"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

      1. Relativo ou pertecente ao ecuador.

      2. clima ecuatorial

        Clima húmido e caloroso, característico das terras proximas ao Ecuador. Caracterízase por rexistrar temperaturas elevadas, así como chuvias constantes todo o ano, sen matizacións estacionais.

    1. Telescopio que ten unha montura especial que permite medir a ascensión e a declinación recta dos astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ecuador ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ecuador.

    3. Arte desenvolvida en Ecuador. As culturas precolombinas están pouco estudiadas. Entre as primeiras manifestacións prehistóricas destaca o asentamento de Inga, ao L de Quito, datado entre o 9000 e o 5000 a C, e do que se conservan puntas de proxectil. Cara ao 8000 a C, desenvolveuse unha industria lítica na costa e, entre o 3900 e o 2300 a C, a cultura valdivia, da que destacan os poboados de Valdivia, San Pedro, Loma Alta e Real Alto, onde se localizaron enterramentos baixo o chan das vivendas. Esta cultura foi unha das primeiras de América en posuír centros cerámicos e utensilios domésticos, mesmo creou unhas figuras femininas semellantes ás venus, caracterizadas polos seus tocados. Na mesma época xurdiu no S do país a cultura de Cerro Narrío (2800 a C), representada pola cerámica decorada con finas liñas vermellas e polo traballo, entre outros materiais, da pedra, dos ósos, das cunchas e dos metais. Do período comprendido entre o 2250 e o 1320 a C consérvanse pequenas figuriñas decoradas...

    4. A obra fundamental da narrativa do s XIX é a produción de Juan Montalvo (1832-1899), con obras como Siete tratados, Las Catilinarias, Geometría moral ou Capítulos que se le olvidaron a Cervantes, nas que reflite unha preocupación política e moral. A novela do s XIX manifesta preocupacións costumistas e unha forte influencia francesa que desembocou na corrente realista. Destacan Alfredo Baquerizo Moreno (El señor Penco, 1895), J. León Mera (Cumandá o un drama entre salvajes, 1879) e Manuel J. Calle (Historia de un crimen, 1897). Coa obra Plata y bronce (1927), de Fernando Chávez, apareceu a primeira novela indixenista, corrente que seguiu posteriormente Jorge Icaza con obras como Huasipungo (1934). Esta influencia realista e indixenista tamén continuou no chamado Grupo de Guayaquil, representado, entre outros, por José de la Cuadra, Demetrio Aguilera Malta e Alfredo Pareja. Creador dunha obra exaltada e chea...

    5. A música ecuatoriana está influída notablemente pola cultura indíxena, europea e africana. Polas referencias localizadas nas crónicas e documentos históricos, pode afirmarse que tanto a música popular europea como a música africana foron introducidos polos colonizadores e polos escravos africanos. Da música indíxena anterior á etapa colonial case non quedan manifestacións, debido ao feito de que carecían dun sistema de notación, e os instrumentos empregados eran basicamente de vento e percusión (bombo, caixa, xilófono, ocarina, frauta, etc). Entre os cantos e danzas típicas destacan a guaranda, o danzante, o pasacalle, o yaraví, o albazo, o pasillo, o sanjuanito e o yumbo. Durante a etapa colonial, a música era case na súa totalidade de carácter relixioso, xa que os músicos da época mantiñan unha forte relación coa Igrexa ao ser directores de coros ou mestres de capela. Coa República agromou a música de carácter popular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, astrofísico e filósofo británico. Estudiou na Manchester University e no Trinity College de Cambridge. En 1906 nomeárono director asistente do Royal Observatory de Greenwich, e en 1913 converteuse en profesor de astronomía e filosofía experimental da Cambridge University, na que dirixiu dende 1914 o observatorio astronómico. De 1921 a 1923 presidiu a Royal Astronomical Society. Realizou estudios teóricos sobre o movemento, a estrutura interna e a evolución das estrelas, sobre o límite das masas estelares, a estrutura das estrelas ananas brancas e sobre a temperatura das rexións interiores do Sol. En 1924 enunciou a lei da masa-luminosidade, que relaciona a luminosidade dunha estrela coa súa temperatura e a presión de radiación. Recoñeceu a importancia da teoría da relatividade de Einstein, da que comprobou de xeito experimental algunhas das predicións. Tamén investigou sobre cosmoloxía e a expansión do Universo. No apartado da epistemoloxía propugnou a substitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editora creada en Barcelona en 1888. Xurdiu a partir de Ediciones Don Bosco. Especializada na publicación de libros infantís e xuvenís en castelán e catalán, convoca anualmente un premio orientado a este sector. Edita tamén libros de texto e organiza cursos de formación para educadores en España e América Latina, onde se ensinan novos métodos de aprendizaxe. Ao grupo editorial pertencen as empresas Rodeira, especializada na publicación de libros en galego, Guadiel, que edita textos para Andalucía; Marjal, que tira do prelo libros para a Comunitat Valenciana; e Giltza, para edicións en éuscaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial aparecida en Barcelona a finais do s XIX. As súas edicións enmárcanse dentro da liña do fundador do Instituto dos Irmáns Maristas, Marcelino Champagnat. Especializada na publicación de libros infantís, xuvenís e de texto, orienta os seus contidos cara a un humanismo cristián. Edita tamén a revista El Patio Escolar. Dentro do grupo editorial Edelvives inclúense as empresas Tambre, para edición de libros en galego, Baula (catalán), Alhucema (Andalucía), Ibaizabal (éuscaro) e Terra Nostra (València).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao edema.

    2. Que padece ou ten edemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Estudiou enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e, posteriormente, exerceu como profesor no mesmo centro. Destacou como investigador no tratamento da alta velocidade e do control remoto, e como inventor dun flash estroboscópico que permitía obter imaxes dun obxecto a gran velocidade cunha nitidez perfecta. Entre algunhas das súas innovacións, cómpre subliñar unha cámara provista dun flash electrónico para investigacións mariñas que empregaron Jean Cousteau, a Armada dos EE UU e numerosas expedicións científicas. Ademais, moitos dos seus inventos utilízanse para experimentos relacionados co radar, a televisión e a fotografía profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada o 17 de outubro de 1989 en Santiago de Compostela. Especializada en publicacións en lingua galega e portuguesa, conta con máis de cen títulos editados. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, atende fundamentalmente os apartados de humanidades, literatura, ciencias sociais, tecnoloxía e libros de peto. Divide as súas obras nas coleccións “Xeral”, “Vento do Sul”, “Breviarios” e “Fóra de serie”. Ademais de publicar libros de numerosos autores galegos, traduce obras pertencentes a autores estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato hidratado natural de bario e aluminio, de fórmula BaAl2Si3O10·4H2O. É de cor gris, cristaliza no sistema tetragonal e pertence ao grupo das ceolitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente electrónica, descuberta en 1883 por T. A. Edison, que ten lugar cando os electróns logran abandonar un fío ou placa metálica instalado no interior dun tubo ao baleiro, debido á enerxía cinética que acadan. Neste descubrimento baséase a electrónica moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Advertencia, orde ou decreto publicado pola autoridade coa finalidade de promulgar unha disposición, facer pública algunha resolución, dar noticia da celebración dun acto ou notificar calquera decisión.

    2. Escrito que se fai público e no que se comunica un aviso oficial.

    3. Fonte da ius honorarium consistente nas comunicacións que publicaban os maxistrados romanos ao comezar a exercer os seus cargos. Nelas daban a coñecer as directrices que seguirían na administración de xustiza e no goberno. Esta facultade lexislativa, que evolucionou no marco das constitucións imperiais, obedecía ao exercicio do imperium e do dereito dos cidadáns romanos de coñecer as normas que lles serían aplicadas. Os editos constaban de tres partes: o editum translatitium, que recollía as disposicións dos maxistrados precedentes; a pars nova, que contiña as novidades que establecía o novo maxistrado; e os edita repentina, que eran as disposicións que se engadían para atender os posibles imprevistos.

    4. Documento da Inquisición que se lía cada ano nun domingo da Coresma, nas igrexas onde existise un tribunal do Santo Oficio. Recollía de xeito detallado aqueles feitos ou ditos que os inquisidores consideraban delitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma promulgada polo emperador romano Caracalla no ano 212 na que se concedía a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio Romano e se abolía a discriminación entre os itálicos e os habitantes das provincias; tamén se coñecía como Constitutio Antoniana. Supuxo a vixencia xeral do dereito romano para todo o Imperio e derrogaba os sistemas xurídicos dos distintos pobos da Hispania. O seu obxectivo principal foi incrementar a recadación de impostos mediante un incremento do número de persoas sometidas ao rexime fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma outorgada por Vespasiano ás cidades da Península Ibérica (73-74 d C), na que lles concedía o ius latii. A concesión supuxo que os hispanos recibisen a condición de latini coloniarii, o que permitiu a integración de numerosas cidades como municipios romanos e a conversión dos membros das familias dirixentes das cidades hispánicas en cidadáns plenos. O motivo da concesión foi o agradecemento pola fidelidade dos seus habitantes en momentos políticos difíciles e os beneficios económicos que supuñan a súa integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma outorgada polos emperadores Constantino e Licinio no ano 313 d C que confirmaba o edicto de tolerancia de Sárdica e precisaba os seus termos. Supuxo a fin das persecucións contra o cristianismo, que acadou a categoría de relixión legal, polo que os seus seguidores puideron operar con liberdade e facer proselitismo. Ademais, a súa xerarquía puido acadar os mesmos privilexios xurídicos ca os membros dos cultos pagáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado entre España e os Estados Xerais dos Países Baixos o 12 de febreiro de 1577 no marco das Guerras de Flandres. Negociado por don Xoán de Austria, garantía a retirada das tropas españolas e o respecto ás liberdades e privilexios das provincias. Os Estados Xerais resistíronse a aceptar a don Xoán como gobernador e, pasado un ano, reiniciáronse as hostilidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que edita.

    2. Persoa que se encarga da edición de libros, xornais, discos ou dunha obra similar. A figura do editor como tal naceu paralela á produción de libros, co aproveitamento da tecnoloxía proporcionada pola imprenta a partir do s XV. Malia que na Antigüidade Clásica e na Idade Media se poden atopar precedentes de persoas e institucións públicas ou privadas que exercían o labor de mecenas, sufragando a produción de libros, o certo é que non foi ata o Renacemento cando xurdiu a figura do editor. Na súa orixe era un home de letras ou erudito que se encargaba de dar a coñecer unha obra inédita doutro autor ou ben proporcionaba estudios e comentarios a outra xa difundida ou publicada. Mentres en Exipto cómpre salientar a dinastía dos Ptolomeos, fundadores da biblioteca de Alexandría, en Roma destacou a figura de Tácito Marco Claudio, difusor da obra do seu antepasado, o historiador Tácito. Historicamente, a evolución do labor dos editores foi sempre proporcional aos avances que se produciron na publicación...

    3. Persoa que se encarga de revisar con criterios críticos e filolóxicos un texto para publicalo.

    4. Persoa responsable da realización e emisión dun programa televisivo ou de radio.

    5. Aplicación que permite ver na pantalla dun ordenador os contidos de determinados arquivos e modificalos ou crear outros novos se se desexa.

    6. Persoa encargada da publicación das estampas, dos gastos da súa tiraxe e da súa administración comercial. Xurdiu no Renacemento, aínda que non se consolidou ata o s XIX como un empresario capitalista que contrataba un artesán para que fixese os gravados que el lle solicitaba, sobre todo reproducións de obras de arte, por ser estas as máis rendibles economicamente. Nas estampas antigas mencionábase co termo excudit.

    7. En determinadas lexislacións, en España entre os anos 1834 e 1868, responsable do contido dos xornais políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: editorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editora Técnica Alvarellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á edición.

    2. Empresa que ten como finalidade a selección, reprodución e venda de textos, xeralmente a través da súa impresión. Xa no Exipto dos Ptolomeos e na Grecia e Roma clásicas se realizaba unha actividade editorial importante. Posiblemente, en Grecia foi onde comezou a venda ou aluguer de obras literarias, co labor realizado polos discípulos de Platón; amais, Atenas exerceu como capital literaria e centro produtor de papiros e pergameos, á que acompañou Alexandría, un dos maiores mercados de libros do mundo e posuidora da biblioteca máis importante en canto a número de libros da Antigüidade. Como mostra do avance editorial en Roma, cómpre salientar edicións de máis de 5.000 exemplares de manuscritos coloreados, un traballo pagado por patricios amantes da literatura e que realizaban escravos cunha determinada cualificación, coñecedores das letras e cunha escrita fiable e comprensible. En Oriente, concretamente en China, a consolidación do Imperio coa dinastía Ch’in, no ano 221 a C, favoreceu a...

    3. Artigo de fondo dun xornal no que se comenta un tema de actualidade. Publícase nun lugar destacado sen sinatura, porque representa o posicionamento ideolóxico e político do equipo redactor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editora establecida en Vilagarcía de Arousa o 9 de xaneiro de 1992. Fundada e dirixida por Alberto Agra Paz, céntrase fundamentalmente en publicacións relacionadas co mundo da economía e das finanzas. Edita tamén a revista Mercadocontinuo.

    VER O DETALLE DO TERMO