"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica polaca realizada en 1976. Foi dirixida por Andrezj Wajda e interpretada por Jerzy Radziwilowicz, Krystyna Janda e Tadeusz Lomnicki. Este filme é unha reflexión sobre os símbolos políticos do sistema previo ao nacemento do sindicato Solidarność en Polonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento da táboa periódica dunha das tres series de metais de transición que ten unha configuración electrónica (n-1)dxns2, na que x é un número comprendido entre 1 e 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica torre e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Pelagii Iohannis da Torre” (doc ano 1202 en P. Loscertales, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 429).
-
PERSOEIRO
Militar. Foi un dos capitáns de infantería que participaron no levantamento de Solís (1846). Sometido a un consello de guerra, foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Escola de Belas-Artes de Lisboa (1935) xunto a Almada Negreiros e António Pedro. Influído pola Guerra Civil española e pola Segunda Guerra Mundial, a súa obra tomou un cariz expresionista (Outras coisas, 1941) que abandonou pouco a pouco ata que conseguiu unha bolsa do goberno francés que lle permitiu instalarse en París en 1947. A súa pintura entrou nunha etapa próxima á abstracción surrealista que acabou co abandono da súa produción artística durante case trinta anos. Na década dos setenta retomou a súa carreira e combinou unha obra de estética abstracta coa figuración. Traballou como ilustrador e colaborou en revistas e xornais. Representou a Portugal na VIII Bienal Internacional de Pontevedra (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Prémio Amadeo de Souza-Cardoso no Salão de Arte Moderna do SPN (1942) e o Premio de Pintura da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor brasileiro. Formouse co pintor alemán Hantv e con Augusto José Marques Júnior na Escola Nacional de Belas-Artes de Rio de Janeiro (1930). Foi un dos fundadores do Núcleo Bernadelli (1931). Viaxou por Europa e participou en exposicións na Royal Academy of Arts de Londres (1944) e no Salon des Indepéndants de París (1947). Cultivou o retrato e a paisaxe e realizou litografías e serigrafías. A súa obra evolucionou dende o academicismo ata a pintura de vangarda; esta última achegouse ao cubismo, ao construtivismo e á abstracción. Empregou os campos de cor plana onde primaron os ocres e os vermellos. Entre outras mostras, participou na XXV Bienal de Venecia (1950), na I Bienal de São Paulo (1951) e na mostra da arte brasileira no s XX (1975); e, entre outras exposicións individuais, destacan as realizadas en Rio de Janeiro, Londres, París e Lisboa. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla de bronce do Salão Nacional de 1939, a de prata no de 1944 e o Prémio do Governo do Estado no I...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito membranoso, situado no lado interno da base da órbita ocular, que contén as lágrimas que proveñen dos condutos lacrimais.
-
CIDADES
Cidade atribuída por Ptolomeo ao pobo dos lemavos e que non foi localizada con exactitude. Os investigadores supoñen que pode ser algún dos castros da Terra de Lemos ou a mesma vila de Monforte de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e político. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad de Madrid, foi profesor de xeografía e historia. En abril de 1969 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e en 1972, de novo en Galicia, participou na creación das xuntas democráticas, órgano de oposición unitaria ao franquismo, en representación do Partido Comunista de Galicia (PCG), organización na que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Procesado nos últimos anos do franquismo, a lei de amnistía evitoulle o xuízo. Dende 1978 ata 1983 foi voceiro do grupo municipal do PCG en Lugo e de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU) entre 1991 e 1999. Entre 1983 e 1985, como responsable de Política Institucional do PCG, coordinou e impulsou o traballo dos representantes comunistas nos concellos e no Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido secretario xeral do PCG e en outubro de 2000 coordinador nacional de EU-IU; ademais, foi o candidato de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino de orixe xermánica que procede da forma Dagberht ‘día brillante’, fórmula de bo agoiro, a través do francés Dagobert. Foi este un nome de prestixio entre os francos merovinxios que tiveron tres reis con este nome nos ss VII-VIII: Dagoberto I (577-639), fillo de Clotario II; o beato Dagoberto II o Mozo (?-679); e Dagoberto III (699?-715), fillo de Childerico II. A súa festividade celébrase o 9 de marzo.
-
PERSOEIRO
Rei de Austrasia (623-639), de Neustria (629-639), de Aquitania (631-639) e de Borgoña (634-639), fillo de Clotario II. Membro da dinastía dos francos merovinxios, gobernou en Austrasia baixo a tutela de Pipino de Landen e do bispo de Metz. Restituíu a unidade do regnum francorum á morte de Clotario, despois das sucesivas conquistas de Neustria, Aquitania e Borgoña e de impoñerse aos gascóns (637) e bretóns (638). Destacou polo seu labor na reforma institucional e económica. Dividiu o reino entre os seus fillos Sixeberto e Clodoveo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Austrasia (676-679), fillo de Sixeberto III. Membro da dinastía dos francos merovinxios, gobernou mediatizado polo mordomo do pazo, Grimoaldo. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Neustria e Borgoña (711-715), fillo de Childerico III. Gobernou tutelado por Pipino de Heristal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político alemán. Foi profesor en diversas universidades. Partidario do movemento nacionalista e da unidade alemana, foi membro da Frankfurter Nationalversammlung (1848-1849) e inspirou o manifesto dos profesores de Bonn a favor da hexemonía prusiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antonietta Meneghelli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de masa atómica que corresponde a 1/12 da masa dun átomo do isótopo 12C. Equivale a 1,66057×10-27kg.
-
PERSOEIRO
Químico e físico inglés. Autodidacta, exerceu como mestre en diversas escolas. En 1793 instalouse en Manchester, onde continuou co seu labor docente e investigador. Dedicouse á meteoroloxía e publicou Meteorological Observations and Essays (Observacións e ensaios meteorolóxicos, 1793). En 1794 deu a coñecer por primeira vez o daltonismo. En 1803 publicou a lei sobre as presións parciais e pouco tempo despois descubriu, independentemente de Gay-Lussac, que todos os gases posúen o mesmo coeficiente de dilatación. A teoría atómica de Dalton, exposta en 1808 na obra New System of Chemical Philosophy (Novo sistema de filosofía química, 1808-1827), deu unha base científica e experimental ás especulacións dos atomistas gregos. Foi membro da Royal Society, elixido en 1822, e da Académie des Sciences de París, a partir de 1830.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lei das presións parciais que establece que a presión dunha mestura de gases perfectos, é a suma das presións que farían os gases compoñentes se cada un deles ocupase todo o volume da mestura á mesma temperatura.
-
Lei ponderal da química que establece que cando dous elementos se combinan para formar máis dun composto, as cantidades dun deses elementos que se combina cunha cantidade fixa do outro están nunha relación de números enteiros simples. Tamén se coñece como lei das proporcións múltiples.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de introducir o ensino individualizado na escola. Helen Parkhurst, discípula de M. Montessori, iniciou este método en 1904 e realizou as súas experiencias ata 1915. O plan desenvolveuse enteiramente na High School de Dalton (Massachussetts), localidade que lle deu nome e, dende alí, estendeuse a outros países. Este plan baseábase en tres principios pedagóxicos: liberdade do alumno para escoller e organizar o seu propio traballo, xa que cada un deles organiza as súas unidades didácticas; fomentar as relacións sociais mediante a cooperación, inspirada en Dewey; e aumentar a independencia e individualidade do alumno para manifestarse tal como é, e interpretar o mundo baixo o seu punto de vista. Segundo o plan de traballo, este organizábase en fraccións, é dicir, cada alumno debía dominar unha fracción do programa para pasar á seguinte, empregando nese obxectivo todo o tempo que lle fose necesario segundo o seu ritmo de aprendizaxe. As tarefas organizábanse en seis laboratorios (lingua,...