"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Persoa que mata a un fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto de matar un proxenitor o seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster hexafosfórico do inositol. Está presente de forma abundante nos tecidos de sostemento dos vexetais, especialmente dos cereais. No intestino, o ácido fitínico dá lugar á fitina, con efecto anticalcificante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dunha substancia de producir danos a un vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fláccido.

    2. Ausencia de tonicidade da musculatura dun membro ou dunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é brando, falto de consistencia ou de forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bélxica (3.144 km2; 1.127.091 h [estim 1998]). A súa capital é Bruxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que só se coñece en disolución, onde se comporta como un electrólito forte. Cos metais forma fluorosilicatos. Emprégase como axente estabilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido obtido mediante a reacción 2KHF2+4SO3+H2SO4 → 4HSO3F+K2SO4. Reacciona violentamente coa auga e produce unha reacción hidrolítica reversible. Ten unha acción fortemente irritante sobre as membranas mucosas e a pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós da rexión de Grecia Central, ao N do golfo de Corinto (2.120 km2; 48.884 h [1991]). A capital é Amfissa (7.156 h [1981]). É moi montañosa, con altitudes de máis de 2.000 m, e está formada por concas separadas por serras que se comunican por medio de desfiladeiros tallados polos ríos que son de réxime torrencial. A poboación, escasa, dedícase á agricultura e á gandería. A rexión foi habitada dende finais do Neolítico e durante a Antigüidade converteuse nunha rexión sagrada pola existencia no seu territorio do santuario de Delfos. Na súa expansión colonizadora fundou a cidade de Focea en Asia Menor. Posteriormente, a súa historia identificouse coa da cidade de Delfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fócidos.

    2. Mamífero da familia dos fócidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos pinnípedes, á que pertencen as focas e os elefantes mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que forma parte do complexo vitamínico B. Está amplamente difundida nas follas verdes das plantas, no fígado e no lévedo de cervexa. Dentro do organismo transfórmase en ácido folínico, a forma bioloxicamente activa, que participa como coenzima en reaccións do metabolismo dos aminoácidos, purinas e pirimidinas. En medicina emprégase no tratamento das anemias megaloblásticas e, durante a xestación, como prevención de posibles defectos do tubo neural no embrión. Tamén recibe o nome de folacina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos fosfoglicéridos que por hidrólise liberan soamente ácido fosfórico, dous ácidos graxos e glicerina. A maioría dos ácidos fosfatídicos conteñen un ácido graxo saturado e outro insaturado. Son monoésteres do ácido fosfórico e sintetízanse a partir do gliceril-3-fosfato. Os ácidos fosfatídicos libres son raros na natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster fosfórico da forma enólica do ácido pirúvico. Intervén na degradación anaerobia da glicosa (glicólise), durante a que se produce por deshidratación do ácido 2-fos-foglicérico, reacción que cataliza o enzima enolase. O enlace 0~P ten unha enerxía libre estándar de hidrólise moi negativa, suficiente para permitir a transferencia do grupo fosforilo ao ADP, no seguinte paso da glicólise, para liberar ácido pirúvico. Intervén tamén nos procesos de biosíntese de glicosa. O ácido fosfoenolpirúvico tamén actúa como substrato para a fixación de dióxido de carbono durante a fotosíntese das plantas C4.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster fosfórico do ácido glicérico no que o grupo hidroxilo do carbono 2 ou do 3 está fosforilado. Intervén como intermediario na glicólise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que teñen algunhas substancias transparentes e isótropas de se converter en birrefrinxentes pola influencia dunha deformación elástica. Pódese observar mediante polarizadores. Descuberta por D. Brewster en 1816, aprovéitase para estudar as tensións mecánicas sufridas por pezas, a partir da análise da fotoelasticidade de modelos feitos en materiais transparentes. Tamén se coñece como birrefrinxencia mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Electricidade producida por efecto da luz ou de radiacións electromagnéticas en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de respostas dos organismos ao fotoperíodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen mata ao seu irmán ou irmá.

    2. Que provoca ruína, dano ou a morte aos membros dunha comunidade ou irmáns que deberían estar unidos.

    VER O DETALLE DO TERMO