"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sábado.
-
-
Descanso que se toma despois dun traballo asiduo.
-
Santificación ou celebración do sábado entre os xudeus e algunhas igrexas protestantes, entre elas, a Igrexa Cristiá Adventista do Sétimo Día.
-
-
-
Respectar un xudeu o descanso sabático.
-
Respectar a festa do sábado en lugar do domingo, como fan os xudaizantes e algunhas igrexas protestantes.
-
-
PERSOEIRO
Ensaísta e novelista. Doutor en Física, ampliou os seus estudos en París (1938), onde participou nos movementos artísticos de vangarda, interesado especialmente polo surrealismo. Ao seu regreso a Arxentina exerceu como enxeñeiro e ensinou física na Universidad de La Plata, onde foi cesado por motivos políticos (1945). Foi presidente da comisión encargada do informe sobre os desaparecidos no seu país durante a ditadura militar, titulado Nunca más (1983) e coñecido como informe Sábato. O seu primeiro libro, Uno y el Universo (1945), obtivo o Premio Municipal de Produción Filosófica y Científica (1946). Escribiu ensaios de interese político, polémicos e literarios. A súa obra como narrador forma unha interesante triloxía, composta por El Túnel (1948), Sobre héroes y tumbas (1962) e Abaddón el exterminador (1974), onde analiza a realidade arxentina desde unha profunda visión da problemática do s XX. Recibiu o Premio Cervantes (1984) e o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inversión parcial ou total da imaxe impresionada nunha emulsión fotográfica. É dicir, inversión dos tons escuros e claros respecto aos que corresponden ás características da emulsión ao recibir unha exposición moderada de luz branca durante o revelado.
-
PERSOEIRO
Cabalista xudeu turco. De familia sefardí, en 1648 autoproclamouse mesías. Despois de ser encarcerado, adxurou do xudaísmo e converteuse ao Islam. A pesar da perda de discípulos e a súa morte escura, un grupo dos seus adeptos mantívose fiel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sétimo día da semana hebrea, consagrado a Iavé, no que se interrompe o traballo. A Biblia explica a etioloxía co descanso de Deus despois de concluír a obra da creación. Como cada día da semana hebrea, iníciase ao solpor do día anterior e remata á posta de sol do mesmo día. Os rabinos prohibiron trinta e nove tipos de traballo ese día e a Mišná adica dous tratados á casuística do sábado.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Alumno de F. Juvara, para Filipe V realizou a fachada oriental do Palacio de La Granja de San Ildefonso e parte do Palacio Real de Madrid, ambos os dous de estilo barroco con trazos clasicistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1086 nas ribeiras do río Zapatón, preto de Badajoz, entre o exército almorábide e Afonso VI, aliado con Sancho Ramírez de Aragón e con Álvar Háñez de València. A vitoria de Yūsuf ibn Tašfīn significou a posibilidade da entronización almorábide na Península Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada o 10 de agosto de 1557 entre as tropas imperiais -españolas, alemás, flamengas, borgoñonas e inglesas- mandadas polo duque de Savoia, Manuel Filiberto I, que asediou a cidade de Saint-Quentin, defendida polo almirante de Coligny e os franceses, mandados polo duque de Montmorency. A derrota dos franceses foi total. Esta vitoria e a conquista de Saint-Quentin obrigaron ao Rei Enrique II de Francia a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (1599).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que tivo lugar nas ribeiras do río Salado (Cádiz), o 30 de outubro de 1340 entre Afonso XI de Castela e León, aliado con Afonso VI de Portugal e con Pedro IV de Aragón, e o sultán benimerín Abū-l- Ḥ asan. A vitoria cristiá cortou o acceso das tropas musulmás norteafricanas á Península Ibérica.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Sassoferrato, foi discípulo de Il Domenichino. Pintou sobre todo madonas, de cores brillantes e tons piadosos, das que destacan Madonna del Rosario e Assunzione.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Destacou na composición de música relixiosa, óperas e sonatas a tres. Contribuíu a formar a sinfonía, a partir de obras con tres movementos para corda e algúns instrumentos de vento. O seu irmán Giuseppe Sammartini (Milán 1693?-Londres 1750) foi concertista de óboe e compuxo sonatas para frauta, concertos, concerti grossi e outras pezas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla de Saint-Quentin.
-
FILOSOFOS
Filósofo e gramático. É autor dunha vintena de obras, das que destacan al-Iqtidāb fī šar ḥ Adab al-kuttāb, comentario á Guía dos secretarios de ibn Qutayba; e Kitāb al- Ḥ adā’iq, unha obra de iniciación ás doutrinas filosóficas, que influíu no xudaísmo e que constituíu o primeiro intento en Al-Andalus por harmonizar o pensamento grego coa teoloxía islámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do S de Sudán, afluente pola dereita do Nilo Branco, ao que se une preto de Malakāl tras un percorrido de 740 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar o 24 de xuño de 1859, preto da vila lombarda de Solferino, entre as tropas franco-piemontesas, dirixidas por Napoleón III, e as austríacas, mandadas polo Emperador Francisco Xosé I, no curso da guerra pola independencia de Italia. A derrota austríaca, xunto coa anterior de Magente, obrigou a Francisco Xosé I a ceder Lombardia a Francia, que a entregou a Piemonte, a cambio da Alta Savoia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada o 30 de novembro de 1808, ao inicio da Guerra da Independencia. As tropas españolas, comandadas por Benito San Juan, tomaran posicións na depresión de Somosierra para frear a marcha de Napoleón I Bonaparte cara a Madrid, pero foron batidas polas tropas francesas do xeneral Senarmont. A vitoria dos franceses deixoulles paso franco ata Madrid, onde entraron o 2 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prosa litúrxica latina, que comeza con estas palabras, alusivas ás dores da Virxe ao pé da cruz. Atribuída a Iacopone da Todi ou a san Boaventura, foi transmitida en numerosas variantes ata a súa inclusión no misal romano (1727). Foi musicada, entre outros, por Josquin des Prés, A. Scarlatti, G. B. Pergolesi, F. J. Haydn, G. Rossini e G. Verdi.