"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. O asociacionismo vai unido a diversos procesos de cambio social, tanto na finalidade dos grupos como no seu funcionamento e distintas formas de organización. O asociacionismo galego, como conxunto de relacións sociais derivadas da adscrición e pertenza a grupos sociais, está afectado por procesos de urbanización, de comunicación, de infraestrutura económica e das condicións políticas e culturais que afectan á vida social. Existe unha relación bidireccional, xa que as circunstancias tecnolóxicas, culturais, políticas, económicas, etc, impregnan as condicións que retraen ou impulsan a formación dos conxuntos de asociacións e, así mesmo, eses movementos asociativos rematan por impulsar, estimular ou retraer a acción destes axentes. En sentido extensivo, o asociacionismo ou polisinodia galega, inclúe todos os grupos que, como tales, máis que como acción individual con personalidade propia exercen a actividade pública. Os grupos políticos, sindicais, profesionais, colexiados, cooperativistas...

    2. Teoría psicolóxica e filosófica segundo a cal as sensacións constitúen os elementos orixinarios da consciencia, das que derivan, grazas ás súas combinacións, todas as outras actividades psicolóxicas (imaxinación, memoria, pensamento, sentimento). D. Hume e D. Harley son considerados os seus fundadores. Constitúe o primeiro intento por establecer unha psicoloxía científica e obxectiva, e inflúe profundamente nas teorías clásicas da aprendizaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario do asociacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O nacemento das asociacións de prensa en Galicia, como institucións de agrupamento e defensa dos xornalistas é un fenómeno que se sitúa entre os anos finais do século XIX e primeiros do XX. Galicia é, neste ámbito, unha das primeiras comunidades na que xorden este tipo de entidades, con perfís netamente asistenciais, por riba doutras consideracións de xeito gremial ou mesmo sindical. As asociacións de prensa de Galicia corresponden, no seu primeiro momento, ao proceso histórico que vén definido polo paso do xornalismo esencialmente político ou comercial e mercantil a un verdadeiro xornalismo noticioso ou informativo, que demanda profesionais dedicados a actividades informativas, fronte ao período anterior no que personaxes do mundo político, editores de periódicos, reclamaban ser xornalistas de seu, facendo do periódico unha ferramenta máis dentro dunha estratexia de expansión das súas ideas partidarias. A primeira asociación de prensa que xorde en Galicia é a da Coruña, datada en 1905....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aspirar.

    2. Esperanza de acadar algunha cousa.

      1. Nos motores térmicos alternativos, acción de aspirar o aire (motor diesel) ou a mestura de combustible (motor de explosión) cara ao interior do cilindro, polo efecto de succión que provocan os émbolos dos pistóns.

      2. Nos motores térmicos rotativos (turbinas), acción de aspirar o aire cara ao interior da cámara do compresor, polo efecto de succión que provoca o xiro do rotor.

      3. Conxunto de tubos, condutos, colectores, etc, que canalizan o aire ou a mestura de combustible cara ao interior dos cilindros dun motor ou da cámara de compresión dunha turbina.

    3. Acción de aspirar un líquido cara ao interior da cámara dunha bomba, polo efecto de succión que provoca o xiro dun carrete ou o desprazamento mecánico de pistóns, engrenaxes, pas, etc.

    4. Característica fundamental dalgúns fonemas, chamados por iso aspirados, cunha realización que consiste nun sopro, xordo ou sonoro, localizado no veo do padal, úvula, farinxe ou larinxe.

      1. Evacuación mediante o aspirador de secrecións normais ou patolóxicas, especialmente da árbore bronquial.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Betanzos o 3 de abril de 1904 de tendencia caciquil. Subtitulado “Semanario independiente”, desapareceu o 17 de marzo de 1912 cando chegaba ao número 441. Oposto ideoloxicamente ao xornal La Defensa (1906), órgano das Sociedades agrícolas, mantivo duros enfrontamentos con estoutra publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asumir.

      1. A premisa menor dun siloxismo.

      2. Proposición admitida, sen demostración, para probar outra.

    2. Elevación da Nai de Deus en corpo e alma ao ceo; festa celebrada pola Igrexa católica o quince de agosto. Esta doutrina definiuse como dogma de fe por Pío XII na constitución dogmática Munificentissimus Deus (Deus munificiente, 1950), como resposta ás repetidas peticións feitas aos papas desde 1863. OBS: Nesta acepción utilízase con maiúscula.

    3. Cambio de suxeito pasivo da obrigación por convenio entre o debedor e un terceiro, consentido polo acredor no mesmo acto ou por acto posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do Paraguai, situada na beira esquerda do río Paraguai fronte á afluencia do Pilcomayo e tocando na fronteira arxentina (546.637 h [1994]). É o principal centro cultural, industrial e comercial do país. A importancia comercial de Asunción vai ligada á existencia do seu porto fluvial sobre o río Paraguai, a 1.500 km do Atlántico. A fundación de Asunción tivo lugar coa chegada en masa dos habitantes de Bos Aires e da Candelaria en 1541. Durante o s XVIII foi o centro do movemento crioulo dos comuneiros, duramente reprimidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de muller que vén do latín assumptionem co significado de ‘acción de tomar ou atribuír’ na lingua clásica; mentres que, no latín eclesiástico, pasou a designar a ‘elevación da Virxe ao ceo’. Nome cristián xeralmente composto (María Asunción ou María Asunta), baséase na crenza popular -posteriormente reafirmada polos Padres da Igrexa- de que María ascendera gloriosa en corpo e alma ao ceo nunha nube e sen pasar pola morte. A celebración desta antiga festa, chamada nun comezo a ‘Dormición de María’, remóntase ao s V, en Palestina, e ao s VII, en Occidente. Non obstante , ata Pío XII este misterio non alcanza a categoría de dogma. A festividade da Asunción celébrase o 15 de agosto. A Asunción de María é titular de dúas parroquias e patroa de Vigo. Como antropónimo presenta a variante Asunta e os hipocorísticos Xona, Xonxa, Chon, Chona, Choncha, Chonchón e Niquiña. Na tradición oral recóllense cantigas como “Gavián temperán, santa María...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se designa á Virxe María, nai de Xesús Cristo, en tanto que elevada ao ceo en corpo e alma. A festividade da Asunción, chamada nun comezo ‘Dormición de María’, remóntase ao sV en Palestina e ao sVII en Occidente. Non obstante , ata Pío XII este misterio non alcanza a categoría de dogma. Esta festa de precepto para os cristiáns católicos celébrase o 15 de agosto. No calendario laboral do estado español esta data non é día hábil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto histórico composto pola igrexa da Asunción, o forno de Santa Mariña e o castro de Armeá. A igrexa románica, encargada por unha dama da casa de Figueira, quedou inconclusa. Non obstante , pódese advertir que a estrutura é dunha soa nave, sinxela, sobre unha cripta de bóveda oxival, na que se atopan laudas sepulcrais medievais, algunhas mesmo de tradición visigótica, e unha colección de xerriñas de cerámica. O segundo elemento que configura o conxunto é o forno de Santa Mariña, que se atopa sepultado baixo a igrexa e que mantén semellanzas coa Pedra Formosa de Briteiros (Portugal). Os muros do depósito para a auga, a cámara cuberta e a ábsida ultrasemicircular están formados por enormes pedras. Separando os dous primeiros tramos hai unha lousa de pedra monolítica, hoxe crebada na parte superior, que remata en forma de frontón. Nesta lousa ábrese unha porta con arco de medio punto delimitado lateralmente por dúas figuras en baixorrelevo moi deterioradas. Pode observarse tamén unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atender.

      1. Acción de fixar o pensamento nalgunha cousa, de aplicar o entendemento ou os sentidos sobre algo.

      2. Disposición interior preparatoria para unha percepción determinada.

      3. Capacidade de enfocar diversas partes dunha experiencia de forma que se fagan máis vivas, máis claras, máis exactas e máis conscientes. Implica que as funcións psíquicas son utilizadas no grao máis alto da súa capacidade de rendemento. O grao de atención é variable, e o seu debilitamento é causa de erros. O fenómeno da atención acompáñase de modificacións sensoriais, da postura, do ton muscular e do sistema nervioso central.

    2. Demostración de consideración, xentileza, cortesía ou afecto.

      1. Exclamación empregada para advertir que se aplique especial coidado no que se vai facer ou dicir.

      2. FRAS: Chamar a atención Espertar interese ou curiosidade algo ou alguén.

        oz preventiva con que se advirte aos soldados formados de que se vai empezar un exercicio ou manobra.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atender.

      1. Acción de fixar o pensamento nalgunha cousa, de aplicar o entendemento ou os sentidos sobre algo.

      2. Disposición interior preparatoria para unha percepción determinada.

      3. Capacidade de enfocar diversas partes dunha experiencia de forma que se fagan máis vivas, máis claras, máis exactas e máis conscientes. Implica que as funcións psíquicas son utilizadas no grao máis alto da súa capacidade de rendemento. O grao de atención é variable, e o seu debilitamento é causa de erros. O fenómeno da atención acompáñase de modificacións sensoriais, da postura, do ton muscular e do sistema nervioso central.

    2. Demostración de consideración, xentileza, cortesía ou afecto.

      1. Exclamación empregada para advertir que se aplique especial coidado no que se vai facer ou dicir.

      2. oz preventiva con que se advirte aos soldados formados de que se vai empezar un exercicio ou manobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atenuar.

      1. En cervexería, grao de fermentación do mosto expresado en tantos por cento de diminución de densidade: durante a fermentación, a solución azucrada (máis densa ca a auga) é substituída polo alcohol (menos denso ca a auga) e polo anhídrido carbónico gasoso, que se desprende.

      2. atenuación aparente

        Atenuación obtida sen realizar ningunha corrección, a causa do volume de alcohol na cervexa.

      3. atenuación límite

        Atenuación que se obtén cando fermentaron todos os azucres do mosto susceptibles de fermentar.

      4. atenuación real

        Atenuación obtida evaporando o alcohol e substituíndo o seu volume por auga.

    2. Diminución progresiva da magnitude dun sinal nunha transmisión radiofónica. A atenuación está en función da distancia do receptor co emisor e pode ser expresada por unha relación por cociente ou ben en decibelios (dB).

    3. alor inverso da ganancia dun transdutor cando esta ganancia é inferior á unidade.

    4. Figura retórica que consiste en non facer explícito todo aquilo que se quere dar a entender, ou ben negar o contrario do que se quere afirmar. Acostúmase a conseguir o efecto por medio dun eufemismo, lítote, perífrase, utilización transvasada dos tempos subxuntivo ou potencial, etc.

    5. En homeopatía, dilución.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de atestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pulverización dun líquido ou gas contido nun spray.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atraer.

      1. Forza entre corpos sometidos a unha interacción atractiva.

      2. lei da atracción universal

        Lei establecida por Newton, tamén coñecida como lei da gravitación universal, que di que dous puntos materiais, de masa m e m’, separados por unha distancia r, exercen o un sobre o outro unha forza de atracción f = Gmm’/r 2 (onde G é a constante de gravitación) que leva a dirección da recta que une os dous puntos.

      1. En circo e en variedades, cada unha das diversas partes do espectáculo consistente en baile, xogos malabares, xogos de maxia, acrobacia, música, pantomima, domesticación de animais, etc.

      2. atracción de feira

        Máquina ou xogo que serve para divertir a xente.

      3. parque de atraccións

        parque de atraccións.

    2. Cousa ou persoa que atrae a atención dos demais.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de atribuír.

      2. O que unha persoa pode realizar polo emprego ou cargo que desempeña.

    1. Acción de predicar unha calidade dun obxecto.

    2. Autorización outorgada por unha persoa a outra para que poida actuar nalgún asunto con autonomía na súa representación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación de arrepentimento e dor que se produce logo de ofender a Deus e que procede máis do temor (por exemplo, ao castigo ou á xustiza de Deus) que do amor de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de oír.

      2. Percepción de ondas sonoras por un animal. Implica sempre a existencia de órganos receptores, de nervios auditivos e de ganglios ou centros nerviosos que transforman o estímulo mecánico das ondas en sons. Para o home resultan audibles ondas de frecuencia comprendida aproximadamente entre os 15 e os 20.000 Hz, e ten a máxima sensibilidade auditiva para sons unhas 3.000 vibracións por segundo. Outros mamíferos superan amplamente esta gamma de frecuencias; algúns cetáceos chegan a percibir ondas de frecuencia comprendidas entre os 500 e os 140.000 Hz.

    1. Acción de facer en público un recital de versos, de canto ou un concerto musical.

    2. Calquera tipo de sesión ou programa radiofónico na que se exercita o sentido do oído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador militar romano (270-275). Foi proclamado como tal polo exército en Sirmium, á morte de Claudio. Loitou contra os vándalos e os alamanes xutungos. Tras ser vencido por estes en Plasencia (Italia), no 270 a C, construíu a muralla de Aureliano para a defensa de Roma. A vitoria final romana foi posible grazas ao exército de Iliria. Dirixiuse despois contra Palmira, venceu a Zenobia e o seu fillo, e acabou co poder desta cidade. De volta a Europa restaurou a unidade do Imperio Romano ao derrotar a Tétrico, Emperador da Galia, e deixou fixados os limes nos cursos do Rin e do Danubio. A súa política interior foi positiva e conseguiu facer unha reforma monetaria. Rodeou a cidade de Roma cunha muralla que leva o seu nome. Propugnou como forza unificadora do Imperio un culto sincrético do deus Sol. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO