"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico ucraíno. Como realizador consagrouse coa triloxía tolstoiana de Vojna i mir (Guerra e Paz). En 1980 rodou en México o filme Campanas Rojas, biografía cinematográfica do xornalista norteamericano John Reed.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lóxico inglés. Autodidacta, estudiou as obras de Lagrange e Laplace. Catedrático do Queen’s College de Corcaigh (Cork), realizou importantes traballos sobre a análise matemática e contribuíu á fixación do concepto de invariancia. No ano 1854 publicou a súa obra mestra, An Investigation into the Laws of Thought, on which are Founded the Mathematical Theories of Logic and Probabilities (Unha investigación sobre as leis do pensamento, nas que se fundamentan as teorías da lóxica matemática e as probabilidades). Estableceu a base para os fundadores do Loxicismo, e foi o iniciador da Lóxica simbólica. Formalizou un conxunto de regras alxebraicas para a transformación das proposicións lóxicas, ás que chamou leis do pensamento e que se coñecen ademais co nome de álxebra de Boole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, conde de Barcelona e xefe da casa real española (1941-1977). Terceiro fillo varón de Afonso XIII e de Victoria Uxía de Battemberg, herdou os dereitos dinásticos da coroa española trala renuncia dos seus irmáns, Afonso e Xaime (1933). Ingresou na Escola naval de San Fernando en 1930 e trala proclamación da Segunda República marchou ao exilio e continuou os seus estudios na escola naval de Dartmouth (Inglaterra). Casou con María das Mercedes de Borbón Orleans (1935). Baixo o nome de Xoán López tratou de combater na Guerra Civil, pero as tropas franquistas impedírono. Converteuse en aspirante ao trono de España trala morte de Afonso XIII (1941). Estableceuse en Estoril en 1947. Oposto á lei de sucesión de Franco, accedeu a que o seu fillo, o príncipe Xoán Carlos estudiase en España. Trala proclamación do Rei Xoán Carlos I, mantivo o título de conde de Barcelona e renunciou aos seus dereitos sobre a coroa española o 14.5.1977. Á súa morte recibiu honores de Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político maltés. Líder do Partido Nacionalista (1950-1977), foi primeiro ministro en 1950-1955 e 1962-1971. Despois da independencia da illa, acadada no 1964, negociou cos británicos a evacuación progresiva das súas forzas nun período de cinco anos (1967-1972). En 1971 foi derrotado polos laboristas e abandonou as carteiras de Economía e Finanzas, pero conservou a da Commonwealth e a de Asuntos Exteriores ata o 1972. Sucedeuno como xefe do goberno o laborista Dominic Mintoff. No ano 1976 dimitiu como xefe do Partido Nacionalista, despois de perder as eleccions dese ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. En 1971 proclamouse vencedor da Orange Bowl, repetindo o seu triunfo ao ano seguinte, ao gañar o campionato de Wimbledon en categoría junior. En 1972 debutou como integrante do equipo sueco da Copa Davis, torneo que gañou en 1975. Acadou cinco triunfos consecutivos en Wimbledon (1976, 1977, 1978, 1979 e 1980) e venceu en Roland Garros en seis ocasións (1974, 1975, 1978, 1979, 1980 e 1981). Noutro dos catro torneos do Grand Slam, o Open dos EE UU (Flushing Meadows), disputou a final en catro ocasións, aínda que non foi quen de gañar o título. Tamén venceu no Masters (1979 e 1980) e no campionato mundial (1978 e 1979). En 1983 retirouse da competición no circuíto profesional, ao que volveu esporadicamente en 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura do Bronce medio de Malta (s XIV-XIII a C), epónima do xacemento, que substitúe o Tarxense; algúns investigadores interpretaron tres fases culturais a partir dos diferentes tipos de cerámica (incisa rechea de pasta branca, plástica e incisa e pintada) que se suceden cronoloxicamente. Caracterízase pola presenza de potentes murallas de tipo ciclópeo rodeando os poboados e por unhas camáras funerarias escavadas na rocha de acceso vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Intérprete de música wagneriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu un ciclo, en parte autobiográfico, que vai dende a Primeira Guerra Mundial ata 1945, e -influído por Kafka e Proust- Jeg (‘Eu’, 1959), unha novela experimental, e Den rode taken (‘A brétema vermella’, 1967). Tamén escribiu teatro e o libro de memorias Barndomens verden (‘O mundo da infancia’, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Anveres, na rexión de Flandres, Bélxica (50.000 h [1984]). É un suburbio industrial de Anveres, especializado na talla de diamantes, aínda que tamén abrangue outros sectores como o fiado de algodón e la, a industria papeleira ou a metalúrxica

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, cabeceira da comarca de Les Garrigues (5.190 h [1996]). A súa base económica é a agricultura, predominando o cultivo das oliveiras, dos cereais e das froiteiras. A gandería céntrase no armentío porcino e nas aves de curral. As actividades industriais redúcense á transformación dos seus produtos agropecuarios, destacando a refinería de aceite e algunha factoría téxtil. É sede dun centro de investigación dos cereais. A autoestrada do Ebro e a estrada de Tarragona a Lleida atravesan o termo. Dependente de Lleida durante a Idade Media e o Antigo Réxime, debeu o seu crecemento ao desenvolvemento da industria aceiteira ao remate do s XIX (o seu aceite, tradicionalmente moi apreciado, posúe Denominación de Orixe dende 1998). Durante a Guerra Civil Española, e despois da batalla do Ebro, as forzas do xeneral republicano Enrique Líster, comunista galego, resistiron na cidade fronte ao asedio do exército nacional ata o 5 de febreiro de 1939; con todo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e ensaísta. En 1906 escribiu o seu primeiro relato La visera fatal, inspirado nun episodio do Quixote e un traballo sobre a mitoloxía grega, un ano máis tarde traduciu do inglés El príncipe feliz, de Oscar Wilde. En 1914 trasladouse a Europa e, despois de visitar Londres e París, instalouse en Xenebra e posteriormente en Lugano, onde estudiou o bacharelato. Dende 1919 e ata 1921 residiu en España, primeiro en Mallorca, logo Sevilla e finalmente en Madrid. Nestes anos comezou a publicar poemas e a colaborar na prensa e revistas (Grecia, Ultra, Cervantes, etc), participou no movemento literario altruísta e escribiu en 1919 o seu primeiro artigo na revista suíza La Feuille titulado “Chronique des lettres espagnoles”, reseñando dous traballos de Azorín e de Pío Baroja, e o seu primeiro poema titulado “Al mar”. En 1921 regresou a Bos Aires onde publicou un manifesto ultraísta na revista Nosotros e creou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario. É autor de poesías, dramas e novelas como Rube, sobre a crise intelectual da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre italiana orixinaria de Siena. O Papa Paulo V pertencía a esta familia. O seu sobriño, Marco Antonio Borghese (morto no 1658), foi nomeado príncipe de Sulmona, no Reino de Nápoles-Sicilia (1607). No 1633 herdou dos Savelli o Ducado de Poggio-Nativo, o Papa Urbano VIII dooulle o Ducado de Palombara (1636), e no 1637 concedéuselle o título de Grande de España. Nos ss XVII e XVIII a familia Borghese incorporou aos seus dominios os principados de Rossano (1681) e Meldona (1723), e o Ducado de Giuliano (1768); así mesmo, entroncou mediante enlaces matrimoniais con ilustres familias como os Aldobrandini (1638) e Salviati (1768). Camillo Borghese, sexto príncipe de Sulmona (morto no 1832), e marido de Paulina Bonaparte, foi gobernador do Piemonte francés (1807-1814). O seu irmán Francesco Borghese, príncipe de Aldobrandini, logo da morte de Camillo, dividiu as herdanzas dos Borghese, Aldobrandini e Salviati entre os seus fillos Marco Antonio, Camillo e Scipione Borghese, dos que descenden...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga vila fundada en Roma a principios do s XVII polo cardeal Scipione Caffarelli Borghese. A construción é obra de Jan van Santen (Vasanzio) e os xardíns foron deseñados por Domenico Savino. Transformada parcialmente nos ss XVIII e XIX, no 1902 foi adquirida polo estado italiano e actualmente é parque público de Roma. Contén a Galleria Borghese, que posúe a gran colección de obras de arte reunida polos príncipes Borghese: pinturas de Botticelli, Antonello da Messina, Raffaello Sanzio, Correggio, Caravaggio; e estatuas de Bernini e Canova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma italiana coa que é xeralmente coñecida a familia Borja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador italiano. Foi director do Centro Studi d’Arte Preistórica de Pinarelo. Dedicado ao estudo da arte rupestre, colaborou co Instituto Padre Sarmiento na análise das manifestacións rupestres galegas. Entre as súas obras salientan: La mappa litica di Rocio Clapier (O mapa lítico de Rocio Clapier, 1969), Studio metodico-cronologico del repertorio di sculture préhistorice della zona de Fentáns-Galicia, Spagna (Estudio metódico-cronolóxico do repertorio de esculturas prehistóricas da zona de Fentáns-Galicia, España, 1973). Foi distinguido polo Padroado do Pedrón de Ouro co Pergameo de Honra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e moralista italiano. Da orde dominicana, foi bispo de Bitonto e, despois, de Cervia, e médico de tres papas. Utilizou narcóticos para as operacións e mercurio para as doenzas da pel, así como alcohol vínico para as feridas. Autor de diversas obras, dedicoulle ao bispo de València Andreu d’Albalat a súa Chirurgia, amais dun tratado de veterinaria e outro de falcoería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de diversas entidades xeográficas, políticas e administrativas que se sucederon dentro da área xeral dos vales do Rhône superior e do Saône, penetrando dabondo, con diferente profundidade, dentro da conca do Sena e estendéndose ocasionalmente polo Rôhne abaixo ata o mar, ou ao pé mesmo dos Alpes ata penetrar nas concas do Rin e do Po. É unha rexión na que se distinguen diversas áreas: a setentrional, denominada Baixa Borgoña, drenada polos ríos Yonne e Armançon; a occidental, que se estende sobre unha parte do macizo do Morvan; a área oriental ou Alta Borgoña, que descende ata as terrazas do río Saône; e a meridional, onde se atopa a rexión industrial de Montceau-les-Mines e Le Creusot. Co nome xenérico Borgoña desígnanse os diversos viños producidos no NO francés, na Alta Borgoña (Côte d’Or), na Baixa Borgoña (Chablis, Irancy), no Mâconnais e no Beaujolais, e que están protexidos por un complexo sistema de Denominación de Orixe (tanto se aplica a unha comarca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia de Francia, limitada ao N por Champagne, ao O polo Nivernés e o Borbonés, ao S polo Lionés e a Bresse, e ao L por Savoia e o Franco Condado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia que abrangue os departamentos de Ariège, Côte d’Or, Nièvre, Saône-et-Loire e Yonne (31.582 km2; 1.623.900 h [estim 1995]). A capital é Dijon.

    VER O DETALLE DO TERMO