"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Dorotea Bárcena, en 1970 creou o grupo teatral Esperpento Teatro Joven, co que organizou unhas xornadas en Vigo, logo trasladouse a Madrid, onde fundou a compañía La Picota e participou no desenvolvemento do Teatro Independiente Español. En 1978 fundou en Santiago de Compostela, xunto a Xulio Lago, Teatro da Mari-Gaila. En 1985, fundou a Compañía de Teatro Dorotea Bárcena, que cambiou logo o seu nome polo de Teatro do Atlántico, onde representou Xoana, de M. Lourenzo. En 1988 escribiu e dirixiu para o Centro Dramático Galego a adaptación dramática de Follas Novas. Nese mesmo ano ocupou durante un breve espazo de tempo a dirección do CDG. Posteriormente fundou Teatro da Lúa. Co Centro Dramático Nacional participou en Martes de Carnaval (1995) e novamente co CDG en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999). Autora de varias obras de teatro, da súa produción destaca O Agnus Dei dunha nai (1980). Tamén publicou, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Tomou a alternativa na Monumental de Barcelona o 16 de marzo de 1919. Autor de varias obras de teatro e relacionado cos membros da Xeración do 27, á súa morte, Federico García Lorca dedicoulle o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. Influído por Ibsen e polos novelistas rusos, das súas obras destacan La Gringa (1904) e Barranca abajo (1905), de tema rural; e En familia (1905) e Los muertos (1905), de tema urbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Autorización ou aprobación que se dá a un acto, un uso ou un costume.

      2. Acto polo cal a autoridade competente, como o soberano dun país ou o presidente dunha república, ratifica e fai válida unha disposición legal. En España, omítese este requisito formal nas leis autonómicas.

      3. sanción parlamentaria /

        Acto polo cal o parlamento confirma unha decisión tomada polo goberno.

      1. Castigo que provén dunha acción mal feita.

      2. Pena que a lei impón a quen a infrinxe ou medio polo que se obriga ao cumprimento do ordenamento xurídico. Adoita consistir na privación da liberdade ou na imposición do pago dunha determinada cantidade, aínda que nalgúns supostos tamén pode implicar a perda dun ben ou dun dereito.

      3. Cada unha das medidas políticas, económicas e militares que algúns organismos internacionais ou ben algúns grupos de estados impoñen a un estado porque o consideran agresor contra outro estado ou violador dos dereitos humanos.

      4. sanción económica

        Sanción que implica o pago dunha determinada cantidade de diñeiro, en concepto de desagravio, aos afectados ou como escarmento, a través da administración, como consecuencia do incumprimento das condicións esixibles a determinados produtos ou servizos.

      5. sanción económica

        Cada unha das medidas de política económica, efectuadas por un ou varios estados, contra outro, para forzalo a modificar unha política que afecta as relacións internacionais ou os dereitos humanos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Confirmar unha lei, un acto, un uso ou un costume mediante unha sanción.

    2. Impoñer unha sanción a alguén que infrinxiu unha lei ou regulamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de haloxenación de compostos aromáticos, introducida en 1884, que se leva a cabo mediante a adición dunha solución dun sal de diazonio a unha disolución dun haloxenuro cuproso, agás o fluoruro, no hidrácido correspondente. Pode empregarse tamén na preparación de benzonitrilos, mediante a acción do cianuro cuproso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e historiador. Monxe beneditino, foi bispo de Tui (1608-1612) e Pamplona (1612-1620). Escribiu Antiguedad de la ciudad y iglesia catedral de Tuy y de los Obispos que se save aya auido en ella: sacada de los concilios y cartas reales y otros papeles (1610).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sanguificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Xelmírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de santificar ou santificarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación romana encargada de velar pola pureza da doutrina. A máis antiga fundouna o Papa Paulo III en 1542, para combater o protestantismo, co nome de Congregación da Suprema Inquisición. Pío X deulle o nome de Sagrada Congregación do Santo Oficio en 1908 e en 1969 Paulo VI modificoulle as funcións e o nome polo de Congregación para a Doutrina da Fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de saponificar.

    2. Procedemento que consiste en tratar un éster cun alcalino acuoso, como o hidróxido sódico, para conducir á formación dun alcohol e do sal alcalino do ácido.

    3. Número de miligramos de hidróxido potásico necesarios para saponificar un gramo dunha mostra dun éster dunha mestura que os conteña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de satelizar.

    2. elocidade que debe levar un móbil, en función da súa altitude, para que poida ser transformado ou chegue a ser un satélite artificial da Terra ou doutro planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convención pretoriana celebrada a través dunha estipulación coa finalidade de garantir, mediante fiadores, o cumprimento dunha obriga principal previamente constituída. Equivalía á fianza persoal e aplicábase a todo tipo de caucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de satisfacer ou satisfacerse.

    2. Gusto ou sentimento de benestar que se sente ante unha cousa boa.

      1. Acto polo que se obtén a reparación dun agravio ou ofensa.

      2. Reparación dunha acción inxusta ou punible cumprindo as obrigas que pesan sobre o debedor.

      3. Reparación feita a Deus da pena merecida polo pecado. O termo xurídico foi aplicado por Anselmo da Canterbury á redención, no sentido de que a morte de Xesús Cristo era unha satisfacción vicaria suficiente e plena (de condigno) debida á xustiza divina. A teoría foi rexeitada pola Reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de saturar ou saturarse.

    2. Situación dos mercados cun forte exceso de oferta, normalmente temporal, dunha mercadoría e que indica sobreprodución.

    3. Estado de condución, nun dispositivo electrónico (tubo, transistor), que se caracteriza pola caída de tensión pequena e case constante, independentemente da corrente, que debe ser limitada por un circuíto exterior.

    4. Estado ou situación, nun amplificador, en que o sinal de saída é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada, polo feito de ser este moi superior ao previsto como normal polo aparato. Produce sempre distorsión na saída.

    5. Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.

    6. Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.

    7. Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.

    8. Estado en que se atopa unha substancia ferromagnética situada nun campo magnético elevado, caracterizado polo feito de que a indución magnética toma un valor máximo que é aproximadamente constante independentemente da intensidade do campo magnético.

    9. Zona, nos terreos permeables, onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga e que, polo tanto, contén a capa freática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. saúdo.

    2. Fórmula protocolaria na retórica das chancelarías medievais coa que se pechaba normalmente a intitulación. Por influencia bíblico-litúrxica, utilizábase a miúdo pacem (paz) en troques da fórmula tradicional latina salutem (saúde). Empregábanse outras fórmulas que foron fixadas nos ars ditandi.

    3. Palabras de saudación que o Evanxeo pon en boca do arcanxo Gabriel no momento da anunciación a María e que constitúen a primeira parte da avemaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de Saxonia, fillo natural recoñecido (1711) do elector Federico Augusto I de Saxonia. Coñecido como o Mariscal de Saxonia, en 1720 púxose ao servizo do rei de Francia. En 1726 a Dieta de Curlandia proclamouno duque soberano, pero non se puido manter como tal pola oposición rusa e o intento de acceder ao trono que fixo en 1728 e que fracasou. A súa actuación na Guerra de Sucesión de Austria valeulle ser considerado un dos xenerais máis grandes do s XVIII. En 1743 recibiu o título de mariscal de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento simple e rápido para a acilación de alcohois e aminas con formación de ésteres e amidas. Realízase axitando unha mestura do alcohol e a amina cunha base acuosa e un exceso dun haloxenuro de acilo.

    VER O DETALLE DO TERMO