"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Revista que saíu na Coruña en outubro de 1958. A súa periodicidade era mensual nun principio e despois pasou a ser bimensual. Figuraban como colaboradores Manuel Santaella, Xosé Luis Mariño Cea e César Martín, entre outros. Como publicación de tendencia falanxista e fascista as noticias que recollía estaban relacionadas con organizacións como Falange, a Sección Femenina, a Frente de Juventudes, a Organización Sindical, etc. As diferentes seccións que recollía eran “La vieja guardia”, “Cruz y espada”, “Noticias trascendentales” e “Doctrina”. A revista, no seu primeiro número, publicou na portada un poema de Manuel Machado titulado “Francisco Franco” xunto cunha fotografía do ditador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida probablemente da Coruña nos anos 1839-1840 e 1842-1845. Foi editada na imprenta do fillo de Pascual Arza, coñecido impresor do século XIX en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra arredor do ano 1864. Foi editada na nova compañía de impresores que formaron os irmáns Vilas, Núñez Pazos e J. Antonio Antúnez, chamada Antúnez, Vilas y Cía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Lugo a finais do século XIX. Editouse durante varios anos na imprenta de Juan Antonio Menéndez, libreiro de ideoloxía liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter oficial editada na Coruña na primeira década do século XX. Tiña periodicidade mensual. As súas informacións daban conta do estado xeral dos campos e das colleitas en Galicia e Asturias. Incluía tamén datos de producións, feiras e mercados. É significativa a sección relativa a prezos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela en 1856. Foi editada polo impresor Juan Rey Romero, o mesmo que levaba as edicións da Universidade de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín bisemanal que se publicou en Porriño (Pontevedra) dende febreiro de 1927 ata xuño ou xullo de 1928 (número 14). O seu director foi Xosé Mosquera Nocelo e a publicación, de carácter técnico, servía de voceiro de MARUCOGA. A tiraxe difundíase probablemente entre os núcleos abastecedores de gando, que eran os sindicatos católicos de gran parte de Galicia, especialmente da zona norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de tendencia liberal aparecido por primeira vez na Coruña en 1838; cesou a finais de 1841. Ten dúas épocas, na primeira o editor era Iguereta. Saía dúas veces á semana e publicaba noticias do país e estranxeiras. A segunda época iniciouse o 1 de xaneiro de 1842 para rematar a finais de decembro de 1843. Nesta etapa tiña periodicidade diaria (días laborais), contiña noticias políticas, disposicións legais, movemento mercantil, asuntos locais, sucesos nacionais e internacionais, decretos, ordes e circulares máis sobresaíntes do Goberno, extracto das sesións de Cortes, noticias populares e artigos curiosos e instrutivos. Probablemente figuraba tamén como redactor Sebastián Iguereta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña no ano 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Publicación aparecida na década dos anos 70 do s XX en Santiago, editada pola Comisión de Cultura do propio Colegio. No seu número correspondente a 1975 inclúense artigos e comentarios sobre estudios realizados por Anatole Kopp, Gordon Cullen, Mario Bussagli, Carlos Flores, Xavier Sust. Amais acompañábanse de esquemas e deseños arquitectónicos de diferentes construcións. Entre as seccións figuran: “Traduciones”, “Noticias de libros”, “Revistas recibidas en la Biblioteca del COAG” e “Adquisiciones de la Biblioteca”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter profesional aparecida en Lugo probablemente no ano 1924, e que cesou despois de 1929. De periodicidade mensual, foi impreso polos sucesores de A. Villamarín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual que xurdiu na Coruña en 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido en maio de 1983 na Coruña, baixo a dirección técnica de Manuel Hernández Sánchez. Os catro colexios médicos galegos comezaron a editar esta publicación co fin de agrupar o colectivo de aproximadamente seis mil profesionais que exercen en toda Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual aparecido en Pontevedra no ano 1927. A Deputación fíxose cargo da publicación, mentres que a impresión se realizaba no seu establecemento tipográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que viu a luz na Coruña mensualmente a partir de 1928. Ramón Fernández Cid dirixiu o Instituto e a publicación. A redacción tamén estaba composta por membros do Instituto como Rafael Fernández y Fernández, Xosé Manuel Pérez Alvarez, Xesús Mendieta y Anta, Federico Beato y González, Xosé Gimeno Nuñez e outros. No boletín afírmábase que colaboraban “todas las clases sanitarias”. Tiña apartados dedicados a “Orientaciones médico-sanitarias” ou a “Legislación”. Non obstante, este boletín destacou pola publicación de artigos, de ámbito nacional ou internacional, que incluían fotos en branco e negro, así como datos estatísticos en forma de táboas ou gráficos. Na última páxina levaba un aviso exhortando ás empresas a que se anunciasen nun medio que lle ofrecía seriedade e distinción. Na contraportada levaba impresa unha lista dos servicios que prestaba o Instituto, servicios que eran gratuítos para os pobres e que para os particulares supuñan unha taxa aprobada pola Excelentísima Deputación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín anual que apareceu en Ourense en 1943 e que cesou en 1953. A iniciativa da súa creación correspondeulle ao grupo de colaboradores do Museo Marcelo Macías, entre os que estaban Xesús Ferro Couselo, Basilio Osaba e Ruiz de Erenchun que eran, ao mesmo tempo, directores do grupo e do boletín. A Xoán Fernández Pérez concedéuselle o título de director honorario. Tamén os colaboradores pertencían na súa maioría ao grupo do museo, persoas como Arribas Arranz, Florentino L. Cuevillas, Xosé Fernández Gallego, Olga Gallego Domínguez, Xosé Puga Brau, Vicente Risco, Carlos Vázquez Rodríguez ou Xesús Taboada Chivite. Só publicaba artigos en castelán e contaba con dúas seccións que se denominaban “Crónica del museo” e “Revistas de intercambio”. Aínda que se centrou na divulgación de traballos de investigación histórica ou arqueolóxica, tamén serviu como noticiario das actividades internas e de difusión do museo. Cómpre destacar que todos os artigos estaban ilustrados con láminas, fotografías,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divulgado polo servizo de publicacións da Deputación Provincial de Lugo, apareceu en 1983. O primeiro tomo rendía homenaxe a Manuel Vázquez Seijas, director honorario perpetuo do museo, e a Luís Gómez Pacios. Nas case trescentas páxinas que ocupaba podíanse ler unha gran variedade de traballos de carácter científico ou cultural, asinados por xente como Xosé Trapero Pardo, Felipe Arias Vilas, María Elena Varela Arias ou Jaime Delgado Gómez. Incluíu seccións como “Estudos”, con traballos de fondo extensos; “Varia”, a xeito de noticiario breve; “Noticiario del museo”, que incluía estudios e descricións de pezas novas ou en revisión, e “Bibliografía”, todas cunha presentación moi coidada. No prólogo do primeiro número afirmaban que se trataba dun órgano de expresión científica e cultural, onde se trataban temas relacionados coa Arte, Historia, Numismática, Epigrafía, Arqueoloxía e Museoloxía. Outra das súas intencións era a de mellorar e ampliar o contido e a forma do seu predecesor: o Boletín...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu editada pola Xunta de Galicia en 1986, en concreto pola Consellería de Sanidade e Seguridade Social. O último número que se consultou tiña data de 1991. Tratábase dun boletín informativo que se baseaba nas enfermidades de declaración obrigatoria como a hepatite, a tuberculose ou a sida. Coa mesma, tocaba outros temas como o medio ambiente, o tabaquismo ou a drogodependencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apareceu en Santiago de Compostela ao redor de 1988. Era unha publicación da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Economía e Facenda en colaboración co Instituto Galego de Estatística. O último número que se editou data de 1991. Este boletín redactouse en galego e contou con seccións dedicadas ao “Movemento natural da poboación”, “Emprego e paro”, “Gandería e pesca”, “Transportes e comunicacións”, “Turismo, consumo e prezos”, “Finanzas” e “Bibliografía”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en xuño de 1961 en Lugo, e cesou posiblemente en 1963. Era unha revista técnica ao tempo que informativa. Publicou traballos sobre gandería, economía, enfermidades de animais e, en xeral, sobre toda clase de actividades agrarias. Contaba con catro seccións “Editorial”, “Sección legislativa”, “Sección informativa” e “Telegramas”. Na editorial afirmaban a intención de difundir novas e información diversa entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO