"PLA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 722.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica dirixida en 1968 por Franklin J. Schaffner e interpretada por Charlton Heston, Roddy McDowall, Kim Hunter, Maurice Evas e James Whitmore. Baseada na novela La planète des singes, de Pierre Boulle, conta a historia dun grupo de astronautas que chegan a un planeta descoñecido onde os simios dominan os homes.
-
-
-
Cada un dos corpos sólidos que describen órbitas elípticas ao redor do Sol ou, en xeral, dunha estrela. O termo foi utilizado na antiga astronomía para designar os sete astros visibles a simple vista e que se desprazan lentamente respecto ás estrelas (o Sol, a Lúa, Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno). Coa teoría heliocéntrica de Copérnico, a Terra pasou a considerarse un planeta, e o Sol e a Lúa deixaron de selo. En 1781 descubriuse Urano, Neptuno en 1846 e Plutón en 1930. Segundo as dimensións, clasifícanse en planetas pequenos, ou de tipo terrestre (Mercurio, Venus, Terra, Marte e Plutón), e planetas xigantes (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno). Tamén se agrupan en planetas inferiores (ou interiores), que teñen a órbita situada entre a da Terra e a do Sol (Mercurio e Venus), e planetas superiores (ou exteriores), coa órbita máis alá da terrestre, que son todos os demais. Distínguense das estrelas porque os planetas non escintilan. O movemento...
-
planeta dobre
Planetas ou corpos de masas similares que orbitan xuntos ao redor do Sol ou dunha estrela. No sistema solar o único caso é o de Plutón e Caronte.
-
planeta pequeno
asteroide.
-
-
Denominación xeral que recibe a Terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casula coa folla dianteira máis curta ca as ordinarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto espacial desenvolvido a partir de 1991, coa participación da Axencia Espacial Europea, Arxentina, Brasil, China, EE UU, Paquistán, Rusia e Xapón. O seu obxectivo é estudar as relacións entre a atmosfera, o océano e a terra firme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Barcelona en 1950 por José M. Lara Hernández. Dedicada á novela en castelán, co tempo diversificou a súa produción para editar libros de consulta e enciclopedias, das que cómpre mencionar as versións en castelán da Grand Larousse Encyclopédique (1969-1972) e do Gran Ditionnaire Encyclopédique Larousse (1987-1990). En colaboración con De Agostini xestiona as editoras Espasa, Altaya, Seix Barral, Ariel, Destino, Minotauro, Booket e Crítica, así como as súas filiais en América Latina. Editor do xornal La Razón, participa en diversos medios de comunicación. Convoca anualmente o Premio Nadal (desde 1945), o Premio Planeta de novela en castelán (desde 1951) e o Premio Planeta Internacional para América Latina (desde 1991).
-
-
-
Relativo ou pertencente aos planetas.
-
sistema planetario
Conxunto de planetas que orbitan ao redor dunha estrela. Ademais do sistema solar, hai evidencias da existencia de planetas ao redor dalgunhas estrelas.
-
-
-
Conxunto de dispositivos ópticos e mecánicos destinados a reproducir o aspecto do firmamento e os movementos dos astros.
-
Edificio que alberga un planetario.
-
-
Tipo especial de engrenaxe en que polo menos unha das rodas dentadas xira, ademais de sobre o seu mesmo eixe, ao redor doutro chamado eixe central.
-
-
-
Relativo ou pertencente a un planetesimal.
-
Corpo que formou parte do disco de crecemento que deu lugar ao sistema solar. As dimensións, moi variables, podían ir desde milímetros ata algúns quilómetros; solidifícanse co po en suspensión que rodea unha estrela nova e poden reunirse con outros para formar planetas ou permanecer como asteroides.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
planetesimal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil de mamíferos, da orde dos dermópteros, que viviron a finais do Paleoceno, de ata 25 cm de lonxitude. Os depósitos máis importantes están en Montana (EE UU).
-
VER O DETALLE DO TERMO
asteroide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a orixe e evolución dos planetas do sistema solar, a partir do estudo da súa superficie e estrutura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero lírico provenzal, constituído por un lamento fúnebre pola morte dun personaxe da alta sociedade, en moitas ocasións protector do poeta, dun amigo ou dunha amada. Xeralmente está elaborado ao redor de tres elementos temáticos: o lamento, o eloxio e a oración, e non desenvolve ningunha forma métrica especial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
plan(i/o)-.
-
-
Extensión grande de terra chá.
-
Extensión de rocha chá que sobresae da auga ou que forma unha elevación sobre o fondo do mar.
-
-
-
Acción e efecto de planificar.
-
-
Acción de elaborar e executar un plan económico. A elaboración dun proxecto é o resultado da adecuación e coherencia entre os obxectivos e os recursos dispoñibles. Así, deberase considerar a compatibilidade das macromagnitudes empregando técnicas de análise ou de coñecemento, técnicas de elaboración e técnicas de xestión. A vertente técnica de elaboración, execución e control do proceso planificador asígnase á oficina ou comisaría do plan, que coa súa organización deberá resolver en primeiro lugar, se cabe unha estrutura xerarquizada, como foi o caso da Unión Soviética co Gosplan, ou unha organización de cooperación de expertos; se é conveniente separar os equipos de planificación a curto ou a longo prazo, e se é o momento de intervención no proceso de planificación das diversas forzas sociais, como son os sindicatos ou a patronal.
-
planificación estratéxica empresarial
Sistema, a medio e a longo prazo, para establecer proxectos de desenvolvemento e programas de explotación para a xestión óptima dunha empresa.
-
planificación territorial
Proceso de decisión polo que se determinan as directrices dos usos do solo, os movementos de persoas e mercancías, os equipamentos colectivos, e a ordenación da vivenda dunha área de dimensións variables e por un ciclo temporal tamén variable.
-
planificación urbanística
Ordenación sistemática, total ou parcial, dunha cidade ou dun núcleo ou conxunto de núcleos urbanos, en previsión e con programación do seu crecemento futuro.
-
-
Conxunto de métodos orientados ao control de nacementos que apareceu en EE UU na década de 1950. Representa a atención dos aspectos psicolóxicos, médicos, familiares, sociais, económicos ou demográficos que condicionan a natalidade.
-
Conxunto de intervencións organizadas de maneira consciente e sistemática para influír sobre a forma e as funcións das variedades lingüísticas presentes nun marco social determinado. Divídese en dúas vertentes independentes e complementarias: a planificación do corpus, que comprende as intervencións sobre o mesmo código lingüístico, e que compete a actividades como a codificación (gráfica, gramatical, léxica ou da pronuncia) e a elaboración funcional (desenvolvemento do repertorio de variedades funcionais ou rexistros específicos); e a planificación do status, que se refire á asignación de funcións sociais ás diversas variedades lingüísticas, concrétase en actividades de promoción ou de regulamentación lexislativa que tenden a difundir o coñecemento ou o uso dalgunha variedade lingüística. A planificación lingüística é, polo tanto, un cambio lingüístico ou sociolingüístico dirixido. Na súa condición de disciplina autónoma, desenvolveuse, ao longo da segunda metade do s...
-
-
-
Que planifica.
-
Especialista en planificación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presentan o limbo laminar ou plano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tomografía.
-
-
Parte da topografía que se ocupa de representar sobre un plano a proxección horizontal dos diversos puntos do terreo.
-
Arte de medir as superficies planas.
-