"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baños públicos construídos polo Emperador Caracalla en Roma entre o 206 e o 217, situados ao SL do Aventino. Unha vía porticada monumental permitía o acceso ao edificio, de planta cadrada con bóvedas de grande altura e moi decorado. Situadas na parte central, as termas tiñan as tres estancias características destes establecementos romanos: o frigidarium, o tepidarium e o caldarium. O conxunto completábase cun parque público, bibliotecas, un estadio, cisterna e salas para masaxes e unción de aceites.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave duns 63 cm de lonxitude, cunha envergadura de máis dun metro e patas longas. O dorso é de cor acastañada con finas listas brancas, o pescozo e a zona ventral brancos, e a parte superior da cabeza, negra, cun característico penacho eréctil. O peteiro é de cor clara, grande e alongado, e as patas son de cor amarela. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, anfibios, insectos e mesmo de preas. Vive no S de EE UU, en América Central e Sudamérica.
-
CAPITAIS
Capital do distrito federal de Caracas e do estado de Venezuela, situada no val de Caracas, na cordilleira da Costa (1.930 km2; 1.964.846 h [1992], 3.435.795 h na aglomeración urbana). O val orixinouse por un afundimento tectónico. Está drenada polo río Guaire. O seu clima é subtropical, cunha temperatura media anual de 20,3°C e 820 mm de precipitacións. A estación seca está claramente marcada entre decembro e abril. O crecemento máis importante da poboación alcanzouse sobre todo a partir de 1945, polo aumento da área metropolitana, que abrangue parte do distrito de Sucre. É o principal centro comercial do país, ademais de núcleo industrial e administrativo máis importante. Destacan as industrias de tecidos, cauchos, refrescos, pinturas e vernices. Pero o sector con maior auxe e importancia é o da construción. A cidade sérvese do porto de La Guaira, no Caribe. Posúe aeroporto internacional en Maiquetía. É centro de ensino superior, no que destaca pola súa antigüidade a Universidad...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia fidalga do Reino de Nápoles e unha das máis importantes de Italia. A liñaxe documentada desta familia comezou con Landulfo Caracciolo (1110). Giovanni Caracciolo formou parte da familia Carafa. Os Caracciolo d’Avellino (1589) derivan dunha rama da familia Caracciolo, os Caracciolo Rosso, duques de Atripalda (1572), grandes de España, príncipes do Sacro Imperio e grandes chanceleres herdeiros do Reino de Nápoles, e dos Caracciolo di Torchiarolo (1726), tesoureiros xerais herdeiros do Reino de Nápoles, marqueses de Montenegro, grandes de España e príncipes de Ripa Francone (1742).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da orde dos cregos regulares menores fundada en 1588 por Francesco e Fabrizio Caracciolo e Giovanni Agostino Adorno.
-
PERSOEIRO
Político. Foi embaixador de Nápoles en Turín (1754-1764), Londres (1764-1771) e París (1771-1781), onde estivo en contacto cos enciclopedistas. En 1781 converteuse en vicerrei de Sicilia e no ano 1786, en primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como il Battistello, as súas primeiras obras seguen o estilo de Caravaggio no tratamento da luz e da sombra e na interpretación realista dos temas, como acontece en A liberación de san Pedro (1610?). Cara ao 1620 achegouse a un clasicismo motivado pola influencia da escola boloñesa dos Carracci; entre estas obras destaca O adeus de Cristo á súa Nai (1620?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luis Carrillo de Toledo y Chacón.
-
-
Relativo ou pertencente ás caráceas.
-
Alga da familia das caráceas.
-
Única familia de algas da clase das carofíceas. Inclúe, entre outros, os xéneros Chara e Nitella.
-
-
-
-
Tronco dunha árbore vella que aparece furado como consecuencia da desaparición da parte leñosa, principalmente pola acción de fungos.
-
Oco que presenta o tronco dalgunhas árbores vellas.
-
-
Bráctea que cobre a mazaroca do millo.
-
-
-
-
Molusco gasterópodo terrestre e pulmonado que presenta unha cuncha protectora, univalva en espiral, xeralmente á dereita (dextrorsa) aínda que nalgunhas especies é á esquerda (sinestrorsa), na que o ápice contén a volta máis vella e de menor tamaño, e as seguintes de maior tamaño. A cabeza está ben diferenciada e ten dous pares de tentáculos; no primeiro leva os ollos. Na boca presenta unha rádula axeitada para unha dieta fundamentalmente herbívora. Sérvelles de pulmón unha porción do manto moi vascularizada que se abre ao exterior por un pequeno orificio chamado pneumostoma; preto del tamén se comunican co exterior o ano e o nefridioporo, por onde expulsa violentamente os refugallos co aire que sae. O sistema nervioso consta de ganglios: o cerebral, o pedial e o visceral. Desprázanse esvarando sobre un pé musculoso ancho e plano nunha secreción viscosa que facilita o movemento e, á vez, mantén a humidade do animal ao reducir a perda de líquido do corpo. Os caracois precisan dunha certa...
-
Cuncha dun caracol.
-
-
Conduto do oído interno situado na espesura do óso temporal e enroscado en forma de espiral. Constitúe o labirinto anterior e contén os órganos esenciais do sentido do oído. Está formado pola columela, ou eixe óseo central, pola lámina dos contornos, ou conduto en espiral, enrolado ao redor da columela, e pola lámina espiral, ou membrana ósea, que divide interiormente a lámina dos contornos en dúas ramplas, unha timpánica, que corresponde á fiestra redonda, e unha vestibular, que se abre no vestíbulo. No interior da rampla vestibular está o caracol membranoso, que é un pequeno conduto enrolado en espiral que se inicia nun fondo cego no vestíbulo. Entre o caracol óseo e o membranoso hai un líquido incoloro, a perilinfa, e no interior do caracol membranoso está a endolinfa. A estrutura específica da función auditiva é o órgano de Corti, situado no interior do caracol membranoso.
-
Peza cónica da maquinaria dun reloxo, das caixas de música, etc, que presenta unha rañura helicoidal na que se enrosca unha cadea trabada ao tambor.
-
Cada unha das voltas que o xinete lle fai dar ao cabalo.
-
Curva plana, pechada e simétrica respecto ao eixe X que ten como ecuación, en coordenadas polares, r = 2a cos ϑ + K. Presenta tres formas: caracol hiperbólico, cun lazo de orixe, cando 0 < K < 2a; caracol elíptico, no que desaparece o lazo pola existencia dun punto conxugado, cando K > 2a > 0; e cardioide, cando K = 2a. O caracol de Pascal, que é unha concoide dunha circunferencia respecto a un dos seus puntos, describiuno Étienne Pascal, pai de Blaise Pascal.
-
escaleira de caracol.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Ortega.
-
-
Gasterópodo de cuncha de ata 40 cm de lonxitude, de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas. A súa abertura é ovada e de marxe grosa, a canle sifonal aberta e curta e o opérculo groso. Aliméntase principalmente de estrelas de mar, bivalvos e outros caracois. Axúdase da secreción de ácidos para rillar as cunchas das súas presas. Habita nos medios rochosos da zona costeira. A carne é dura e de sabor forte. A cuncha baleira e furada pola punta emprégase para producir sons de aviso.
-
Avisador acústico baseado na transformación de enerxía eléctrica ou mecánica en enerxía sonora e na amplificación desta nun tubo de forma cónica -propiamente a bucina- que serve de encaixe entre unha placa vibrante de entrada e o aire exterior de saída. A antiga bucina, formada por unha pera de goma que insuflaba aire no tubo, foi substituída pola bucina eléctrica de alta frecuencia, que produce o son ao imprimirlle movemento de rotación a unha peza que fai vibrar unha membrana. Está tamén a bucina electro-pneumática e a bucina pneumática, nas que a membrana sonora se move, respectivamente, por aire comprimido ou polo aire exterior aspirado polo tubo de admisión do motor.
-
Tubo de sección variable con superficies terminais de áreas diferentes destinado a encaixar correctamente unha membrana vibrante de superficie pequena ao aire ambiente. Os altofalantes de bucina, dun rendemento moi superior aos de radiación directa, permiten uns niveis sonoros considerables con pouca potencia e distorsión baixa. Son ideais para as sonorizacións públicas ao aire libre. A bucina repregada é de dimensións máis reducidas. Para amplificar a palabra emprégase o megáfono, constituído por unha pequena bucina asociada a un conxunto de micrófono, amplificador e batería de alimentación.
-
Trompeta medieval recta, moi longa e estreita.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer caracois un cabalo dando voltas nun espazo reducido.
-
PRAIAS
Praia do litoral da parroquia de Caión, no concello de Laracha, situada ao O do porto de Caión.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sinal ou marca que se imprime, pinta ou esculpe nalgunha cousa.
-
-
Signo de calquera sistema de escritura, feito a man ou con letra de imprenta.
-
Estilo ou forma particular da escritura ou dos tipos da imprenta. OBS: Emprégase normalmente en plural.
-
carácter tipográfico
Tipo de letra de imprenta.
-
-
-
Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.
-
Característica especial de algo que se expresa no adxectivo que o acompaña.
-
Modo de ser das cousas debido ás súas características especificas.
-
-
Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta. O carácter representa a personalidade aparente, manifesta, superficial e facilmente observable, en oposición ao temperamento, concepto que inclúe os factores profundos, instintivos e conxénitos do individuo, e a diferenza da personalidade, concepto que abrangue os aspectos biolóxicos e constitucionais xeralmente excluídos do carácter. Como fundamento e base de calquera acción responsable, ten un parentesco moi achegado á conciencia e ás propias convicións. Diante da opinión de que o carácter non é modificable, outras correntes defenden que a acción educadora pode modificar a incidencia que os factores característicos teñen sobre o comportamento das persoas. Pódese afirmar que o carácter se moldea como un todo a partir de certas disposicións xenéticas e das experiencias persoais polas que o individuo vai pasando...
-
...
-
-
-
Aplícase ao que serve para caracterizar.
-
Propiedade ou trazo polo que se diferenza e distingue unha persoa, animal ou cousa das demais.
-
Actor de teatro especializado na interpretación de personaxes de idade avanzada ou que precisan dalgún tipo de transformación (en contraposición a papeis de galán, galán adolescente, dama, dama adolescente, etc).
-
Cifra ou cifras que indican a parte enteira dun logaritmo.
-
-
Curva que representa a relación entre dúas ou máis magnitudes referidas ao funcionamento dun elemento, compoñente, transdutor, dispositivo electrónico, etc. Teñen unha grande importancia as dos tubos e mais as dos transistores, que se utilizan para determinar o funcionamento correcto. Hai que diferenciar entre a característica estática (funcionamento sen carga e con réxime continuo) e a característica dinámica (con carga e réxime alterno). As características máis comúns son as de entrada, as de saída e as de transferencia.
-
Curva determinada experimentalmente que representa as variacións dunha das variables da máquina, aparello, motor, etc, en función doutra.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode caracterizar.
-
-
Acción e efecto de caracterizar ou de caracterizarse.
-
Técnica empregada para informar o receptor sobre aspectos distintivos vinculados cos personaxes ou coas situacións dunha determinada obra literaria. Facilita os medios para imaxinar o universo literario evocado, ao tempo que se refliten as motivacións e as accións dos personaxes. Os procedementos de caracterización evolucionaron co paso do tempo. No teatro clásico e na narrativa anterior ao século XVII, a caracterización estaba fortemente estereotipada, xa que presupuña o coñecemento da psicoloxía de certos tipos, asumida pola tradición e a convención. Non obstante , no século XIX, co realismo e co naturalismo comezáronse a describir minuciosamente as condicións de vida dos personaxes, establecendo un paralelismo entre os seus trazos específicos e o medio no que evolucionaban. Así mesmo, o século XX marcou o desenvolvemento de novas técnicas de caracterización vinculadas ao mundo interior dos protagonistas.
-
-
-
de caracterizar.
-
Aplícase ás persoas cando se considera que teñen prestixio ou que están autorizadas para realizar algo.
-