"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex (802-839). Exiliado na corte de Carlomagno durante o reinado de Offa de Mercia, recuperou o seu reino (802) e ampliou os seus dominios aos reinos de Kent, Cornualla e Mercia (825). Foi o primeiro monarca saxón recoñecido como soberano de toda Inglaterra (828) e cara ao 830 foi recoñecido soberano de East Anglia e Northumbria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo (732-735) e arcebispo de York (735-766). Discípulo de Beda o Venerable, foi o primeiro arcebispo da diocese. Reformou e organizou a súa arquidiocese coa introdución do sistema parroquial e fundou a escola de York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre inglés, duque de Bridgwater. Promoveu a construción das canles de Worsley a Manchester e de Manchester a Liverpool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. Despois de realizar os seus estudios na Universidade de Nashville, no colexio Delta State de Cleveland e na Universidade de Mississippi, traballou a partir de 1962 como fotógrafo independente en Memphis e Washington. Participou como investigador de vídeo en cor no Massachusetts Institute of Technology (1978-1979). Considerado como un dos fotógrafos cos mellores resultados con fotografía en cor, publicou: William Eggleston’s Guide (1976), prologado por John Szarkowski, Election Eve (1977) e Troubled Waters (1978). Das diversas exposicións sobre a súa obra, cómpre salientar a celebrada no MOMA de Nova York (1976), a titulada Graceland and the South, que tivo lugar no Art Institute de Chicago (1984), e a denominada Recent Color Photos, presentada na galería Amigos da Fotografía de Carmel (1985). En 1990 participou na IV edición da Fotobienal de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción metálica situada no Champ-de-Mars en París. Erixida por Alexandre-Gustave Eiffel e os seus colaboradores, Maurice Koechlin e Emile Nouguier, entre 1887 e 1889, con motivo da Exposición Universal deste último ano, ten unha altura de máis de 300 m, sen contar a antena instalada no seu cumio. Construída en ferro, apóiase nunha base de catro arcos que descansan sobre catro piares que, a medida que ascenden, xiran cara ao interior e se unen nun só corpo. No interior sitúanse as escaleiras e os ascensores para acceder aos tres miradores localizados a distintas alturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Fiz de Rubián (Bóveda). Ata o s XVIII pertenceu os López de Castroagudín. Na súa orixe tivo torre, solaina e capela. No s XVII houbo intentos de recuperar a torre, pero só se conservou un escudo na súa fachada coas armas dos Armesto, Losada, Quiroga, Sarmiento e Somoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial italiana fundada en 1933 por Giulio Einaudi (Turín 1912 - 1999). Presidida por Roberto Cerati, conta con máis de 8.000 títulos diferentes no seu catálogo. Publica anualmente máis de 200 novidades. A súa liña editorial céntrase na literatura italiana e estranxeira, no ensaio literario e nos libros de temática histórica, filosófica, científica e económica, ademais de clásicos antigos e contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto de rotación dun material ferromagnético, suspendido libremente do seu eixe, causado pola aplicación dun campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1954) e adquiriu o grao de doutor na Universidad Complutense de Madrid (1957). Foi profesor (1960) e catedrático (1965-2000) de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela e xestor da creación do Arquivo Histórico desta universidade (AHUS, 1969). Ao longo da súa carreira ocupouse do estudo da historia política do s XIX, da historia social, rural e económica, da demografía histórica e da historia institucional. Participou en diversos cursos, seminarios e conferencias nas universidades de Santiago, Extremadura, València, Barcelona, Coimbra, París VII, Xenebra e Belgrano de Bos Aires. Dende 1999 foi Cronista Xeral de Galicia e organizou diversos congresos e reunións, como os Coloquios Internacionais de Metodoloxía Histórica Aplicada (Universidade de Santiago, 1973, 1982, 1984 e 1989). Entre as súas monografías cómpre subliñar El partido demócrata español (1961), Estudios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. Ten dúas naves, separadas por columnas e pilastras e cuberta a dúas augas, e ábsida cuberta a catro augas. No interior destaca o retablo maior barroco (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partes nas que se divide un terreo para traballalo.

    2. Labor que se fai nos campos.

    3. Traballo que se realiza dunha soa vez e sen descansar.

    4. Falta das calidades dunha cousa.

    5. Mancha nunha planta ou nun froito que indica a presenza de fungos prexudiciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partes nas que se divide un terreo para traballalo.

    2. Labor que se fai nos campos.

    3. Traballo que se realiza dunha soa vez e sen descansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Integrouse no movemento guerrilleiro en 1936 e desenvolveu a súa actividade no NL da provincia da Coruña, na conca do río Eume, na IV Agrupación Guerrilleira liderada por José Vázquez Mauriz Patitas e Ramiro Martínez López Zapateiro. En decembro de 1946 embarcou nun pesqueiro xunto a outros vinte e un guerrilleiros e enlaces que actuaran ata ese momento no N das provincias da Coruña e Lugo. Desembarcou en Baiona e refuxiouse en Francia. O seu irmán Manuel Eive Vilar (Regüela, Cabanas? - 2.8.1946), pertenceu á mesma agrupación e morreu nun enfrontamento coa Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu durante o levantamento de 1846 un dos dous corpos do exército establecidos na asemblea do 15 de abril en Santiago de Compostela. Dirixiuse cara á Coruña baixo o mando do comandante Miguel Solís y Cuetos, que levaba como segundo a Manuel Buceta. O segundo corpo dirixiuse cara a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo guerrilleiro do estado de Chiapas (México) creado en 1969. Seguiu os ideais de Emiliano Zapata que reivindicaba terra, pan e liberdade para os indíxenas. Desde o 1 de xaneiro de 1994 reiniciou as súas actividades dirixido por unha pequena cúpula militar encabezada polo subcomandante Marcos e co apoio de todas as comunidades indíxenas. Pódense apuntar como causas desta nova sublevación: a marxinación dos grupos indíxenas, a forte presenza do racismo como elemento do ámbito cultural dos grupos sociais dominantes, unido ao agravio e a vexación das comunidades indíxenas con respecto ao seu pasado histórico, a súa resistencia secular contra os caxtlanes (brancos e mestizos) e a necesidade de tomar unha iniciativa que os sitúe de novo na historia contemporánea. Os numerosos enfrontamentos entre o exército e a guerrilla levaron ao goberno a decretar o alto o fogo (12.1.1994). Coa mediación do bispo Samuel Ruíz negociouse unha saída pacífica e asináronse o 12 de febreiro de 1996...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia anarquista aparecida na Coruña en decembro de 1991. A maior parte dos seus contidos están dedicados a grupos musicais galegos que se identifican con esa tendencia político-social. Incluíu tamén artigos sobre ecoloxismo e insubmisión, críticas ás leis e cómics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo. Durante a súa mocidade ocupou cargos gobernamentais na corte do seu parente, o rei visigodo Leovixildo. Entrou despois no mosteiro de Agalia e, posteriormente, na sé arcebispal de Toledo. Na iconografía leva vestiduras de pontífice e palio arcebispal. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster do ácido elaídico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero constituído por cadeas que forman unha rede tridimensional e que é capaz de recuperar a súa forma inicial despois de experimentar deformacións considerables baixo a acción de forzas externas. O seu módulo de elasticidade aumenta coa temperatura, ao contrario ca os plásticos ordinarios. Poden ser de orixe natural ou sintética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dunha substancia que presenta comportamento elástico e plástico ao mesmo tempo. A substancia pode presentar zonas de características elásticas e zonas de características plásticas. Preséntase, polo xeral, en corpos elásticos sometidos a unha tensión superior á establecida polo seu límite elástico.

    VER O DETALLE DO TERMO