"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

    1. Relativo ou pertencente á consonancia.

    2. Relativo ou pertencente ás consoantes.

    3. Aplícase ao fonema que posúe as características dunha consoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema organizado de consoantes nunha lingua dada. Segundo as teorías de Jakobson, este termo designa o conxunto de oposicións consonánticas primarias (como /p/-/k/) que aparecen nas primeiras manifestacións lingüísticas de todos os falantes. Tamén se denomina consonantismo mínimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de consonantizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mudar en consoante unha vogal ou unha semivocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estar en consonancia ou formar consonancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introduce unha cláusula que indica ‘do mesmo xeito que’.

    2. De acordo con aquilo que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.

    2. Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas. É un ente autonómo que pode estar dotado de personalidade xurídica diferenciada. O seu réxime de funcionamento orgánico e financeiro determínase polos seus estatutos. Foi habitual para a colaboración das corporacións locais co Estado na xestión das contribucións territoriais rústicas, pecuarias e urbanas. Como entidade local recadadora perdeu importancia e substituíuse polos consellos territoriais da propiedade inmobiliaria e polas xerencias territoriais.

    3. Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servicios e bens públicos.

    4. Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de dereito público de carácter administrativo constituída o 28 de abril de 1992, a partir do Real Padroado da Cidade de Santiago polas administracións central (goberno da nación), autonómica (Xunta de Galicia) e municipal (concello de Santiago de Compostela). Con sede no pazo de Vaamonde, ten como obxectivos manter e xestionar as instalacións e equipamentos das que dispón e promover o exercicio coordinado das tres administracións públicas, especialmente no que se refire á protección e promoción exterior da cidade de Santiago e aos camiños de peregrinación no seu termo municipal. Ten as funcións de facilitarlle ao Real Padroado a infraestrutura administrativa necesaria; impulsar, promover e coordinar a execución dos seus acordos; asumir a execución dos proxectos e a xestión dos servicios, así como exercer aquelas funcións que as administracións consorciadas lle encomenden. Os seus órganos de goberno e administración son o consello de administración, o presidente (cargo que ocupa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que participa da mesma sorte que outra.

      1. O marido e a muller un con respecto ao outro.

      2. príncipe consorte/consorte real

        O marido da princesa ou da raíña cando estas son as titulares da coroa.

    2. Os que conxuntamente son responsables dun delito.

    3. Cada un dos que litigan xuntos formando unha soa parte no proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de conspicuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sobresae por algunha calidade, xeralmente aplicado a persoas.

    2. Aplícase a unha estrutura anatómica ou celular moi visible e característica dun organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de conspirar.

    2. Conxura ou complot contra o Estado, un réxime político, un personaxe político ou un organismo de poder.

    3. Figura xurídica que consiste en que dúas ou máis persoas se concertan para a execución dun delito e resolven executalo. Nesta forma delitiva debe existir unha coincidencia no propósito delitivo e unha resolución conxunta en levalo a cabo, aínda que o acordo non sexa completo, nin se chegue á resolución colectiva necesaria para a consumación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen conspira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunirse en segredo para cometer un delito, para propiciar a caída do goberno establecido ou con outro obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Realizou estudios en Cambridge. Escribiu sonetos á maneira de Petrarca e publicou Diana (1592).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Ingresou nas Royal Academy Schools en 1799, onde expuxo por primeira vez en 1802. Especializado na pintura de paisaxes, traballaba ao aire libre, tomaba apuntamentos ao óleo e despois pintaba no estudo o lenzo definitivo. A súa técnica influíu nos membros da escola de Barbizon e os impresionistas considerárono como o seu precursor. Cultivou tamén, en menor medida, a pintura relixiosa, o retrato e a acuarela. Entre as súas obras sobresae The hay-wain (O carro de feo, 1821), Medalla de Ouro do Salón de París de 1824. Da súa produción, destacan ademais The white horse (O cabalo branco, 1819), Dedham Vale (O val de Dedham, 1828), as series de estudios de paisaxes nubradas (1821-1822) e as diversas representacións da catedral de Salisbury (1823, 1829 e 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de constante.

    2. Acción e efecto de facer constar algunha cousa.

    3. Segundo a psicoloxía da forma, tendencia da percepción a non variar, malia as modificacións do obxecto.

    4. Lei descuberta por N. Steno en 1669 e confirmada despois por Romé de l’Isle. Establece que o ángulo entre dúas caras dun obxecto cristalino é constante e non cambia cando este medra por achegas dunha nova substancia. Historicamente, foi o punto de partida da cristalografía moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en Pontevedra no ano 1875. Os temas que recolleu trataban sobre ciencia, arte e literatura. Tivo diferentes etapas, a primeira dende 1875 ata 1883 e a segunda comezou no ano 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do nome Constantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (305-306), pai de Constantino I o Grande. Foi adoptado por Maximiano e nomeado césar (293), cargo que compartiu con Galerio. Ocupouse da defensa das Galias e de Hispania, sufocou unha revolta na Bretaña (296) e derrotou a francos e alemáns. Despois da abdicación de Diocleciano e Maximiano (305), foi proclamado emperador xunto con Galerio. Obrigado por este, adoptou como césar a un oficial ilirio, chamado Severo. Morreu mentres dirixía unha campaña contra os pictos.

    VER O DETALLE DO TERMO