"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
uperización.
-
-
Depresión no centro dun elemento dérmico ou dun órgano interno.
-
Produción dunha umbilicación.
-
-
-
-
Acción e efecto de unxir.
-
Acción que consiste en unxir con aceite persoas ou cousas, para separalas do uso profano e conseguir que sexan penetradas pola forza divina. Hai uncións no bautismo, a confirmación, a ordenación de presbíteros e bispos, a unción dos enfermos, a bendición de reis e raíñas, a dedicación das igrexas, a consagración dos altares, do cáliz e a patena e a bendición das campás.
-
-
-
Graza do Espírito Santo que move a alma á perfección.
-
Devoción e recollemento co que se fai unha cousa, sobre todo de carácter relixioso.
-
-
Rito das igrexas cristiás, que consiste en unxir os diferentes órganos dos sentidos dos enfermos, ou algunhas partes do corpo, acompañando a acción cunhas pregarias que imploran o alivio da enfermidade e a remisión dos pecados. Durante moito tempo foi considerado como o rito preparatorio da morte (extremaunción), aínda que o Concilio Vaticano II tentou recuperar o seu carácter de sacramento da enfermidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido que xurdiu en 1966 da escisión da Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA) como un organismo armado destinado á loita contra o colonialismo portugués en Angola. Despois da independencia do país, pasou a facer oposición armada ao Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA). Liderado por Jonas Malheiro Savimbi, á súa morte (2002) abandonou a loita armada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que só ten un sentido de desprazamento.
-
-
Acción e efecto de unificar ou unificarse.
-
Cada unha das teorías que intentan describir mediante o formalismo dun único campo de galga todas as interaccións experimentadas polas partículas. Xurdiron seguindo o camiño iniciado pola unificación electrodébil, ideada por S. Weinberg e A. Salam.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de uniformar ou uniformarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de academias de máis de trinta países creada en 1919 con sede en Bruxelas, que leva a cabo obras colectivas referentes ás ciencias filolóxicas, arqueolóxicas e históricas, e ás ciencias morais, políticas e sociais. Baixo a súa iniciativa realizouse o Corpus Vasorum Antiquorum, o Corpus Philosophorum Medii Avei ou as Fontes Historiae Africanae.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional destinada a promover e favorecer a colaboración internacional no campo da astronomía. Creada en Bruxelas (1919), conta con miles de científicos afiliados de 45 estados. Edita unha publicación que inclúe os asuntos tratados nas asembleas xerais. Patrocina servizos, como o da hora, e coordina traballos, como o mapa topográfico do ceo ou a vixilancia do Sol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional que reúne sociedades científicas de varios países relacionadas coa bioquímica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional que agrupa asociacións de investigación e estudos bromatolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1919 para continuar os traballos da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. Ten como obxectivos o fomento da cooperación entre os químicos dos estados membro, o estudo de temas relacionados coa química de interese internacional onde faga falla regulación, a estandarización ou codificación e a contribución ao desenvolvemento da química pura e aplicada en todos os seus aspectos. Os seus órganos de expresión son o Journal of Pure and Applied Chemistry e o Chemistry International.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1932 en Madrid pola fusión da Unión Telegráfica Internacional e a Unión Radiotelegráfica Internacional, creadas en 1865 e en 1906, respectivamente. Depende da ONU desde 1947. Ten a súa sede central en Xenebra, e inclúe un comité permanente, o International Frequency Registration Board (IFRB), encargado de asignar as frecuencias para as estacións. As normas técnicas son revisadas cada catro anos polo Comité Consultivo Internacional das Radiocomunicacións (CCIR) e polo Comité Consultivo Internacional Telegráfico e Telefónico (CCITT).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo independente creado en 1956 coa finalidade de impedir o exterminio de especies ameazadas de extinción, racionalizar a xestión do medio e a preservación das zonas en parques naturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política española de carácter rexeneracionista liderada por Joaquín Costa, Basilio Paraíso e Santiago Alba. O programa político, definido nunha reunión celebrada en Zaragoza en 1898, tiña por obxectivo a loita contra a burocracia estatal e en favor das clases mercantís produtivas. Malia un pequeno éxito inicial, o movemento fracasou e a organización disolveuse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1977. Subtitulada “Boletín informativo de U.N.E y J.U.N.E en La Coruña” e dirixida por A. Pedreira, funcionou como voceiro na Unión Nacional Española, de tendencia ultraconservadora. Incluíu informacións xerais, deportes, tauromaquia, música, touros e fragmentos de publicacións afíns como ABC, El Alcázar ou El Pensamiento de Navarra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1923 por Richard Coudenhove-Kalerg. Manifestou como principio básico a consecución da unidade de Europa en liberdade, dereito e paz, así como a defensa dos seus intereses e ideais no mundo, garantindo o futuro dos seus pobos. É unha organización independente e apolítica, supranacional e suprapartidista que está representada en 27 países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Holding radiofónico constituído en 1993 polo Grupo Prisa a partir das emisoras da Cadena SER, Antena 3 Radio e outras adquiridas baixo concesión ou acordos económicos, que agrupa un total de 434 emisoras. A SER foi a matriz do grupo, adquirida progresivamente polo Grupo Prisa a partir de 1983 ata chegar a controlala (1992). Ese mesmo ano entrou no accionariado de Antena 3 Radio e beneficiouse da concesión de novas frecuencias (1989). A sociedade quedou constituída pola Cadena SER e as radiofórmulas Cadena 40, Cadena Dial (1984), Máxima FM (1992), M80 (1993) e Radiolé (1994), con máis de dez millóns de oíntes (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación internacional de xeógrafos fundada en Bruxelas en 1922 para o estudo dos principais problemas de dominio xeográfico. O primeiro congreso realizouse en Anveres en 1871, e desde entón organiza cada catro anos un congreso internacional de xeografía, e cada dous anos intermedios organiza conferencias rexionais.
-
-
Acción de universalizar.
-
Cousa universalizada.
-