"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • Xogador de billar hábil que fai frecuentemente carambolas cando xoga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado tartésico situado preto de Sevilla, ocupado dende o s IX a C ata o s VII a C. Do nivel inferior (s IX a C), procede unha produción de cerámica local, con influencias orientais, de vasillas realizadas manualmente con decoración en retícula brunida e pintadas á man con decoración xeométrica (tipo Carambolo). A partir do s VIII a C, por consecuencia das relacións cos fenicios, impúxose a cerámica con torno. Do nivel superior (s VII a C), procede un conxunto de vinte e unha xoias de ouro (pectorais, brazaletes e plaquetas) de morfoloxía e técnica fenicia. Ese conxunto, coñecido como Tesouro do Carambolo, descubriuse en 1958 e está depositado no Museo Arqueológico de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. piridoindol.

    2. Cada un dos alcaloides que teñen o esqueleto de piridoindol; os máis importantes son os das especies vexetais Peganum harmala e Physostigma venenosum, e os dos arbustos do xénero Rauwolfia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Comandou unha fragata galega, na que tamén viaxaban o marqués de Tullibardine e os condes de Marshal e Seaforth. A embarcación formaba parte da flota dirixida polo duque de Ormond, que saíra do porto de Santander con destino a Escocia para loitar pola causa estuardista. Malia que en Escocia recibiron axuda dos highlanders, foron derrotados na Batalla de Glenshiel (10.6.1719). Logo de permanecer durante algúns meses no cárcere de Edimburgo, regresou a Galicia a finais de 1719.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político moderado. Iniciou os seus estudios no Colexio da Latinidade de Viveiro e despois trasladouse a Santiago de Compostela, onde se graduou en Dereito no ano 1826. Exerceu a avogacía en Viveiro e posteriormente marchou a Lugo, onde foi deputado provincial e vicepresidente do Consello provincial. Colaborador asiduo de revistas como La Aurora del Miño, El Eco de Galicia e a Revista Jurídica de Galicia, foi ademais director de El Correo de Lugo, no que colaborou cun gran número de artigos de carácter xurídico. Entre outras obras publicou Informe sobre el estado de los montes en la provincia de Lugo y los medios de proveer a su conservación, presentado al Consejo de Administración por su vicepresidente Don José María Castro Bolaño y adoptado por aquel cuerpo y la junta de agricultura (1850), Memoria sobre la agricultura en la provincia de Lugo, leída en la Junta provincial del ramo por Don José María Castro Bolaño, adoptada e impresa por acuerdo de la misma corporación en sesión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Licenciado na Universidad Complutense de Madrid, doutorouse en 1972 coa tese Contribución al conocimiento de la taxonomía, ecología, biología del celo y mudas del urogallo en España, que contribuíu á protección legal da especie en 1978. En 1972 comezou a traballar na Estación Biológica de Doñana e tres anos despois foi nomeado director da mesma. Dirixiu a revista científica Doñana Acta Vertebrata. Contribuíu á creación en 1975 da Estación Biológica del Frío, nos Llanos de Venezuela, e en 1982 á da Estación Biológica de El Beni, en Bolivia. Realizou numerosas expedicións zoolóxicas ao Sáhara, a Gabón, a Marrocos e a diversos países de Hispanoamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse coa tese Flora y vegetación de la Península del Morrazo. Foi profesor de botánica na Universidad Complutense de Madrid, director da obra Flora Ibérica e director do Real Jardín Botánico de Madrid. Investigou a flora de Galicia e da Península, a flora tropical, tanto africana como americana, e a taxonomía de plantas vasculares da conca mediterránea occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao catabolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións de degradación ocorridas durante os procesos metabólicos que teñen unha oxidación e, polo tanto, unha liberación de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia producida nas reaccións catabólicas, como o anhídrido carbónico, o amoníaco ou a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba que presenta un bulbo grande, de forma ovoide, redondo ou deprimido segundo as variedades. Ten follas cilíndricas e talo de ata 120 cm de altura que leva no ápice unha umbela globulosa de flores brancas con longos pedicelos. Cando se corta o bulbo, que contén frutosanos, algo de sacarosa e flavonoides, desprende un aceite volátil sulfurado (disulfuro de alilpropilo) que provoca a produción de lágrimas por irritación da conxuntiva. Orixinaria de Asia Central, os caldeos xa a coñecían cara ao 2000 a C. Entre as principais variedades destacan: a cebola branca, de orixe africana e da que existen variedades suaves e picantes, pode ser arredondada ou alongada; a cebola vermella, alongada e doce, tómase xeralmente crúa; a ceboliña francesa, dourada, pequena e esmagada, utilízase en gornicións; e a cebola de verdeo ou ceboliña.

    2. Bulbo comestible da planta do mesmo nome. O bulbo, ingrediente habitual da dieta mediterránea, emprégase na composición de moitos pratos. Utilízase como condimento e gornición en distintas preparacións (asados, guisos, coccións, frituras, etc), embutidos, ensaladas ou sopas. Se se consome crúa, ten propiedades antisépticas, diuréticas e hipoglucemiantes. Desde 1983, celébrase en Sanxenxo cada 4 de setembro a Feira-Festa da Cebola. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que de noite come cebola, pola mañán arrota. Pobre da cebola que vai pra tixola”.

      1. Obxecto de forma ou estrutura semellante a unha cebola.

      2. Roda pequena dalgúns reloxos que serve para dar corda e axustar a hora.

      3. Nos escudos heráldicos represéntase coa cabeza redonda, tallada e con raíces.

    3. Planta medicinal da horta que serve de antídoto contra o veleno e que rebenta tumores.

    4. Herbácea que presenta un bulbo de gran tamaño, con follas de ata 50 cm de longo e 2 cm de ancho. As flores son tubulares de seis pétalos brancos cunha coroa central de doce dentes e seis estames. Está presente nas praias de toda Galicia. Os bulbos empregáronse na medicina popular como vomitivos.

    5. Herba perenne, de follas finas e alongadas, cun talo de 30 a 50 cm de lonxitude, con flores moradas en umbela e varios bulbos agrupados. O exterior presenta unha cuberta vermella. Orixinaria de Asia, emprégase como condimento e como base de diversas salsas brancas, especialmente aptas para asados e adecuada na preparación de guisos. Tamén se coñece como chalote ou escalonia.

    6. Cebola pequena que aínda non chegou ao pleno desenvolvemento.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido galego que se rexistra castelanizado baixo a forma Cebolla. O étimo latino do que parte é cepŭlla e ten a súa orixe nun alcume irónico aplicado, probablemente, a individuos grosos, en especial a mulleres. Documéntase no s XIII: “Gunzina Zebola” (doc ano 1274 en M. Carmen Pallares Méndez/Ermelindo Portela Silva, El bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII. Economía agraria y estrutura social, 1971, p 122). Non obstante , tampouco se pode desbotar a posibilidade de que proceda dun topónimo, de feito no concello de Zas existen os lugares de Cebola de Abaixo e Cebola de Arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Guiso no que predomina a cebola.

    2. Gran cantidade de cebolas.

    3. Lugar no que se cultivan cebolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén cebola.

    2. Lugar da horta no que se cultivan cebolas.

    3. Tipo de chourizos elaborados con cebola, carne de porco e outros ingredientes. Tamén se coñece co nome de chourizo ceboleiro. OBS: Úsase frecuentemente en plural.

    4. Persoa que cultiva ou vende cebolas.

    5. Pao brando ou madeira pouco consistente que non serve para a construción.

    6. ariedade de mazá de cor rubia, forma redonda e sabor agridoce.

    7. cebola.

    8. grilo ceboleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea bulbosa de follas lineares de ata 30 cm de lonxitude, inflorescencia en umbela densa, con flores acampanadas de cor branca amarelenta. Cultívase polos bulbos e pola parte basal das follas que se consomen crúas, cocidas ou como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta de cebola con bulbo que aínda non chegou ao seu pleno desenvolvemento, que xeralmente se transplanta. OBS: Utilízase en singular con significado colectivo.

    2. Semente da cebola.

    3. Herbácea bulbosa de follas lineares de ata 30 cm de lonxitude e inflorescencia esférica de flores con pétalos e estames rosas ou púrpuras. Orixinaria de China, o bulbo e parte das follas son comestibles. Adóitase consumir cru, en ensaladas ou en tortas salgadas. Presenta características semellantes aos allos porros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación do Bo Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á madeira que se abre de forma semellante á cebola.

    2. Que se separa ou rompe con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajo (2.810 h [1996]). A economía baséase na produción agrícola (cereais, hortalizas, algodón e tabaco) e na gandería ovina e bovina. Destaca a igrexa parroquial do s XVII e o castelo de Villalba que pertenceu aos Templarios.

    VER O DETALLE DO TERMO