"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Movemento artístico de vangarda que se desenvolveu entre 1907 e 1914 e que se estendeu durante a década dos vinte. Rompeu coa idea da arte como imitación da natureza que dominaba as artes plásticas europeas dende o Renacemento. Tivo como principais achegas a nova interpretación do espacio, a renovación das técnicas e o uso dunha linguaxe formal xeometrizante. O nome de cubismo foi adoptado polo crítico Louis Vauxcelles nun escrito sobre unha exposición de Braque na galería Kahnweiler, que apareceu na revista Gil-Blas o 14 de novembro de 1908. Despois, o nome xeneralizaríase. As influencias principais que recibiron os cubistas foron a arte de Cézanne, de quen se celebrou en París unha exposición antolóxica en 1907, e a arte primitiva africana, polinesia e ibérica. Xunto a estas influencias de carácter artístico cómpre destacar tamén o coñecemento dos avances e descubrimentos científicos nos eidos da óptica, da física e da química, en especial o novo concepto de espazo e de tempo...
-
Movemento literario de vangarda que ten a súa orixe na pintura. Cultivado no s XX, acadou o seu principal desenvolvemento entre os anos 1917 e 1920 da man dun grupo de escritores franceses, entre os que figuran Max Jacob, André Salmon e Guillaume Apollinaire, principal animador do grupo e teórico do movemento. Posteriormente, adoptaron os principios cubistas poetas como Pierre Reverdy, Blaise Cendrars e Jean Cocteau. A expresión “cubismo literario” apareceu por primeira vez en 1912, nun artigo de Georges Polti publicado na revista Horizon. En 1916, outro poeta do grupo, Paul Dermée, empregouno como título da súa análise da obra de Max Jacob; e en 1917, o crítico Frédéric Lefèvre en La nouvelle poesie française (A nova poesía francesa), polo que quedou definitivamente cuñado. A estética cubista pretendeu na literatura, ao igual ca na pintura, conxugar a percepción sensorial dun obxecto coa súa captación intelectual. Diríxese á intelixencia do receptor, non aos sentidos, mediante a descomposición...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade literaria cultivada no s XVII en España, no marco da cultura barroca. A orixe do termo é dubidosa. Considérase que foi empregado inicialmente polo poeta Luis Carrillo y Sotomayor e polo preceptista Bartolomé Patón para designar as innovacións que autores, como Juan de Mena, introduciron na lingua literaria desde o s XV, en especial o uso de neoloxismos e cultismos. Máis adiante, o termo perdeu o seu carácter meramente descritivo e adquiriu connotacións negativas, sobre todo nos ataques de Francisco de Quevedo á poesía de Luis de Góngora -quen levou o culteranismo ao seu máximo desenvolvemento coa publicación de Soledades e de Fábula de Polifemo y Galatea (1613)- e á dos seus seguidores. Tenta construír un universo poético refinado e ideal, a través dunha lingua caracterizada pola súa altura estética, a musicalidade e unha coidada selección do léxico común. Caracterízase pola tendencia á amplificación retórica e ás construcións latinizantes; entre outros procedementos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Préstamo dunha lingua clásica -grego ou latín, especialmente desta última- que penetra de forma directa nunha lingua por vía culta. Os cultismos, a diferenza das voces patrimoniais, non experimentaron ningunha transformación propia da evolución da lingua, agás as necesarias adaptacións fonéticas da lingua que os toma. A introdución de cultismos provoca moitas veces a creación de dobretes (
-
-
Doutrina ou sistema sobre a cultura.
-
Corrente de pensamento antropolóxico estadounidense. O seu precedente está nos traballos de F. Boas, C. Wissler, A. L. Kroeber, R. H. Lowie e o lingüista E. Sapir, que entendían que a cultura era o fundamento tanto das estruturas sociais coma do comportamento humano individual, adquirido a partir dun proceso previo de socialización. Margaret Mead, Ralph Linton e Ruth Benedic22t recolleron e desenvolveron estas ideas. Compartiron como premisa básica a crenza de que calquera cultura comporta un tipo de personalidade predominante, no sentido de que os individuos veñen a ser como un reflexo da totalidade desta cultura, coma se cada individuo achegase ao nacer diversas potencialidades e o medio social seleccionase unhas cantas para presentar no individuo modelos de comportamento que ten que seguir para adaptarse (R. Benedic22t); a cultura entón é un proceso que vai dende o individuo ata a sociedade, e as diferentes culturas responden a unha evolución desde as máis simples ata as máis complexas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina deportiva que consiste na realización de exercicios destinados ao desenvolvemento muscular. Nas competicións desta especialidade, os participantes exhiben a súa musculatura adoptando posturas previamente codificadas que permiten apreciar a harmonía do seu desenvolvemento. A Federación Internacional de Body-Building (IFBB) regulamenta e organiza as competicións de culturismo.
-
ENTRADA LARGA
Actividade ou conxunto de prácticas dos curandeiros. Ten sido unha das prácticas máis estendidas da medicina popular. Tradicionalmente, tratábanse as enfermidades -que se atribuían a procesos naturais, ao frío, á calor, e tamén á bruxería- con fármacos, pero tamén cunha gran variedade de obxectos e plantas. Conviven na Europa rural tres sistemas médicos: a biomedicina, a medicina humoral e a medicina bruxo-relixiosa. A tradición occidental, coma outras moitas, distingue entre enfermidades naturais e enfermidades sobrenaturais. Esta últimas débense á acción das bruxas e cúranse por medios relixiosos, mentres que as naturais se deben a causas fisiolóxicas. Pouco a pouco, a medicina científica foi desprazando case completamente a antiga medicina natural, baseada na teoría dos catro elementos e dos catro humores. A medicina humoral só se conserva naquelas zonas que, coma Galicia, teñen unha limitada presenza da biomedicina. Tanto a medicina...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo científico creado polo naturalista francés Georges Cuvier. As súas propostas (o paradigma harmónico) predominaron durante décadas ata a metade do s XIX na comunidade científica europea. Defendía a existencia duns principios, interrelacionados, que rexen os seres vivos: os das condicións de existencia, correlacións orgánicas e subordinación de caracteres. Partía da consideración dun equilibrio perfecto entre os distintos seres e o seu contorno natural, a adaptación perfecta, que restrinxía as posibilidades de estudo das relacións dos organismos co medio e que implicaba unha sucesión de floras e faunas para reaxustar periodicamente a harmonía dominante. Sinalou a especificidade da historia natural como disciplina baseada na observación, comparación e consideración de conxunto, cunha metodoloxía dedutiva. Na taxonomía, entendía que existen uns caracteres máis importantes e dominantes ca outros, deducibles desde as condicións de existencia. Partía dunha concepción fixista...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico de vangarda que se orixinou en Zúric ao redor do Cabaret Voltaire, inaugurado en febreiro de 1916 polo escritor Hugo Ball e a actriz Emmy Hennings. Os membros do grupo fundador, Tristan Tzara, Hans Arp, Marcel Janco, Richard Huelsenbeck e Hugo Ball, concibírono máis que como un estilo artístico, como unha rebelión contra a arte convencional e a sociedade burguesa. O pulo inicial xurdiu da reacción contra a Primeira Guerra Mundial que, segundo eles, significaba o fracaso da cultura occidental, baseada nas leis da razón e do progreso. O termo dadá designa en francés ‘cabaliño de madeira’ e, segundo a versión de Tzara, o nome, que se asocia aos balbucidos infantís, atopouse ao abrir un dicionario ao azar. A incoherencia do termo e a posible relación coa bondade orixinaria do home, determinaron a súa elección como símbolo dun movemento que se propuxo destruír o sistema burgués e o seu modelo artístico por medio da imposición do azar e do irracionalismo, nun intento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Discromatopsia na que hai unha cegueira conxénita para algunhas cores, descrita e sufrida por J. Dalton. Caracterízase pola falta de percepción dunha ou dúas cores, mentres se conservan as outras funcións oculares. As cores máis afectadas son a vermella e a verde. Polo xeral aféctalle aos dous ollos e é máis frecuente no home ca na muller, xa que se transmite por un xene recesivo ligado ao cromosoma X.
-
-
Calidade de dandi ou comportamento propio dun dandi.
-
Actitude estética cultivada entre o s XIX e comezos do s XX e vinculada ao romanticismo e ao modernismo. Iniciouse en Inglaterra no seo da aristocracia, como reacción contra o ascenso da burguesía e a imposición do capitalismo. Supón unha fuxida cara a un mundo ideal, afastado do vulgar da realidade. Considérase que o primeiro dandi foi George Bryan Brummel (1778-1840), a quen seguiron Lord Byron e, posteriormente, Oscar Wilde. O fenómeno estendeuse a Francia, baixo a influencia do conde d’Orsay, a través de escritores, como A. de Musset, Honoré de Balzac, Barbey d’Aurevilly e Ch. Baudelaire. Co tempo introduciuse noutros países, aínda que a súa pegada foi menor. A súa máxima fundamental é facer da vida unha obra de arte, deste xeito, o individuo convértese en autor da súa vida persoal, que desenvolve e planifica conscientemente, e en actor do seu propio drama, que monta para os demais. A súa posta en escena defínese pola imperturbabilidade ante as peripecias da vida, que combina coa forza...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente literaria cultivada en España durante o s XV que se caracteriza pola imitación dos temas e das técnicas empregadas por Dante Alighieri e, en especial, da súa Divina Commedia. A tendencia perviviu ata o Renacemento, momento no que foi desprazada polo influxo predominante de Petrarca. Percíbese en certos poemas do Cancionero de Baena, como o “Dezyr a las siete virtudes”, de Micer Francisco Imperial, considerado o seu iniciador en España; en “Proceso entre dolencia, vejez, destierro y pobreza”, de Ruy Páez de Ribera; en Infierno de los enamorados e na Comedieta de Ponça, do Marqués de Santillana; e no Laberinto de Fortuna, de Juan de Mena.
-
PERSOEIRO
Predicador turco. Foi un dos fundadores da seita dos drusos e predicou a encarnación de Deus no califa fatimita al-Hākim.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso creado por John Nelson Darby, denominado Irmáns de Plymouth ou Igrexa dos Irmáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución voluntaria da produción ou dos excedentes, practicada normalmente en réxime de monopolio para evitar a desvalorización das mercadorías.
-
ENTRADA LARGA
Teoría científica desenvolvida por Charles Robert Darwin, fundamentalmente en catro das súas obras: On the Origin of Species by Means of Nature Selection, or the Preservation of Favoured Races in the Struggle for Life (A orixe das especies por medio da selección natural ou preservación das razas favorecidas na súa loita pola existencia, 1859), The Variation of Animals and Plants under Domestication (A variación dos animais e das plantas baixo a domesticación, 1868), The Descent of Man, and Selection in Relation to Sex (A orixe do home e a selección sexual, 1871) e The Expresion of the Emotions in Man and Animals (A expresión das emocións no home e nos animais, 1872). Despois de 1859 e durante a primeira revolución darwiniana, un amplo número de científicos (Charles Lyell, Alfred Russell Wallace, Thomas Henry Huxley, Asa Gray, Ernst Heinrich Haeckel, entre outros) entenderon o darwinismo como a teoría capaz de explicar a existencia do mundo vivo mediante causas naturais. Trala segunda revolución...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación de palabras que teñen un significado similar. Emprégase para insistir no concepto do que se fala, aclarando o seu sentido. Pode ter un uso de tipo estilístico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento filosófico-relixioso inspirado na doutrina de David de Dinant que se difundiu durante os ss XII e XIII. Afirmaba que a semellanza das cousas substanciais só é posible se existe unha única realidade substancial, común a todos os corpos e ánimas: Deus mesmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico e literario nacido en Francia a finais do s XIX, no clima de derrota nacional, xerado polas sucesivas crises que seguiron o Segundo Imperio e a guerra de 1870. A xustificación do termo e a ideoloxía parten das teorías de Giambattista Vico, Rousseau e do estudo de Montesquieu sobre a decadencia dos imperios. Influído polo pensamento de Schopenhauer, reflicte a angustia vital que xurdiu do contraste entre as ambicións desmedidas do sistema capitalista emerxente e da ciencia positivista, e a limitación dos seus resultados, que negaban os valores da sociedade tradicional e, en especial, da relixión, sen propoñer unha alternativa. O baleiro espiritual traduciuse nunha crítica ao pretendido progreso que se manifestou nunha certa nostalxia de épocas pasadas, acompañada dunha compracencia estética morbosa nos signos da decadencia do momento histórico contemporáneo: corrupción moral, crueldade, exaltación da forza e gusto polo enfermizo e depravado. Comportaba sentimentos de...
-
-
Calidade de decorativo.
-
Tendencia artística que destaca os valores decorativos por enriba doutros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina relixiosa que recoñece a existencia dun deus persoal, principio e causa do Universo, pero que nega a súa ulterior influencia sobre o mundo e a posibilidade de revelación sobrenatural. Esta doutrina, aparecida en Inglaterra na segunda metade do s XVI, estendeuse a Francia, Alemaña e finalmente a toda Europa, e deu lugar a importantes debates relixiosos. En Alemaña tivo seguidores desde mediados do s XVIII e estivo representada pola escola wolfiana. O deísmo xurdiu da aplicación dos principios da crítica á relixión, como prolongación lóxica do proceso de cuestionamento que inauguraran os humanistas e reformadores protestantes. Debido ás críticas ás organizacións relixiosas e aos seus ataques á Biblia e á Igrexa, esta tendencia virou cara ao panteísmo e ao materialismo. Os argumentos anticlericais deístas permaneceron no racionalismo e no denominado librepensamento.