"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xénero de pinnípedos, de ata 1,7 m de lonxitude, de extremidades curtas transformadas en aletas e cunha cola curta, ausente nas especies actuais. Propio de mediados do Mioceno, os xacementos máis importantes están en Xapón e nos EE UU, concretamente nos estados de California e Oregón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmellorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmembrar ou desmembrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmerecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desmitoloxizar.

    2. Proceso que consiste en liberarse da comprensión mitolóxica do anuncio evanxélico. Este termo introduciuno Rudolf Bultmann na linguaxe filosófico-teolóxica en 1941. A meta do programa bultmanniano era facerlle comprensible ao home moderno, seguramente cun inconfesado afán apoloxético, o querigma do Novo Testamento, desvinculándoo totalmente das características mitolóxicas coas que nacera por mor da limitación que impuxera o tempo e o espazo nos que fora anunciado e elaborado. Esta tentativa tivo unha longa historia na teoloxía cristiá, por exemplo, no método esexético denominado alegórico ou na teoloxía liberal. Hai que destacar no intento de Bultmann o afán por buscar unha axeitada interpretación do querigma, feita a partir de dous supostos: a filosofía existencialista (máis en concreto, a de Martin Heidegger) e unha comprensión da xustificación pola fe, de signo paulino-luterano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar o carácter mitolóxico a unha doutrina ou pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmoblar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desnivelar ou desnivelarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desnortar ou desnortarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desfechamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de botar a alguén dun traballo.

    2. Forma de extinción da relación laboral pola vontade unilateral do empresario, con ou sen causa xustificada. Entre as causas do despedimento diferéncianse: as que dependen da vontade do empresario, coma o despedimento disciplinario e o despedimento por causas obxectivas; as que son soamente da vontade do contratador, coma a forza maior ou o despedimento colectivo debido a causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción e as que dependen da vontade concertada das partes, coma o despedimento por expiración do tempo convido do contrato ou pola realización da obra ou do servizo obxecto do traballo. O despedimento disciplinario baséase nun incumprimento grave e culpable do traballador. Este despedimento é procedente cando se acredita o incumprimento do traballador e se realiza formalmente; se non se cumpre ningún destes requisitos é improcedente, e se se realiza discriminando gravemente o traballador é nulo. O despedimento por causas obxectivas debe fundamentarse na ineptitude do traballador,...

    3. Procedemento xudicial interposto por un traballador contra o empresario, destinado a apreciar a procedencia, improcedencia ou nulidade do seu despedimento. A cualificación do despedimento afectaralles á percepción de indemnización do traballador, á súa posible readmisión, á súa situación de desempregado e ao aboamento das custas procesuais e dos salarios de tramitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de despenar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentimento de irritación ou resentimento causado por un desacougo, unha ofensa ou outro suceso adverso, que impulsa ao desquite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de despezar.

      1. Disposición dos perpiaños nun paramento e das doelas nun arco ou nunha bóveda.

      2. Cortes dos perpiaños por onde se xuntan uns con outros.

      1. Plano ou conxunto de planos en que están representadas todas as pezas que forman parte dun conxunto ou dunha máquina.

      2. despezamento telescópico

        Despezamento en que a representación se fai empregando a perspectiva e dispoñendo as pezas de maneira que os lugares que ocupan sobre o plano, sexan a prolongación coaxial do lugar onde están montadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de despoboar ou despoboarse.

    2. Diminución da poboación dun territorio concreto, que pode deberse a un desprazamento emigratorio cara a outros lugares ou a un incremento maior das defuncións respecto aos nacementos, con implicacións negativas directas no desenvolvemento económico desa área.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desprazar ou desprazarse.

    2. olume de auga que despraza un barco. Segundo o principio de Arquímedes, o seu peso equivale ao peso da nave e mídese sempre en toneladas métricas.

    3. Mecanismo inconsciente que fai que unha carga afectiva, como unha emoción ou unha pulsión, pase do seu obxectivo real a un elemento substitutivo.

    4. Tipo de corrente eléctrica que ten lugar nun material, condutor ou illante, cando se lle aplica un campo eléctrico variable co tempo. Este concepto, ideado por Maxwell, aplícase especialmente no caso dos dieléctricos.

    5. Ángulo, medido en radiáns, no que un corpo ou liña foi rotado nun sentido específico ao redor dun determinado eixe.

    6. Desprazamento cara a lonxitudes de onda máis grandes que experimentan as liñas do espectro dun obxecto estelar. Os desprazamentos cara ao vermello dos obxectos da Galaxia interprétanse en termos de efecto Doppler, orixinado polo movemento de arredamento da fonte respecto do observador. O desprazamento cara ao vermello dos obxectos extragalácticos tamén ten como orixe o efecto Doppler, causado neste caso pola recesión das galaxias. O desprazamento cara ao vermello gravitacional, predicido por Einstein na relatividade xeral, está causado pola acción de campos gravitacionais intensos sobre os fotóns emitidos pola fonte. É unha das bases das teorías de expansión do Universo e do Big Bang.

    7. deriva continental.

    8. Desprazamento dunha poboación da súa localización orixinal a outra. Un dos casos máis habituais é o que se produce ao quedar unha poboación asolagada pola auga dun encoro, como aconteceu coa vila de Portomarín por mor da construción do encoro de Belesar sobre o río Miño.

    9. Magnitude vectorial que, no seo dun campo eléctrico E , é igual ao produto do campo pola permisividade do medio, D = ε E . Tamén se denomina densidade de fluxo eléctrico ou indución eléctrica.

    10. Reacción na que un átomo ou molécula se substitúe e se libera por outro átomo ou molécula.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desprender ou desprenderse.

    2. Calidade de desprendido.

    3. Proceso de fragmentación e desprazamento que experimenta unha rocha no sentido da gravidade, debido á acción dos axentes erosivos ou da tectónica.

    4. Modificación da corrente dun fluído ao redor dun obxecto no que penetra. Prodúcese cando, por causa dunha turbulencia, o fluído xa non escorrega seguindo o contorno do obxecto senón que se separa ou desprende deste. Na á dun avión ten como consecuencia unha diminución da sustentación, feito que pode conducir o avión a caer en barrena ou en picado.

    5. Derradeiro momento da expulsión da cabeza do feto durante o parto.

      1. Separación de tecidos que normalmente están adheridos.

      2. desprendemento da epífise

        Desprendemento de orixe traumática que se observa durante o período de crecemento do esqueleto. Consiste nunha solución de continuidade no lugar de unión da diáfise e da epífise.

      3. desprendemento de retina

        Desprendemento da retina do seu leito. Dáse con máis frecuencia en persoas maiores, con antecedentes de cataratas ou naquelas con moita miopía.

      4. desprendemento prematuro de placenta

        Complicación do embarazo que se caracteriza pola separación da placenta da parede uterina antes do parto.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou feito inconveniente, sen sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carencia de utilidade ou proveito.

    2. Resto de algo que non se aproveita porque xa non serve, non se quere utilizar ou sobra.

    VER O DETALLE DO TERMO