"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
-
ara de anovo ou rebento do castiñeiro.
-
Souto no que crecen varas de castiñeiro.
-
-
PERSOEIRO
Físico e mineraloxista francés. Foi profesor de astronomía na Université de Lyon e de física na École Polytechnique de París. Elaborou a teoría reticular dos cristais, na que explica a posibilidade de formar redes cristalinas tridimensionais por amoreamento de redes planas, e deduciu (1850) as 14 redes de traslación ou de Bravais, xa descritas en 1850 por Frankenheim. A súa teoría reticular, que permite explicar a anisotropía e a simetría dos cristais, foi demostrada mediante difracción de raios X.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei de Bragg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ameaza que ten a intención de intimidar a outra persoa, proferida de xeito presuntuoso ou con arrogancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de bravo.
-
-
-
Aplicado á terra, a que está sen cultivar.
-
Aplícase ás plantas silvestres.
-
Aplícase comunmente aos animais que andan polos montes e están sen domesticar ou domar.
-
-
-
Cheiro característico dos animais do monte e dalgúns domésticos, como o carneiro.
-
Cheiro e sabor da carne dalgúns animais do monte cando está demasiado fresca ou se prepara sen adubo suficiente.
-
-
raposo.
-
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume que se lle aplicaba a un individuo de carácter bruto, duro, valente (significado este último adquirido a partir do s XVI). Na época medieval tamén se atesta a forma feminina aplicada a mulleres. Nalgúns casos en que temos o plural poderíase pensar nunha orixe toponímica, xa que no noso territorio está moi espallado o topónimo Bravos. O topónimo ten un significado parello ao do apelido: fai referencia a terras bravas, sen cultivar.
-
Liñaxe que leva como armas: en campo de azul, un castelo axadrezado de ouro, azul e goles, sobre ondas de azul e prata; na porta do castelo, un león rampante; no medio do castelo, un escudo de azul, con tres lirios de ouro, e enriba do castelo dúas aguias voantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Río de América do Norte (3.036 km de lonxitude; 433.833 km 2 de conca), tamén coñecido cos nomes de Río Bravo do Norte, Río Grande e Río Grande do Norte. Nace no estado de Colorado, EE UU, nas San Juan Mountains, das Montañas Rochosas. Flúe en dirección NO-SL, encaixado entre montañas ata chegar a San Luis Valley, onde, a causa do Sangre de Cristo Range, cambia de dirección e atravesa o estado de Nuevo México. A partir das cidades de El Paso (Texas, EE UU) e Ciudad Juárez (Chihuahua, México), forma a fronteira entre México e os EE UU. Ao chegar ás localidades de Ojinaga (México) e Presidio (EE UU), recibe pola dereita o río Conchos; no Big Bend National Park forma un cóbado e, no estado mexicano de Coahuila, recibe pola esquerda o río Pecos; drena os estados mexicanos de Nuevo León e Tamaulipas. En San Ignacio, no encoro de Falcón, recibe pola dereita o río Salado e augas abaixo o río Pesquería. Desemboca no golfo de México. Ao longo do seu curso construíronse numerosos encoros...
-
-
Río de América do Norte (3.036 km de lonxitude; 433.833 km2 de conca), tamén coñecido cos nomes de Río Bravo do Norte, Río Grande e Río Grande do Norte. Nace no estado de Colorado, EE UU, nas San Juan Mountains, das Montañas Rochosas. Flúe en dirección NO-SL, encaixado entre montañas ata chegar a San Luis Valley, onde, a causa do Sangre de Cristo Range, cambia de dirección e atravesa o estado de Nuevo México. A partir das cidades de El Paso (Texas, EE UU) e Ciudad Juárez (Chihuahua, México), forma a fronteira entre México e os EE UU. Ao chegar ás localidades de Ojinaga (México) e Presidio (EE UU), recibe pola dereita o río Conchos; no Big Bend National Park forma un cóbado e, no estado mexicano de Coahuila, recibe pola esquerda o río Pecos; drena os estados mexicanos de Nuevo León e Tamaulipas. En San Ignacio, no encoro de Falcón, recibe pola dereita o río Salado e augas abaixo o río Pesquería. Desemboca no golfo de México. Ao longo do seu curso construíronse numerosos encoros...
-
Que ten mal carácter ou que manifesta violencia.
-
-
Aplicado a un animal, que vive en estado salvaxe ou que é dificilmente manexable cando é doméstico.
-
Aplícase ao gando que ataca a miúdo cos cornos.
-
-
Aplícase á planta ou ao froito que nace sen ser enxertado ou espontaneamente.
-
Que desagrada ao gusto, ao tacto ou a outros sentidos.
-
Aplícase ao mar cando presenta ondas moi violentas.
-
Que non presenta unhas calidades ou condicións aptas para o cultivo.
-
Que é valente diante do perigo ou na loita.
-
...
-
-
-
Que ten mal carácter ou que manifesta violencia.
-
-
Aplicado a un animal, que vive en estado salvaxe ou que é dificilmente manexable cando é doméstico.
-
Aplícase ao gando que ataca a miúdo cos cornos.
-
-
Aplícase á planta ou ao froito que nace sen ser enxertado ou espontaneamente.
-
Que desagrada ao gusto, ao tacto ou a outros sentidos.
-
Aplícase ao mar cando presenta ondas moi violentas.
-
Que non presenta unhas calidades ou condicións aptas para o cultivo.
-
Que é valente diante do perigo ou na loita.
-
Aplícase ao cheiro intenso característico dos animais do monte e dalgúns domésticos.
-
-
GALICIA
Actor. A comezos da década dos setenta iniciou a súa actividade participando nos espectáculos do Grupo Cope. Logo colaborou con Máscara 17 en O xeneraliño (1979) e na apertura da Sala Carral. Coa Compañía Teatro Keyzán participou nos espectáculos Farsas (1974), A raposa e as uvas (1985) e Loucura de humor (1986). En 1991 formou parte do elenco do espectáculo Así é, se vos parece, producido e realizado polo Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Comezou os seus estudios musicais na súa cidade natal para logo ingresar no Conservatorio de Madrid (1940) e tocar na banda de música de Aviación. En 1945 gañou por oposición a praza de profesor de harmonía no conservatorio madrileño. Dez anos máis tarde dirixiu a coral da Estrada e gañou o I Premio no Festival de Coros Rexionais de Ourense. Dende 1964 a 1967 foi o titular dos Coros Rosalía de Castro de Madrid. Compuxo as pezas: Espranza e Sorriso, para voz e piano, Miniatura romántica e Canto al vegetarismo. Recibiu o Premio Montes de Composición en Pontevedra (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Abandonou os estudios de teoloxía polos de dereito. Entre 1833 e 1835 foi fiscal da Audiencia de Cáceres. En 1835 creou o Boletín de jurisprudencia. Afiliado ao partido moderado, foi deputado no 1837. Participou en moitos dos gobernos de Narváez, foi ministro de Gracia e Xustiza no 1847 e de Comercio, Instrución e Obras Públicas entre 1847 e 1849, e en 1849 de Finanzas, cargo dende o que intentou nivelar os orzamentos e ordenar a débeda pública. En 1851 presidiu o consello de ministros. Negociou o concordato coa Santa Sé no 1853. En 1852 tentou impoñer unha nova Constitución de orde ultraconservadora, o que motivou a súa saída do goberno. Foi presidente do Congreso en 1858 e senador a partir de 1863.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Emigrado a Bolivia concibiu o proxecto de unir este país co Atlántico, utilizando a corrente do Amazonas. Con este obxecto constituíu unha Compañía que sería a encargada de construír o porto sobre o río Grande ou Marmoré, a canalización deste río, a apertura de varios ferrocarrís, etc. Coa chegada da Guerra do Pacífico, pola que Bolivia perdeu todo o litoral do Pacífico, malogrouse o proxecto. Ademais destas actividades é autor da obra Colección de documentos relativos a la expulsión de los jesuitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rexedor de Segovia e un dos líderes do exército comuneiro, composto pola milicia urbana, os labregos e a pequena nobreza que se alzou contra Carlos V. En 1521 reuniuse en Valladolid con Padilla e Maldonado, e o 23 de abril de 1521 foron derrotados e capturados polo exército real en Villalar. Foi executado sen agardar a decisión do emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautora. Trasladouse coa súa familia a Venezuela. Abandonou os seus estudios na Universidad Central de Venezuela e comezou na televisión participando no programa Buenos días. En 1968 editou o seu primeiro álbum, Soledad Bravo canta. Os seus discos recollen a tradición hispanoamericana e temas de carácter social. A súa consagración tivo lugar trala súa participación no Festival Popular de Agua Dulce de Lima. Traballou xunto a numerosos artistas como Chico Buarque, Pablo Milanés, Manolo Sanlúcar, Milton Nascimento, Joaquín Sabina ou Silvio Rodríguez e musicou poemas de Mario Benedetti, León Felipe, Luis Cernuda e Rafael Alberti. Entre as súas gravacións salientan: Flor de cacao (1978), Cantos sefardíes (1980), Caribe (1982), Boleros (1991) e o dobre recompilatorio Lo mejor (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras, doutorouse co traballo La mujer vestida de hombre en el teatro español del siglo de Oro (1976). Destacou como tradutora de obras do romanticismo alemán e como autora de biografías: Biografía de don Juan Valera (1959), Vida de Bettina Brentano (1957), Galdós visto por si mismo (1970) e Una vida romántica: Avellaneda (1968). No eido da literatura infantil publicou: Historia de la literatura infantil española (1959), Una, dola, tola, catola: el libro del folklore infantil (1977), Adivina, adivinanza: folklore infantil (1978), Colección de libros infantiles antiguos (1979) e Historia y antología de la literatura infantil universal (1988). Recibiu en 1980 o Premio Nacional de Literatura Infantil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de níquel e ferro, de fórmula (Ni,Fe)S2. Cristaliza no sistema cúbico e é de cor gris metálica. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 4,6.
-
RIOS
Río afluente do Landro pola esquerda. Nace na parroquia de Bravos, concello de Ourol. O seu curso adopta unha dirección SO-NL, coa que penetra no concello de Viveiro pola parroquia de Galdo, na que desemboca logo dun percorrido duns 8 km.
VER O DETALLE DO TERMO -