"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
-
Calidade de esférico.
-
Tipo de aberración xeométrica que se produce cando a distancia focal dun dioptro non é constante para todos os seus puntos; os raios luminosos emerxentes forman unha superficie denominada cáustica. Para reducila convén que as desviacións dos raios se distribúan igualmente en toda a superficie do dioptro.
-
-
-
Relativo ou pertencente á esfera.
-
Que ten forma de esfera.
-
Lugar xeométrico de todos os puntos do espacio equidistantes dun punto denominado centro. Pódese considerar que se xera pola revolución dun semicírculo arredor do diámetro que o limita. A ecuación da superficie esférica co centro na orixe é x2+y2+z2=r2, onde r é o radio da esfera, e a súa área, 4πr2.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á lente que ten unha cara esférica e outra cilíndrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de aluminio hidratado que se presenta en concrecións globulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula globosa do talo das rodofíceas rica en bromo e iodo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma patoxénica dos eritrocitos, que adquire unha forma esférica, moi abundante no sangue dos afectados pola esferocitose hereditaria, a drepanocitose e as anemias hemolíticas autoinmunes.
-
-
Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.
-
Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con itericia e esplenomegalia. A causa é un trastorno da membrana dos eritrocitos, que os converten en esféricos e máis pequenos. Tamén se coñece como enfermidade de Minkowski-Chauffard.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de esferoide.
-
-
Corpo de forma semellante á esfera.
-
Superficie determinada por unha elipse que xira ao redor do seu eixe menor. Tamén se coñece como elipsoide achatado.
-
Superficie determinada por unha elipse que xira ao redor do seu eixe maior. Tamén se coñece como elipsoide alongado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento usado para medir a curvatura dunha superficie esférica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bacteria ou lévedo que perdeu parcialmente a parede celular e que pasou a ser esférico debido aos cambios na permeabilidade.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Traballou en Pontevedra como enxeñeiro auxiliar de Obras Públicas (1914-1922), onde foi enxeñeiro-xefe. Entre 1934 e 1959 ocupou o posto de enxeñeiro-director do Porto de Vigo. Presentou en 1945 un Plan Xeral de Obras do Porto de Vigo que abarcou desde a zona de Guixar ata Samil e co que dividiu o porto en cinco zonas: porto comercial, de transatlánticos, pesqueiro, diques secos para a construción en Coia e o porto da Zona Franca en Alcabre. Elaborou o proxecto da Estación Marítima de Pasaxeiros. Durante o seu mandato levouse a cabo a construción da avenida de Beiramar e a creación da Zona Franca de Vigo. Ideou tamén unha nova lonxa en 1936, que foi un referente racionalista en arquitectura, e o edificio da Autoridade Portuaria. Foi trasladado a Madrid como vicepresidente da sección de Puertos do Consejo de Obras Públicas. Concedéuselle a cruz do Mérito Naval e a do Mérito Civil. Publicou “El Puerto Pesquero de Vigo” (1944) na Revista de Obras Públicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce ou presenta esporas.
-
-
Persoa que aparenta ter ou ser máis do que é.
-
Persoa pouco animosa e sen iniciativa.
-
Persoa alta, delgada e sen xeito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta ou á flor que presenta estames.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén estaño.
-
GALICIA
Escultor. Coñecido como Fernando Casás. Profesor de escultura na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Trasladouse coa súa familia a Brasil, onde comezou a pintar en 1964 á tinta e ao oleo, e en 1969 ingresou na Escola Superior de Desenho Industrial de Rio de Janeiro (ESDI/UFRJ). A súa obra representa a tensión entre home e natureza, con preponderancia da ética sobre a estética. Fuxiu do enfoque racionalista industrial e na busca de materia prima para os seus traballos percorreu as praias de Brasil. Realizou os Proxectos Idiotas (1970) con detritos dos ríos, mareas e enterramentos de troncos, e despois traballou con materiais de refugallo, mortos, inutilizables ou reciclados, entre os que destacan Molde de Formigueiro (1968) e Ciclo do Coupin (1971). En 1977 celebrou a súa primeira mostra en Rio de Janeiro e en 1978 presentou a mostra Ciclo, Reciclo, Laberinto en Santiago de Compostela, Vigo e Barcelona. En 1982 a exposición Longa noite de pedra converteuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou está cheo de estrelas.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Barreto, orixinaria dos Velho. Aínda que a familia do trobador era orixinaria da conca do Lima (Entre Douro e Minho) -de feito, aínda a comezos do s XIV os Barreto forman parte das liñaxes de infanzóns padroeiras do Mosteiro de Tibães-, estendeuse despois, mediante diversas alianzas, polo Douro medio e Trás-os-Montes, e estableceuse en Estremadura (1254 - 1264), período en que o pai do trobador, Fernão Gomes, figura na corte de Afonso III. Vinculado á corte de don Denís, este autor aparece na documentación entre 1290 e 1294; neste período confírmalle á orde do Templo unha doazón de bens que seus pais lle fixeran a esta en Abrantes e, así mesmo, testemuña a doazón do pantano de Magos que lle fai a don Denís o concelho de Santarem. Como se documenta no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, casou nesta cidade a finais do s XIII con Joana Esteves; ademais, confirma a adscrición do trobador ao último período da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, pertencente á escola lírica galego-portuguesa, natural de Elvas. Debeu compor o seu cancioneiro na primeira metade do s XIV, e como demostran tanto a súa colocación nos cancioneiros B e V como as relacións intertextuais que o vinculan a Estevan da Guarda, na corte de don Denís ou ben na dos seus fillos Afonso IV ou Pedro de Portugal, conde de Barcelos. Os apógrafos italianos atribúenlle sete cantigas: catro delas enmárcanse no código da canción de muller e as tres restantes son cantigas de amor. Nestas últimas, desenvolve os motivos da beleza da dama e da coita do trobador, como en “Ay boa dona, se Deus vos perdom” e “O ouç’eu dizer huu verv’aguys[a]do”, combinados co motivo do castigo divino que se serve da beleza da senhor como instrumento, na cantiga “A mha senhor fezo Deus por meu mal”. Cultiva e enriquece os temas característicos da canción cortés cunha sutil e rica selección de procedementos retóricos, como o emprego do refrán intercalar, presente na última das...
VER O DETALLE DO TERMO