"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • Festival de teatro organizado pola Asociación Cultural Abrente en 1973. Co tempo converteuse no punto de encontro do teatro galego emerxente, marco de reflexión e debate arredor das posibilidades dun teatro de expresión galega e sobre a viabilidade dun teatro profesional. Entre 1973 e 1978 Ribadavia constituíu a cita anual do teatro en galego e por alí pasaron compañías como Ditea, Antroido, Teatro Circo, O Facho, Tespis, Troula, Candea, Malveira, Histrión 70, Grupo de Teatro Auriense, Martín Códax, Teatro Popular Queizán, A Farándula, Artello ou Máscara 17. Asociado á Mostra, a Asociación Cultural Abrente tamén organizou o Concurso de Textos Dramáticos, que deu a coñecer a autores como Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño ou Euloxio R. Ruibal. En 1984 a Mostra, que deixara de celebrarse desde 1979, volveu presentarse como Festival Internacional de Teatro, con dirección de Rubén García. Desde esa data constitúe un dos festivais de teatro de maior relevancia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de teatro infantil e xuvenil organizado desde 1984 pola Comisión Mancomunada de Cultura de Concellos da Ría de Ferrol. Organizado en dúas seccións, presentábanse dunha banda traballos de carácter profesional de Galicia e Portugal, fundamentalmente de grupos de teatro de monicreques e obxectos, e da outra os traballos escénicos dos grupos de teatro escolar da comarca, o que supuxo un forte pulo á actividade teatral de escolas e institutos. Alén de cursos, seminarios, conferencias e outras actividades de formación e divulgación, a Mostra tamén organizou un concurso de literatura dramática para a infancia e a mocidade. A principios da década de 1990 comezou a esmorecer e desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bienal de pintura e escultura celebrada desde 1989 na cidade da Coruña, por iniciativa de Unión Fenosa. A súa finalidade foi a de potenciar a difusión internacional dos autores contemporáneos, especialmente dos galegos, a través de exposicións na propia cidade ou itinerantes. En 1993 abriuse ao contexto estatal e en 1997 ao portugués, internacionalizándose desde entón. A organización conta cunha financiación para adquirir parte da obra presentada e formar así un fondo artístico propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mostra.

    2. Mesa que serve para mostrar a mercancía aos clientes nas tendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mostra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo de xeito que se vexa.

    2. Deixar ver ou manifestar un sentimento, calidade ou actitude.

    3. Dar a coñecer unha cousa.

    4. Facerse algo visible.

    5. Manifestar unha determinada calidade, actitude ou sentimento.

    6. Ter algo un determinado aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de mostras de mercadorías que ofrece un fabricante, un comerciante, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recoller mostras.

    2. Procedemento que consiste na elección ao azar dunha mostra dunha poboación, co fin de sacar conclusións sobre os individuos que compoñen esta.

    3. Operación de análise que consiste en escoller mostras representativas das calidades e a composición media da totalidade da mostra. Empréganse métodos específicos de mostraxe, que varían segundo as materias coas que se ensaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular que recibe o dedo índice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Nínive, Iraq, situada á dereita do ríoTigris (664.221 h [1987]). Posúe importantes xacementos de petróleo. Obxecto de litixio entre Iraq e Turquía, o territorio de Mosul foi atribuído en 1925 a Iraq pola Sociedade de Nacións. Na outra banda do río atópanse as ruínas de Nínive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor polaco. É autor de música sinfónica, dous concertos e pezas para piano, da ópera Boabdil, der letzte Mauernkonig (1892) e das Spanische Tänze (Danzas españolas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no convento de Santa Clara de Monforte de Lemos. Considerado como un dos máis importantes museos de arte sacra de España, conta cun importante fondo composto por vestimentas litúrxicas e pezas de ourivaría relixiosa do Renacemento. Sobresaen especialmente o Cristo yacente e a Inmaculada, de Gregorio Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rabino da alxama de Girona e médico. Destacou no xudaísmo como filósofo, talmudista e cabalista. Como filósofo derivou cara ao campo da cábala. Compuxo un musta ǧ āb para ser recitado o primeiro de ano, a mostra máis antiga da poesía cabalística peninsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo, preto do encoro de El Torcón (4.015 h [2001]). É un termo rico en bosques e cultivos extensivos de cereais, oliveiras e legumes. A gandaría, de la e porcino, e a elaboración de aceite complementan a súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta, foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. Da súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840?), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845) e Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transistor MOS de canal n.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. División administrativa no antigo Exipto. A súa existencia documéntase desde a Prehistoria ata finais da época faraónica. Na fase histórica continuou tendo un papel importante pese ao reducido do seu territorio, que comprendía unha serie de núcleos habitados ademais da capital, onde radicaban o templo da divindade principal da provincia e os servizos administrativos centrais, presididos polo nomarca. Desde o final das dinastías VI a XII tiveron un papel máis relevante, especialmente durante o Primeiro Período Intermedio. Foron unidades autónomas durante boa parte da historia faraónica e tenderon a independizarse conforme se debilitaba o poder da coroa.

    2. División administrativa de primeira orde de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición musical da Grecia antiga de carácter austero e de forma lírica, acompañada coa frauta ou a cítara (nómos citaródico), relacionada co culto de Apolo. Semella que ao comezo foi unha invocación do deus (monódica, sen división estrófica) que introducía o recitado dunha pasaxe épica. Terpandro fixo o esquema completo en sete partes. A partir do s V a C aproximouse gradualmente ao ditirambo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre canteiro. O seu labor desenvolveuse na diocese de Tui onde solucionou o problema que se ocasionou na catedral desa cidade, despois de que un raio deteriorase en 1791 a cepa que sostiña o ciborio. Compuxo a bóveda do coro e os arcos da capela maior. O seu irmán, Manuel Francisco Novás Lemos (Pazos de Reis 13.2.1760-?), tamén interveu na catedral e na capela de San Telmo en Tui (1783).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Tula, Rusia (142.000 h [1997]). Xurdida en 1930 co nome de Bobriki, o seu nome oficial, de 1934 ao 1961, foi o de Stalinogorsk.

    VER O DETALLE DO TERMO