"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos teñen significado abundancial xa que na súa orixe nomeaban lugares caracterizados por presentaren abundancia de cobras. Este apelido adoita aparecer castelanizado como Cobrero. A mesma orixe presenta a forma plural Cobreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é abundante en cobras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido galego Cobreiro. Documéntase no s XV: “Pedro de Cobreiros” (doc ano 1414 en X. Ferro Couselo, “A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 107), “Garcia de Cobreiros” (doc ano 1434 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 25). Adoita aparecer castelanizado como Cobreros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego de orixe toponímica Cobreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Cobreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Mesturou o gusto pola estética medieval nas construcións relixiosas co repertorio neoclásico nos edificios civís. Foi arquitecto da Deputación (1870) e do concello de Lugo (1894), cidade na que fomentou a creación da Escola de Artes e Oficios (1888) e a electrificación do núcleo urbano. Entre as súas obras destacan o concello (1874) e as torres da catedral (1878-1881) de Lugo, as igrexas de Santiago de Mondoñedo (1889-1890), de Santalla de Cervo (Cedeira, 1906-1907) e de San Bertomeu de Cariño (1907-1910), e a reconstrución do castelo de Castro de Ouro (Alfoz).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilaboa baixo a advocación de santo Adrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista subtitulada “Órgano del Centro Gallego de Santander” que apareceu en xullo de 1956. Dirixiuna José Carballeira e, posteriormente, Xosé Leyra. Incluía artigos, información sobre o centro e poesías. Redactouse en castelán agás algúns poemas de Pura Vázquez e Victoriano Taibo, ou a lenda “A raíña Lupa”, de Leandro Carré. A partir de 1979 a produción en galego adquiriu certa relevancia e nela incluíuse unha recensión do libro de Rosalía de Castro Entre a poesía e a política, o himno galego, poemas e relatos, debuxos de humor de Castelao e diversos artigos sobre o Día das Letras Galegas. Entre os colaboradores figuran Pedro X. Blanco, Filgueira Valverde e Alonso Montero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás combretáceas.

    2. Planta da familia das combretáceas.

    3. Familia de mirtais integrada por uns vinte xéneros, que reúnen ao redor de 500 especies de plantas leñosas, a miúdo enredadeiras, propias das rexións tropicais. Os xéneros máis importantes son Combretum e Terminalia, que proporcionan diferentes clases de madeiras ou se cultivan como plantas ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Confederación sindical española constituída en 1977. Ten por obxectivo a defensa dos intereses dos traballadores do territorio español.
    Órganos e estrutura
    A Confederación de Comisiones Obreras, que reúne os diferentes sindicatos nacionais, ten dous tipos de órganos: os de dirección formados pola Comisión Ejecutiva Federal, Consejo Confederal e Secretarías Confederales; e os órganos de dirección e control formados pola Comisión de Garantías e a Comisión de Control Financiero. CC OO ten unha estrutura sectorial e territorial. A estrutura sectorial ten un sentido vertical e integra os traballadores en federacións segundo o posto de traballo que desempeñan e segundo o sector laboral ao que pertenzan. A estrutura territorial, de sentido horizontal, integra os traballadores segundo o criterio de territorialidade do seu posto de traballo, é dicir, nas comunidades autónomas. No ámbito internacional intégrase na Confederación Europea de Sindicatos (CES) e na Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sindicato Nacional de CC OO de Galicia constituído en marzo de 1978, é unha organización de clase que ten por tarefa principal a defensa dos intereses da clase traballadora e dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva do socialismo democrático. Desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Órganos, estrutura e obxectivos
    Os órganos de dirección son o Congreso Nacional, máximo órgano deliberante e decisorio; a Conferencia Nacional, convocada intercongresualmente para cuestións de interese puntual; o Consello Nacional, máximo órgano de dirección e representación entre congresos; e a Comisión Executiva Nacional, órgano de dirección que leva á práctica as decisións e directrices adoptadas polo Consello e polo Congreso. A coordinación está a cargo do Comité Nacional e a representación legal e pública recae no Secretario Xeral. A estrutura interna é en sentido vertical, para atender a rama laboral, e horizontal, en atención á súa procedencia territorial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupos organizados pola Unión do Pobo Galego (UPG) no ano 1970 co obxectivo de mobilizar o campesiñado galego dentro do bloque de ‘forzas revolucionarias’ que aspiraban a transformar Galicia. Os primeiros integrantes foron técnicos de Extensión Agraria de ideoloxía nacionalista, membros ou achegados á UPG, baixo o liderado de Ramón Muñiz. Axiña se incorporaron a este proxecto político estudiantes universitarios ou de formación profesional procedentes do medio rural e algúns cregos próximos a Cristiáns polo Socialismo. Entre o ano 1970 e o 1972 establecéronse por toda Galicia, sobre todo nas áreas de Monforte, Ribadeo, O Courel, A Fonsagrada, Verín, O Barbanza, Soutomaior, Troáns, Arbo, Sela, Cuntis e Vilanova. Os CALL foron o xermolo das Comisións Labregas (CC LL), creadas en 1973 e dende 1989 denominadas Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC LL), e permaneceron activos ata 1975, cando xunto coas CC LL, elaboraron o Programa Agrario galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Madrid en 1918 por Nicolás María Urgoiti, propietario de La Papelera Española. O 1 de xaneiro de 1926 fusionouse coa tamén editora Hijos de J. Espasa, de Barcelona, da que xurdiu a editorial Espasa-Calpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame teatral convocado por primeira vez en decembro de 1972 pola Asociación Cultural Abrente de Ribadavia. Celebrou a súa primeira edición no ano 1973 e acompañou as Mostras de Teatro Galego Abrente. Ata 1980, ano de peche tanto da mostra de teatro coma do concurso literario, a súa importancia foi medrando e constituíuse nun dos motores fundamentais de produción dramática do teatro contemporáneo galego con nomes, entre os premiados, dos máis destacados homes de teatro das últimas décadas. Os títulos premiados son os seguintes: Zardigot, de Euloxio Ruibal (1973), O meu mundo non é deste reino, de Manuel María (1º premio ex aequo, 1973) e Eilbrief, de X. L. López Cid (premio da Asociación A Nosa Galiza de Xenebra a unha obra que tratase o tema da emigración, 1973); A tola xuiciosa, de M. Domínguez (1974), e A volta de Edipo, de A. Penas (1º premio ex aequo, 1974); O cabodano, de Euloxio Ruibal (1975); Laudamuco,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado polas Nacións Unidas en 1964, que se ocupa das cuestións relacionadas co comercio internacional e das relacións económicas entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Reúnese normalmente cada catro anos, desde a primeira, celebrada en Xenebra en 1964, ata a décima, en Bangkok en febreiro do 2000. A UNCTAD edita numerosas publicacións como Bulletin e Trade and Development Report.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia na que se reúnen algúns estados pertencentes ás Nacións Unidas para tratar diferentes aspectos relacionados coa situación da poboación do planeta e onde se ofrecen as pautas a seguir en política demográfica. A I Conferencia Internacional de Poboación tivo lugar en Roma en 1954, e a II Conferencia en Belgrado, en 1965. Na III Conferencia, levada a cabo en Bucarest en 1974 (Ano Mundial da Poboación), os países desenvolvidos presentaron o Plan de Acción Mundial sobre Poboación, baseado nun maior control da natalidade, coa intención de frear a desmesurada explosión demográfica mundial. Os países desenvolvidos opuxéronse ao plan por considerar que atribuía á superpoboación as causas do subdesenvolvemento, orixinado en realidade pola explotación dos países pobres por parte dos ricos. A IV Conferencia tivo lugar en México en 1984, e a V Conferencia no Cairo en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización para a Seguridade e Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Barcelona entre o 18 e o 25 de xuño de 1870 que reuniu, por primeira vez, a delegados das sociedades obreiras de toda España. A súa convocatoria partiu do semanario internacionalista madrileño La Solidaridad e recolleuna o barcelonés La Federación. O lugar elixido para a súa celebración fixouse por un plebiscito entre a maioría das sociedades obreiras e asistiron 89 delegados con dereito a voto. Dende un principio o Congreso addheriuse á Asociación Internacional do Traballo (AIT). As principais cuestións debatidas e aprobadas foron: a acción sindical de resistencia ao capital; a defensa do cooperativismo pero non como o principal camiño da emancipación obreira; a organización social dos traballadores baseada nas seccións de oficios que se agruparían en federacións locais, e estas en federacións rexionais; e a actitude apolítica. Tralo Congreso constituíuse a Federación Rexional Española da AIT e fixouse a residencia do consello federal en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO