"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
GALICIA
Xurista, sociólogo e economista, fillo de Xoaquín Díaz de Rábago e Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios (1887) e director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1887-1890). Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo “Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives”. Entre os seus escritos destacan Los foros en Galicia, Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País, La industria de la pesca en Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e pintor. Licenciouse en Psicopedagoxía pola Universidade de Vigo e foi presidente da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses. Participou en mostras, tanto individuais coma colectivas, en Lugo, A Coruña e Vigo. Realizou deseños para libros e portadas de discos. Entre as súas publicacións cómpre salientar A linguaxe do cómic, O sentimento do cómic e Xogando coa música (1992-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Licenciado en Dereito. Presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo, foi deputado no Congreso de los Diputados na lexislatura Constituínte (1977-1979), pola Unión de Centro Democrático (UCD), e na primeira e segunda lexislaturas (1979-1986), polo Grupo Parlamentario Centrista. É autor de diversos traballos xurídicos e artigos en prensa publicados na Revista Galega de Estudios Agrarios e escribiu os volumes Dereito civil de Galicia: comentarios á lei 4-1995 (1997), Montes vecinales en mano común (1999) e División de la herencia y liquidación del régimen económico matrimonial (2001). No ámbito da toponimia publicou Comarca de Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, Páramo, Samos, Sarria, Triacastela (1992) e Toponimia de la comarca de Sarria (1998). Obtivo o Premio da Orde do Mérito Constitucional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Pablo Picasso de Artes e Oficios da Coruña. Empregou diversas fórmulas e estilos artísticos, pero na súa obra predomina o realismo. Nas súas composicións reflectiu, entre outros temas, paisaxes urbanas, bodegóns e temas taurinos. Os seus debuxos a carbón, entre os que destacan Calle Tinajas (1998) e Convento de San Francisco (Betanzos), achéganse ao hiperrealismo. Realizou exposicións en Betanzos e na Coruña. Entre outras obras destacan O zume das estrelas (1998), galardoada cun accésit na Bienal Internacional Balconadas de Betanzos, Matador (1998), Serenidad (1999), Big Hat (2000),Virxe negra (2000) e Paseo e barandillas (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Cultivou a paisaxe, xénero no que destacou, o retrato e o bodegón. Realizou exposicións, entre outras cidades, en Madrid, Bilbao e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador e adestrador de baloncesto. Xogou no Estudiantes de Madrid entre 1950 e 1958, cunha breve paréntese na tempada 1952-1953, baixo a disciplina do CAVE. En 1958 fichou polo Real Madrid, co que se proclamou campión de liga nas tempadas 1958-1959 e 1959-1960. En 1961 marchou ao Águilas de Bilbao, equipo no que xogou para cursar os estudios de enxeñería industrial na Universidad de Deusto. Debutou coa selección española o 4 de xuño de 1952. En 1963 asumiu a dirección técnica do Águilas, ao que adestrou entre 1963 e 1965. En 1965 a federación nomeouno seleccionador nacional. Neste cargo, que desempeñou durante 27 anos consecutivos de xeito ininterrompido (318 partidos oficiais), acadou os maiores éxitos do baloncesto español: dirixiu o combinado masculino en seis Xogos Olímpicos (México 1968, Múnic 1972, Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988 e Barcelona 1992), en 5 edicións do Mundobasket e en 13 do Eurobasket. O palmarés da selección durante a súa etapa inclúe un subcampionato olímpico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cineasta. Comezou no mundo cinematográfico a principios dos anos trinta como socio do Cineclub Español, e antes da Guerra Civil filmou varias obras que lle permitiron entrar no ACAM, primeiro club de cine afeccionado de Madrid. Viviu na Coruña desde principios dos anos sesenta. Neses anos realizou unha serie de obras que o converteron nun dos cineastas afeccionados máis destacados. Dos seus filmes, cargados de ironía, sobresaen Sever Odnum (1964), El jurado (1965), El cine amateur (1965), filme polo que obtivo varios premios, El festival (1967), Al Nasr Altair (1969) ou Los Suevos (1974). Outros aspectos da súa obra son, por unha parte, a sonorización de filmes clásicos do cine mudo da súa filmoteca doméstica para logo difundilos entre os seus discípulos, como M. Castelo ou X. F. Villaverde, e, por outra parte, sonorizacións nas que introduciu cambios substanciais, como a dos rótulos orixinais adaptándoos ás circunstancias sociopolíticas. Proba disto último é a súa obra Nosferaru o el manuscrito...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e gravador. Neumólogo de profesión, pertence ao colectivo de gravadores Grupo Graph de Vigo e ao Taller Experimental de Gráfica de Vigo. Mostrou a súa obra en numerosos certames, dentro e fóra de España, dos que se poden destacar as seguintes: Premio de Gravado Máximo Ramos de Ferrol (2001, 1999); Bienal Internacional de Gravado Caixanova (Ourense, 2000); Feria de Arte Internacional Puro Arte de Minas (Uruguay, 2005); Exhibition XIV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira (Portugal, 2007); 5th KIWA Exhibition, Kyoto International Woodprinte Association en Kyoto (Xapón, 2007); 6th Lessedra World Art Print Annual en Sofia (Bulgaria, 2007); Salón Internacional Estampa 2006 e 2007; e The Biennal International Miniature Print Exhibition de Vancouver (Canadá, 2007 e 2008). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Biblioteca Nacional de Madrid, na Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, Fundación Antonio Pérez de Cuenca, Museum of...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e humorista. Licenciado en Filoloxía Inglesa, exerce como profesor de ensino secundario en Navia de Suarna. Colaborou nas revistas Plis-Plas, Tempos Novos, Sapoconcho, Ideas e BD Banda, e no xornal La Voz de Galicia, tanto no suplemento de humor Xatentendo.com como na colección Relatos de Verán. Ademais, na revista para nenos Golfiño, publicou na sección de pasatempos “O Zooxogo” e “A viaxe no Tempo”, no apartado de cómic “Luzbell, historias do demo-bombilla” e na sección de arte “A páxina de MOS”. Ilustrador do CD-ROM didáctico Coas raíces no chan, elaborou debuxos para os libros Métodos estatísticos e numéricos (2000), Apúntate aos dereitos humanos (2000) e Todo vai na natureza (2001). Participou nunha mostra realizada na sala de exposicións do Edificio Liceo de Betanzos (1998) e en dúas conxuntas do Museo do Humor de Fene (2000 e 2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano. Vicedirector do xornal El Eco Franciscano e director da revista Ciencia y Virtud. Director das escolas franciscanas de Afonso XIII en Tánxer, publicou, entre outras obras, Compendio de la geografía físico-política de Marruecos (1912) e Historia de Tánger durante la dominación portuguesa (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Entre as súas obras destacan un incensario realizado para a igrexa de Santa María de Galdo (Viveiro, 1596), unha cruz procesional para a igrexa de San Pedro de Miñotos (Ourol, 1600) e unha cruz coa flor de lis para Santa María de Ourol (Ourol, 1602).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de cantería. Por encargo de Álvaro de Oca e Sarmiento, señor da fortaleza de Celme, traballou na fachada e nas obras de restauración do pazo dos Oca Valadares na rúa Nova de Ourense (1583-1584). En 1584 realizou os arcos baixos do claustro do convento de Santo Antonio de Padua de Monforte de Lemos. En 1592 fixo, por encargo de Xoán Novoa, arcediago de Baroncelle, as cubertas de mármore dos sepulcros da capela de Nosa Señora do Rosario da catedral de Ourense e dúas figuras de xeonllos, unha dun cabaleiro e outra dun sacerdote, feitas tamén en mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, xornalista e político. Como membro do batallón de infantería do Comercio, no grao de privado do xeneral Carlos De Alvear, encargouse da redacción do xornal El Sol de las Provincias Unidas. Foi ministro en diversas ocasións e presidente do Consello de Estado. Dende 1823, dirixiu La Aurora e codirixiu, xunto a Santiago Vázquez e J. F. Giró, El Aguacero. Entre 1825 e 1827 dirixiu El Piloto e dous anos máis tarde, unha vez establecido en Montevideo, El Universal. Fundador de La Aurora e El Correo Nacional, dirixiu tamén El Defensor de la Independencia Americana. Postumamente, publicouse, entre 1877 e 1878, en doce tomos a súa obra Historia política y militar de las Repúblicas del Plata (1828-1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Mestre da catedral de Sevilla (1714), optou pola ornamentación lineal fronte á exhuberancia barroca. Entre as súas obras destacan as igrexas da Santísima Trinidad de Carmona (1721) e de Umbrete (1725-1733).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Relacionado inicialmente co federalismo, dirixiu a partir de agosto de 1882 o semanario anarquista El Hijo del Trabajo de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto orgánico constituído por dous compostos de nitróxeno unidos.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dirixiu a revista Germinal -na que publicaron, entre outros, Salmerón, Benavente, Baroja, Azorín e Valle-Inclán-, e colaborou en diversos xornais de ideoloxía liberal como El País ou El Liberal. En 1889, xunto con Ruperto Chapí, fundou a Sociedad de Autores. Actualizou a tradición do melodrama de costumes populares mediante a incorporación dun tratamento innovador da cuestión social. Da súa produción destacan El suicidio de Werther (1888), Los irresponsables (1890), Luciano (1894), Juan José (1895), El señor feudal (1896), El tío Gervasio (1899), Aurora (1902), Amor de artistas (1906), Daniel (1907), El crimen de ayer (1908) e Sobrevivirse (1913). Ademais, escribiu libretos de zarzuela como Curro Vargas (1898), xunto con Manuel Paso e música de Ruperto Chapí, Raimundo Lulio (1903), drama lírico en tres actos e un epílogo musicado por Ricardo Villa, e Entre rocas (1908), zarzuela musicada tamén por Chapí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que contén dous grupos carbonilo cetónicos na molécula. Son líquidos de color amarela, volátiles e de olor irritante. As súas propiedades dependen da posición recíproca dos dous carbonilos. As que teñen os dous grupos separados por un átomo de carbono empréganse como reactivos de extracción.
-
-
Relativo ou pertencente aos dicinodontos.
-
Réptil da suborde dos dicinidontos.
-
Suborde de réptiles terápsidos herbívoros que apareceron a finais do Pérmico e sobreviviron ata o final do Triásico. A clave da súa pervivencia está no modelo avanzado de cranio no que as aberturas sinápsidas que o caracterizan, apuntando o futuro esquema dos mamíferos, se alongaron para facer sitio a uns músculos mandibulares máis longos e fortes. A esta suborde pertencen os xéneros Cistecephalus, Dicynodon, Kannemeyeria, Lystrosaurus e Robertia.
-