"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xénero de mamíferos marsupiais herbívoros, de ata 3 m de lonxitude, provistos de patas plantígradas, propios do Pleistoceno. Os xacementos máis importantes están no S de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao elemento lingüístico que presenta unha flexión con unicamente dous casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vai en liña recta ou que segue a mesma dirección durante o seu curso.

      1. Que non presenta interrupcións nin se desvía.

      2. Aplícase ao transporte de pasaxeiros, especialmente o tren, que vai cara a un sitio sen facer paradas intermedias ou parando só nas estacións máis importantes.

      3. Serie de graos de parentesco entre persoas que descenden unhas das outras.

      1. Que se fai sen intermediarios ou sen a intervención doutras persoas.

      2. Aplícase á marcha que se transmite á árbore secundaria coa mesma velocidade da primeira. Tamén se denomina marcha directa.

      1. Aplícase ás persoas que falan sen rodeos e afrontando as situacións abertamente.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. director técnico/deportivo

      Persoa que planifica e supervisa o desenvolvemento das actividades deportivas dun club. O seu labor fundamental é coordinar o traballo dos adestradores das diferentes categorías e presentarlle aos membros do consello de administración ou da xunta directiva as súas propostas para a elaboración dos cadros de xogadores dos equipos, despois de analizar e, se o considera oportuno, consultar cos adestradores as súas necesidades, en función das tácticas de xogo que desexan empregar e as esixencias das competicións que deben afrontar.

    2. director xeral

      Representante da administración xeral do Estado que exerce a xefatura dun dos centros directivos nos que se divide un departamento ministerial. En España noméanse e césanse por Real Decreto do Consello de Ministros a proposta do ministro correspondente. Entre as súas funcións, destacan as de propoñer proxectos da súa dirección xeral para acadar os obxectivos previstos, dirixir a súa execución e controlar o seu cumprimento. Nas empresas privadas existe unha figura homóloga con funcións similares no relativo aos seus asuntos.

    3. Persoa que dirixe, goberna ou manda nunha empresa, institución ou club.

    4. Cada un dos cinco membros do Directorio.

    5. director artístico

      Persoa que dirixe unha produción cinematográfica en diversos aspectos. Encárgase, principalmente, da adaptación do guión, o control da fotografía, a dirección dos actores e a montaxe do filme.

    6. director creativo

      Responsable máximo do departamento de creatividade dunha axencia de publicidade. De entre as súas ocupacións destacan as de facer cumprir os prazos acordados dentro dos obxectivos do plan xeral da campaña, supervisar os traballos realizados polo seu equipo e facer a distribución das tarefas para cada traballo. Depende directamente do director da axencia.

    7. director de arte

      Persoa encargada, nunha axencia de publicidade, de darlle forma á mensaxe, recomendando as solucións técnicas e creativas máis apropiadas para presentala. Depende directamente do director creativo.

    8. director de compra

      Persoa que se encarga da compra de espacios nos soportes audiovisuais e impresos para a inserción de anuncios publicitarios. É o máximo responsable do departamento de medios.

    9. director de contas

      Persoa que dirixe o departamento de contas ou comercial dunha axencia de publicidade. As funcións que abrangue son o mantemento de contactos periódicos cos clientes, a supervisión de xestións diversas entre o anunciante e a axencia, e a asistencia ao cliente antes, durante e despois da realización da campaña.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que determina as condicións de xeración de algo.

    2. Que dirixe o movemento dun punto ou dunha liña, e establece deste xeito a dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao director, ao directorio ou á dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de normas ou instrucións que serven para dirixir unha materia determinada ou un negocio.

    2. Consello encargado da xerencia dunha entidade pública, asociación ou partido.

      1. Táboa de control que informa sobre a capacidade e a memoria que ocupan no ordenador os datos ou os módulos.

      2. Lista dos ficheiros do disco duro que contén diversas informacións como o nome, o inicio da táboa FAT, a hora e data de creación e outros datos de interese. Hai dous tipos: a raíz, que fai as funcións do directorio principal, e os subdirectorios.

    3. Listados de persoas, organismos, institucións ou empresas que recollen datos sobre as mesmas, como o enderezo social, o teléfono ou o seu organigrama. A organización pode ser temática, xeográfica, alfabética, etc, e son revisados e actualizados con asiduidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de goberno francés que se constituíu trala aprobación da Constitución do ano III (setembro de 1795). Esta constitución, que deu nome ao período da historia de Francia comprendido entre o 4 de brumario do ano IV (26.10.1795) e o golpe de estado de Napoleón Bonaparte do 18 de brumario do ano VIII (9.11.1799), creou unha república dirixida pola burguesía comercial. A Constitución reduciu o número de electores e dividiu o lexislativo en dúas asembleas: o Consello dos Cincocentos e o Consello dos Anciáns, que elixían o Directorio. Este representaba o poder executivo e contaba con cinco membros, elixidos por un período de cinco anos. Entre as atribucións do Directorio estaban as de nomear os ministros, dirixir a administración, a diplomacia, o exército e a policía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída na xuntanza convocada pola Sociedade de Agricultores de Teis e celebrada en Vigo o 15 de decembro de 1907, coa finalidade de coordinar a loita pola redención foral. Na xuntanza participaron as asociacións agrarias e obreiras do Partido Xudicial de Vigo e adheríronse máis de corenta sociedades do resto da provincia. Iniciaron a campaña antiforal co mitin celebrado en Vigo o 26 de xaneiro de 1908. Entre os seus obxectivos cómpre salientar: a redención forzosa, a simplificación dos trámites legais, o establecemento por parte do goberno de bancos agrícolas que financiasen as redencións e a continuación da campaña a través de mitins nas capitais provinciais. Entre os seus oradores destacaron Xacinto Crespo, Carmen Álvarez e os seus teóricos Prudencio Landín e Emilio Rodal. Este último realizou unha viaxe a Cuba en setembro de 1909 na procura de apoios entre os emigrantes galegos, da que resultou a creación do Comité Antiforal de La Habana. En 1910 estivo presente nas reunións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello militar que gobernou España provisionalmente entre setembro de 1923 e decembro de 1925, despois do golpe de estado do xeneral Miguel Primo de Rivera. Substituíuno unha ditadura civil presidida por Primo de Rivera entre 1925 e 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo decorativo característico de Francia que se desenvolveu entre o estilo Luís XVI e o estilo Imperio. Tomou o seu nome do réxime que gobernou Francia entre 1795 e 1799. Aplícase sobre todo á creación de mobles e á ourivería. Inspirouse nos motivos ornamentais gregos e exipcios e nos motivos civís, entre outros, o gorro frixio e a pica da liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de discernir.

    2. Facultade de discernir unha cousa doutra, sobre todo o que está ben do que está mal.

    3. Nomeamento xudicial que habilita a alguén para exercer un cargo, como a tutela dun menor ou incapacitado, a vixilancia no proceso de quebra dunha sociedade, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • descoirento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fungo da subdivisión ascomicotina, que produce cogomelos en apotecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que fala ou se comporta con prudencia e reserva, sen inmiscirse nas cousas das demais persoas.

      2. Que sabe gardar os segredos.

    1. Que non destaca ou que non se fai notar.

    2. Que ten un nivel medio ou aceptable na calidade, cantidade ou importancia.

      1. Que está composto de partes separadas ou que é descontinuo.

      2. Aplícase á variable que só pode tomar un conxunto finito ou numerable de valores por oposición a unha variable continua.

      3. Aplícase a certas erupcións de grans ou pústulas que brotan separadas entre si.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que discrimina ou que implica discriminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da percepción cromática que consiste nunha cegueira parcial para as cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discours de la méthode.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen diseca, especialmente diseccións anatómicas.

    2. Analizador de imaxes antigo que foi ideado e perfeccionado por P. T. Farnsworth. Consiste na proxección das imaxes ópticas sobre un mosaico transparente fotosensible que emite electróns que, acelerados convenientemente, forman a imaxe electrónica, que se explora a través dun sistema de deflexión magnética e un ánodo fixo. A corrente de saída corresponde ao brillo da imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO