"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Que contén cal.
-
-
calcaria pisolítica
Rocha sedimentaria de orixe química, de textura granular, formada por precipitación de calcita, dolomita e siderita, ao redor dun núcleo de cuarzo ou de carbonatos, no seo de auga cálida en axitación.
-
relevo calcario
Relevo cárstico.
-
Rocha sedimentaria formada principalmente por carbonato cálcico. As calcarias pódense clasificar atendendo á súa orixe (orgánica, química, detrítica), idade, textura ou composición mineral. Son tipicamente solubles en ácidos diluídos fríos, teñen un peso específico de 2,6-2,8 e xeralmente son brandas, xa que a calcita ten unha dureza de 3. Se padecen metamorfismo dan orixe a mármores. O carbonato cálcico, procedente de tecidos, esqueletos ou cunchas de organismos, precipita cando diminúe a concentración de CO 2 das augas, por exemplo cando estas se axitan ao aumentar a temperatura, diminuír a presión, etc. A apreciable solubilidade da calcaria en augas enriquecidas con CO 2 e en ácidos orgánicos dá orixe a un relevo peculiar denominado cárstico. En función da substitución crecente de calcita por dolomita, as rochas calcarias clasifícanse en: calcaria, con máis do 95% de calcita; calcaria magnesiana, cun contido en calcita do 90 ao 95% e o resto de...
-
calcaria compacta
Rocha sedimentaria organóxena, de cor moi variable e estratificación pouco aparente, de orixe biostrómica e biohérmica. Durante o proceso de diaxénese, os restos de grandes organismos consérvanse baixo a forma de moldes que se enchen de cristais de calcita. Cando están traballadas en láminas pulimentadas reciben a denominación de mármores, aínda que non sufriron recristalizacións en condicións distintas ás de deposición. As de gran moi fino chámanse pedras litográficas, por ser empregadas como pranchas para litografías, e nelas pódense atopar fósiles en excelente grao de conservación.
-
calcaria fosilífera
Rocha sedimentaria e organóxena formada pola acumulación de esqueletos de organismos mariños. Distínguense: calcarias fosilíferas biohérmicas, constituídas nunha masa de desenvolvemento fundamentalmente vertical, formada por organismos vivos tales como algas, corais, crinoideos e braquiópodos e de estrutura porosa que presenta poucos fósiles ben conservados; calcarias fosilíferas biostrómicas, formadas a partir de cunchas de animais bentónicos (como lamelibranquios, braquiópodos ou gasterópodos), sobre grandes fondos planos; e calcarias fosilíferas peláxicas, formadas por acumulación das pequenas cubertas calcarias de animais planctónicos, e que constitúen un bo soporte para unha fosilización estruturalmente moi precisa de organismos maiores.
-
calcaria pisolítica
-
-
Esponxa da clase das calcarias.
-
Clase de esponxas mariñas de ata 10 cm de altura, con representantes do tipo ascon, sicon e leucon, con espículas de carbonato cálcico aciculares ou con tres ou catro radios. Aínda que normalmente son de cores apagadas, algunhas especies presentan aparencia amarela intensa, vermella ou violeta. Son representativos desta clase os xéneros Sycon, Leucosolenia e Grantia.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forno ao aire libre, en forma de fosa circular, usado para a extracción de xofre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zapateiro’.
-
-
Producir artificialmente carbonatos de cal.
-
Fixarse sales de calcio nun tecido orgánico: con carácter normal, no caso do depósito sobre a cartílaxe no proceso de formación dos ósos; ou con carácter patolóxico, no depósito sobre tecidos diferentes do óseo.
-
-
PERSOEIRO
Xornalista. Traballou como redactor do periódico coruñés El Ciudadano por la Constitución, editado entre os anos 1812-1815. Por mor das súas ideas e actividades liberais, entre elas a súa disputa coa Inquisición, tivo que emigrar en diversas ocasións. Estableceuse en Londres en 1823 onde creou unha imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Caracterizar a alguén ou a algo cunha determinada calidade ou característica.
-
Avaliar ou determinar as calidades ou perfección de algo ou alguén segundo uns baremos determinados.
-
Presentar o escrito de cualificación nun proceso penal.
-
Superar unha proba eliminatoria que permite pasar á seguinte nunha competición estruturada en distintas fases.
-
-
GALICIA
Actor e director teatral. Comezou a súa actividade no grupo de teatro da Universidade Laboral da Coruña no ano 1976 e posteriormente participou en numerosos grupos como Danthea, Escola Dramática Galega, Ollomol Teatro Submarino, O Moucho Clerc, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Con estas compañías traballou en diversos espectáculos como Os perxuicios do tabaco, de Chejov (1976); Adeus Madelón, de Manuel Lourenzo (1987); Moleques, de Marcos Orsi (1989); O Rousinhol da Bretanha, de Quico Cadaval (1991); Historia de Neera, de Roberto Salgueiro (1990); O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (1991); Anxeliños, de Vidal Bolaño (1997); Para ser exactos, creación do grupo Ollomoltranvía (1997); Commedia (un xoguete para Goldoni) (1993) e Raíñas de pedra (1994), ambas as dúas de Cándido Pazó; tamén participou na representación de Clownfutbol...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e xurista. Foi un dos fundadores do Instituto de Dereito Internacional de Gant (1873). Publicou Derecho internacional teórico y práctico (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor. Formado dun xeito autodidacta, aprendeu a tocar o bombardino e case que todos os instrumentos bandísticos. Realizou un destacado traballo no eido das bandas populares de Galicia, dirixiu a banda da súa vila (1926-1949) e algunhas outras, entre as que cómpre citar as de Viveiro, Monterroso, Ordes, Padrón e Cuntis. Compuxo máis de 200 pezas musicais para banda que foron catalogadas e editadas, e realizou un labor moi importante nos arranxos musicais. Estivo preso no lazareto de San Simón durante vinte e dous meses. A súa derradeira composición foi Noches del Santo Cristo, obra de concerto conservada manuscrita no arquivo da banda de música de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña con bolsas do concello, da deputación e da Caixa de Aforros. Posteriormente se trasladou a Madrid, foi discípulo de José María López Mezquita e formou parte da escola de paisaxistas do Paular (Madrid). Destaca pola súa temática paisaxística, na que interpreta a realidade cunha estética abstracta marcada pola xeometrización das formas e as manchas de cor. Exerceu como auxiliar nos talleres de restauración do Museo del Prado. Na exposición rexional de Ferrol de 1934 recibiu a segunda medalla pola obra La dama de la mantilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e de-señador. Director xerente da empresa téxtil Caramelo S A. Comezou a súa andaina profesional en 1969 na empresa que fundaran na Coruña o seu tío José Antonio Caramelo e Luis Gestal, e da que se fixo cargo á morte do primeiro. O seu estilo baséase na innovación e na forte personalidade dos seus deseños, modernos e cosmopolitas. A principios dos anos oitenta, a súa firma pasou a integrarse no sector da moda galega. Foi un dos promotores dos desfiles de Luada, celebrados en diversas cidades galegas, e participante, en representación de Caramelo, no Salón Gaudí de Barcelona, na Pasarela Cibeles de Madrid, e en numerosas mostras internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Herbácea perenne do xénero Primula. De ata 30 cm de altura, presenta pelos glandulares, follas ovadas na base, flores con cáliz tubular de cinco dentes, corola con tubo longo cilíndrico de pétalos amarelos ou brancos, normalmente heteroestílicas, e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies: P. elatior, de flores en umbela e froito máis longo ca o cáliz, que se atopa nos prados e bosques de montaña do sueste do país; P. veris, de flores en umbela e froito máis curto ca o cáliz, propia dos prados e bosques abertos da metade norte; e P. vulgaris, de flores independentes dende o centro da roseta, común en lugares húmidos e sombrizos de toda Galicia.
-
Centola macho.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Xeografía e Historia. Colaborador na prensa e en diversas revistas literarias como Dorna ou Luzes de Galiza, comezou a súa traxectoria literaria cos poemarios O esculpido sorriso dos teus beizos (1984) e Da túa ausencia (1991), Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Celanova 1989; posteriormente publicou Estación Sur (1994), Premio de Poesía Cidade de Ourense 1992; A valga triste do amor, I Premio Johan Carballeira 1996, e Aínda soñas con piratas (1999). Como narrador escribiu Historias de Monterrei (1988), Premio Ourense de Contos para a Mocidade, reeditado e aumentado en 1995 co título Loias, lucérnulas, e outras historias no fío de Monterrey; O infortunio da soidade (Premio Xerais de Novela, 1992); Un xogo de apócrifos (1997), Premio Torrente Ballester 1996 e Premio Nacional da Crítica en Lingua Galega 1998; Estado Permanente de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Coñecido como Carlos Cano, da súa produción discográfica destacan: A duras penas (1975), A la luz de los cantares (1976), Crónicas granadinas (1978), De la luna y el sol (1980), El gallo de Morón (1981), Si estuvieran abiertas todas las puertas (1983), Cuaderno de coplas (1985), A través del olvido (1986), Quédate con la copla (1987), Luna de abril (1988), Ritmo de vida (1989), En directo (1990), Mestizo (1992), Forma de ser (1994), Algo especial (1994) e El color de la vida (1996), entre outros títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Rita Hayworth, a súa carreira, iniciada en 1935, acadou o seu punto culminante con Gilda (1946), ao lado de Glenn Ford. Dende aquela converteuse nun dos mitos eróticos da posguerra. Protagonizou tamén Only Angels Have Wings (Só os anxos teñen ás, 1939), Blood and Sand (Sangue e area, 1941), The Lady from Shanghai (A dama de Xangai, 1947), dirixida por Orson Welles, e Separate tables (Mesas separadas, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Experto en gastronomía e colaborador habitual nas revistas Club de Gourmets, Sobremesa e Gran Reserva. Crítico gastrónomo do xornal El País, é autor de diversos libros, entre eles, Manual del pescado, Mil pares de huevos, Pícaros, ollas, inquisidores y monjas ou Comer en Andalucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha caprificación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza inferior e máis grosa das dúas que compoñen a entena que mira cara á proa.
-
-
-
Parte anterior da cabeza do ser humano constituída por un macizo óseo recuberto por abundantes grupos musculares e partes brandas. Pola parte superior está intimamente unida ao cranio, e pola parte inferior e posterior limita coa rexión superior do pescozo. Os ósos da rexión superior están afirmados no cranio e, a excepción do vómer, situado na liña mediana, son pares e en disposición simétrica: o maxilar superior, o pómulo, os ungües, o corneto inferior, o nasal e o palatino. A rexión inferior está constituída por un único óso: o maxilar inferior, móbil, que se une co cranio mediante a articulación temporomaxilar. Os ósos da cara forman cos da base do cranio as cavidades orbitarias, as nasais e a bucal, onde se aloxan, respectivamente, o globo ocular, a mucosa pituitaria e a lingua coas terminacións gustativas. Os músculos da cara contribúen á abertura e á oclusión dos orificios faciais, á mastigación e á expresión mímica. Na fronte está o frontal; ao redor das pálpebras, o orbicular das...
-
Parte anterior da cabeza dalgúns animais.
-
-
Conxunto das faccións e a expresión natural que presenta a cara dunha persoa.
-
-
Ter ou pór un xesto que denota un estado anímico.
-
Aspecto que nos informa sobre o estado de ánimo ou de saúde dunha persoa.
-
Maneira cambiante e finxida do comportamento que unha persoa ten na súa relación cos demais.
-
-
-
Aspecto ou maneira en que se presenta algo e que produce unha determinada impresión.
-
...
-
-
-
-
-
Parte anterior da cabeza do ser humano constituída por un macizo óseo recuberto por abundantes grupos musculares e partes brandas. Pola parte superior está intimamente unida ao cranio, e pola parte inferior e posterior limita coa rexión superior do pescozo. Os ósos da rexión superior están afirmados no cranio e, a excepción do vómer, situado na liña mediana, son pares e en disposición simétrica: o maxilar superior, o pómulo, os ungües, o corneto inferior, o nasal e o palatino. A rexión inferior está constituída por un único óso: o maxilar inferior, móbil, que se une co cranio mediante a articulación temporomaxilar. Os ósos da cara forman cos da base do cranio as cavidades orbitarias, as nasais e a bucal, onde se aloxan, respectivamente, o globo ocular, a mucosa pituitaria e a lingua coas terminacións gustativas. Os músculos da cara contribúen á abertura e á oclusión dos orificios faciais, á mastigación e á expresión mímica. Na fronte está o frontal; ao redor das pálpebras, o orbicular das...
-
Parte anterior da cabeza dalgúns animais.
-
-
Conxunto das faccións e a expresión natural que presenta a cara dunha persoa.
-
-
Ter ou pór un xesto que denota un estado anímico.
-
Aspecto que nos informa sobre o estado de ánimo ou de saúde dunha persoa.
-
Maneira cambiante e finxida do comportamento que unha persoa ten na súa relación cos demais.
-
-
-
Aspecto ou maneira en que se presenta algo e que produce unha determinada impresión.
-
...
-
-