"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

    1. Tendencia ou inclinación natural a facer, sufrir ou adquirir calquera cousa.

    2. Tendencia, manifestada no comportamento de certas magnitudes, susceptible de ser medida. En microeconomía fálase de propensión ao consumo, propensión ao aforro, que representan a regularidade no comportamento do consumidor que, dada unha renda, a distribúe entre o consumo e o aforro, segundo as súas preferencias. En macroeconomía, J. M. Keynes estudou a propensión ao consumo global como unha función, estática, da renda nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de propulsar ou propeler.

      1. Acción de trasladar, de facer avanzar, especialmente unha embarcación, un torpedo, etc, pola auga, unha aeronave polo aire, un astronauta polo espazo extraatmosférico, ao aplicarlles unha forza, ben por medio de axentes exteriores (o vento, os animais, o remolque, a sirga, etc, ou a radiación solar), ben -na autopropulsión- mediante forzas xeradas no interior do mesmo vehículo, embarcación, aeronave, etc, por máquinas de vapor, motores de combustión interna, motores eléctricos, foguetes, etc. A propulsión, baseada na terceira lei de Newton, fai referencia especialmente ao desprazamento dun corpo no seo dun fluído, sen rozamento nin rodadura do corpo ou dalgunha das súas partes, con ningunha superficie sólida. O fluído, ao abandonar a estrutura do corpo, xera por reacción o seu movemento. Os sistemas de propulsión poden clasificarse en propulsión por fluído externo (caso da hélice ou da propulsión por reacción das embarcacións), por fluído interno (os foguetes) e por...

      2. Xeración dunha forza destinada a actuar artificialmente sobre o estado de movemento dun corpo, ben para variar a súa velocidade en módulo ou en argumento, ben para mantela nun medio que opón resistencia ao movemento.

    2. Tendencia a escapar ou caer cara a adiante, como ocorre, por exemplo no mal de Párkinson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos supostos documentos procedentes do primeiro congreso sionista de Basilea de 1897. Publicados en Rusia en 1903, nun principio foron considerados auténticos, o que permitía atribuír ao sionismo a guerra mundial, a revolución bolxevique e a crise económica. En 1921 demostrouse a súa falsidade, ao ser redactados pola policía secreta tsarista. Serviron de pretexto para os pogroms rusos e para a persecución nazi contra os xudeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de protruír.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de prover ou proverse.

    2. Conxunto de cousas que se gardan ou reservan para un fin, especialmente alimentos. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Despacho ou mandamento expedido en nome do soberano por algúns tribunais para que se execute aquilo que foi ordenado.

      1. Cantidade retida dos beneficios brutos dun exercicio para facer fronte a necesidades non determinadas pero posibles, como consecuencia da súa actividade, xeralmente a depreciación de certas partidas do activo.

      2. provisión de fondos

        Remisión de fondos que o librador dunha letra fai ao librado para que este a teña ao seu vencemento.

    4. Documento real selado con cera, propio dalgunhas chancelarías reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de provisional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso ou motivación que, segundo a teoría psicanalítica, se orixina naquilo que leva a executar ou rexeitar un acto concreto seguindo o chamado principio do pracer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmisión a distancia mediante ondas hertzianas do son, especialmente de voz humana e música, en forma de programas. A historia da radiodifusión -radio- é tamén a historia do electromagnetismo. H. C. Ørsted foi o primeiro en comprobar, en 1820, que unha agulla magnetizada é afectada por unha corrente eléctrica. A. M. Ampère, durante os mismos anos que Ørsted e baseándose nos experimentos deste, formulou a lei que leva ou seu nome. M. Faraday en 1831 interpretou as conclusións de Ørsted e Ampère e engadiu que un campo magnético variable induce unha forza electromotriz, e por tanto unha corrente eléctrica, nun condutor, e demostrou a veracidade desta hipótese ao construír o primeiro motor eléctrico. C. F. Gauss e W. Weber colaboraron entre 1831 e 1837 no estudo dos campos magnéticos, pero foi J. C. Maxwell quen deu unha expresión matemática á física dos fenómenos electromagnéticos baseándose nos traballos dos anteriores. As catro ecuacións diferenciais que se coñecen como leis de Maxwell...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmisión de imaxes e de sons a través de ondas hertzianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público de radio e televisión fundado en 1945. Xestionado cun sistema de financiamento mixto a través de fondos públicos e publicidade, dirixe as sociedades TVE (TVE-1 e La 2), TVE Internacional, TVE Temática, Radio Nacional de España (RNE), o IORT (Instituto Oficial de Radio y Televisión) e a Orquesta Sinfónica y Coro. Membro da Unión Europea de Radiodifusión e do EURO, canal informativo multilingüe, emite vía satélite (HotBird 2, Hispasat e Telstar) desde 1994. Participou na cadea Euronews (1993) e na cadea dixital Vía Digital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público italiano de radio e televisión. Os seus precedentes foron a URI (Unione Radiofonica Italiana, 1924) e o EIAR (Ente Italiano Audizioni Radiofoniche, 1927). En 1944 estableceuse definitivamente a RAI (Radio Audizioni Italia). Iniciou as súas emisións televisivas en 1954, e ata a década de 1970 tivo o monopolio televisivo. Está formada por 3 cadeas de radio (Radio Uno, Radio Due e Radio Tre), 2 radiofórmulas (GRParlamento e Isoradio), 3 canles de TV (RAI Uno, RAI Due e RAI Tre), RAI International e 12 canles de televisión vía satélite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmisión de información mediante ondas radioeléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piragüista. Nos Xogos Olímpicos de Montréal e Moscova conseguiu dúas medallas olímpicas, unha de prata en K-4 1.000 e outra de bronce en K-2 1.000. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Los Angeles, obtivo 9 medallas en diversos campionatos do mundo e 60 títulos de campión de España. Recibiu a medalla ao Mérito Deportivo Nacional e ao Mérito Piragüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Difusión en que a frecuencia da luz difundida é igual á da luz incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de readmitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comentario escrito en que se fai un exame crítico dunha obra ou artigo.

    2. recensio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de separarse, retroceder ou diminuír algo.

    2. Fase do ciclo económico cunha diminución da actividade económica. É a característica fundamental da diminución da demanda e, en consecuencia, a redución da produción. A baixa de beneficios, que deriva dela, provoca a diminución de novos investimentos, unha acumulación de stocks e a elevación da taxa de paro.

    3. Movemento que presentan en xeral todas as galaxias e que parece afastalas da Vía Láctea, cunha velocidade que é proporcional á súa distancia a un punto calquera do espazo. Foi descuberto en 1929 por E. Hubble, e hai teorías que sosteñen que o desprazamento cara ao vermello do espectro das galaxias é de orixe gravitacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recluír ou recluírse.

    2. Pena privativa de liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reconverter ou reconverterse.

    2. Adscrición a unha nova actividade profesional.

      1. Proceso a través do que a estrutura produtiva dun estado ou dun sector económico concreto, se adapta a unha nova tecnoloxía ou contexto social.

      2. Proceso tendente a reconstruír unha situación anterior, como pode ser o paso dunha economía de guerra a unha economía de paz.

      3. reconversión industrial

        Conxunto de medidas encamiñadas a reestruturar determinadas ramas e sectores industriais en crise.

    VER O DETALLE DO TERMO