"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Entidade bancaria constituída en Barcelona no 1876 por Antonio López López e Manuel Girona i Agrafel. A súa base foi un crédito de 125 millóns de pesetas ao tesouro de Cuba. A perda da colonia transformou totalmente os seus obxectivos, orientándose entón preferentemente cara ao sector industrial. Foi promotor e partícipe de empresas como a Compañía Xeral de Tabaco de Filipinas (1881) ou a Compañía Telefónica de España. No 1950 a xunta de accionistas aprobou a súa absorción polo Banco Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade económica con sede en Washington, dependente da Organización de Estados Americanos, que o fundaron o 31 de decembro de 1959 como organismo financeiro independente, aínda que na práctica está controlado polo goberno dos EE UU. Os seus obxectivos son captar fondos e investimentos para o fomento da economía de mercado nos países do Caribe e de América central e do sur, coa finalidade de orientar a política de desenvolvemento económico dos países membros. Ademais dos fundadores (21 estados de América Latina e os EE UU), posteriormente se integrou nel Canadá, Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia, España e Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bankinter Entidade bancaria constituída en 1965 como banco industrial e de negocios, con participación ao 50% do Banco de Santander e do Bank of America. Actualmente é unha entidade independente, sen contar entre os seus accionistas cos socios fundadores. Entre 1970 e 1985 Bankinter comezou un forte proceso de expansión. En 1972 comezou a operar con produtos tipicamente comerciais e a financiar grandes e medianas empresas. A partir de 1990 comezou a darlle importancia ás diferentes canles de distribución de produtos e servicios bancarios (banca telefónica, banca electrónica ou Internet).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída no ano 1963 coa finalidade principal de facilitar o comercio entre os países socialistas. O capital do banco estaba formado polas achegas dos países fundadores, entre os que se contan: Unión Soviética, a República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría, Bulgaria, Romanía e Mongolia, aos cales se adheriron Cuba (1974) e Vietnam (1977). Antes da súa existencia, este comercio organizábase mediante acordos bilaterais, de xeito que cada parte entregaba o mesmo que recibía. A rixidez deste sistema fixo que xa dende 1957 se procurase establecer un sistema de cambios multilaterais no que tan só as importacións totais de cada país igualarían as exportacións totais. Dese xeito, creouse unha oficina de compensación en Moscova de escaso resultado práctico. A creación do BIEC supuxo un novo intento de aplicación sistemática das relacións multilaterais. Cando un país exporta, o banco abona o importe na súa conta e cárgao na conta do país importador. O único...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con sede en Washington e integrada no grupo do Banco Mundial (ás veces trátanse como entidades equivalentes). Os estatutos do BIRF asináronse o 27 de decembro de 1945 por 38 países; sen embargo, non iniciou as súas actividades ata o 25 de xuño de 1946. Un acordo posterior entre o consello de gobernadores do Banco Mundial e as Nacións Unidas, converteu o BIRF nunha entidade bancaria dependente da ONU dende 1947. Entre os países fundadores do BIRF están: EE UU, Reino Unido, Francia e a India. En 1952 incorporáronse Xapón e a República Federal de Alemaña. En 1980 determinouse que tiña que ser a República Popular de China quen representase a China no Banco, substituíndo a Taiwán. Posteriormente, no 1992 incorporáronse Suíza, Rusia e os restantes países da CEI. No ano 2000 os países membros eran máis de 180, entre os que se incluían todos os da Unión Europea e bastantes do Terceiro Mundo. A estrutura orgánica do BIRF componse dunha xunta de gobernadores, que é o órgano deliberante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira creada en 1974 con sede en Yedda (Arabia Saudí). En 1999 agrupaba a 50 estados de África e Asia. O seu obxectivo é a financiación dos proxectos de desenvolvemento nos países islámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída en Vigo en 1896 e absorbida polo Banco de Santander en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada en 1990 dentro do grupo asegurador Mapfre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria francesa fundada no ano 1966 como resultado da fusión do Banco Nacional para o Comercio e a Industria (constituído no ano 1932) e o Comptoir National d’Escompte de París (fundado no ano 1848). Chegou a ser mediante esa fusión, no 1968, o primeiro banco da Comunidade Económica Europea polo volume de depósitos e o terceiro banco do mundo capitalista. Introduciuse no mercado español no 1981 adoptando o nome de BNP España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria xurdida en xaneiro de 1925, cando a Casa de Banca José Pastor da Coruña, fundada en 1776, se converteu en sociedade anónima. No mesmo ano de 1925 absorbeu o Banco de Vigo. Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié de la Maza foron os artífices da conversión da sociedade familiar en banco. O primeiro deles presidiuno ata 1939, ano no que Barrié accedeu ao posto, que ocupou ata o seu pasamento en 1971. Dende aquela, a súa dona, Carmela Arias e Díaz de Rábago, ostenta a presidencia. Durante toda a súa traxectoria, pero moi especialmente dende o mandato de Barrié, o Banco Pastor proporcionou, ben mediante o investimento directo, ben mediante a concesión de préstamos, o respaldo financeiro para a constitución de numerosas sociedades industriais do país, entre as que cómpre salientar: ASTANO, FENOSA, INGASA, MZOV e PEBSA. A entidade é unha das máis solventes do estado español e un dos piares básicos do sistema bancario galego. Galicia constitúe o mercado sobre o que proxecta a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada en Cee no ano 1927 polo industrial Perfecto Castro Canosa, co obxectivo de financiar o desenvolvemento empresarial do concello. En 1988 foi absorbido polo Banco Consolidado de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída en Lisboa no ano 1914 como Casa Bancária Pinto & Sotto Mayor. Nos primeiros anos adquiriu o Banco Chaves, o Banco Mercantil de Viana do Castelo e fundou ou participou na creación de varias empresas. No ano 1925 transformouse en sociedade anónima de responsabilidade limitada, coa denominación de Banco Pinto & Sotto Mayor. No ano 1960 o Grupo Industrial António Champalimaud entrou no capital do Banco participando na súa dirección. No ano 1975 o BPSM foi nacionalizado conxuntamente con outros Bancos. Por forza da reestruturación do sistema bancario, o BPSM incorporou en 1977 o Banco Intercontinental Português (BIP) e en 1993 foi decretada a reprivatización do capital social do BPSM. No ano 1995 comprou o 50% do capital do Banco Totta & Açores (BTA), que posteriormente ascendeu ao 94%, e comprou o Banco Chemical Portugal propiedade do Chemical Bank dos EE UU. No ano 1998 o Banco Pinto & Sotto Mayor, xunto co Banco Totta & Açores, o Crédito Predial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída en Madrid no 1926 coa denominación de Banco Popular de los Previsores del Porvenir, cun carácter cooperativo. No 1947 trocou o nome polo actual. O seu crecemento iniciouse na década de 1940, mediante unha política de espallamento xeográfico en colaboración co Banco Central. Posteriormente, por medio dunhas sociedades de carteira (Popularinsa), realizou unha política de expansión a partir do control de bancos de carácter rexional; no caso galego, o Banco de Galicia, entidade absorbida no ano 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada en 1998 trala fusión entre o Banco Fonsecas & Burnay, o Banco Borges & Irmão e o Banco de Fomento e Exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria que naceu da fusión entre o Banco de Santander e o Banco Central Hispano anunciada o 15 de xaneiro de 1999 e aprobada polas respectivas xuntas de accionistas en abril do mesmo ano. En maio de 1999 entraron a formar parte do accionariado do Banco de Santiago (Chile), Bancosur (Perú), Banco de Asunción (Paraguai) e de Banco Tornquist (Arxentina) cando mercou ao grupo Luksic a súa participación no holding OHCH.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con sede en Vigo. A súa orixe atópase na sociedade comandataria Banco Hijos de Simeón García y Compañía, creada en 1857, que se converteu en sociedade anónima en 1948. En 1965 adoptou o nome actual e en 1995 foi adquirido polo grupo portugués Caixa Geral de Depósitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada por Fortunato Chamiço Júnior en Lisboa no ano 1843. No ano 1893 pasou ás mans de José Henriques Totta, socio de Chamiço dende 1889. No ano 1911 a Casa José Henriques Totta foi transformada en sociedade comercial en nome colectivo baixo o nome de José Henriques Totta & Companhia en 1921. Logo dunha profunda crise, a entidade transformouse nunha sociedade por cotas na que Alfredo da Silva detivo unha posición dominante. No ano 1961 fusionouse co Banco Aliança e pasou a denominarse Banco Totta-Aliança. No ano 1970, trala fusión do Banco Totta-Aliança co Banco Lisboa & Açores, creouse o Banco Totta & Açores. En 1975 o BTA foi nacionalizado e ata o ano 1989 non se iniciou a privatización. No ano 1995, trala adquisición de 50 % do capital por António Champalimaud, o Banco Totta & Açores foi integrado no Grupo Mundial-Confiança. Logo dunha OPA realizada polo Banco Pinto & Sotto Mayor, este pasou a controlar o 94,4% do capital social do BTA no ano 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada en Madrid no 1870 baixo a denominación de Urquijo, Ortueta y Arenzana. No ano 1918 adoptou a estrutura e a denominación actuais. Foi o primeiro banco industrial do estado español. Participou na promoción dunhas 300 empresas. No 1982 o Banco Hispano Americano tomou o control da entidade e fusionouna ao pouco tempo con outro banco industrial (Bankunión), constituíndo así o Banco Urquijo-Unión. No 1988 pasou a estar baixo o control da Banca March.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en Barcelona en 1897 ao fusionarse a sociedade aseguradora La Previsión, fundada en 1880, e o Banco Vitalicio de Catalunya, creado en 1881. En 1991 pasou a formar parte do Holding Asegurador Central-Hispano-Generali.

    VER O DETALLE DO TERMO