"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Entidade bancaria internacional de cooperación monetaria e bancaria con sede en Basilea, Suíza, fundada en 1930 e co obxectivo de canalizar os pagamentos impostos a Alemaña en concepto de reparacións trala Primeira Guerra Mundial (1914-1918). A depresión económica mundial da década de 1930 e a moratoria no pagamento das reparacións dende o 1931 dificultaron as súas operacións. A partir dese momento, orientouse cara á cooperación monetaria entre os bancos centrais e as autoridades monetarias dos estados membros. Logo do 1945, tralo nacemento doutras organizacións internacionais de cooperación económica, as operacións do BPI evolucionaron de acordo coas novas necesidades, de xeito que actúa como coordinador dos bancos centrais dos países membros da OCDE. Así mesmo, levaba a xestión da Unión Europea de Pagamentos, figura substituída despois polo Acordo Monetario Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada o 19 de novembro de 1846 trala fusión do Banco de Lisboa, fundado en 1821, e a Companhia de Confiança Nacional. É o banco central do sistema bancario portugués, polo que ten o dereito exclusivo de emisión de moeda; así mesmo, desempeña as funcións de banqueiro do estado e fiscaliza todas as institucións de crédito e parabancarias de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída no 1857 en Santander e reconstituída no 1875 co mesmo nome, ao integrarse a anterior sociedade no Banco de España e perder o privilexio de emisión de moeda (1874). Mantívose como entidade local ata despois da Guerra Civil española, momento no que comezou unha enorme expansión. A base do seu crecemento foi a dun banco comercial, pero adoptou ao mesmo tempo participacións en empresas industriais e de servicios. Aproveitando a crise financeira da década dos sesenta iniciou a súa política expansiva por Galicia no ano 1967 cando absorbeu a Banca Cid e posteriormente en 1968 cando comprou o Banco Jáudenes Bárcena. No ano 1994 adquiriu en poxa o Banco Español de Crédito, logo de que este fose intervido polo Banco de España, converténdose no primeiro grupo bancario español. No 1997 adquiriu tamén o Banco Noroeste do Brasil. Fusionouse en 1998 co Banco Central Hispano dando orixe ao Banco Santander Central Hispano (BSCH).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída en Vigo no ano 1900. Desapareceu en 1925 ao decretarse en quebra e en suspensión de pagamentos, feito que facilitou a súa adquisición polo Banco Pastor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con domicilio social en Vigo. Tomou ese nome en 1957, logo dun proceso iniciado en 1918, data na que se creou a sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. No ano 1973, logo de absorber ao Banco de Lugo e de ser adquirido polo Banco Popular, foi substituído polo Banco de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída no ano 1901 en Bilbao. Inicialmente tiña un claro carácter industrial (Altos Fornos de Biscaia, Iberduero, etc), pero despois entrou na liña comercial e converteuse nun banco mixto. En 1984 adquiriu a Banca Catalana. No 1988 fusionouse co Banco de Bilbao para formar o Banco Bilbao Vizcaya (BBV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria domiciliada en Madrid. Naceu dentro do grupo BBV en 1988 ao fusionarse o Banco del Comercio, entidade comercial filial do Banco de Bilbao, e o Banco de Financiación Industrial/Indubán, vinculado ao Banco de Vizcaya. As súas actividades diríxense á banca de empresas, á banca global e á de particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada na Coruña en 1964. As súas actividades estiveron orientadas cara ao apoio ao sector industrial galego e de negocios. Tivo unha curta andaina independente, pois en 1974 absorbeuno o grupo Rumasa. O banco foi posteriormente adquirido polo Banco de Bilbao, logo da subasta pública realizada polo estado das empresas do grupo de Ruíz Mateos. Durante a súa pequena vida como entidade galega realizou unha salientable tarefa de promoción da cultura galega a través da editorial Banco del Noroeste, que publicou varias obras de persoeiros da cultura galega como Beiras, Fernández del Riego, Filgueira Valverde, Fraguas, García Sabell ou Paz-Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade gobernamental creada no 1407 e encargada de axuntar, administrar e procurar a amortización da débeda pública da República de Xénova, consolidada dende o s XIII en numerosas compere ou asociacións de acredores. Estas compere foron absorbidas a partir do 1407, nun proceso que durou a primeira metade do s XV, pola Casa de San Giorgio. Esta entidade absorbeu gran parte das rendas do estado, como o monopolio da sal e o dereito de aduanas e do porto, tanto da metrópole como das colonias. Ademais, a Casa exerceu funcións bancarias durante dous períodos: o primeiro entre 1408 e 1444 e o segundo a partir de 1586 ata a súa extinción, que tivo lugar no ano 1815. Mentres tivo actividades financeiras funcionou como unha banca de xiro e depósito, e só outorgaba préstamos aos arrendatarios das imposicións e ao goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1902 en Madrid, como continuadora do Crédito Mobiliario Español, de capital francés, e estreitamente conectada coa Banca de París e dos Países Baixos ata a Primeira Guerra Mundial, cando as accións pasaron ás mans españolas. No 1963 creou o seu banco industrial, o Banco de Desenvolvemento Económico Español (BANDESCO). No 1979 acadou o control do Banco de Madrid e do seu filial, o Banco Catalán de Desenvolvemento, nos cales tiña xa unha participación minoritaria. En decembro do 1993, como consecuencia das necesidades de saneamento do banco, foi intervido polo Banco de España que destituíu ao seu consello de administración e nomeou un novo. No ano 1994 foi mercado polo Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con sede social en Lisboa fundada o 9 de novembro de 1880 por José Maria Espírito Santo Silva, a partir dunha oficina de cambios, reconvertida en banco en 1884. A fusión en 1937 co Banco Comercial de Lisboa creou o grupo Banco Espírito Santo e Comercial de Lisboa; a partir dese momento iniciou unha fase expansiva adquirindo participacións en sectores claves da economía portuguesa. En 1973 iniciou un proceso de internacionalización que o levou a abrir unha oficina de representación en París. Esta internacionalización acelerouse en 1974, cando a Revolução dos Cravos principiou unha política nacionalizadora, que o levou a organizar as súas actividades dende diferentes países como Brasil, EE UU, Suíza ou Francia. A partir de 1986 reiniciou a súa actividade en Portugal coa creación do Banco Internacional de Crédito e de Espírito Santo Sociedade de Investimento, que máis tarde se converteu en Banco ESSI. O retorno definitivo a Portugal produciuse en 1992, cando o grupo adquiriu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada en Betanzos en 1717 por Juan Etcheverry; era o banco máis antigo dos que operaban en Galicia. Dende entón mantense como pequeno banco independente e familiar (aínda que en 1964 se constituíu en Sociedade Anónima, o seu accionariado actual pertence á familia fundadora), nun ámbito territorial local: mantén a súa sede social en Betanzos e conta cunha rede de sucursais restrinxida á Coruña e Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución europea con sede en Luxemburgo creada en 1958 ao abeiro do Tratado de Roma, que ten como obxectivo contribuír á promoción económica das áreas menos desenvolvidas da Comunidade Económica Europea (a partir de 1992 Unión Europea) e dos países en vías de desenvolvemento, que estean vinculados á Unión Europea por acordos de cooperación. A súa actividade céntrase no financiamento de obras de infraestruturas e de produción e distribución de enerxía, e no investimento en actividades produtivas, ben sexan agrarias, industriais ou terciarias. Os proxectos deben ser viables técnica e comercialmente, adaptarse á normativa de medio ambiente e someterse á supervisión do propio BEI. O préstamo é como máximo do 50% do importe do proxecto, aínda que é compatible con calquera outra axuda da Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución internacional con sede en Londres creada en 1990 co obxectivo de facilitar a transición dos países europeos de economía planificada cara á economía de mercado. Foi fundado por 30 países: Australia, Canadá, Corea do Sur, os estados europeos, EE UU, Israel, Marrocos, México, Nova Celandia e Xapón, así como polo Banco Europeo de Investimentos e a Comisión Europea. En 1999 estaba constituído por 60 membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria dependente do estado, constituída en Madrid no 1928 e adxudicada á Sociedade Anónima de Crédito Nacional Peninsular e Americano, co obxectivo de fomentar o comercio exterior de España e todo tipo de relacións económicas con outros estados. No ano 1940 a maior parte do capital estaba nas mans do INI, o cal principiou o proceso de privatización. No 1962 iniciouse a política inversa, traspasando a totalidade das accións do Instituto de Crédito Oficial (ICO). O Banco Simeón de Vigo formou parte do seu grupo na década dos oitenta; así mesmo, integráronse no grupo o Banco de la Exportación, o Banco de Alicante e o Banco Cantábrico. En 1991, ao mesmo tempo que o resto de bancos estatais, integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1988 con domicilio social en Santiago de Compostela. A súa orixe atópase no Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), posteriormente Banco de Crédito e Inversiones (1964). Dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada en Oviedo en 1911. Dende a súa fundación dedicouse á promoción do comercio e da industria en Asturias. O Grupo Financiero Banco Herrero comezou a súa proxección nacional nos anos sesenta. En 1995 pasou a formar parte do Grupo La Caixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1847 por Manuel Pérez Sáenz en Santiago de Compostela. Trala morte do seu fundador modificou en varias ocasións a súa denominación: Casa de Banca de Hijos de Pérez Sáenz (1885-1901), Olimpio Pérez (1902-1909), Olimpio Pérez e Hijos (1910-1915) e Hijos de Olimpio Pérez (1916-1957). No ano 1957, ao converterse en sociedade anónima, cambiou o seu nome polo de Banco de Hijos de Olimpio Pérez. No ano 1964 absorbeu o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid, adoptando o nome desa entidade catalana. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e a medio prazo fundada no ano 1872 en Madrid, promovida polo Banco de París e dende os Países Baixos. Dende a súa formación tivo como obxectivo os préstamos hipotecarios sobre inmobles situados no ámbito estatal español. No ano 1933 pasou a ser controlado totalmente por accionistas españois. Dende o 1962 depende do Instituto de Crédito oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria, de carácter comercial, constituída en Madrid no ano 1900 por A. Basagoiti con capital repatriado de Cuba, México e Porto Rico, para fomentar o intercambio entre España e América Latina. Foi o primeiro banco español que puxo en práctica o modelo comercial de banca e captación de contas correntes, desconto comercial e importante rede de oficinas. O seu carácter comercial quedou subliñado no Pacto das Jarillas (1944) co Banco Urquijo, no cal o intercambio de accións acentuaba o carácter comercial e industrial dun e doutro respectivamente. No 1982, a petición do Banco de España, fíxose cargo da xestión do Banco Urquijo e de Bankunión, e adquiriu o control do seu accionariado. No ano 1991 fusionouse co Banco Central, que foi a entidade absorbente, dando lugar ao Banco Central Hispano (BCH).

    VER O DETALLE DO TERMO