"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
-
Acción e efecto de equilibrar ou equilibrarse.
-
Acción e efecto de anular nun corpo, como unha roda ou unha hélice, ou nun mecanismo, como un motor ou unha máquina rotatoria, a resultante das forzas centrífugas (equilibramento estático) e o seu momento resultante respecto ao eixe de rotación (equilibramento dinámico) para evitar que se produzan vibracións.
-
-
-
Facer que alguén desconfíe de algo para evitar que sexa sorprendido ou enganado.
-
Castigar ou reprender a alguén para que non volva cometer unha falta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
caramuxo.
-
-
Combate breve ou de pouca importancia sostido polas avanzadas dos exércitos.
-
Discusión ou disputa de pouca importancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soster unha escaramuza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación fotográfica da distribución dun radioisótopo administrado a un órgano do corpo pola súa emisión de raios gamma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada por Eduardo Sánchez Miño en Ferrol ao redor de 1908. Desenvolveu unha actividade moi circunstancial, debido á ausencia de apoios económicos e á incapacidade de manter os espectáculos en cartel máis aló da función única de estrea e presentación. En 1913 a compañía iniciou un programa cos espectáculos Os suores de Bastián e Por vivir n’o tren, cun repertorio que incluía espectáculos construídos cos textos dramáticos galegos do momento como A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia; Minia, A ponte, Mareiras e Escravitú, de Manuel Lugrís Freire; Filla!, de Galo Salinas; A patria do labrego, de Antón Villar Ponte; ou Terra Baixa, de A. Guimerá, traducida ao galego polo propio Villar Ponte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada pola Irmandade da Fala da Coruña para dar continuidade á experiencia desenvolvida polo Conservatorio Nazonal do Arte Galego. Dirixida por Leandro Carré Alvarellos, naceu coa vontade de continuar coa creación e exhibición de espectáculos, fundamentalmente no pequeno teatro que tiña a Irmandade nos seus locais, e coa formación de actores e actrices. En 1922 publicou un pequeno prontuario de declamación nas páxinas de A Nosa Terra. Entre 1922 e 1923 desenvolveu unha actividade considerable, que foi esmorecendo ata 1926. Os espectáculos representados neste período foron creados, na súa maioría, partindo de textos de autores galegos pertencentes ao Movemento Dramático Rexional, pois a compañía continuou á estética teatral rexionalista que viña dominando a escena galega desde a súa creación en 1882. Entre eles destacan Manuel Lugrís Freire (A ponte e Minia), Ricardo Frade (Vaites..., vaites...!), Galo Salinas Rodríguez (Sacrificio...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada na Coruña en 1978 en réxime de cooperativa por integrantes do Teatro Circo. Entre os seus obxectivos fundacionais figuraban a creación de espectáculos, a promoción de estudios, investigacións e publicacións no terreo dos estudios teatrais, e a organización de actividades de formación e divulgación ao redor do feito teatral, razón pola que no seu organigrama contemplaba tres departamentos: Dramáticas, Didácticas e Estudios Teatrais. Entre os seus fundadores estaban Francisco Pillado Mayor, Manuel Lourenzo, Rosario Barrio, Xoán Manuel López Eirís, Montserrat Modia, Agustín Vega, Anxos López Olivier, Amalia Gómez, Antón Lamapereira ou Xoán Guisán Seixas. Organizou seminarios, conferencias, recitais e moitas outras actividades. Destacou, especialmente, o traballo de investigación ao redor das festas parateatrais galegas, coordinado inicialmente por Xoán Guisán e que reuniu un importante material relativo a festas tradicionais como o Entroido, os Maios, o Nadal ou a Semana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio á creación dramática convocado en 1979 pola Escola Dramática Galega, co obxectivo de promover a aparición de novos textos dramáticos de pequena extensión que abrisen novas portas para todos aqueles que estaban interesados en facer teatro. Ao mesmo tempo, facilitáballes a escrita a autores novos que ata o momento non publicaran texto ningún e tiñan aquí a posibilidade de darse a coñecer. Dende o ano 1979 premiáronse as obras: Lenda antiga do home que quererá voar, de Constantino Rábade Castiñeira (1979); A tertulia das máscaras, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1981); A extraña señorita Lou, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1982); O pauto, de Xesús Pisón (1983); A noite das noites, de Henrique Rabuñal (1984); Auto insólito do autor, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1985); Paixón de Antía, de Antón R. Castro (1986); Como cartas a un amante, de Imma António Souto (1987); Traxicomédia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro superior de formación dos profesionais do teatro. Nestes centros danse as ensinanzas reguladas polo ministerio de Educación e Ciencia en 1990 na Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo e en 1992 por un Real Decreto que establece que esta titulación equivale, a todos os efectos, á de licenciado universitario, coa posibilidade de realizar estudios universitarios de terceiro ciclo que outorguen a titulación de doutor. As especialidades son tres: Interpretación, Dirección de escena e dramaturxia e Escenografía. Na primeira existen as opcións de interpretación textual e corporal, tanto no xénero musical coma no teatro de obxectos; mentres que na segunda son dúas: dirección de escena ou dramaturxia e estudios teatrais. Existen Escolas Superiores de Arte Dramática en Madrid, Barcelona, València, Murcia, Málaga, Córdoba, Sevilla e Las Palmas, aínda que en comunidades autónomas como Asturias, Cantabria, Aragón, Navarra, Castela e León e Extremadura existen proxectos moi avanzados para...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de escorar ou escorarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico do pulso arterial obtido co esfigmógrafo.
-
-
Imaxe ou representación gráfica que se obtén mediante un espectrógrafo.
-
Representación visual dos trazos acústicos que constitúen os sons dunha cadea fónica, observable nunha pantalla e da que se pode obter impresión en papel a partir dun soporte magnético. A dimensión horizontal desta representación mostra a progresión temporal e o eixe vertical a escala de frecuencias. Así mesmo, canto maior é a intensidade (é dicir, máis alto o son) máis escura é a mancha representada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fotografía do Sol en luz monocromática que se obtén, xeralmente, mediante un espectroheliógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Análise do esperma que consiste no estudo do número, da morfoloxía e da funcionalidade dos espermatozoides. É un dos procedementos empregados para avaliar a fertilidade masculina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico de acción bacteriostática que se obtén de cultivos de Streptomyces ambofaciens, illado en 1954. Está constituído por tres fraccións con actividade antibacteriana, a espiramicina I, II e III. Moi semellante á eritromicina, adminístrase por vía oral. Ten unha duración media no corpo de 5,5 horas. Úsase principalmente para a profilaxe de toxoplasmose.
-
-
Método que permite medir de forma precisa, mediante fotografías estereoscópicas, as particularidades e as dimensións dun obxecto. Emprégase en topografía, arquitectura, diagnose da coxalxia nos neonatos e en recoñecementos traumatolóxicos e estomatolóxicos.
-
Técnica empregada no levantamento de alzados de monumentos mediante a fotografía estereoscópica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto estereoscópico de fotografías ou debuxos, correctamente montados ou orientados para a visión estereoscópica.
-
-
Acción de estirar ou estirarse.
-
-
Operación de calibrar barras ou tubos metálicos, laminados en quente, por redución da súa sección facéndoos pasar a través dunha fileira ao mesmo tempo que se someten a un esforzo de tracción. Co estiramento, obtense unha gran precisión dimensional, un aumento do límite elástico e da resistencia á tracción, e unha diminución da estrición e da resiliencia. Xeralmente realízase en frío.
-
banco de estiramento
Máquina de estrutura pesada e robusta empregada no estiramento de barras e perfís. Consta basicamente dun cabezal, fixado ao banco, que contén unha ou máis fileiras que determinan as dimensións da peza estirada ao pasar a barra ou o perfil por elas. O carro de tracción suxeita a peza cunhas mordazas e, mediante a forza que lle comunica un rotor, estíraa e obrígaa a pasar pola fileira mentres se despraza ao longo do banco.
-
-