"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • ENTRADA LARGA

    Ecuación diferencial, formulada en 1926 por Erwin Schrödinger ao desenvolver o formulismo da mecánica cuántica, que permite calcular a función de onda ø(x,t) dunha partícula sometida a unha dinámica especificada por un potencial V(x,t). É a ecuación fundamental da mecánica cuántica, e escríbese:

    FORMULA
    onde Ao é a constante de Planck normalizada, m a masa da partícula, V o potencial ao que se atopa sometida, x o vector de posición, t o tempo e i a unidade imaxinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biblista. Coñecido polo nome relixioso de Felipe Scio de San Miguel, realizou a versión castelá da Biblia (Vulgata) (1791-1793).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Logo de percorrer toda a Península Ibérica, emigrou a Nueva España en1533 e estableceuse en Puebla de Labrador. Construía carros e carretas e foi domador de cabalos e nos últimos anos da súa vida tomou o hábito franciscano. O Papa Pío VI beatificouno en 1789. É patrón dos transportistas e condutores de vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de seccionar algo.

    2. Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dunha peza ou dun corpo calquera, como se estivese cortado segundo un plano determinado. Denomínase tamén corte xa que, en debuxos industriais, recolle a proxección sobre o plano dunha sección, cos elementos e detalles que a compoñen.

      1. Intersección dun plano cunha superficie. Se esta é unha superficie cónica, fálase de seccións cónicas (elipses, hipérboles e parábolas, parellas de rectas e outras). As seccións producidas en prismas e cilindros por planos perpendiculares ás arestas laterais e ás xenerativas, respectivamente, son denominadas seccións rectas.

      2. sección áurea dun segmento

        División dun segmento AB en dúas partes AX e XB que completan AX:AB = XB:AX.

      3. sección normal nun punto dunha superficie

        Sección da superficie neste punto.

    3. Cada unha das partes en que se divide un todo.

      1. Cada unha das partes en que se divide unha empresa, un establecemento comercial, un laboratorio, unha unidade de produción ou un organismo, dedicada a unha actividade determinada diferenciada do resto de actividades da unidade á que pertence.

      2. Cada unha das partes en que se dividen as audiencias provinciais ou as salas do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional ou dos tribunais superiores de xustiza.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1934 impulsada pola Falange Española, baixo a presidencia de   Pilar Primo de Rivera. Creada dentro do Sindicato Español Universitario (SEU), estaba composta por mulleres e tiña, entre outros fins, promover a educación social, política e doméstica das mulleres. Tras o Decreto de Unificación (1937) adecuou os seus estatutos aos da FET y de las JONS, limitando a súa función á de formar a muller no novo estilo, como portadora de valores específicamente femininos na vida moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que secciona.

    2. Interruptor destinado a interromper a continuidade dun circuíto, dun condutor, ou a illar outros condutores nada máis que cando a corrente que o atravesa é nula ou moi feble. Son empregados para cortar a corrente dunha instalación ou unha máquina sen carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar ou dividir en seccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Función ou proceso fisiolóxico en virtude do que algúns tecidos ou órganos producen substancias cuns elementos que son tomados do sangue mediante unha selección química; o novo produto é segregado ao sangue ou á linfa (secreción interna) ou ben ao exterior ou a un órgano oco do corpo (secreción externa).

      2. Produto segregado.

      1. Elaboración dun produto específico pola actividade dunha glándula.

      2. Produto do metabolismo dos vexetais, producido espontaneamente ou como consecuencia de determinados estímulos, que posteriormente é utilizado en procesos vitais e que pode quedar dentro da célula que o produciu ou fóra dela e ata fóra do vexetal.

    1. Material procedente de disolucións que se depositaron por infiltración nas cavidades das rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de secularizar ou secularizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sedar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Delito que consiste no alzamento público e tumultuario para impedir, pola forza ou fóra das vías legais, a aplicación das leis, o lexítimo exercicio das súas funcións ou o cumprimento dos seus acordos a calquera autoridade.

    2. Ataque colectivo á disciplina militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sedición.

    2. Que ou quen promove unha sedición ou forma parte dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sedimentar.

    2. Método empregado para a determinación de pesos moleculares de proteínas mediante unha ultracentrífuga, inventada por T. Svedberg, que as fai sedimentar aumentando a forza da gravidade unhas 250.000 veces.

    3. Precipitación dos sedimentos que se acumulan formando estratos. A maioría dos materiais que proveñen da erosión e son arrastrados polo aire, auga ou xeo, rematan o seu curso cando chegan ás concas sedimentarias e se precipitan no fondo. Segundo os materiais se depositen en terra firme ou no fondo do mar, distínguense dous grandes tipos de sedimentos, os continentais e os mariños ou peláxicos. Nos sedimentos continentais distínguense: os sedimentos debidos á acción da gravidade nos que non intervén a auga; os sedimentos nos que o transporte é obra da gravidade, pero coa intervención da auga, que favorece o desprendemento; os sedimentos debidos ao transporte do xeo, que nalgunhas zonas polares chegan ao mar e pasan a formar parte dos sedimentos mariños; e os materiais transportados polo vento (loess e areas eólicas), característicos das zonas áridas.

    4. Propiedade dos coloides segundo a que as partículas de substancia insoluble se separan lentamente pola gravidade do medio líquido e se depositan no fondo do recipiente que os contén.

      1. Produción dun depósito de sedimento ou pouso.

      2. sedimentación globular

        Sedimentación que se produce nunha columna de sangue con citratos.

      3. velocidade de sedimentación

        elocidade de caída dos eritrocitos dunha columna de sangue con citratos, dentro dun tubo capilar. As cifras normais de velocidade de sedimentación globular (VSG) son ata 10 mm de columna á primeira hora e ata 24 mm á segunda hora.

      1. Procedemento que se emprega na análise química inmediata para clasificar os corpos segundo as dimensións das súas partículas, baseado no feito de que canto máis grande é a súa masa máis rápida é a súa separación do fluído que as contén cando a suspensión é sometida a un campo de forzas, natural (como a gravidade) ou artificial (como na centrifugación).

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de seducir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de segmentar.

      1. Etapa do desenvolvemento embrionario que consiste na división continua e sucesiva do ovo ata que se orixina a blástula. Distínguese a segmentación total, que afecta á totalidade do ovo (ovos oligolecíticos e heterolecíticos), da parcial, que afecta só a unha parte (ovos telolecíticos e centrolecíticos). A segmentación total é igual cando todos os blastómeros son da mesma dimensión (ovos oligolecíticos dalgúns equinodermos) e é desigual cando os blastómeros máis pequenos, ou micrómeros, están no polo superior do ovo, mentres que os macrómeros están no inferior (caso xeral dos ovos heterolecíticos e da maioría dos oligolecíticos). Segundo a disposición dos blastómeros, fálase de segmentación radial, espiral e bisimétrica ou birradial e bilateral. A segmentación total radial fai que os blastómeros queden dispostos nunha simetría radial ao redor do eixe. Na segmentación total espiral os primeiros blastómeros sofren unha rotación de 45° cara á dereita e cara á esquerda alternativamente. Na segmentación...

      2. segmentación metamérica

        Repetición dunha serie de elementos pertencentes a cada un dos principais sistemas orgánicos do corpo ao longo do seu eixe anteroposterior ou do eixe dun apéndice. Moi ben definida en anélidos e artrópodos, dá lugar a unidades segmentos ou metámeros, de estrutura fundamentalmente semellante.

    2. Procedemento que consiste na división dun enunciado da cadea falada en unidades discretas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de segregar ou de segregarse.

    2. secreción.

      1. Separación de persoas por razón de raza, condición social, sexo e outros motivos dos demais membros dunha comunidade.

      2. Medida hixiénica dos países tropicais que consiste en illar ou separar aos inmigrantes dos indíxenas.

      3. segregación racial /

        Tipo de racismo que consiste na separación dentro dunha comunidade de persoas dunha ou máis etnias.

    3. Disociación da parella de xenes no proceso de maduración.

      1. Falta de homoxeneidade nas diferentes partes dunha aliaxe, de composición química diferente, a causa da diferenza nas temperaturas de fusión dos metais que a compoñen, que fai que o metal que cristaliza primeiro dea zonas máis puras.

      2. Separación de compoñentes heteroxéneos durante a solidificación dunha aliaxe.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina favorable á segregación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao segregacionismo.

    2. Partidario ou seguidor do segregacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional de rugby que se disputa desde 1910 entre as seleccións de Escocia, Gales, Irlanda, Inglaterra e Francia, polo sistema de liga a unha soa volta, co nome de Torneo das Cinco Nacións. En 1999 incorporouse Italia e adoptou o nome definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos selacios.

    2. Peixe da orde dos selacios.

    3. Orde de peixes, da clase dos condritios, de lonxitude variable (ata máis de 15 m) e corpo de fusiforme a discoide, fociño aguzado, en serra ou en martelo, cuberto de dentículos dérmicos ou escamas cutáneas que na boca se diferencian en filas de dentes, e con endoesqueletos cartilaxinosos. As branquias son internas, manteñen os opérculos e teñen de 5 a 7 fosas branquiais externas en cada costado e un par de espiráculos de carácter respiratorio. Teñen a boca en posición ventral e o olfacto e a liña lateral sensitiva moi desenvolvidos. Case todos son depredadores e mariños, de costumes peláxicos ou abisais, segundo as especies, e habitan en profundidades non moi grandes, con poucas excepcións.

    VER O DETALLE DO TERMO