"RDA" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 499.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (9.023 km2; 301.000 h [estim 1982]). A súa capital é Kowt-e-’Ashrow (2.200 h [estim 1982]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título monástico, propio da Igrexa de Armenia, equivalente en certa maneira ao de arquimandrita da Igrexa Ortodoxa.
-
RIOS
Río de Macedonia que nace na cordilleira de Šar, preto de Gostivar. Pasa por Skopje, penetra na Macedonia grega e desemboca no delta do golfo de Salónica, no Mar Exeo. A súa conca constitúe a vía tradicional de comunicación entre o Mediterráneo oriental e Europa Central. Posúe 396 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Mon Vasco, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña ata 1972. Nas súas primeiras obras traballou a madeira e realizou cabezudos de gran tamaño. Posteriormente realizou baixorrelevos caracterizados pola presenza da luz. En 1973 recibiu unha bolsa da Fundación Juan March coa que se trasladou a Senegal. Cultivou entón unha figuración formalista e unha abstracción volumétrica e traballou con diversos tamaños. De regreso a Galicia participou no colectivo A Carón e viviu durante un tempo en Ibiza. Instalado na Coruña continuou a traballar a madeira e realizou esculturas formadas por diversos bloques ensamblados. En 1977 foi un dos fundadores do grupo Galga. Comezou entón a traballar coa pedra tradicional, o ferro e o formigón. As súas obras caracterizáronse entón polo tenso diálogo entre o baleiro e a masa, o plano e a curva. Foi un dos integrantes do colectivo Atlántica. Da súa obra destacan Caprino (1973-1974), Adán (1976-1977), Eva...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente de orixe portuguesa. Activo na segunda metade do s XIII, puido pertencer a unha familia de Coimbra relacionada con Pero Martinz, presbítero e mestre-escola da Sé da cidade portuguesa. Pola súa participación no ciclo de Maria Balteira, a súa tenzón con Pedr’Amigo de Sevilha e a súa colocación nos cancioneiros xunto a Johan Garcia de Guilhade e Fernan Velho, presúmese que participou na vida da corte de Afonso X. Da súa obra consérvanse un total de 13 textos, tres cantigas de amor, cinco de amigo, catro de escarnio e unha tenzón. Do cancioneiro burlesco destacan “Vedes agora que mala ventura”, en que fala da homosexualidade de Fernan Díaz, un personaxe moi coñecido da corte, e “Don Anssur, per qual serviço fazedes”, onde critica a desmesurada ambición do protagonista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conformidade de aquilo que se pensa, que se expresa, coa realidade.
-
Idea ou proposición que non pode ser negada racionalmente.
-
Existencia real dunha cousa
-
Aquilo que é verdadeiro nun sentido absoluto.
-
Expresión sincera daquilo que se sabe ou se presenciou.
-
Aquilo que se di a outro sobre os seus defectos ou as queixas que del se teñen, sen compadecelo. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
Concepto fundamental e, na súa problemática mesma, obxecto central da reflexión filosófica de todos os tempos. Atendendo á súa tripla raíz etimolóxica, hebraica, grega e latina-, poderíase definir a verdade como a realidade mesma, en tanto que é manifesta, digna de confianza e obxecto do coñecemento e da palabra en que esta se expresa. A comprensión orixinaria, na súa conceptualización grega, da verdade como unha identidade entre o real e a súa manifestación levou posteriormente ao problema da distinción entre episteme (coñecemento do verdadeiro) e doxa (opinión), chegando a ser a cuestión central da tradición filosófica de Occidente. Tamén se deron a distinción augustiniana entre verdades eternas (universais e inmutables) e nocións comúns (verdades continxentes e non verdadeiras) e a diferenciación escolástica entre verdade transcendental e predicamental. A filosofía de Kant (distinción noúmeno-fenómeno) non foi, senón a explicitación e culminación do feito de que o problema da...
-
-
-
Que é conforme á verdade ou que merece o asentimento polo seu carácter de verdade.
-
Que en realidade é aquilo que representa ou aquilo que se nomea.
-
Que di a verdade ou que é sincero.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e escritor. En 1870 foi ordenado sacerdote. A súa obra nace de dúas fontes, a nostalxia e o soño. Unha boa parte dos poemas relixiosos son lendas ou alegorías populares, como Montserrat (1880). Lo somni de Sant Joan (1887) constitúe unha evocación das grandes figuras da historia da Igrexa. A triloxía Natzaret (1890), Betlem (1891) e La fugida a Egipte (1893) canta a infancia de Xesús. A expresión máis xenuína da nova produción son dous poemas épicos, de factura romántica, L’Atlàntida (1877), onde canta lendas dos tempos heroicos da humanidade; e Canigó (1886). Cultivou tamén a prosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral publicado en Lugo entre o 3 de outubro de 1910 e o 15 de xaneiro de 1937. De tendencia católica, fundouse por iniciativa das Damas de la Buena Prensa e co apoio de Acción Social Católica, seguindo unha tradición antiliberal, tradicionalista e de apoio á CEDA. O seu derradeiro director foi Xosé Trapero Pardo. Cesou polas dificultades económicas derivadas da Guerra Civil.
-
PERSOEIRO
Crítico de arte. Foi un dos impulsores do vangardismo. Fundou a Gaceta del Arte (1932) e durante a posguerra participou en iniciativas como a escola de Altamira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto entre o Papa Calisto II e o Emperador Enrique V (1122) co que se puxo fin á Querela das Investiduras. O emperador renunciou á investidura polo anel e o báculo, pero conservou o dereito á investidura das regalías. O emperador concedeu a elección canónica e a libre consagración, aínda que a elección en Alemaña tiña que facerse na súa presenza ou na dos seus embaixadores. Os estados da Igrexa, que quedaban á marxe das decisións, fóronlle restituídos ao papa. Foi ratificado polos príncipes na Dieta de Bamberg (1122) e no primeiro Concilio de Letrán (1123).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘peixe’.
-
-
Nome común que se lle atribúe a dúas especies do xénero Scomber, S. japonicus e S. scombrus, pertencentes á familia dos escómbridos.
-
Peixe teleósteo de ata 40 cm de lonxitude, co corpo alongado, fusiforme, estreito e comprimido lateralmente, cabeza cónica co bico apuntado e a boca grande. Ten a mandíbula inferior un pouco prominente, presenta un lóbulo carnoso a cada lado da mandíbula inferior, preto da xuntura co maxilar e amosa ollo medio provisto de pálpebras adiposas. A primeira aleta dorsal ten a marxe posterior cóncava e a segunda máis baixa e moi separada da anterior, cinco aletas dorsais e anais, as aletas pectorais e pélvicas moi pequenas e a aleta caudal en furca con lóbulos apuntados. Ten escamas moi finas, ausencia de vexiga natatoria, liña lateral case ausente e unha media de 35 bandas moi próximas e sinuosas estendéndose lixeiramente por debaixo da liña lateral. A coloración é azul aceirada no dorso e verde fusca con reflexos púrpuras e arxénteos ao se achegar á rexión ventral. Especie peláxica de superficie, aliméntase de sardiñas e doutros peixes pequenos, moluscos e crustáceos planctónicos....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Ruscu
-
RIOS
Río de Palestina (350 km). Nace en Hermōn, na confluencia das fronteiras de Israel, Líbano e Siria, e atravesa o lago de Xenesaret ou Tiberíades.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Asia occidental que limita ao N con Siria, ao L con Iraq, ao SL con Arabia Saudí, ao S co golfo de ‘Aqaba e ao O con Israel (88.946 km2; 5.100.981 h [2004]). A súa capital é ‘Ammān.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Xordania é un país de fronteiras artificiais, cun porto no Mar Vermello. O relevo é xeralmente tabular sobre rochas sedimentarias, materiais volcánicos e cristalinos. O único río importante é o Xordán, que comparte con Israel e Palestina. O clima é moi árido e a vexetación predominante é a matogueira e a estepa. O estado xordano gozou dun equilibrio agrícola satisfactorio entre 1949 e 1967. Desde entón, coa ocupación por parte de Israel de Cisxordania, o sector máis fértil, a agricultura e a economía do país resentíronse. A superficie cultivable é moi pequena e a propiedade está moi dividida. Nos lugares máis húmidos pódense cultivar hortalizas, plátanos e cítricos, e no resto oliveiras, cereais e viñas. A gandaría, desenvolta... -
-
Relativo ou pertencente a Xordania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Xordania.
-