"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Pel de pelo rizado e de tons negros ou moi escuros, obtida dos años da raza Karakul. O pelo máis apreciado é o do año de poucos días, dos non natos ou dos nados mortos, porque despois de poucos días de vida, o pelo perde o seu rizo característico. Recibe este nome da rexión rusa de Astrakhan, de onde é orixinaria esta práctica peleteira.

    2. eludo de la ou de pel de cabra moi longo, enredado ou liso, que fai augas e imita a la dos años Karakul, que se emprega para facer forros, gorras e especialmente abrigos.

    3. Tipo de farsa teatral creada por Pedro Múñoz Seca a principios do século XX. Caracterízase polo seu carácter cómico e paródico, pola presenza de constantes enredos argumentais, chistes, equívocos, xogos lingüísticos e despropósitos das situacións na escena. Tamén se denomina astracanada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato hidratado de magnesio e sodio, de fórmula MgNa2 (SO4)2 ·4H2 O. É incoloro ou esbrancuxado, translúcido e de brillo vítreo. Cristaliza no sistema monoclínico, e pódese presentar tamén en agregados e cortizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador vasco. É autor da Historia de la Compañía de Jesús en la asistencia de España (1902-1925), que ofrece abundante información sobre os xesuítas dos ss XVI-XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast´ de Astrakhan, Rusia, (486.000 h [1995]) situada nunha illa do delta do Volga, nunha rexión de lamazais salinos na depresión do Mar Caspio. A súa economía baséase nunha importante industria pesqueira (caviar) e no tráfico portuario de petróleo procedente de Bakú. Antiga capital dun khanat tártaro independente, é o resultado da fragmentación da Horda de Or (s XIV). Conquistada por Ivo o Terrible en 1556, caeu posteriormente (1670) en mans do cosaco Stenka Razin. Pedro o Grande conquistouna como base para as súas campañas contra Persia, feito que impulsou o desenvolvemento industrial e comercial da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast´ de Rusia (44.100 km2; 1.029.000 h [estim 1997]). A capital é Astrakhan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e escultor. Traduciu por primeira vez a Shakespeare ao castelán (1930). Editou clásicos casteláns como Lope de Vega, Quevedo e Cervantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da familia das apiáceas, de follas palmeadas, flores en umbelas e froitos sen espiñas con costelas grosas. En prados do norte de Galicia está presente a especie A. major.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Foi subdirector da oficina de Administración Pública en Ordes. Escribiu: La caída programada, Síndrome del 36. La cuarta agrupación del ejército guerrillero de Galicia, Por que lle duran tanto tempo as criadas a Florinda e outras lerias, Emmel, Como un volcán e A pouleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e poeta. Publicou La trasladación del Apóstol Santiago, un poema relixioso editado en Santiago de Compostela a finais do s XlX, no que admite as fábulas inventadas acerca da predicación de Santiago en España. Así mesmo, realizou un estudo relativo ao trazado do ferrocarril en Galicia co título Reflexiones sobre la memoria relativa al proyecto del ferrocarril económico directo de La Coruña a Santiago (1882), que se reproduciu en El Correo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e teórico cinematográfico. Desde os seus comezos afirmaba a súa dedicación por enteiro ao cine, amosando sempre un dominio da técnica abraiante. Formulou a teoría da camera-stylo, que atopou a súa aplicación na excepcional curtametraxe Le rideau cramoisi (A cortina carmesí, 1953). Foi presentado como un dos máis relevantes directores do novo cinema francés. Dirixiu, entre outras, as películas Les mauvaises rencontres (Malos reencontros, 1955), Une vie (Unha vida, 1957) e L’Éducation sentimentale 61 (A educación sentimental 61, 1962), estes dous últimos títulos considerados como moi orixinais. Tamén realizou algún documental como Sartre par lui-même (Sartre por si mesmo, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica levantada pola orde do Temple no s XII. Trátase dun edificio sinxelo de planta basilical e cunha soa ábsida que aínda conserva elementos decorativos característicos do Románico. O tímpano da portada principal presenta molduras arredor dos dous arquiños, que no intradorso teñen decoración xeométrica. No centro do lintel pentagonal campa unha cruz de tipo arcebispal de dobre traveseiro e un segmento de círculo une os extremos do traveseiro maior. Este tipo de cruz é excepcional no Románico galego, documentándose outra en San Cibrán de Repostería (Palas de Rei). No interior consérvase un interesante exemplo de escultura funeraria do 1286. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 29.3.1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Asturias ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Asturias.

    3. Formas de arte da Corte de Asturias, primeiramente en Cangas de Onís, despois en Oviedo e en León, desde o s VIII ata a época de Afonso III. É un dos grupos de arte prerrománica máis persoais. O seu sistema construtivo está rexido polos principios que formaron toda a arte medieval desde o Románico, aínda que aquí aparecen arcos de medio punto e de ferradura. Pódese dicir que se trata xa de estruturas medievais, en contraposición coas visigóticas, pese a que na súa orixe teñen un gran papel as novas fórmulas europeas de influencias orientais. Os temas escultóricos participan das estilizacións clásicas de raíz hispano-visigótica ata a aparición dos modos mozárabes. A pintura presenta raíces antigas sen apartarse dos mesmos modelos de tempos bizantinos. Na arte asturiana distínguense catro momentos: un de formación (Igrexa de Santa Cruz, en Cangas de Onís (737), outro que corresponde a Afonso II, do cal permanece a chamada Cámara Santa e San Julián de los Prados. O terceiro momento -Ramiro...

    4. As falas asturiano-leonesas son aquelas que se falan na área do antigo Reino de León. As provincias de Asturias, Santander, León, Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz amosan restos do vello dialecto. O asturiano presenta aínda nestes últimos anos do s XX unha situación de bilingüismo diglósico no que a lingua A ou alta é o castelán, e a lingua B ou baixa é o asturiano, que como lingua minoritaria e minorizada ensina unha problemática específica.
      Evolución histórica
      A documentación dos reinos de Asturias e de León data do 775, o Diploma do Rey Silo, e constitúe unha das máis ricas dentro do ámbito peninsular. O século XIII constitúe o máis frutífero dentro da documentación medieval en asturiano, na súa maioría textos xurídicos (foros, ordenanzas municipais, doazóns, testamentos, etc); esta lingua presenta numerosas vacilacións ortográficas, elementos dialectais, así como latinismos (esperables por tratarse dunha linguaxe xurídica inzada de fórmulas fixas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da Comunidade Autónoma de Cantabria, entre os ríos Saja, ao L, e Nansa, ao O, na fronteira co Principado de Asturias. Limita ao S coa cordilleira Cantábrica. Trátase dunha rexión litoral no que o seu trazo máis característico é a rasa, produto dos distintos niveis de abrasión mariña ao longo da historia. Destacan os núcleos de Torrelavega, Suances, Santillana del Mar, Cabezón de la Sal e San Vicente de la Barquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estableceuse en París onde estudiou as civilizacións pre-colombinas e onde recibiu a influencia das vangardas. En 1930, ano en que publicou as Leyendas de Guatemala, volveu ao seu país. A súa obra, escrita nunha lingua barroca chea de indixenismos e neoloxismos, está construída sobre elementos da mitoloxía guatemalteca e técnicas herdadas do Surrealismo e do Expresionismo. Cultivou tamén a poesía. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura 1967. Con El señor presidente (1946), novela baseada na ditadura de Cabrera, configurou o mundo violento que desenvolveu despois en Hombres de maíz (1949), a triloxía Viento fuerte (1950), El Papa verde (1954) e Los ojos de los enterrados (1960), El ahijadito (1961) e Viernes de dolores (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: ´Aswān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ferreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel González García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Asiria (668-629 a C). Fillo de Assarhaddon, é o derradeiro dos grandes reis de Asiria, que desapareceu tralo seu reinado. Continuou a conquista de Exipto, que o seu pai principiara, derrotou a Taharka (667) e despois a Tanutanum (saqueo de Tebas, 663), pero finalmente foi expulsado por Psammético I (?656), fundador da dinastía XXVI. O sur e o oeste ameazaron o seu poder ao aliarse o seu irmán Shamash-shum-ukin, Rei de Babilonia, con Elam, o eterno inimigo do mundo mesopotámico. Nas súas campañas, os asirios ocuparon Babilonia (648) e Susa (639), capital de Elam, que perdeu a súa identidade ao ser anexionada a Asiria. Combateu tamén os árabes, activos desde o reinado de Sennāquerib. É ben coñecido polas súas construcións, especialmente en Nínive, e pola excelente biblioteca, a de máis sona da Antigüidade de Asia Menor, que axuntou un gran número de versións asirias de obras literarias e relixiosas mesopotámicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ataca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que atafega.

    VER O DETALLE DO TERMO