"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Principal esterol dos animais. É importante a súa función como elemento estrutural das células, principalmente das membranas plasmáticas e das membranas dos orgánulos celulares. Forma parte das vaíñas mielínicas, das fibras nerviosas e dos eritrocitos, e encóntrase principalmente no tecido nervioso. É insoluble en auga e pouco soluble en alcohol frío. Sintetízase no fígado a partir de acetil-CoA. O colesterol é o esteroide principal do que derivan os demais esteroides do organismo. O seu metabolismo é esóxeno e endóxeno. O colesterol esóxeno procede dos alimentos (xema de ovo, graxas animais, etc) e absórbese no intestino delgado en presenza de bile, ácidos, graxas e zume pancreático, necesario para a súa emulsión e solubilización. O colesterol endóxeno sintetízase no fígado e noutros tecidos, e hai unha relación inversa entre a síntese e a inxestión dietética do colesterol, de xeito que un nivel elevado de colesterol plasmático inhibe a síntese de colesterol. É o precursor das hormonas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Taxa de colesterol no sangue. Normalmente é de 1,5 a 2,7 g/l, pero varía segundo o grupo étnico, a idade, o sexo e a dieta. Niveis altos de colesterolemia supoñen un factor de risco para a arteriosclerose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina de intercambio iónico, útil no tratamento de certas hiperlipemias e do proído orixinado en cadros de colestase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima de rápida actuación, unido á superficie da membrana possináptica, que hidroliza a acetilcolina en colina e ácido acético. Certos gases nerviosos, como o tabún ou o sarín, inactivan este enzima de xeito que provocan parálise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e tallista. Protexido do arcebispo Gil Taboada, dedicouse á creación de retablos, escudos de tallas e mobles desde 1753. Realizou, entre outras obras, unha custodia para San Martiño de Prado, un retablo para a igrexa de Santa Baia de Onción e un camarín para a igrexa de Souto Longo. Traballou en diferentes estancias do Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode comer.

    2. Produto destinado á alimentación. OBS: Emprégase frecuentemente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de comer.

    2. Que está gastado ou consumido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de cooperación voluntaria creado o 8 de decembro de 1991 en Viskuli e integrado orixinariamente polas repúblicas integradas na Federación Rusa, Ucraína e Bielorrusia. O 24 de decembro sumáronse as repúblicas de Armenia, Acerbaixán, Kazakhstán, Kirguizistán, Moldavia, Taxikistán, Turkmenistán e Uzbekistán. Estas repúblicas asinaron o tratado de adhesión, no que se especificaba a igualdade entre os membros, polo que se estableceu un novo espazo para as relacións e a cooperación entre os estados independentes, buscando o control en materia de defensa, as reformas económicas e políticas. Comezou o seu funcionamento o 1 de xaneiro de 1992 e Xeorxia uniuse en decembro de 1993. A estrutura da CEI estaba dirixida polo Consello de Xefes de Estado e o Consello de Xefes de Gobernos. Contaba ademais cunha Asemblea Interparlamentaria, baleira de contidos, un Consello Económico Consultivo e unha Corte Económica. A CEI, que xurdiu como resultado do proceso promovido coa Perestroijka...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico fundado en 1983, que agrupa diversos países de África Central, coa finalidade de promover a integración económica da zona e elevar o seu nivel de vida. Para conseguir estes obxectivos puxo en práctica unha serie de medidas, como a creación dun fondo de desenvolvemento, a unión bancaria ou a progresiva eliminación de impostos aduaneiros entre os estados membros. A finais dos anos noventa, a organización conformábana os países de Burundi, Camerún, Chad, Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial, Rwanda, São Tomé e Príncipe, a República Centroafricana e a República Democrática do Congo; ademais, Angola tiña estatuto de país observador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico internacional creado en 1975 en Lagos (Nixeria) e constituído por nove estados francófonos (Burkina Faso, Benin, Costa de Marfil, Guinea, Mali, Mauritania, Níxer, Senegal e Togo), dous de fala portuguesa (Guiné-Bissau e Cabo Verde) e cinco de fala inglesa (Gambia, Ghana, Liberia, Nixeria e Serra Leona). O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e cultural, e actuar como mediador nos conflitos que poidan xurdir nos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade palatina e, máis tarde, militar, derivada do comes stabŭli ou ‘xefe da cabalería’ dos emperadores romanos do Baixo Imperio. Adoptada polos reis merovinxios, e despois polos carolinxios e os capetos, Filipe Augusto converteu o condestable en xefe supremo da cabalería real (1191). A dignidade foi suprimida polo cardeal Richelieu en 1627. Na Península Ibérica, Xoán I de Castela instituíu a dignidade de condestable no 1382 seguindo o modelo francés e atribuíulle a máis alta xerarquía do exército real despois do monarca, con xurisdición civil e militar sobre os compoñentes do exército real. Dende o goberno dos Reis Católicos, este oficio quedou vinculado á liñaxe de Pedro Fernández de Velasco ata comezos do s XVII, cando o título tiña só un carácter honorífico. Os reis de Navarra e Portugal estableceron este cargo durante o s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo e dignidade de condestable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1985 en Barcelona a iniciativa das VI xornadas internacionais do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (1981). Agrupa movementos nacionalistas, políticos, culturais e sindicais das nacións sen Estado de Europa coa finalidade de potenciar a Europa das nacións como alternativa á Europa dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, historiador e novelista inglés. Influído por Auden e Robert Graves, a súa primeira recolleita poética, Poems (Poemas, 1955), inclúese dentro do chamado The Movement. Da súa produción destacan, ademais, The Egyptologists (Os exiptólogos, 1965), Forays (Incursións, 1979) e We and They (Nós e mais eles, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de ámbito estatal que colabora na correcta xestión da educación. Participa na programación xeral do ensino e asesora os proxectos de lei ou regulamentos propostos ou ditados polo goberno. Está formado por un presidente, nomeado a proposta do ministro de Educación; un vicepresidente, elixido polo propio consello de entre os seus membros; un secretario e os conselleiros, que agrupa a profesores, pais de alumnos, alumnos, persoal de administración e servicios; e outros representantes pertencentes ao ámbito educativo. Ten, entre outras, as seguintes competencias: aprobar e facer público o informe anual elaborado pola comisión permanente do Consejo sobre o estado e situación do sistema educativo; aprobar e elaborar para o ministerio de Educación as propostas da comisión permanente do consello sobre as cuestións tratadas nela; fixar as ensinanzas mínimas e a regulación das demais condicións para a obtención, expedición e homologación de títulos académicos e a súa aplicación en casos dubidosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo, dependente do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, creado en 1939 como nova fórmula organizativa para as institucións científicas preexistentes para funcións similares. Ten a finalidade de fomentar, orientar e coordinar a investigación científica en España e finánciase fundamentalmente por medio de orzamentos xerais do Estado. Desenvolve actividades de investigación a distintos niveis (dende os básicos ata os tecnolóxicos) e ten centros de investigación en todas as comunidades autónomas do Estado. Adopta como logotipo a árbore da ciencia. Os seus obxectivos e funcións son elaborar e executar proxectos de investigación científica e tecnolóxica; analizar e seleccionar os obxectivos científicos e tecnolóxicos das investigacións futuras; asesorar as distintas administracións do Estado no relativo á investigación e innovación tecnolóxica; fomentar o avance da investigación básica; colaborar coas universidades en actividades de investigación e ensino superior; e desenvolver...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en Abū Ẓ aby en 1981 coa finalidade de promover a coordinación económica, política, cultural, militar e social dos estados do Golfo Pérsico. Está constituída por Arabia Saudí, Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos. A súa sede está en Al-Riyād. Entre as políticas aplicadas figuran a abolición de taxas aduaneiras dos artigos producidos por cada país, a libre circulación de persoas e vehículos, e a coordinación de programas de comercio e desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en 1992 coa finalidade de acadar a cooperación entre os seus membros. A súa sede estableceuse en Estocolmo. Está formada por Alemaña, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Islandia, Letonia, Lituania, Noruega, Polonia, Rusia, Suecia e a Comisión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Europea para a Investigación Nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode contestar ou impugnar.

    VER O DETALLE DO TERMO