"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e actriz francesa. Dirixiu principalmente comedias, Sac de noeuds (Saco de nós, 1985) con Isabelle Huppert, e algún filme fantástico como Ma vie est un enfer (A miña vida é un inferno, 1991), coa participación de Daniel Auteil. A película Gazon maudit (Herba maldita, 1994) foi un dos maiores éxitos do cine francés nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sinólogo húngaro, emigrado a París. Os seus estudios sobre a sociedade chinesa centráronse na permanencia do mandarinato, a estrutura burocrática do réxime imperial e as formas de protesta social.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sultán turco de Deli (1266-1287). Chegou ao poder ao se impoñer a un grupo formado polos máis importantes príncipes de Bengala e do Punxab. Foi un gobernante despótico e conseguiu deter a expansión dos mongois cara á India.
-
PERSOEIRO
Histólogo e embriólogo. Foi profesor de Embrioloxía Comparada no Collège de France. Descubriu os cromosomas politénicos nas células das glándulas salivais das larvas de Chironomus.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Barítono. Iniciou na Coruña a súa formación e continuouna na Escuela Superior de Canto de Madrid (1984). Bolseiro pola ACSE, asistiu ao primeiro curso de Interpretación da Música Contemporánea onde traballou as técnicas vocais de vangarda. Ofreceu o seu primeiro recital acompañado ao piano por Maximino Zumalave (1983). A partir de 1986 realiza gravacións para Radio Nacional de España, Radio 2 e TVE. Ademais de participar nas temporadas de ópera (Madrid, A Coruña, Oviedo, entre outras), xunto a figuras da lírica mundial como Alfredo Kraus, Renata Scotto, Teresa Berganza ou Plácido Domingo, interpretou o papel protagonista na estrea da ópera El Secreto Enamorado, de Manuel Balboa e Ana Rossetti (1993) e foi solista no Concerto de Fin de Ano da Orquestra Sinfónica de Galicia (1998). En 1999, baixo a dirección de James Ross, interpretou os Rückert Lieder de Gustav Mahler.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e crítico musical. Como crítico, centrou a súa investigación no teatro musical de Occidente e na historia da música española e galega, tema sobre o que publicou a obra 150 anos de música galega (1979), en colaboración con X. M. Carreira. Como compositor, desenvolveu a súa actividade tanto na música de concerto como na escénica e cinematográfica. A súa obra instrumental foi dirixida por mestres de sona internacional, como Helmut Rilling, José Luis Temes ou Maximino Zumalave. Recibiu o Premio Fundación Guerrero pola ópera de cámara Romeo o la memoria del viento (1988), baseada en textos propios e de Álvaro Cunqueiro.
VER O DETALLE DO TERMO
Da súa produción cómpre sinalar: Invención del día (1990), para piano e orquestra de corda; Dous poemas dramáticos (1992), para soprano e piano, con textos... -
GALICIA
Deseñador gráfico de formación autodidacta e restaurador no Museo Provincial de Lugo. Como deseñador, confeccionou diversos murais e carteis. Non obstante, a súa obra máis coñecida son as ilustracións realizadas para libros, entre os que cómpre destacar Muxicas no espello (1971), Das cousas de Ramón Lamote (1985), Lembranza nova de vellos mesteres (1988), Servando I rei do mundo enteiro (1990), de Paco Martín; Lar (1973), de Neira Vilas; Artusa (1989), de Lois Diéguez; Chirlo Merlo na figueira (1990) e Cinco poemas, de Darío Xohán Cabana; Tabernarios (1992), de Antón Grande e Polavila na Pontenova, de María Ofelia Carnero Vázquez. Tamén traballou a pintura e o esmalte sobre metal, e realizou diversas exposicións en Lugo, Oviedo, León e A Coruña. En 1974,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
A máis oriental das tres penínsulas meridionais de Europa, ocupada polos estados de Albania, Grecia, Bulgaria, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina, Iugoslavia, Macedonia e o territorio europeo de Turquía. O seu límite setentrional está formado pola terminación oriental dos Alpes centrais, a planicie húngara e a cunca do Danubio. Está rodeada polos mares Adriático, Xónico, Exeo, de Mármara e Negro. A península está constituída por un núcleo central flanqueado por serras de dobramento alpino: os Alpes Dináricos e os montes Balcáns. Os ríos da península son xeralmente curtos e teñen que franquear as montañas por desfiladeiros fondos. As costas son moi recurtadas, especialmente as dos mares Adriático, Xónico e de Mirto, bordeadas por numerosas illas. A flora da Península Balcánica é unha das máis ricas de Europa. A fauna é unha mestura de tres elementos principais: as formas mediterráneas dominan ao S e ao SO, as especies de estepa orixinarias de Asia atópanse nas terras baixas do L e no...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflitos bélicos que tiveron lugar na Península Balcánica entre 1912 e 1913, derivados dunha situación explosiva, arrastrada desde o s XIX e que tivo as súas orixes por unha banda, nos problemas do decadente Imperio Otomano e por outra, nas ambicións de Austria-Hungría, Rusia e Italia por expansionarse na península e crear zonas de influencia, fronte ás aspiracións nacionais dos pobos eslavos. En 1912, serbios e búlgaros (aspirantes a crear a Gran Serbia e a Gran Bulgaria), aliados con Grecia e Montenegro, conformaron a Primeira Liga Balcánica e declararon a guerra a Turquía, dando lugar á Primeira Guerra Balcánica (outubro 1912-marzo 1913). Turquía é derrotada e no Tratado de Londres (maio 1913) estableceuse o seguinte reparto territorial: Grecia incorporou o sur de Macedonia, Salónica e Creta; Serbia o norte de Macedonia; Bulgaria obtivo Tracia; Montenegro conseguiu unha porción do Sandžck e Albania accedeu á independencia. Pronto xurdiron desavinzas entre os vencedores que deron lugar...
-
-
Relativo ou pertencente aos Balcáns ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante dos Balcáns.
-
Conxunto de linguas que comprende esencialmente o grego moderno, o romanés, o búlgaro e o albanés. Estas linguas faladas nos Balcáns pertencen (agás o turco, introducido a partir do s XIV) á familia indoeuropea: antigamente o tracio, o ilirio, o dacio, o epirota, o grego antigo e o macedonio antigo, entre outros. Actualmente, o búlgaro, o macedonio, o serbocroata e o esloveno (eslavos), o romanés (románico) e o albanés e o grego, de difícil filiación. Segundo a evolución histórica e cultural empregouse o alfabeto cirílico (búlgaro, macedonio e serbocroata por parte dos falantes de tradición ortodoxa) ou o latino (esloveno, romanés e serbocroata, de falantes de tradición católica, e tamén no turco, que substituíu ao árabe no s XX, e no albanés moderno); o grego moderno conservou o seu propio alfabeto. A pesar da súa diversidade, existen conexións profundas entre as diversas linguas balcánicas. O feito lingüístico representado polas afinidades entre estas linguas ten un interese teórico moi...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de fragmentación dun territorio en estados máis pequenos. OBS: Esta palabra comezou a usarse despois da Segunda Guerra Mundial.
-
SERRAS
Serra de dobramento terciario da Europa sudoriental que forma parte do sistema alpino. Comeza nas costas do Mar Negro; ao longo de máis de 300 km as súas estruturas presentan unha dirección L-O, e serven de fronteira entre Bulgaria e Iugoslavia chegando ata o Danubio ao paso das Portas de Ferro, onde se enlazan cos Alpes de Transilvania. Os cumios máis altos son o Midzur (2.168 m), o Vezen (2.198 m) e o Botev (2.376 m). A rexión dos Balcáns está moi pouco poboada, agás algunhas cuncas e vales amplos apropiados para o establecemento humano. Os Balcáns son ricos en recursos minerais, deles extráese: cobre, ferro, zinc, chumbo e carbón. Son moi coñecidas tamén as súas fontes termais. Ao S dos Balcáns e paralelamente esténdense os Antibalcáns ou Sredna Gora.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Nome con que se coñece o conxunto de países da Europa sudoriental e a rexión que ocupan (rexión Balcánica).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A noción unitaria dos Balcáns non se desenvolveu ata o s XIX. O concepto de Península Balcánica, creado polo xeógrafo alemán Zeune por analoxía coas Penínsulas Ibérica e Itálica, a partir dos montes Balcáns, estendeuse ao conxunto dos territorios do S do Danubio, o Sava e o Kupa. Desde un punto de vista político abrangue os actuais estados de Albania, Bulgaria, Grecia, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina, Iugoslavia, Macedonia, a Turquía europea e tamén Romanía, debido aos seus vencellos históricos e culturais, se ben non pertence á península. É unha rexión montañosa, prolongación do sistema alpino, que está constituída polas cadeas Dináricas, os montes Balcáns, o Rodope e o Pindo, que alternan con cuncas interiores... -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os acordos asinados en 1934 e en 1954, que intentan reducir a tensión na zona. O primeiro (febreiro de 1934) é un pacto de defensa común entre Iugoslavia, Romanía, Grecia e Turquía. A alianza era demasiado débil para ofrecer unha resistencia común á invasión alemá e italiana; ademais cada estado mantiña unha actitude diferente fronte á guerra. Ao acabar a guerra firmouse un novo pacto de axuda e colaboración militar, asinado o 9 de agosto de 1954 entre Iugoslavia, Grecia e Turquía na Conferencia de Veldes. Respondía basicamente á política exterior da antiga Iugoslavia de achegamento ás potencias occidentais. Os asinantes comprometíanse a responder conxuntamente a calquera agresión feita a un deles. O pacto foi motivo de tensión entre Iugoslavia e a URSS. A reconciliación de ambos os dous estados dende 1955 deixouno sen efecto.
-
PERSOEIRO
Produtor, distribuidor, guionista e realizador cinematográfico. Coa participación dos seus irmáns Francesc Balcázar (produtor) e Jaume Jesús Balcázar (realizador), tentou, con resultados económicos irregulares, agrupar nunha soa empresa estas ramas da cinematografía. Fundou en 1951 Produciones Balcázar SA e máis tarde a produtora Filmax. Como director realizou La encrucijada (1959), Cena de matrimonios (1962), Con la muerte a la espalda (1967), Las primeras experiencias (1974) e Julieta (1983), películas das que tamén foi o guionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica. Estudou Arquitectura en Barcelona e Arte na Universidade de Iowa (1971). Deuse a coñecer entre os anos 1976 e 1979 con accións de carácter conceptual. En Nova York realizou vídeos, cine experimental, instalacións e montaxes, cunha especial preocupación pola manipulación da imaxe. Colaborou a miúdo con músicos. Ademais da súa actividade como creadora, Balcells impartiu cursos en diversos centros e universidades. É autora dunha ampla obra que lle valeu numerosos premios entre os que se atopan o Premio Visual Studies Workshop, Rochester, Nueva York, por From the Center (1982), a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (2009) ou o Premio a mejor artista da asociación Nacional MAV, Mujeres en las Artes Visuales (2010).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu filmes eróticos cun certo sadismo, algúns westerns, thrillers e películas de aventuras que o definen como moi heteroxéneo. Entre as súas obras cinematográficas destacan, Il prezzo dell’onore (O prezo da honra, 1952), La spada del Cid (A espada do Cid, 1963), Follie d’Europa (As aventuras de Europa, 1964), Preparati la bara (Preparade o féretro, 1968), L’inquilina del piano di Sopra (A inquilina do piano de Sopra, 1977) e The treasure of the four crows (O tesouro dos caro corvos, 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Galo de orixe e ferreiro de profesión como o seu contemporáneo santo Eloi, abandonou o seu oficio tras recibir a chamada divina e foi ordenado subdiácono. As coincidencias que mantén con santo Eloi fixeron que, moitas veces, as súas advocacións e padroados se confundisen. A festividade de san Baldomero celébrase o 27 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e director. Iniciou os estudios musicais no Conservatorio Superior da Coruña; posteriormente trasladouse a Madrid onde realizou Composición e Dirección de Orquestra. Director da Escola Municipal de Música de Chantada (1990-1991), dirixiu a súa Banda Municipal, a Orquestra de Cámara e a Orquestra de vento do Conservatorio de Ourense (1992-1998) e dende 1999 a Orquestra Municipal de Aguiño. Dende 1992 exerceu como profesor de Harmonía e Análise Musical no Conservatorio de Ourense. Colaborou na elaboración de libros didácticos de práctica instrumental aplicada á linguaxe musical como Entonación y Práctica Instrumental, 1995). Entre as súas composicións destacan: Comenzo (suite orquestral) e Fuxidio (para grupo de metais).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.
VER O DETALLE DO TERMO