"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Tratamento de esterilización do leite que consiste en quentalo a 50° C en baleiro, para eliminar gases, quentalo a 70° C e inxectarlle vapor a presión ata chegar a 150° C durante algúns segundos, e despois arrefrialo e eliminarlle a auga que se lle engadiu por acción do baleiro. Na práctica conséguese un leite tecnicamente estéril, cuns caracteres sensoriais e nutritivos moi pouco alterados. OBS: Tamén se denomina ultrapasteurización e UHT (Ultra High Temperature).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de urbanizar.

    2. Crecemento acelerado das cidades en poboación e en superficie e na expansión dos modos de vida urbanos. Aínda que aparece en fases históricas diversas, a explosión urbana contemporánea é un dos elementos da revolución demográfica que, nas áreas de culturas europeas, vai ligada á Revolución Industrial. Produciuse tamén unha ruptura, que modificou cualitativamente a paisaxe urbana e a circundante, estendendo os sectores económicos secundario e terciario e relegando o primario a posicións marxinais. A comezos do s XIX só Londres e París, de entre todas as cidades do mundo, superaban o medio millón de habitantes; Nápoles, Moscova e Ōsaka tiñan máis de 250.000; e Madrid, Roma, Palermo, Milán, Venecia, Petrogrado, Berlín, Hamburgo, Viena, Marsella e Barcelona e algunhas outras cidades europeas, entre 100.000 e 250.000. O s XIX foi o gran século da urbanización para Europa Occidental, por primeira vez a poboación das cidades medrou máis rápido ca a do campo dunha maneira regular. O derradeiro...

      1. Terreo delimitado artificialmente onde se fan as operacións necesarias (trazado de rúas, sumidoiros, rede eléctrica) para poder edificar nel un núcleo de poboación.

      2. Poboado ou barrio establecido segundo un plano de conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación creada en Lugo, entre outras persoas, polo arquitecto Carlos Sánchez-Montaña, que ten como obxectivos a revalorización do patrimonio da cidade de Lugo, apoiada polos achados arqueolóxicos, e a rehabilitación da antiga cidade de Lucus Augusti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método terapéutico que consiste en golpear a parte enferma con estrugas.

    2. Sensación de proído como a que produce o contacto das estrugas coa pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de usurpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de utilizar.

    2. Relación entre o fluxo luminoso recibido nun plano de referencia e o fluxo emitido polas lámpadas, nun sistema de iluminación, que expresa o grao de aproveitamento do fluxo luminoso producido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Integrado na escola poética formalista, liderada por E. Pondal, participou na redacción de diferentes xornais, como La Fidelidad, Revista Gallega e El Tribuno, especialmente con artigos de carácter histórico. Membro fundador da Real Academia Galega, participou na organización da Asociación Regionalista e das Irmandades da Fala. No apartado creativo, traduciu ao galego as Odas (1897) de Anacreonte e o libro VI (1897) da Eneida de Virxilio; ademais, escribiu o poemario épico Os Calaicos: poema en catro cantos (1894), en que tenta imitar o estilo de Camões; Mágoas: poesías (1901), en que inclúe sonetos de estilo petrarquista; e Follas ao vento (1919); as novelas Bestas bravas (1923), onde aparecen representadas varias familias fidalgas das Mariñas; e Anxélica: novela orixinal e inédita (1925), xunto aos libros de carácter didáctico Resume da Geografía de Galicia (1897) e Resume da Historia de Galicia (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suspensión temporal dunha actividade dedicada ao descanso.

      1. Tempo que dura a suspensión dunha actividade ou traballo.

      2. Tempo de repouso concedido aos estudantes, co gallo dunha festividade ou por outras circunstancias, durante o que quedan pechadas as escolas. Establécense en tres períodos, dous curtos, correspondentes ás festas de Nadal e de Pascua, e outro longo que corresponde aos meses de calor (vacacións de verán).

    2. Dereito irrenunciable de todo traballador por conta allea a un tempo de descanso anual retribuído, non inferior a trinta días naturais, nas datas acordadas entre traballadores e empresarios. Se un traballador deixa o traballo ou é despedido sen causa xustificada antes das vacacións, ten dereito a percibir a parte correspondente en proporción ao tempo dos servizos prestados. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de vacilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de vacinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e realizador cinematográfico. En 1961 obtivo o título en dirección na Escuela Oficial de Cine de Madrid, onde foi profesor. Logo de varias curtametraxes dirixiu Miguelín (1964), un filme infantil co que obtivo o Gran Premio do xurado no Festival de Cine para a Xuventude de Cannes. Non volveu á longametraxe e dedicouse á dirección de curtametraxes e á escrita de guións ata que en 1977 decidiu dedicarse só ao seu traballo como guionista. Escribiu guións para Antonio Mercero, como a adaptación de La guerra de papá (1977) ou o guión orixinal de Espérame en el cielo (1987), así como os das series televisivas Verano Azul, Turno de oficio e Farmacia de Guardia; e para José Luis Garci, con quen iniciou a súa colaboración con El crack (1980), e realizou case que todos os guións e adaptacións dos filmes do director, como Ninette (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Plácido, a súa poesía estivo moi influída polo romanticismo español e foi recollida no volume titulado Poesías Completas (1886), con 210 composicións inéditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao NO da capital provincial (6.950 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul romano, sobriño de Publio Valerio Publícola. Participou no derrocamento dos decénviros. Nomeado cónsul (449), debeu ditar leis (Valeriae Horatiae) contra o poder dos no­bres e que obrigaban a facer o plebiscito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de validar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral constituída en Ourense en 1967, a partir do Teatro Juvenil de Ourense (1962), baixo a dirección de Segundo Alvarado. Representaron Antígona (1967), Edipo abandonado (1969) e Don Hamlet (1970), entremeses cervantinos e pezas curtas. En 1970 unha parte dos actores constituíron Histrión-70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída en Santiago de Compostela en 1997. Ten como obxectivos principais a difusión e o estudo da vida e da obra de Ramón Mª del Valle-Inclán. Promovida (1989-1997) por Alexandre Allegue Otero, foi declarada de interese cultural (1997) e galego (1999). Organizan anualmente un congreso internacional, así como xornadas para dar a coñecer a figura do literato. Edita a revista Bradomín e convoca os Premios Literarios Xuvenís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de valorar ou valorarse.

    2. Técnica de análise química cuantitativa que se emprega para determinar a concentración dunha substancia en disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de valorizar ou valorizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso do estado líquido ao estado gasoso. Segundo as condicións en que ten lugar a vaporización dun líquido denomínase evaporación ou ebulición. A calor de vaporización é a calor necesaria para converter en gas un gramo ou un quilogramo dunha substancia líquida determinada, para a auga a 100°C vale 539,55 cal/g.

    VER O DETALLE DO TERMO