"Cid" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 848.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morte dunha persoa causada polo seu irmán.
-
-
Calidade de fugaz.
-
Función termodinámica que substitúe a presión parcial nas ecuacións que tratan de describir o comportamento dos gases reais. Se G 1 e G 2 son as enerxías libres normais dun gas a dúas presións p 1 e p 2 , as fugacidades f 1 e f 2 do gas a estas presións defínense de forma que se cumpra a ecuación G 2 -G 1 =nRTln(f 2 /f 1 ). Para o comportamento ideal a fugacidade é proporcional á presión; en oposición, para o comportamento non ideal a fugacidade non coincide coa presión correspondente. É por isto que, como un gas se aproxima máis ao estado ideal cando a presión tende a cero, a baixas presións a fugacidade practicamente é igual á presión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido do ácido cianhídrico. É un ácido pouco estable que posúe, como os seus sales (fulminatos), un forte carácter explosivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción do humus soluble en solucións alcalinas e que non precipita coa adición de ácido clorhídrico ou de ácido sulfúrico. Prodúceno os vexetais acidificantes e pode empobrecer o solo de Ca e Fe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido dibásico insaturado que se atopa nalgunhas plantas, por exemplo do xénero Fumaria. É máis denso, menos soluble en auga e máis estable ca o ácido maleico, que é o isómero cis. Emprégase na fabricación de resinas alquídicas e de poliéster e como acidulante en produtos alimentarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a calquera composto sintético ou biosintético que se emprega para matar os fungos. Entre os fármacos que se empregan para curar as enfermidades micóticas no home, existe a nistatina, a amfotericina, a griseofulvina e o clotrimazol. En agricultura, o xofre e os sales de cobre son dous dos funxicidas que máis se coñecen e se empregan, o último na forma de caldo bordelés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina que producen os fungos do xénero Fusarium. Atribúeselle a responsabilidade dos síntomas nas enfermidades vasculares das plantas, producidas polas formas especializadas de Fusarium oxysporum.
-
PERSOEIRO
Emperatriz romana, filla de Teodosio I o Grande. Apresada por Alarico durante o saqueo de Roma polos visigodos (410), casou co rei visigodo Ataúlfo (414) e acompañouno a Hispania. Enviuvou no 415 e casou con Constancio, xeneral do seu irmán, o Emperador Honorio, e emperador no 421. Trala morte do seu esposo fuxiu a Constantinopla acusada de conspirar contra Honorio e conseguiu que recoñecesen como emperador de Occidente o seu fillo Valentiniano III (425). Exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade. Consérvase o seu mausoleo en Ravenna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido fenólico que se obtén por hidrólise dos taninos. Co ión férrico forma unha coloración azulada, polo que se emprega na obtención de tinta. En terapéutica emprégase como astrinxente de uso interno e tamén como desinfectante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos axentes físicos ou químicos que destrúen os gametos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster de glicerol e do ácido fosfórico que resulta da redución do fosfato de dihidroxiacetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico de carbono (C), hidróxeno (H) e osíxeno (O), de fórmula xeral empírica Cn(H2O)n, polo que tamén se coñecen co nome de hidratos de carbono ou carbohidratos. Nos glícidos os átomos de carbono únense a grupos hidroxilo (-OH) e a radicais hidróxeno (-H), ademais sempre existe un grupo cetónico (-CO-) ou un grupo aldehído (-CHO), polo que se poden definir como polihidroxicetonas ou polihidroxialdehídos. Tamén poden levar átomos de nitróxeno, de fósforo, etc, pero estes non son esenciais na súa composición. Dentro dos glícidos distínguense as osas ou monosacáridos (azucres simples), moléculas de 3 a 8 átomos de C, cristalinos, doces e solubles en auga, dos que cabe destacar a glicosa; e os óxidos, que son glícidos que se forman pola unión de monosacáridos e unha parte non glicídica (glicolípido ou glicoproteína), e os que se forman por monosacáridos exclusivamente (oligosacáridos e polisacáridos). Os oligosacáridos son de cadea...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidroxiácido que se presenta na acelga e no zume da caña de azucre. Obtense por acción do NaOH sobre o ácido monocloroacético, ou por redución electrolítica do ácido oxálico. Emprégase moito na industria téxtil e na obtención de adhesivos. Ten unha forte acción irritante sobre a pel e as membranas mucosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido hidroxicarboxílico que se obtén a partir da glicosa por oxidación electrolítica. O seu sal magnésico emprégase como antiespasmódico no tratamento da dismenorrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oxoácido que se desenvolve nas follas verdes e na acelga. Obtense ao quentar o ácido dibromoacético, con auga, ou por redución electrolítica do ácido oxálico. Condénsase coa urea e dá alantoína; por redución, dá ácido glicólico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido non esencial, de moita importancia biolóxica. Participa na ureoxénese, é un precursor de aminoácidos e entra na constitución do glutatión e do ácido fólico, pero a súa importancia está nas reaccións de transaminación e de desaminación oxidativa, nas que intervén. Emprégase moito no tratamento de enfermidades nerviosas e de estados depresivos.
-
-
Relativo ou pertencente aos gobiesócidos.
-
Peixe da familia dos gobiesócidos.
-
Familia de peixes teleósteos á que pertencen os peixes lapa.
-
-
-
de gornecer.
-
Aplícase á espada que se representa con distinto esmalte na empuñadura ca na folla.
-
Aplícase á espada que ten a empuñadura adornada con pedras preciosas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de antibióticos que produce a bacteria Bacillus brevis. A súa estrutura química reponde á dun polipéptido ciclopeptídico que existe en diferentes variedades: a gramicidina D, a J1, a J2 e a S (a máis importante), que se diferencian polo distinto contido en aminoácidos da cadea polipeptídica. A gramicidina descubriuna e preparouna René J. Dubos, do Instituto Rockefeller. Emprégase en aplicacións tópicas.
-
-
Calidade de grego.
-
Carácter e espírito propios do grego.
-