"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • hiosciamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante, gravador e escultor francés. Era fillo dun vidreiro e trasladouse coa súa familia a París en 1814. Estudiou no obradoiro do pintor A. Lenoir e na Académie Suisse. Comezou a traballar como litógrafo en La Silhouette (1830) e La Caricature (1831-1834), onde realizou gravados satíricos contra o Rei Luís Filipe que o levaron ao cárcere. Cando a censura pechou La Caricature, o xornal cambiou o nome polo de Charivari, e nel continuou publicando os seus debuxos. Entre as súas litografías destacan Le ventre législatif (O ventre lexislativo), Le rue Transnonain (A rúa Transnonain), La liberté de la prese (A liberdade da imprenta) e L’enterrament de La Fayette (O enterro de La Fayette). En 1832 realizou unha serie de bustos satíricos en xeso encargados por Philippon, entre os que salienta O señor Guizot. Das súas esculturas, sarcásticas e caricaturescas, destaca Ratapoil (1850), na que simbolizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga e investigadora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad Complutense de Madrid, doutorouse en 1984 na Universidade de Glasgow coa tese Rosalía de Castro and her work in relation to the society and culture os nineteenth-century Spain (Rosalía de Castro e a súa obra en relación coa sociedade e cultura española do s XIX) e foi profesora do departamento de español da Universidade de St. Andrews en Escocia. Como investigadora ocupouse, fundamentalmente, da literatura galega do s XIX, en especial de Rosalía de Castro, sobre quen publicou varios traballos en revistas como Grial ou Cuadernos de Estudios Gallegos, e participou en diversos congresos. En lingua galega publicou Rosalía de Castro no seu tempo (1987) e dedicoulles diversos traballos á literatura feminista hispanoamericana e a autores como Valle-Inclán, Rosa Montero ou Montserrat Roig, en obras como Contemporary feminist fition in Spain (Novelistas contemporáneas feministas en España, 1994), Latin american women’s writing...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Formouse na Academia de Belas Artes de Düsseldorf e con Wilhelm Eckstein. En 1919 participou na exposición Junges Rheinland de pintores renanos en París e en 1924 na mostra Neue Sachlichkeit. Condenado polo nazismo como artista dexenerado, viviu en Francia onde participou en varias convocatorias do Salon des Réalités Nouvelles e desenvolveu unha pintura abstracta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abram Moisejeviĉ Ioffe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na cidade de Santiago de Compostela en 1919.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo. Sucedeu a F. Raymond na cátedra de Neuroloxía que ocupara noutros tempos J. M. Charcot no hospital de La Salpêtrière, en París. Foi un dos membros máis destacados dentro da escola francesa, e contribuíu ao gran desenvolvemento da neuroloxía clínica da segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico pertencente ao grupo dos piretroides que actúa como insecticida de aplicación foliar, activo por inxestión e contacto, sen actividade sobre os ácaros. Autorízase en cultivos de cereais, cítricos, árbores froiteiras, viña e plantas de horta e ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘sobriño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catherine Dorléac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s II) Bispo de Corinto. Predicou a fe cristiá durante o reinado do Emperador Marco Aurelio. Escribiu cartas pastorais ás igrexas de Atenas, Lacedomonia, Nicomedia, Knosos e Roma, e aos cristiáns de Sortina e Amastris. Como as herexías dos tres primeiros séculos proviñan dos principios da filosofía pagá, descubriu a escola filosófica que orixinara esa herexía para informar os fieis. Os gregos venérano como mártir. A súa festividade celébrase o 29 de novembro (en Oriente) ou o 8 de abril (en Occidente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida na Coruña en 1990. Dirixida por Ezequiel Pérez Montes, subtitulouse “Revista mensual del deporte coruñés”. Divídese en diferentes seccións e inclúe comentarios de especialistas deportivos, así como numerosas fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a morriña a quen se atopa amorriñado.

    2. Deixar de estar amorriñado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfacer unha ringleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminar as trincheiras dunha defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polisacárido intermedio resultante da hidrólise do amidón a maltosa polo enzima amilasa. As dextrinas son substancias sólidas solubles en auga e insolubles en alcohol e éter, de cor tostada e amorfas. As súas disolucións son dextroxiras. Obtense na industria quentando o amidón con ácidos diluídos, e ten diversos usos como espesante, adhesivo ou substituto da lactosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se obteñen dextrinas a partir do amidón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformar amidóns en dextrinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de carácter informativo e político editado en La Habana entre abril de 1844 e maio de 1960. Cesou co triunfo da revolución cubana liderada por Fidel Castro. Fundado polo xornalista vigués Isidoro Araújo de Lira, a partir de 1857 pasou a ser propiedade dunha sociedade integrada por industriais da illa. Como publicación monárquica, durante a época colonial apoiou a política española. No seu número especial de 1932 no que incluíu numerosos artigos relacionados coa cultura e as tradicións cubanas, colaboraron, entre outros, Mariano Aramburo, Javier de Acevedo, Ramón A. Catalá, Concha Espina, J. A. Fernández de Castro, Antonio S. de Bustamante, Hortensia Lamar, G. Sánchez Galarraga e Gabriel Camps.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que apareceu en Verín a principios do s XX. Contou coa colaboración de Xosé María Pereda Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO