a tese da orixe pontevedresa do descubridor de América. Concibe logo un novo sistema de cor, esta vez bicromático, co que filmou unha segunda versión deste mesmo título (1930); é esta unha película lastrada polo seu exceso de rótulos explicativos, cun argumento supeditado a servir de soporte aos experimentos cromáticos do seu realizador. En 1932 constituíu co seu irmán Ramón e co pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que sacou adiante un noticiario cinematográfico galego que se mantivo ata 1935. Froitos desta iniciativa serán documentais como Por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director e guionista, irmán do tamén realizador e fotógrafo Enrique Barreiro. Colaborou con este nas súas primeiras experiencias coa fotografía cinematográfica en cor e co documental Pontevedra, cuna de Colón. Participou tamén na fundación da produtora Folk en 1932. A produtora estivo vencellada á intelectualidade nacionalista galega do momento. Rematada esta experiencia de Folk polas desavinzas familiares e polas dificultades para impoñer os noticiarios nas salas galegas, trasladouse a Madrid en 1935. Alí estudiou música, dirixiu unha empresa de mensaxería e dedicouse á fotografía publicitaria, colaborando por exemplo coa revista Vogue. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e xa en 1936, o notable e prestixioso Velázquez. Esta especialización no xénero documental continuou ao longo da Guerra Civil coa realización da curtametraxe Madrid heroico (1936), producida polo anarcosindicalista SUICEP. A súa afiliación republicana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Encoro do río Tambre provocado pola presa do lugar de Sopenas, no límite das parroquias de Liñaio (concello de Negreira) e Cornanda (concello de Brión). As obras da presa, que ten unha altura de 44,5 m, principiaron en 1946. En 1949 xa estaba en servicio, abastecendo a central eléctrica Tambre I. Unha canle duns 6 km de lonxitude conduce as augas dende a presa ata a central. En 1973 entrou en servizo unha nova central: a Tambre II. Situado sobre un canón encaixado no curso do Tambre, o encoro abrangue unha superficie de 270 hectáreas, ao longo de 14 km, e ten unha capacidade de 30,2 Hm3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Estudiou na Escola Superior de Comercio da Coruña. En 1912 foi nomeado socio-xerente de Sobrinos de José Pastor, sociedade que en 1925 se converteu no Banco Pastor da que foi vicepresidente e director xeral e, en 1939, presidente. Ata 1968 foi conselleiro do Banco de España e do Banco de Crédito Local de España. Foi promotor e impulsor das seguintes empresas: Aluminio de Galicia, Astilleros y Talleres del Noroeste (ASTANO), Barras Eléctricas Galaico Asturianas, Compañía Española de Industrias Electroquímicas (CEDIE), Compañía Española de Propaganda, Industria y Cinematografía (CEPICSA), Elaborados Metálicos (EMESA), Fabricación de Envases Metálicos (FEMSA), Fuerzas Eléctricas del Noroeste (FENOSA), Fabricaciones Eléctricas, Navales y Artilleras (FENYA), Finisterre, Gas Madrid, Grafitos Eléctricos del Noroeste (GENOSA), Hullas del Coto Carta, Industrias Gallegas, La Toja, Compañía Madrileña de Alumbrados e Calefacción por Gas, Minero Siderúrgica de Ponferrada; Cubiertas y Tejados,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome grego de Broach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Rendal (concello de Arzúa), a actual fábrica (1709), produto dunha reforma das construcións anteriores, é de estilo barroco. Ten planta en escuadra e o seu elemento máis sobranceiro é a fachada principal, cunha portada monumental adornada por elementos típicos do barroco compostelán, como os bacelos ou as molduras. Sobre o lintel vai un frontón curvo partido, timbrado cun escudo de armas que incorpora as dos Seixas, dos Pimentel, dos Bolaño e dos Ribadeneira. A capela do pazo é exenta, de planta rectangular e coa cuberta a dúas augas; a súa fachada remata cunha espadana para a campá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación conxunta dos dous tratados concluídos en 1795 por Francia con Prusia e España, que poñían fin á primeira guerra contra a Revolución Francesa. Por estes tratados, Prusia recoñecía a República francesa e cedíalle a marxe esquerda do Rin, mentres que Francia se retiraba das prazas que ocuparan en territorio español a cambio da parte oriental da illa de San Domingos. O tratado incluía, nunha claúsula secreta, o recoñecemento de privilexios comerciais para Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organizado en 1809 pola Xunta do Morrazo e por Juan Antonio Gago, natural de Marín, para loitar contra as tropas francesas durante a Guerra da Independencia. Formado por tres batallóns, á súa fronte situouse Joaquín Quijarro. Fusionouse co Batallón de Monforte, que se mantivo ata o ano 1812 mandado por Antonio Ponce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor arxentino. Realizou retratos de persoeiros do seu país, acuarelas e miniaturas en marfil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Liberal, colaborador persoal do xeneral Santa Ana, opúxose á prepotencia económica da Igrexa e promoveu a desamortización. Exiliado en dúas ocasións en Europa e nos EE UU, participou activamente no movemento de independencia do seu país xunto ao xeneral Porfirio Díaz, con quen colaborou nos sitios de Puebla e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das cartas xogadas nunha man ou volta dunha partida de cartas.

    2. Número de puntos conseguidos nunha mesma man.

    3. Circunstancia favorable que acontece no momento ou no lugar apropiado.

    4. Parte do emparrado da videira que queda entre os esteos.

    5. Gañar unha man nunha partida de cartas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, drenado polo río Baza (20.685 h [1996]). É un centro da subárea comercial da Hoya de Baza, onde persisten pequenas industrias de carácter artesanal (curtidos, olería, sombreiros). Posúe establecementos balnearios que explotan os mananciais de augas sulfurosas. Foi a antiga Bastia, capital da Bastetania en tempos dos romanos. Estivo dominada polos visigodos e despois polos árabes, que a chamaron Batza. Foi un dos últimos núcleos do Reino de Granada que ofreceu resistencia aos Reis Católicos; sen embargo, logo de máis dun ano de sitio, caeu no seu poder o 4 de decembro de 1489. A cidade de Baza mantén restos da antiga fortaleza musulmana, dos baños árabes e das murallas. Así mesmo, cómpre salientar a Colegiata de la Anunciación, de estilo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca de Andalucía, na provincia de Granada, que constitúe a chamada Andalucía das estepas. É unha ampla conca elevada de máis de 1.000 m de altitude que forma parte da depresión intrabética. A cidade de Baza é o centro comercial da bisbarra. No Cerro do Santuario (necrópole ibérica dos ss V - III a C) atopouse a Dama de Baza, escultura ibérica en pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra da parte central do Sistema Penibético, no N da Serra Nevada, entre as provincias de Granada e Almería. Culmina no picouto de Santa Bárbara, de 2.269 m de altitude. A partir do termo municipal de Gérgal (Almería) a aliñación prosegue co nome de serra de Filabres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor abstracto. Deuse a coñecer en 1941. Fíxose famoso coas vidreiras da igrexa de Pla-teau d´Assy (1950) e coas cerámicas murais da igrexa de Audincourt. É autor do gran mosaico cerámico do palacio da UNESCO de París (1958). Publicou o libro Notas sobre la pintura actual (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente das casas reais de Castela, Aragón e Navarra. Foron señores do val de Baztán, en Navarra. Algúns membros desta familia pasaron a Galicia, establecéndose en Cambados, Cores (Pontevedra) e Rianxo. A súa nobreza foi proclamada pola Real Audiencia de Galicia en Auto de 5 de febreiro de 1787, resolución confirmada polo Rei Carlos III. O tronco dos Bazán galegos disque foi Alonso Gonzalo de Bazán, personaxe que se fixo célebre logo de rescatar dos franceses o Rei de Navarra Sancho de Abarca. Esta caste emparentou con ilustres familias galegas como os condes Gutierre e Ilduara, e a ela pertenceu Emilia Pardo Bazán. As súas armas levan escudo axadrezado de prata e sable; bordo de goles, con oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada “Boletín interior informativo” da Empresa Nacional Bazán, de Ferrol. De periodicidade mensual e monolingüe en castelán, apareceu por primeira vez na primavera de 1957. Nela colaboraron, entre outros, o xornalista coruñés Bocelo, e os poetas Cunqueiro e González Garcés. Entre as súas seccións, á parte das dedicadas á información sobre a propia empresa, incluía algunhas de carácter cultural como “Las letras, las artes y el cine” e mesmo algún poema en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO