"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iannis Ikonomópulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento proteínico vexetal, presente en pequenas cantidades en moitos órganos, que estimula o crecemento e o desenvolvemento en resposta á presenza ou ausencia de luz, á súa calidade e ao fotoperíodo. É unha proteína propia do grupo das cromoproteínas, que existe en dúas formas, unha activa, que se forma durante o día, e unha inactiva, que se forma durante a noite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación dun coágulo intravenoso, nin inflamatorio nin infeccioso, con escasa ou nula lesión da parede do vaso. O coágulo que se forma está unido debilmente á parede da vea, polo que provoca facilmente émbolos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao composto aromático que contén fluor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversas substancias fluorescentes que se empregan como colorantes en tinguidura de preparacións citolóxicas, ás que lle confiren fluorescencia secundaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de análise química que se basea na medición da intensidade da fluorescencia emitida por algunhas substancias ao seren expostas á radiación ultravioleta, intensidade que adoita ser proporcional á concentración ata uns límites extremos moi baixos. Os instrumentos que se empregan son análogos aos fotocolorímetros, pero teñen o detector posto perpendicularmente á dirección do chorro de excitación e teñen filtros e dispositivos adicionais para evitar que chegue radiación dispersa ao detector.
-
-
Sistema de impresión en cores que utiliza os clixés correspondentes ás tres cores básicas e á cor negra.
-
Procedemento fotográfico que se emprega para reproducir os obxectos coas súas cores naturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma 1384 - 1440) Realizou numerosas obras de caridade e, trala morte do seu marido, fundou a congregación das Oblatas Olivetanas de Santa Maria Nuova, chamadas, máis tarde, de Tor de’Specchi (1425). A súa festividade celébrase o 9 de marzo.
-
PERSOEIRO
Físico. En 1990 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con H. W. Kendall e R. E. Taylor, polos experimentos que realizaron entre 1967 e 1973, que significaron a primeira comprobación experimental da existencia real dos quarks.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En Italia pintou o tríptico da Resurrección de Lázaro (1461). En Aviñón dirixiu a decoración do palacio do Rei Renato I de Nápoles e pintou o tríptico A zarza ardente (1475-1476) da catedral de San Salvador de Aix-en-Provence. Atribúeselle o Díptico de Matheron (1475?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, crítico de arte e novelista francés. Pintor académico, cultivou a paisaxe e as escenas de xénero. Foi un influínte crítico de arte e sustentou, en obra como Maîtres d’autrefois (1876), a autonomía da obra de arte e a importancia da realización técnica para xulgar a beleza e o valor estético dunha obra. Cultivou a novela romántica psicolóxica en Dominique (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no Camiño francés de peregrinación a Santiago (1041 h [1996]). Localizado en Tierra de Campos, atravésao o canal de Castela. A súa base económica é o cultivo de cereais, a gandería lanar e a industria fariñeira. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Martín de Frómista.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Frómista. De orixe románica, sufriu unha polémica restauración entre 1896 e 1904. Prototipo da arquitectura románica do s XI, caracterízase polas súas proporcións e polo equilibrio entre as liñas horizontais das naves e a verticalidade das ábsidas e das torres e entre os elementos arquitectónicos e escultóricos. Ten tres naves, a central máis ancha e alta ca as laterais, con cúpula no cruceiro e tres ábsidas semicirculares, a central de maior desenvolvemento. As naves cóbrense con bóvedas de canón. No interior destaca a variada decoración dos capiteis con representacións vexetais, zoomórficas e humanas. As portadas sobresaen do muro e cóbrense con beiril soportado por canzorros de animais, motivos vexetais e personaxes humanos. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1894.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e psicanalista alemán. As súas teorías centráronse en explicar o medo que pode provocar no individuo, se este non é totalmente libre, a existencia dunha sociedade verdadeiramente libre e o risco que supón a procura de novos amos por parte destes individuos, que prefiren ser escravos a ter que soportar a responsabilidade de ser libres. Afirmou que o home moderno, liberado dos lazos da sociedade preindividualista, non gañou a liberdade no senso positivo da realización do seu ser individual, da expresión da súa potencialidade intelectual, emocional e sensitiva, posto que, aínda cando a liberdade lle proporcionou independencia e racionalidade, illouno e volveuno ansioso e impotente. Na súa análise filosófica tamén se ocupou do desexo. Entre as súas obras destacan Escape from Freedom (1941), The Arts of Loving (1956) e The Crises of Psychoanalysis: Essays on Freud, Marx, and Social Psychology (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (s III) Mártir romano en tempos do Emperador Diocleciano. Segundo a lenda, foi pai de santa Susana e irmán do Papa Caio. Convertido ao cristianismo, fíxose sacerdote e foi martirizado xunto coa súa filla no ano 296. A súa festividade celébrase o 19 de febreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romance popular que narra a derradeira viaxe de peregrinaxe de Guillerme X, duque de Aquitania (1127-1137) e fillo do primeiro trobador coñecido, a Compostela. A primiera versión escrita apareceu en Galicia, de M. Murguía, e a segunda en Literatura Gallega, de E. Carré Aldao. A amizade persoal que Gaifeiros (725-768) tiña co arcebispo Xelmírez levouno en 1121 a escribirlle unha carta pedíndolle protección para Afonso VII de Castela contra Urraca, pois a inimizade co rei de Aragón impedíalle o paso polos seus territorios para se dirixir a Compostela. Despois de facer testamento en 1137 a prol da súa filla Leonor, Guillerme X fixo a súa última peregrinación pero, antes de chegar, caeu enfermo e morreu.
-
PERSOEIRO
Escritor, xornalista, pedagogo e político. Nas súas novelas reflicte a vida dos llanos. Da súa produción destaca El último Solar (1920), publicada de novo en 1930 co título de Reinaldo Solar, La trepadora (1925), Doña Bárbara (1929), Cantaclaro (1934), Canaima (1935), Pobre negro (1937), El forastero (1952) e La doncella (1957). Foi ministro de Educación (1936) e presidente da República (1948), cargo que ocupou poucos meses ao ser derrocado por un golpe militar, tralo que se exiliou ata 1958. Doutor honoris causa pola Universidad de Costa Rica, pola Universidad Central de Venezuela e pola Universidad de Los Andes, foi membro da Academia Nacional de la Lengua de Venezuela e recibiu en 1958 o Premio Nacional de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos galorromanos ou á lingua galorrománica.
-
Conxunto lingüístico románico que comprende as linguas que se falaban na Galia romana: o galorrománico setentrional, ou lingua de öil, o meridional, ou lingua de oc, e o francoprovenzal.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos habitantes da Galia romana ata a invasión dos francos.
-
Natural ou habitante da Galia romana.
-
Arte desenvolvida na Galia durante o dominio romano. A chegada dos romanos provocou a ruptura coa arte de raigame celta aínda que cunha matización forte da linguaxe clásica. A influencia helénica, fortemente arraigada na Provenza, provocou unha evolución paralela á arte romana de Italia e, ás veces, avanzou solucións que esta presentou máis tarde. As construcións relixiosas, nas que se mostra a barreira entre a relixión romana e os ritos autóctonos, son complexas e non teñen un modelo romano directo. Nos ss I e II d C acadou moita importancia o espallamento dunha cerámica denominada surgálica, fabricada nos obradoiros, que imitaba á sigillata aretina italiana. A extensión do poboamento rural explica a presencia dun gran número de mosaicos nas villae rusticae, ás veces con motivos decorativos autóctonos.
-