"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Dinamarca e Noruega (1387-1396) e de Suecia (1389-1396), filla de Valdemar IV de Dinamarca. Casada en 1363 con Haakon VI de Noruega, foi rexente durante a minoría de idade do seu fillo Olavo II de Dinamarca e derrotou a Alberte I de Suecia, país do que se fixo proclamar raíña. Impuxo a Unión de Kalmar (1397) aos reinos de Noruega, Suecia e Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Dinamarca desde 1972, filla de Federico IX de Dinamarca e Noruega. De nome Margrette Alexandrine Thorhildur Ingrid, puido ser elixida como herdeira en 1953 pola abolición da lei sálica. Casou en 1967 co aristócrata francés Henri de Laborde de Monpezat, de quen tivo dous fillos, Federico, príncipe herdeiro, e Xoaquín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no N da provincia de Lugo e no NL de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coas comarcas de Terra Chá (concellos de Abadín e A Pastoriza) e Meira (concello de Riotorto), ao L coa comarca da Mariña Oriental (concellos de Barreiros e Trabada) é o O coas comarcas da Mariña Occidental (concellos de Cervo, Viveiro e Ourol) e Terra Chá (concello de Muras). Abrangue unha extensión total de 509,4 km2cunha poboación de 30.975 h (2001), distribuída entre os concellos de Alfoz (77,8 km2; 2.382 h), Burela (8,3 km2; 8.161 h), Foz (100,3 km2; 9.488 h), Lourenzá (62,6 km2; 2.776 h), Mondoñedo (150,4 km2; 5.007 h) e O Valadouro (110 km2; 2.377 h). O espazo comarcal abarca a parte central da costa lucense, con tres cabeceiras que se disputan a primacía comarcal: Burela, Foz e, en menor medida, Mondoñedo. Das tres cabeceiras comarcais, Mondoñedo (43° 25’ N e 7° 20’ O) é partido xudicial, do que dependen, ademais,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no N-NO da provincia de Lugo e no N de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coa comarca de Terra Chá (concello de Muras), ao L coas comarcas da Mariña Central (concellos de Burela, Foz e O Valadouro) e Terra Chá (concello de Abadín), e ao O coa comarca coruñesa de Ortegal (concello de Mañón). Abrangue unha extensión total de 500,9 km2, cunha poboación de 27.362 h (2001), distribuída entre os concellos de Cervo (81,1 km2; 4.936 h), Ourol (145,4 km2; 1.445 h), O Vicedo (76 km2; 2.194 h), Viveiro (109,3 km2; 15.240 h) e Xove (89,1 km2; 3.547 h). A cabeceira comarcal, Viveiro (latitude 43° 39’ 50’’N e lonxitude 7° 35’ 30’’ O), é sede de partido xudicial, do que dependen o resto dos concellos da comarca. O espazo comarcal posúe un centro funcional, Viveiro. Esta vila centraliza todos os servicios administrativos cun ámbito de influencia que se estende a toda a costa N da provincia de Lugo, malia que determinados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no N-NL da provincia de Lugo e no NL de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coa comarca da Fonsagrada (A Fonsagrada e Ribeira de Piquín), ao L con Asturias e a ría de Ribadeo e ao O coas comarcas da Mariña Central (Foz e Lourenzá) e Meira (Riotorto). Abrangue unha extensión total de 403km2, cunha poboación de 17.732 h (2001), distribuída entre os concellos de Barreiros (72,42 km2; 3.574 h), A Pontenova (135 km2; 3.628 h), Ribadeo (112,3 km2; 9.035) e Trabada (82,7 km2; 1.591). A cabeceira comarcal, Ribadeo (latitude 43° 32’ N e lonxitude 7° 01’ O), foi sede de partido xudicial, pero depende de Mondoñedo, ao igual que todos os concellos da comarca, constituída nun espazo funcional moi vencellado á vila de Ribadeo, centro administrativo, comercial e de servicios, cun ámbito de influencia supracomarcal (occidente de Asturias), pero moi limitado na súa parte occidental debido á presenza de Foz.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que exerce o matriarcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de organización social que dá a máxima importancia política e xurídica á muller. A existencia do matriarcado estivo sostida polos teóricos do evolucionismo do s XIX, que presupoñían que nas sociedades en que os lazos xenealóxicos seguían a liñaxe materna (matrilineal), e a autoridade, o dereito e a riqueza estaban nas mans das mulleres. Segundo esta teoría, no matriarcado os homes estaban sometidos ás mulleres, quen polo descubrimento dos medios para obter os produtos vexetais da terra debían conseguir unha posición de privilexio sobre estes.

    2. Preponderancia feminina nunha organización social e familiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao matriarcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘hora’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ritmo de orixe polaca de metro ternario rápido e acentos moi marcados. Fíxose moi popular en Europa durante os ss XVIII e XIX e chegou a Galicia da man das bandas de música e dos grupos de gaitas tradicionais que o adaptaron á sonoridade e dixitación dos seus instrumentos.

    2. Música que acompaña este baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no centro-L da provincia de Lugo, e no NL de Galicia. Limita ao N coas comarcas da Mariña Central (Mondoñedo e Lourenzá) e A Mariña Oriental (Trabada), ao S coas de Lugo (Castroverde) e A Fonsagrada (Baleira), ao L coas da Fonsagrada (A Fonsagrada) e A Mariña Oriental (A Pontenova) e ao O coa de Terra Chá (A Pastoriza e Castro de Rei). Abrangue unha extensión de 327,05 km2en que acolle unha poboación de 5.492 h (2001), distribuída entre os concellos de Meira (50,6 km2; 1.798 h), Pol (125,85 km2; 2.058 h) Ribeira de Piquín (79,8 km2; 937 h) e Riotorto (70,8 km2; 1.799). O concello de Meira centraliza unha tradicional área de mercado, que se debilita día a día coa caída demográfica e co incremento da centralidade terciaria da capital provincial. A área N do concello de Pol ten unha maior vinculación funcional á comarca que o S, máis enfocado cara a Lugo. Pola súa banda, Ribeira de Piquín é o que ten unha maior unión funcional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Santander (1784-1819), foi perseguido por franceses e liberais, refuxiouse en diferentes mosteiros de Galicia, pero rematou fuxindo a Portugal, debido á incautación da súa obra El recíproco sin y con Dios de los hombres. Tras o retorno do absolutismo, regresou a Galicia e foi reintegrado finalmente na súa sé en Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Illes Balears, a máis oriental do conxunto das illas (691 km2; 71.524 h [2001]).
    Xeografía
    O terreo é chan, suavemente ondulado e protexido pola pequena cordilleira da costa setentrional, coa altura máxima da montaña de Toro (358 m). O territorio menorquino divídese en dúas grandes rexións, Tramuntana e Migjorn, separadas por unha liña que atravesa transversalmente a illa desde o porto de Maó ata as praias setentrionais de Algaiarens. A súa costa é, en xeral accidentada, característica que no sector de Tramuntana se acentúa con fondas entradas e elevados promontorios. O clima de Menorca corresponde ao tipo mediterráneo marítimo e temperado, practicamente uniforme en toda a illa pola falta de barreiras orográficas importantes. A flora é mediterránea de tipo tirreno e a agricultura é unha das actividades fundamentais, equilibrada coa industria e unha crecente orientación turística.
    Historia
    O primeiro poboamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Denominación que recibiu a illa de Menorca no seu último período de dominación musulmá, despois da Conquista de Mallorca (1229) por Xaime I de Aragón, o que lle permitiu a independencia nas relacións cos estados cristiáns. Foi mantida na titulación dos reis de Aragón despois da conquista da illa (1287) por Afonso III de Aragón, e posteriormente na dos monarcas de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mercar.

    2. Aquilo que se merca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello da Merca, e onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Celanova, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-oeste da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é de 42° 13’ 20’’ de latitude N e 7° 54’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas (comarca de Ourense), ao L cos de Taboadela (comarca de Ourense) e Allariz (comarca de Allariz-Maceda), ao S co da Bola (comarca de Terra de Celanova) e ao O cos de Celanova e Cartelle (comarca de Terra de Celanova). Abrangue unha superficie de 51 km 2 , cunha poboación de 2.269 h (2007) distribuídos nas parroquias de Corvillón, Entrambosríos, Faramontaos, A Manchica, A Merca, A Mezquita, Olás de Vilariño, Parderrubias, Pereira de Montes, Proente, San Vitoiro da Mezquita e Zarracós. A capital está na vila da Merca, na parroquia homónima, localizada a unha distancia de 130 km de Santiago de Compostela e a 15 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse en distintas etapas pero a maior parte da estrutura, con cuberta de madeira, data do s XVIII. No seu interior destacan o sepulcro pétreo de Pedro López Mosquera Villar y Pimentel, señor de Vilar de Paio Muñiz (1632), unha fornela dos ss XV-XVI e os retablos barrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de Menorca, Illes Balears, situado no sector central da illa (2.572 h [1996]). Son moi importantes os rabaños de gando bovino. A industria é derivada das actividades primarias, e destacan as alimentarias e de reparación de material agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Seguiu as premisas da arte borgoñoa, cun estilo que desenvolveu en Sevilla entre 1454 e 1467. A súa obra é de transición ao Renacemento. Realizou a estatua xacente do cardeal Juan de Cervantes, na capela de San Hermenegildo da catedral de Sevilla, e a maior parte da decoración das portas da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO