"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • Aparato para medir o caudal dunha corrente de fluído que se fai pasar por un tubo vertical graduado, onde se axusta un indicador metálico lixeiro, que é arrastrado a máis ou menos altura dependendo do caudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar voltas un corpo arredor do seu eixo.

    2. Facer algo unha persoa e despois outras de forma sucesiva.

    3. Sucederse periódica e ordenadamente varias cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos lombardos (636-652), duque de Brescia. Accedeu á coroa despois do seu matrimonio con Gunderberga, viúva do seu predecesor, Arioaldo, e estendeu os seus dominios a Liguria. Destaca o seu Edito (643), base da lexislación lombarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Rotary Club ou aos seus membros.

    2. Membro da Rotary Club.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación mundial e apolítica de persoas representativas (profesionais, altos funcionarios, homes de negocios, e outros) baixo o ideal de servizo (He profits most who serves best, ‘Dá máis proveito o que mellor serve’) como medio para a mellora progresiva da humanidade. Fomentou unha moral elevada nas profesións e nos negocios, buscando mellorar o entendemento internacional e a paz a través da solidariedade. O primeiro Rotary Club foi fundado en Chicago (1905) e desde 1922 os diferentes clubs constitúen a Rotary International, con sede central en Evaston (Illinois). O nome alude ao costume de celebrar rotativamente as reunións semanais, ademais, cada ano celébrase un encontro mundial. Pode ser membro todo home que presente unha categoría de traballo, e o ingreso faise por cooptación. Non se admiten mulleres; estas constituíron unha asociación análoga, o Soroptimist Club.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á máquina de imprimir que se emprega na tiraxe de xornais e revistas, e que está formada por tantos corpos ou unidades impresoras coma pregos ha de ter o xornal ou a revista e, eventualmente, polos corpos e tintas que serán utilizadas. Aliméntase, xeralmente, con bobinas de papel continuo e con pregos. As rotativas, que imprimen simultaneamente as dúas caras do papel, teñen montadas en liña unha ou máis pregadoras que cortan o papel e o pregan.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten un movemento xiratorio de rotación.

      2. Que se refere a unha rotación.

    1. Xornal ou publicación periódica impresa con máquina rotativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rotativo.

    2. Aplícase ao poder que presentan algunhas substancias de modificar o plano de polarización dos raios luminosos que os atravesan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Rumelia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rumelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai sabotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha sabotaxe ou actos de sabotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Feito de destruír algo voluntariamente para impedir o seu funcionamento.

      2. Técnicas de loita do sindicalismo revolucionario de acción directa, represalia económica ou política, que consiste na destrución ou deterioro dos edificios ou dos materiais dunha empresa e así impedir ou obstaculizar o funcionamento normal do traballo.

      3. Acción militar dirixida para diminuír o potencial bélico e obstaculizar o funcionamento dos servizos dun inimigo interno ou externo.

      1. Acción que se fai co fin de que algo fracase.

      2. Acción que, por motivos políticos, atenta contra a seguridade dos medios públicos de transporte, obstaculiza o funcionamento dos servizos públicos ou leva a cabo actos de destrución, co fin de minar as institucións estatais ou a política dun goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sacerdote ou ao sacerdocio.

    2. Fonte, documento ou tradición que son a base do Pentateuco e que a crítica bíblica recoñece como tales. Tamén chamado Priestercodex (P), foi redactado durante o exilio ou inmediatamente despois (ss VI-V a C).

    3. escritura hierática.

    4. Oración solemne que o Evanxeo de San Xoán pon en boca de Xesús Cristo durante a Santa Cea e que forma parte do discurso de despedida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do megye de Nógrád, Hungría (44.000 h [2000]). Situada preto da fronteira con Eslovaquia, posúe un museo mineiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado por Carlos II en 1698 a Fernando Arias Ozores, señor das casas de San Miguel das Penas e La Mota. En 1719 Filipe V estendeu o Real Despacho, co vizcondado previo de San Esteban de Oca, a súa irmá Constanza Arias Ozores (Lugo 1669, VII condesa de Amarante, considerada como a I marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. Iniciou co seu home, Andrés Gayoso Ozores e Sotomayor, a construción do pazo de Oca.   O título continuou nos seus descendentes directos ata a morte de Encarnación Gayoso de los Cobos e Téllez-Girón (1813-?) VI marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. O condado permaneceu vacante ata que foi rehabilitado en 1931 polo seu sobriño-neto Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos (?-1948), VII marqués de San Miguel das Penas e La Mota e XVIII conde de Ribadavia, que cedeu o título a súa irmá Casilda Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Toledo ata 1603, fíxose cartuxo e traballou nas cartuxas de El Paular e de Granada. Cultivou a natureza morta, dentro da corrente naturalista, e a temática relixiosa. Das súas obras destacan a serie Historia de san Bruno, Bodegón del cardo (1602) e Virgen despertando al niño (1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sapotáceas.

    2. Planta da familia das sapotáceas.

    3. Familia de plantas da orde das ebenais, constituída por plantas leñosas lactíferas, de follas simples, enteiras e habitualmente alternas, de flores regulares e xeralmente hermafroditas, a miúdo agrupadas en inflorescencias ramificadas, e de froitos en vaíña. Son especies tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político checo. Participou na Primavera de Praga e foi primeiro ministro adxunto no gabinete político Svoboda-Dubček. Con motivo da invasión soviética do 21 de agosto de 1968 exiliouse a Suíza, onde se naturalizou. A súa concepción económica centrouse nunha progresiva introdución na planificación central dos mecanismos típicos da economía de mercado. Escribiu Plan and Market Under Socialism (1967) e Humane Wirtsschaftsdemokratie (Democracia económica humana, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO